26/01/21

Ao monumento Mortos do Portiño achégase o libro 'Luz e dignidade'

 Obra "viva" para que a memoria perviva

Concello e Deputación da Coruña procuran facer visíbel o monumento "Os mortos do Portiño" favorecendo o acceso á cidadanía á obra. Unha escultura do artista Pepe Galán, realizada a iniciativa da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, e agora conta tamén co libro "Luz e dignidade".

Información en Nós Diario

 O escultor Pepe Galán sobre o monumento Mortos do Portiño. (Foto: Nós Diario)

Sés no IES Elviña

 


24/01/21

#DígochoEu O máis viral do TikTok (capítulo 6)

 

Shin chan+Cousasrarismas: Outfits e risas | Pradorua

 

Nós, xs inadaptadxs; recomendaçom

 


Unha ducia de vídeos dos Meniños Cantores

 No ano 2005, co impulso da Asociación Ponte… nas ondas!, o alumnado de 17 escolas galegas e portuguesas gravou o libro-disco Meniños Cantores, con 28 cancións, un álbum presentado en directo en Vigo e Porto e que se converteu nun referente mundial do traballo co patrimonio musical compartido dous dous países. Neste ano 2021 repetirase a iniciativa e 19 colexios galegos e portugueses gravarán cadanseu vídeo musical para o disco Cantamos Nós. Repasamos doce das cancións da primeira edición.

Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

Contos para traballar a DIVERSIDADE | RACISMO NUNCA MÁIS

 


23/01/21

Saúde e Terra, MounQup!

 MounQup é o proxecto musical da cantante e compositora franco-galega Camille Hédouin. 'Saúde e Terra. Voces da cultura galega'. Todos os sábados a partir das 21 horas na nosa canle de televisión, o 119 de R, e na nosa canle de YouTube.

 


A Tobeira de Oza, alpendre cultural

 A forza cultural dos barrios obreiros é algo que pasa desapercibido para moitos proxectos e negocios que orientan o seu traballo cara o centro das cidades. A Tobeira de Oza convértese nun punto de inflexión no barrio coruñés de Oza desenvolvendo as súas actividades e as súas ofertas cultural co centro no barrio que comparten coa veciñanza. Como construír cultura dende os barrios? É posíbel tecer cultura en tempos de pandemia? Benvidas á Tobeira de Oza!

 


O Bristol galaico de Néboa

 Información de Marcos Blanco Gendre en Vinte

Os avatares de Afonso X O Sabio

 O Consello da Cultura Galega analiza nunha exposición a figura política  e cultural do monarca aproveitando a conmemoración dos 800 anos do seu nacemento.

Información de Montse Dopico en Praza Pública

Literatura galega: Ana Santiso no #UniversoGalaxia con 'Alba de Groria' (ilustrada) de Castelao

 'Alba de groria' foi o derradeiro discurso que pronunciou Castelao, exemplo da súa capacidade oratoria e política, e que agora se ve enriquecido coas ilustracións de Ana Santiso, quen soña en imaxes o universo histórico e galaico deseñado polo rianxeiro. Un diálogo feliz entre o pasado e o futuro. Unha Alba de groria como non se vira nunca antes. 

 


María José Vázquez (Matriarca Camiñante). Lugar: Cea【Camiñantes do noso】

 


Antígona ante os xuíces

 Representación no IES Elviña da obra de Pociña a cargo do grupo teatral "Sin ir más lejos" de la Casa Castilla La Mancha de Coruña. Director: Ricardo Martín.

22/01/21

'The Waylanders' inclúe a versión en galego e unha recreación da Compostela medieval no lanzamento do videoxogo en todo o mundo

 Información en Praza Pública

Captura dunha das pantallas de 'The Waylanders' © Gato Salvaje

Noites de retranca no teatro Colón: Luís Zahera e Oswaldo Digon

Sábado 23 de xaneiro ás 20 horas no teatro Colón 


 

Concurso de carteis día da Paz e da Non Violencia

 

1. O concurso está organizado pola materia de Educación Plástica de 3º de ESO coa colaboración do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro. 

2. O obxectivo do concurso sensibilizar ao alumnado nos valores da xustiza e da paz, implicándoos na resolución de conflitos de forma pacífica, partindo da súa realidade cotián e dos problemas de convivencia que existen no orde mundial. 

3. No concurso participará todo o alumnado de 3º de ESO. O traballo terá carácter obrigatorio dentro da área de Educación Plástica e Visual. 

4. A proba consistirá na elaboración dun cartel relacionado co tema do día da paz e da non violencia. 

5. Os carteis quedarán expostos nos corredores do instituto durante o mes de febreiro de 2021. 

6. O xurado estará formado por un representante dos departamentos de filosofía, lingua galega, educación plástica e visual; o representante do equipo de dinamización da lingua galega e vicedirección.

7. Tamén haberá un xurado popular formado por todo o alumnado do centro. 

8. A entrega dos carteis realizarase antes do venres 29 de xaneiro.

9. O mércores 3 de febrero o xurado reunirase no 1º recreo para deliberar e outorgar os premios aos carteis gañadores. 

10. O xurado popular votará ao longo de toda a semana (do luns 1 de febreiro ao 5 de febreiro) polo cartel que considere mellor. 

 11. Haberá un gañador e un segundo clasificado que terán premio. Por outro lado o xurado popular (alumnado) concederá un único premio ao máis votado. Os premios consistirán: • O primeiro premio dun vale de 30 € • O segundo premio dun vale de 20 € • Un agasallo por parte do xurado popular.

Celebración do día da Candeloria (martes 2 de febreiro)


A candeloria é unha palabra que ten a orixe no substantivo latino candela -ae, ‘luz alimentada con cera ou sebo’, termo co que se crea no latín tardío festa candelarum, ‘a festa das candeas’, que chega a nós acurtando a locución. Celébrase o día 2 de febreiro, época importante no ciclo astronómico, pois coincide coa metade do inverno, no intre xusto entre o solsticio da estación fría e o equinoccio de primavera, (pola candeloria, medio inverno vai fóra), no momento en que medran os días e a natureza comeza a preparar o estourido de vida que está a chegar.

Sendo un intervalo relevante do ciclo estacional non é de estrañar que todas as culturas tivesen celebracións ao redor da data, sempre festexando a volta da luz e do desexo de fertilidade. Así, na mitoloxía celta, chamábanlle Imbolg, celebración na honra da deusa Brigit, protectora das colleitas, o gando e a fecundidade. A candeloria tamén podería estar relacionada coa festa romana das Lupercais, na que, alén de venerar o deus da fertilidade e a sexualidade masculina, Pan, facíase unha procesión onde os participantes zorregaban a xente cunhas tiras de coiro, co obxecto de “purificala”. O catolicismo procurou rematar coa festa –como fixo con moitas outras celebracións pagás–; para iso, o papa Xelasio transformouna na festividade relixiosa da “purificación” da Virxe María e mais a presentación de Xesús no templo; co paso do tempo, fíxose costume nas parroquias bendicir as candeas que se empregarían logo en caso de tronada ou nos velorios para alumear o defunto no camiño ao máis alá.

A voda dos paxariños

A partir da candeloria, ningunha ave voa soa di o refrán para lembrar que o mes de febreiro comeza, na cultura popular, cunha celebración ben especial, xa que casan os paxariños, ao que comeza o retorno das aves migratorias e os cortexos preludian o renacer primaveral. Da importancia que ten esta representación na imaxinaría tradicional europea dá conta a multitude de estampas nas que, desde tempos inmemoriais, o símbolo do amor e a unión sentimental son apaixonadas parellas de aves xuntando os peteiros. Tal é así que algunhas persoas defenden que, para nós, o 2 de febreiro debe ser a data do amor romántico, e non a que se celebra doce días máis tarde na honra dun crego romano do século III, chamado Valentín, representado cun rapazolo gordecho e voador que anda aseteando a xente… onde vai parar! Non hai comparación!

O martes 2 de febreiro o ENDLG do IES Monelos pretende celebrar este día.


Para iso pensamos en que podiades enviar unha mensaxe por escrito nunha carta de afecto a un d@s compañeir@s de clase ou do centro que teñades en estima, amistade...

Na semana do 24 ao 29 de xaneiro podedes entregar a carta (escrita en galego) a un membro do Equipo de Dinamización que se encargará de depositala na caixa do correo ao longo desta semana.

No sobre poñeredes o nome e apelidos do destinatario e o curso.

O martes 2 de febreiro entregaráselle a carta ao destinatario.


60 anos do secuestro que mudou o 'Santa María' polo 'Santa Liberdade' clamando pola fin das ditaduras de Franco e Salazar

Información Marcos Pérez Pena en Praza Pública

O Santa María, xa rebautizado como 'Santa Liberdade' Dominio Público  

3D Galician Landscapes. Paisaxes vividas

 


21/01/21

A fin da central das Pontes evidencia a falta de alternativas a un peche previsto: "Endesa vendeu tempo, a Xunta comprouno"

 Información de Miguel Pardo en Praza Pública

Central térmica de Endesa, nas Pontes CC-BY-SA M. Pereira

CONCURSO CAMIÑO SOLIDARIO IES MONELOS

 


CONCURSO CAMIÑO SOLIDARIO

O EDLG do IES Monelos organiza un concurso a través do programa Pasaporte solidario dirixido a todo o alumnado do centro que desexe participar.

Este concurso está relacionado coa celebración Xacobeo durante este ano. Aproveitando, por outro lado, que o día 31 de xaneiro celébrase o día da Solidariedade, preténdese reflectir este tipo de valor fundamental.

O Certame Cancións no Camiño estará centrado polo tanto no tema  A solidariedade no Camiño de Santiago.

 

BASES


1.    Dirixido a todo o alumnado do centro, establecéndose dúas categorías:


   A. De 1º a 3º da ESO.

 

   B. De 4º de ESO a 2º BAC.


 2. As letras das cancións deberán estar escritas en lingua galega e ser orixinais.

 

3. Haberá un premio por valor de 50 € por cada categoría.

4. A data límite de entrega é o 29 de xaneiro.

5. Os traballos premiados daranse a coñecer o 2 de febreiro, día

da Candeloria.

O “desastre ecolóxico” de Bastiagueiro eran os restos dun bosque fósil

Información en GCiencia

Restos do bosque fósil atopados na praia de Bastiagueiro. Imaxe: @ppoleiros (Twitter). 

Sés - Tola tras de ti (acústico)

 


17/01/21

Suso de Toro: "Un señor elegante"

 A familia Baltar atesoura un sorprendente patrimonio cultural e humano. Atraído polo insólito perfil dalgún dos seus membros, o escritor Suso de Toro realiza unha indagación para reconstruír a historia dunha familia que, en distintos momentos, protexe a Rosalía de Castro e Murguía e logo á familia Castelao ou a Dieste.Tras manexar materiais froito dun intensísimo traballo de documentación, Suso de Toro ofrécenos unha novela abraiante, que aglutina unha síntese persoal de novela río, histórica, psicolóxica e novela de ideas. É unha narración que chega do século XIX e atravesa o século XX galego, español e europeo. Unha historia radicalmente local e ao tempo europea.Un señor elegante é, sobre todo, unha novela de investigación: a persecución dunha figura descoñecida que se vai manifestando ata apoderarse de todo o libro e descubrirnos un personaxe comprometido co seu tempo, coa xente e co país. Alguén dunha enorme dimensión ética. A figura dese Baltar lémbranos, desde a penumbra, que ademais da aceptación da derrota e da pura supervivencia dos vencidos, tamén houbo resistencia e disidencia. Esta é unha memorable novela de non ficción que demostra que existiu unha outra Galicia vital, alegre e afirmativa, moi distinta da que nos contaron.



Galicia comeza a administrar a segunda dose da vacina e inicia a inmunización contra a COVID

 Información Praza Pública

Nieves Cabo recibe a segunda dose da vacina contra a COVID CC-BY-SA Xunta

#DígochoEu O máis viral do TikTok (capítulo 7)

 

NENOFOBIA | Pradorua

 


15/01/21

Carlos Núñez e o Pórtico da Gloria

 


Galicia 2030: Perfís profesionais de futuro e novas titulacións e especialidades universitarias

 


Entrevista co músico Xiao Berlai

Entrevista de Montse Dopico en Praza Pública



 

Comeza a cuarta década da rede en galego, que nos vai traer?

 Información de María Yáñez en Vinte

© Captura de Twitch en galego

O peche de Gamesa afonda no devalo da industria vinculada ao sector eólico en Galicia

 Información de Miguel Pardo en Praza Pública

Parque eólico de Montouto, promovido por Norvento entre Abadín e Muras © Norvento

Unha ducia de palabras do léxico das costureiras

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

Bodoque:Adorno de bordado que forma un pequeno círculo en relevo. Termo recollido tamén como "bodocos"

 

Que é a meteoroloxía?

 Serie de vídeos sobre a a atmosfera e o clima. Elaboración de Xacobo de Toro e Jorge Gutiérrez. A meteoroloxía é a ciencia que trata de explicar o tempo atmosférico e que condicións dánse nun día determinado en base á temperatura, presión, humidade, choiva, etc que temos no momento. Para estudar o tempo, temos que estudar a atmosfera, que é onde se producen os fenómenos meteorolóxicos que estuda a meteoroloxía. Case todos ocorren na parte máis baixa da atmosfera, a mais próxima á superficie terrestre, nunha capa que se chama a troposfera. Alí é onde se forman as nubes, se producen os lóstregos e onde cae a precipitación en forma de choiva, neve ou sarabia. Outra cousa alucinante da atmosfera é que na seguinte capa da atmosfera, na estratosfera, atópase a capa de ozono, que nos protexe das radiación ultravioletas do sol que son terriblemente prexudiciais para a vida dos seres vivos.

12/01/21

O nacemento do Dragón | Pradorua

 Comentario da youtubeira Pradorua:

Ola! Si, este vídeo non é o habitual na canle. É unha pequena curta que fixen para a materia de Didáctica das artes plásticas e visuais. O conto "O nacemento do Dragón" inspiroume para facer esta especie de performance. Non é gran cousa, mais fixen o que puiden con esta situación. Espero que pronto poida mudar de editor de vídeo para ter máis posibilidades e mellorar os aspectos técnicos da miña canle. Un saúdo!

 


10/01/21

Contos favs con NUBESBAIXOTI | Pradorua

 


Pequena e divertida historia da Coruña

Xosé Alfeirán resume dous mil anos de acontecementos "nun feixe de episodios seleccionados" que ilustra Xosé Tomás

Información de Rodri García en La Voz de Galicia



 

A viaxe políglota de Tintín á Lúa

 Os albúms publícanse en galego

Información de Xesús Fraga en La Voz de Galicia


 

As superheroínas de Burela renovan outra coroa: gañan a Supercopa de España

 O Pescados Rubén pechou o seu triplete en tempos de pandemia coa supercopa en casa ante un combativo Poio Pescamar

Información de I. Díaz Rolle en La Voz de Galicia 


 

71 concellos galegos perderon máis de 1 de cada 5 habitantes na última década

 Dous de cada tres concellos de Galicia teñen menos poboación que en 1900

Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

Unha das imaxes do proxecto 'Morte Terra' de Matteo Bertolino sobre o despoboamento do rural galego © Matteo Bertolino 

Luar na Lubre - Memoria da Noite

 


09/01/21

Literatura galega: Xurxo Souto no #UniversoGalaxia con 'Pangalaica'

 

O 17 de marzo de 2020, Xurxo Souto recibe a chamada de María Obelleiro, directora de Nós Diario. A pandemia paralizou a actividade cultural. Pídelle que durante uns días escriba un pequeno texto para ocupar o espazo que deixou a axenda. É a escusa que precisa. 
Ao día seguinte aparece “Haberá primavera!”, a primeira entrega dunha longa serie —seis meses de petiscos literarios— para construír toda unha cosmovisión. Persoas e historias marabillosas que foi coñecendo, dende que, hai trinta anos, comezou a percorrer o país co primeiro disco dos Diplomáticos de Monte-Alto, Arroutada Pangalaica.
 #UniversoGalaxia [32] - Xurxo Souto - 'Pangalaica. Recortes poderosos. Talento e ruta'.

"Cobiza" de María Reimóndez nas librarías a partir do 21 de xaneiro

 I premio literario "pinto e maragota".  Diversidade sexual e de xénero.


 

A lavandeira de San Simón

 «Nunca vira esta parte da illa, nin a torreta nin o enreixado, nin os gardas cos fusís que vixiaban, nin os centos de homes que agardaban detrás deles, coa fame e o medo nos ollos. Desde a nosa casa só se vían unhas poucas árbores e a ponte. Máis nada. As cousas non sempre son como parecen...»A illa de San Simón foi, durante a Guerra Civil, cadea e campo de concentración de máis de seis mil homes inocentes. Moitas foron as mulleres que axudaron, desinteresadamente, a facerlles máis soportable a condena levando comida e roupa limpa á illa. Esta é unha de tantas historias de mulleres e crianzas que padeceron a represión e a inxustiza, e que loitaron por cambiar o mundo que lles tocou vivir.


 

Unha ducia de cabalgatas de reis con distancia interpersoal

 Información en Praza Pública

Antonio Fernández, camiñante montador de futbolíns 【Camiñantes do noso】

 


Boyanka Kostova - Muinheira de Interior (Video Oficial)

 


Cantigas medievais galego-portuguesas, o resumo (PARTE 2)

 


08/01/21

Cantigas medievais galego-portuguesas, o resumo (PARTE 1)

 


#DígochoEu O máis viral do TikTok (capítulo 5)

 


VISTO NAS REDES #3 || EDICIÓN RETRO || Con Cousas RarismASMR e pradorua 😜

 Moi boas, kosmikoides! Benvidos e benvidas a un novo vídeo do Jato Kósmiko. No día de hoxe, poderedes ver o terceiro capítulo do VISTO NAS REDES. Neste caso, trátase dunha edición retro na que irán aparecendo vídeos clásicos vistos na tele ou nas redes sociais, aos que irán reaccionando.

Nesta ocasión o Jato Kósmiko estivo moi ben acompañado, pois fixo esta colabo con Helena, da canle Cousas RarismASMR e con María da canle pradorua.

 


Adeus aos seis Prestige da ría do Burgo

 O goberno licita por 48,6 millóns a dragaxe de 583.377 millóns de metros cúbicos de lodos, unha cifra que multiplica por seis a capacidade do buque do Prestige que causou o peor desastre ecolóxico de Galicia.

 Os mariscadores solicitan unha reunión entre o Estado e a Xunta para determinar as compensacións.

Información de Xosé Gago en La Voz de Galicia


 

A Gramola Gominola - Apalpador

 


Partidaza en ARENA co KEKO! ENXEBREG na tenda

 


Lipdub EU FALAREI

 

O día 5 de xuño de 2012, a comunidade educativa do IES de Chapela (Redondela-GALIZA) gravou, despois dun longo proceso que comezou co inicio do curso escolar, o LIPDUB EU FALAREI. EU FALAREI, con música do "I will survive" de Gloria Gaynor, e cunha letra escrita polo EDLG de Chapela, é un canto de amor en defensa da Lingua Galega, mais tamén é unha denuncia da situación que vive un idioma que esmorece lentamente vendo recortada a súa presenza nos medios de comunicación ou na propia escola, e que día a día perde falantes entre a xente nova. Na gravación implicáronse activamente máis de 400 persoas entre as que están 120 actrices e actores e 29 cantantes. Son alumnado, profesorado, persoal non docente, pais e nais, veciñas e veciños de Chapela, que quixeron neste LIPDUB dar alento a unha lingua, a galega, que hoxe e no futuro... precisa de nós.

Baiuca - Olvídame (feat. Aliboria)

 


07/01/21

DECEMBRO 2020 (31/12/20) - As 50 do YouTube

Conferencia de arte no IES Monelos: "Da guerra coma arte / A arte en contra da guerra"

 


O venres 15 de xaneiro, ás 8:30 horas, o alumnado de 2º de bacharelato de historia da arte tivo unha conferencia a cargo da profesor desta materia Rosario Sarmiento. Nela ofreceu nesta palestra na que reivindicou o papel dos artistas galegos na denuncia dos conflitos armados. Esta iniciativa contou co apoio da Deputación da Coruña, e coordinada pola mesma profesora, quere achegar á sociedade galega o relato da guerra a través da arte contemporánea de Galicia. “A guerra, os seus protagonistas, os seus escenarios e as súas consecuencias ten sido na arte contemporánea un tema sobre o que moitos creadores traballaron, denunciando moitas veces os abusos, as atrocidades e a dor que sempre deixa tras de si calquera conflito armado”, explicou Rosario Sarmiento. Sen embargo, “non será ata finais do século XVIII e comezos do século XIX, cando a maneira máis académica de relatar as guerras como acontecementos heroicos ou grandiosos será posta en cuestión por un artista como Francisco de Goya, que marcará a modernidade deste xénero artístico”, apunta. En Galicia, Ramón Parada Justel, un dos compoñentes da chamada Xeración Doente será pioneiro nesta denuncia en 1899, co cadro A familia do anarquista o día da execución, sendo un dos nosos primeiros creadores contemporáneos que se achega á temática da violencia da guerra. “O golpe de estado de 1936, coa represión, o terror e a tremenda experiencia da Guerra Civil serán claves para o posicionamento e a denuncia de moitos dos artistas que contribuirán á modernidade da creación plástica nas primeiras décadas do século XX en Galicia”, sinala Sarmiento. Nomes como Luis Seoane, Castelao, Colmeiro, Arturo Souto e Federico Ribas denunciarán aos responsables do golpe e a dramática situación da poboación civil. Tamén Isaac Díaz Pardo, Conde Corbal, Agustín Pérez Bellas, Mercedes Ruibal, Xaime Quessada, Francisco Leiro, Jorge Castillo, Reimundo Patiño, Xavier Correa, Antón Patiño ou Caxigueiro expresarán o seu compromiso e deixarán en moitas obras a súa mirada de compromiso fronte á realidade da guerra. 
A conferencia resultoulle moi interesante ao alumnado.

Seguidores de Trump asaltan o Capitolio e interrompen a ratificación de Biden como presidente dos Estados Unidos

Información de David Reinero en Praza Pública

Captura da CNN amosando unha imaxe de Getty Images de persoas armadas no interior do hemiciclo apuntando a asaltantes que intentan acceder a el CC-BY-SA Praza Pública 

O 7 de xaneiro de 1950, hai 71 anos, Castelao falecía no exilio en Bos Aires

 

Baiuca - Adélia (ft. Haēma)