16/09/20

[A Cidade que Queremos] PONTEVEDRA

O mércores 16 de setembro comeza a semana europea da mobilidade, que Ecoloxistas en Acción aproveitará para lanzar a recta final da súa campaña ‘Confinemos os coches’ e concienciar á cidadanía a través do lanzamento en redes destos videos e dunha serie de infografías sobre os beneficios das Zonas de Baixas Emisións. Trátase dunha proposta creada durante as semanas de confinamento e que propón ceder o espazo urbano ás persoas fronte aos coches. A fórmula da organización ecoloxista é pés + pedais + transporte público + Zonas de Baixas Emisións e, se é posible, zonas de cero emisións, de modo que os poucos coches que circulen sexan coches pouco contaminantes ou, aínda mellor, cero emisións. Neste sentido temos que destacar a aposta de Pontevedra por unha cidade peonil libre de ruídos e fumes, unha cidade amable para a convivencia, unha cidade para todas. Esta proposta de restrinxir a entrada de coches ás cidades e unha repartición do espazo público máis favorable para viandantes, ciclistas e transporte público está apoiada por máis dun 80% da poboación española, segundo unha enquisa realizada por YouGov. Tamén máis de 40 organizacións da sociedade civil reclamaron nos últimos meses este tipo de cambios para as cidades.

 


O tabaquismo incrementa na mocidade o risco de ter formas graves de Covid-19

 Información en GCiencia


 

Biofabri fabricará no Porriño o antíxeno dunha das vacinas contra a Covid-19

 Información en GCiencia


 

Vaga de lumes na provincia de Ourense

 Información en ADEGA


 

Efecto curuxa | Xema Varela | LGx15

15/09/20

A aplicación da Xunta para comunicar os positivos de COVID-19 das escolas é unha "pantalla en branco"

Información de Ana G. Liste en Praza Pública

Captura de pantalla da aplicación EduCovid da Xunta CC-BY-NC Profesorado en Pé


 

As augas residuais alertaron en xullo do brote de Covid-19 na área da Coruña

 Información en GCiencia

A depuradora de Bens recolle as augas residuais da cidade da Coruña e a súa área metropolitana. Foto: EDAR Bens SA.


 

Anuncian o achado de posibles indicios de vida en Venus

Ver información en GCiencia 


 

Asina: por unha canle Xabarín Club de programación infantil e xuvenil na TVG

 A galega é a única lingua oficial no Estado español que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil. O resultado disto é só o 4,6% da progamación semanal está en galego, caendo ao 2,7% na fin de semana.

A través de canles como Clan, Super3 ou ETB3 todas as crianzas, rapaces e raparigas do Estado español poden desfrutar dos mellores contidos televisivos na súa lingua agás as galegas.

Resulta alarmante o retroceso da presenza da lingua galega na programación televisiva: só a CRTVG garante a súa presenza na grella televisiva, mais faino de forma cativa e mínima, malia o estabelecido na lexislación autonómica sobre o audiovisual e malia as enormes posibilidades técnicas actuais que poderían aumentar significativamente as emisións en galego.

En canto á conveniencia de actualizarse ofertando produtos en plataformas dixitais ou App con contidos infantís, desprézanse os traballos de dobraxe xa elaborados e financiados con diñeiro público pola entidade televisiva. É lamentábel que non se poidan visualizar en galego debuxos animados que tiveron grande impacto e éxito en Galiza, aos que non se lle dá continuidade en galego no mercado cos seus produtos derivados ou na propria TVG.

Sr. Sánchez Izquierdo, Director Xeral da Corporación de Radio Televisión de Galiza

Sr. Román Rodríguez Rodríguez , Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

Reclamamos unha canle Xabarín Club na TVG que emita continuadamente en galego e coa súa App, todos os días do ano, contidos actuais, anteriores de éxito, atractivos e de interese para a infancia e a mocidade galega.

Xabarín Club 24h!

App A Liña do Galego

Servizo ofrecido pola Mesa para a Normalización Lingüística

 Liña do Galego é un servizo gratuíto ofrecido pola Mesa pola Normalización Lingüística dirixido a toda a poboación que, desde o ano 2007, atende consultas sobre dereitos lingüísticos e tramita queixas cara ás institucións, empresas etc, que os vulneran; así como parabéns para quen dea pasos cara a garantia do dereito a vivir en galego. Desde xullo do ano 2016, A Mesa puxo en marcha a app A Liña do Galego; o obxectivo desta aplicación é proporcionar as usuarias e usuarios unha nova forma de comunicación que permita o envío de queixas e parabéns dunha forma sinxela, rápida, segura e cómoda.

Descargar para Android

Descargar para iOS

Máis información Mesa pola Normalización

O galego, lingua de prestixio na economía social | Patricia Buxán e Miguel Braña | LGx15

06/09/20

A biografía de Josefina Arruti en banda deseñada

 OS BERROS DA MOTOCICLETA, a novela gráfica que narra a vida de Josefina Arruti, escrita por Kiko da Silva e debuxada por Pablo Prado, está rematada. 

Nas vindeiras semáns amosarémoslle o resultado á familia de Josefina e entrará en imprenta da man do CONCELLO DE PONTEVEDRA.


 

 

Unha ducia de colexios aos que volver

 O coronavirus está a facer da volta ao colexio deste 2020 un problema para moita xente. Pero hai outros colexios e escolas aos que paga a pena volver e admirar.

Selección de David Reinero en Praza Pública

Escolas de Sada e os seus contornos

 

Reseña da película "María Solinha" polo Jato Kósmiko

Historias de Galicia - Onde o mundo se chama Galicia 3/3

27/08/20