16/09/20

[A Cidade que Queremos] PONTEVEDRA

O mércores 16 de setembro comeza a semana europea da mobilidade, que Ecoloxistas en Acción aproveitará para lanzar a recta final da súa campaña ‘Confinemos os coches’ e concienciar á cidadanía a través do lanzamento en redes destos videos e dunha serie de infografías sobre os beneficios das Zonas de Baixas Emisións. Trátase dunha proposta creada durante as semanas de confinamento e que propón ceder o espazo urbano ás persoas fronte aos coches. A fórmula da organización ecoloxista é pés + pedais + transporte público + Zonas de Baixas Emisións e, se é posible, zonas de cero emisións, de modo que os poucos coches que circulen sexan coches pouco contaminantes ou, aínda mellor, cero emisións. Neste sentido temos que destacar a aposta de Pontevedra por unha cidade peonil libre de ruídos e fumes, unha cidade amable para a convivencia, unha cidade para todas. Esta proposta de restrinxir a entrada de coches ás cidades e unha repartición do espazo público máis favorable para viandantes, ciclistas e transporte público está apoiada por máis dun 80% da poboación española, segundo unha enquisa realizada por YouGov. Tamén máis de 40 organizacións da sociedade civil reclamaron nos últimos meses este tipo de cambios para as cidades.