16/06/24

En marcha a mobilización contra as celulosas: "Nin Ence na ría nin Altri na Ulloa"

 Información en Nós Diario

Mostra das pancartas reivindicativas que acompañan as manifestantes momentos antes do inicio da marcha contra as celulosas. (Foto: Greenpeace).


 

Altri: a sede insostible

A Xunta, Altri e Greenalia pretenden instalar unha fábrica de celulosa e lyocell no centro do país. O que ía ser un proxecto “sostible” e “respectuoso co medio” rematou sendo o enésimo intento de lucro do capitalismo salvaxe cos recursos da nosa terra. Na súa defensa, a veciñanza da Ulloa organizada, protexendo os seus ríos, o seu aire e os seus empregos deste intento de espolio. 
O audiovisual percorre o ciclo da auga proxectado pola promotora do proxecto; desde o punto de recollida de ata 46 millóns de litros diarios en Brocos, ata O Sexo, onde será devolta parte da auga, tratada e máis quente. Polo camiño, 20 quilómetros de tubaxes, centos de fincas expropiadas, e unha megafactoría en Palas de Rei, pegada ao Camiño de Santiago, que emitirá oxido de xofre e óxido de nitróxeno á atmosfera. 
Voces expertas e veciñas destes lugares expoñen de que xeito lles pode afectar no seu día a día e nos seus empregos, nunha zona vizosa de proxectos sostibles que agora son amenazados. 
O audiovisual, de ‪@Xarda‬ e O Salto Galiza, foi realizado por Elena Martín e Pablo Santiago e contou co apoio e a colaboración de varias asociacións e plataformas en defensa do territorio.

 

Francisco Díaz-Fierros Viqueira | Entrevista con Yolanda Castaño

 

Medio centenar de persoas en salvamento, socorrismo e atención médica na inauguración da tempada de praias na Coruña

 Información en Xornal da Coruña


Traspaso ou rescate? Guía para non perderse no votado sobre a AP-9

 Información de David Lombao en Praza Pública


 

Que é o pago de dereitos de emisións e por que se amplía agora a edificios, coches e barcos

 Información de Daniel Lara en Praza Pública

Contaminación dun vehículo de combustión CC-BY-SA ck

Burlas, insultos, rumores: o que sofre aínda no colexio ou instituto o 28% do alumnado de 10 a 16 anos

 Información de David Reinero en Praza Pública

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, nunha recente visita a un centro educativo CC-BY-SA Xunta de Galicia

Paspallar - MJ Pérez

 

Receitas de pasta caseira con pesto e pasta con pisto e 'bacon'

 

15/06/24

O Parlamento galego expón unha selección da súa colección de arte

 Información en Xornal da Coruña

Exposición 'Picasso branco no recordo azul', no Museo de Belas Artes da Coruña / XUNTA - Arquivo

A intervención en Olmos medra implicando á rapazada

 Información de Ubaldo Cerqueiro en Xornal da Coruña


 

Bota a andar na India o primeiro Centro de Estudos Galegos de Asia: "estamos creando unha ponte con Galicia"

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

Anik Nandi CC-BY-SA Cedida


 

Microrobots de algas: a innovadora terapia contra o cancro de pulmón metastásico

 Información en GCiencia

Imaxe dun microrobot formado por unha célula de alga (verde) recuberta de nanopartículas recheas de fármaco (laranxa) recubertas de memebranas de glóbulos vermellos. Foto: Zhengxing Li

Encontro Caníbal con DAVID PERDOMO

 

Como facer unha grilanda de flores

 

14/06/24

Arde Lucus (do 13 ao 16 de xuño)

 Información en Arde Lucus

Rodaxe da película "O meu Ilustrísimo Amigo"

 

Paula Cons (A Coruña, 1976) está inmersa na rodaxe da película O meu Ilustrísimo Amigo, unha longametraxe de ficción baseada na relación entre Emilia Pardo Bazán e Benito Pérez Galdós. A correspondencia entre estes destacados literatos permite saber da paixón que compartiron e nela se centra o filme, que se poderá ver na TVG e na Televisión Canaria no vindeiro ano. A cineasta atende a Praza.gal desde Gran Canaria, onde se está a levar a cabo a segunda parte da rodaxe, que antes decorreu en distintos escenarios de Madrid como o Ateneo e a Casa-Museo Pérez Galdós.

Información de Ana G. Liste en Praza Pública

Paula Cons durante a rodaxe de 'O meu Ilustrísimo Amigo' CC-BY-SA cedida

Unha ducia de futbolistas de Galicia que xogaron a Eurocopa

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

Luís Suárez
 

As vidas caladas - Antía Muíño ft. Caamaño&Ameixeiras

 

Receitas de guiso de choco e choco na súa tinta con arroz e alioli

 

13/06/24

Execútase, en Santo Amaro, a política urbanística do goberno coruñés

 Información de Ubaldo Cerqueiro en Xornal da Coruña

Comezan as obras da urbanización de Santo Amaro-Orillamar-Foro: @eloytp

O novo Parque da Agra terá a sombra das vivendas de Cebrián

 Información de Ubaldo Cerqueiro en Xornal da Coruña

Así será o proxecto das vivendas de Cebrián no Parque da Agra

Entrevista á tradutora Rosa Moledo: "A tradución é un traballo que cando está mal, nótase e se non se nota normalmente é que está ben"

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública


 

"La Crisálida" unha mercería que sigue aberta na Coruña

«Son un continuísta: o meu compromiso é que siga viva a mercería que Josefa Castaño abriu en 1942» 

 Información de Javi Quiroga en Vinte


 

Unha manifestación marítima en defensa da pesca sostible acompaña a chegada do barco de Greenpeace á Ría de Arousa

 Información en Praza Pública

Valentín García: "A lusofonía é unha parte importante das políticas lingüísticas en Galicia"

 

Como sementar chícharos e tirabeques

 

11/06/24

Celebración de fin de curso do EDLG do IES Monelos

Os compoñentes do EDLG do IES Monelos rematamos o curso 2023-2024 cunha chocolatada na cafetería de Alfredo. Felices vacacións e ata o curso que vén con novos proxectos!




A propósito de Eusebio da Guarda e o tráfico de escravizados na Galicia do século XIX

 Información de Luís Alonso Álvarez en Praza Pública

Retrato de Eusebio da Guarda, por Gumersindo Pardo Reguera en 1896 Dominio Público


 

De viaxe? Cando os turistas son «os outros»

 Información de Raquel C. Pico en Vinte


 

Vinte mulleres vítimas das violencias machistas ao día en Galicia e aínda sen xulgados específicos en todas as cidades

 Información de Ana G. Liste en Praza Pública

As denuncias por violencia machista incrementáronse un 7% en Galicia en 2023 CC-BY-SA Marco Bianchetti/Unsplash

Adianto editorial: comeza a ler a nova novela de Llerena Perozo Porteiro, 'Os anos tranquilos'

 Información en Praza Pública

A autora, Llerena Perozo Porteiro, e capa do libro © Tania Valencia | Xerais

A reconquista da oliveira galega: “As súas características botánicas fana única no mundo”

 Información de Alba Tomé en GCiencia

O Grupo Operativo ‘Oliveiras de Galicia’ cultiva na Misión Biolóxica de Galicia as distintas variedades.

09/06/24

Os Premios Xerais 2024 son para Marta Villar, Raquel Fernández e Abel Tomé

 Información en Praza Pública

Raquel Fernández, Marta Villar e Abel Tomé CC-BY-SA Xerais Montaxe: Praza.gal

Os desafiuzamentos multiplicaron por 19 os novos casos de ocupacións en Galicia no inicio de 2024

 Información de David Lombao en Praza Pública

Edificios de vivendas en Lugo, nunha imaxe de arquivo CC-BY-NC-SA Praza.gal

Unha ducia de parques infantís en Galicia para xogar este verán

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública


 

En Labañou tamén se fala galego

 Información de Ubaldo Cerqueiro en Xornal da Coruña

Takekazu Asaka: “Para min, nipogalego, a lingua propia da Galiza é a miña segunda lingua”

A Academia Galega recibiu o sábado 8 de xuño como membro de honra ao profesor, embaixador da lingua e a cultura galega en Xapón. Asaka descubriu o galego en 1977 durante unha estancia en Madrid ao ver nun quiosco un semanario que non estaba escrito no mesmo idioma que o resto. Era 'A Nosa Terra'. 

Información en Nós Diario


 

LERIA - CHULITA BEN

 

05/06/24

A XV edición da Mostra de Cinema Periférico da Coruña ofrece máis de 20 sesións de vangarda cinematográfica

 Información en Xornal da Coruña

Público na inauguración do S8 o pasado luns na Filmoteca de Galicia

Piden solucionar a situación laboral do Centro de Orientación Familiar de Orillamar

 Información en Xornal da Coruña

O Encontro Internacional Acampa volve converter os Xardíns no epicentro da solidariedade mundial

 Información de Ubaldo Cerqueiro en Xornal da Coruña

En marcha a montaxe do campo simulado de refuxiados nos Xardíns de Méndez Núñez no marco do Encontro Internacional da Rede Acampa pola Paz

Así vivimos a Retro Barcelona 2024 (resumo + entrevistas Bruno Sol, Retro Cabeza, VíctorDevelops...)

 

Catro razóns polas que o matemático Rodríguez (1770-1824), o "paseante da luz", merece recoñecemento

 Información de Xosé A. Fraga Vázquez en Praza Pública

Busto do matemático Rodríguez en Bermés © Xosé A. Fraga

Control no móbil si, pero pedagoxía tamén: así é o plan contra o consumo de porno entre menores

 Información de Sabela Rodríguez Álvarez en Praza Pública


 

Exposición «Barreiro. O silencio que chove luz na xanela»

 

02/06/24

Unha ducia de xeorutas que podes facer en Galicia

Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

Galicia conta cunha gran riqueza xeolóxica da que se pode gozar en rutas de sendeirismo (Xeorutas) que percorren o territorio amosando distintos fenómenos e unha gran beleza que nos fala do proceso de formación do planeta e da evolución da paisaxe. O noso país conta con dous xeoparques: o do Courel dende 2019 e o do Cabo Ortegal dende 2023, pero tamén noutros espazos se poden realizar algunhas destas rutas.
 

 

Monelos no ar nº 6. Emitido o 31 de maio de 2024

Programa realizado polas Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.

Estivo centrado sobre as eleccións ao Parlamento Europeo que se celebrarán o vindeiro 9 de xuño e sobre a celebración do Día das Letras Galegas dedicado á coruñesa Luísa Villalta.

As profesoras Mónica Alonso e Elena Conde foron as coordinadoras.

Na técnica estivo Alejandro Lorenzo.

Conduciron o programa Yelina Dopico (4º ESO) e Anxo Vázquez (1º Bac)

Axudou ao embarque Raúl Orosa (2º ESO)

Falaron da importancia das eleccións ao parlamento europeo o vindeiro 9 de xuño os Embaixadores Junior Álvaro Mosquera e Alexandre Marrero.

A profesora Montse Puime foi entrevistada sobre a realización dos carteis de Luísa Villalta no día das Letras. A alumna de 4º ESO Eva Godrovich falou do traballo de ilustración de poemas que realizaron no ámbito sociolingüístico e recitou un dos poemas da escritora.

Este foi o penúltimo programa do curso 2023-2024.




O uve. Vimbieira.

 

29/05/24

Roteiro pondaliano: Dombate-Castro de Borneiro-Monte Blanco-Balarés-Ponteceso

Actividade realizada polo departamento de Lingua e Literatura galegas do IES Monelos na que participou o alumnado de 3º ESO (28/5/2024)

Dombate-Castro de Borneiro


 Balarés-Ponteceso

Obradoiro sobre Luísa Villalta. “A forma e o contido da poesía de Luísa Villalta: De En Concreto ao Papagaio”. Impartido por Francisco X. Fernández Naval

Na biblioteca, rodeados da exposición dos cartaces enviados desde a Consellería e acompañados dun traballo creativo elaborado polo alumnado de 4º PDC sobre lecturas de composicións de Luísa Villalta, desenvolvemos a última actividade sobre a autora homenaxeada este ano nas Letras galegas. Nesta actividade tivemos a sorte de gozar do traballo desenvolvido por Fernández Naval. 

Foron dous grupos de alumnos e alumnas de 3º e 4º ESO quen recibiron as ensinanzas do autor. Faloulles, este, do compromiso social, da procura da beleza ou da vocación musical, constantes na obra de Luísa Villalta. Por suposto, léronse textos poéticos acompañados de composicións musicais acaídas. 

En palabras do alumnado: Para repetir!