02/06/24

Monelos no ar nº 6. Emitido o 31 de maio de 2024

Programa realizado polas Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.

Estivo centrado sobre as eleccións ao Parlamento Europeo que se celebrarán o vindeiro 9 de xuño e sobre a celebración do Día das Letras Galegas dedicado á coruñesa Luísa Villalta.

As profesoras Mónica Alonso e Elena Conde foron as coordinadoras.

Na técnica estivo Alejandro Lorenzo.

Conduciron o programa Yelina Dopico (4º ESO) e Anxo Vázquez (1º Bac)

Axudou ao embarque Raúl Orosa (2º ESO)

Falaron da importancia das eleccións ao parlamento europeo o vindeiro 9 de xuño os Embaixadores Junior Álvaro Mosquera e Alexandre Marrero.

A profesora Montse Puime foi entrevistada sobre a realización dos carteis de Luísa Villalta no día das Letras. A alumna de 4º ESO Eva Godrovich falou do traballo de ilustración de poemas que realizaron no ámbito sociolingüístico e recitou un dos poemas da escritora.

Este foi o penúltimo programa do curso 2023-2024.