16/06/24
Altri: a sede insostible
15/06/24
14/06/24
Rodaxe da película "O meu Ilustrísimo Amigo"
Paula Cons (A Coruña, 1976) está inmersa na rodaxe da película O meu Ilustrísimo Amigo, unha longametraxe de ficción baseada na relación entre Emilia Pardo Bazán e Benito Pérez Galdós. A correspondencia entre estes destacados literatos permite saber da paixón que compartiron e nela se centra o filme, que se poderá ver na TVG e na Televisión Canaria no vindeiro ano. A cineasta atende a Praza.gal desde Gran Canaria, onde se está a levar a cabo a segunda parte da rodaxe, que antes decorreu en distintos escenarios de Madrid como o Ateneo e a Casa-Museo Pérez Galdós.
Información de Ana G. Liste en Praza Pública
13/06/24
"La Crisálida" unha mercería que sigue aberta na Coruña
«Son un continuísta: o meu compromiso é que siga viva a mercería que Josefa Castaño abriu en 1942»
Información de Javi Quiroga en Vinte
12/06/24
11/06/24
Celebración de fin de curso do EDLG do IES Monelos
Os compoñentes do EDLG do IES Monelos rematamos o curso 2023-2024 cunha chocolatada na cafetería de Alfredo. Felices vacacións e ata o curso que vén con novos proxectos!
10/06/24
Estes son os eurodeputados galegos ou ligados a Galicia que estarán en Bruxelas
09/06/24
Takekazu Asaka: “Para min, nipogalego, a lingua propia da Galiza é a miña segunda lingua”
A Academia Galega recibiu o sábado 8 de xuño como membro de honra ao profesor, embaixador da lingua e a cultura galega en Xapón. Asaka descubriu o galego en 1977 durante unha estancia en Madrid ao ver nun quiosco un semanario que non estaba escrito no mesmo idioma que o resto. Era 'A Nosa Terra'.
08/06/24
07/06/24
06/06/24
05/06/24
04/06/24
Predición meteorolóxica do 4 ao 11 de xuño
Elaborada polos alumnos de 1º de ESO Héctor Fernández-Villarrenaga e Loreto Gómez.
03/06/24
O Depor gaña a final de campiones de 1 Federación
Ver partido de volta coa vitoria domicilio por 2-4.
02/06/24
Unha ducia de xeorutas que podes facer en Galicia
Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública
Monelos no ar nº 6. Emitido o 31 de maio de 2024
Programa realizado polas Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Estivo centrado sobre as eleccións ao Parlamento Europeo que se celebrarán o vindeiro 9 de xuño e sobre a celebración do Día das Letras Galegas dedicado á coruñesa Luísa Villalta.
As profesoras Mónica Alonso e Elena Conde foron as coordinadoras.
Na técnica estivo Alejandro Lorenzo.
Conduciron o programa Yelina Dopico (4º ESO) e Anxo Vázquez (1º Bac)
Axudou ao embarque Raúl Orosa (2º ESO)
Falaron da importancia das eleccións ao parlamento europeo o vindeiro 9 de xuño os Embaixadores Junior Álvaro Mosquera e Alexandre Marrero.
A profesora Montse Puime foi entrevistada sobre a realización dos carteis de Luísa Villalta no día das Letras. A alumna de 4º ESO Eva Godrovich falou do traballo de ilustración de poemas que realizaron no ámbito sociolingüístico e recitou un dos poemas da escritora.
Este foi o penúltimo programa do curso 2023-2024.
01/06/24
31/05/24
30/05/24
29/05/24
Roteiro pondaliano: Dombate-Castro de Borneiro-Monte Blanco-Balarés-Ponteceso
Actividade realizada polo departamento de Lingua e Literatura galegas do IES Monelos na que participou o alumnado de 3º ESO (28/5/2024)
Dombate-Castro de Borneiro
Balarés-Ponteceso
Obradoiro sobre Luísa Villalta. “A forma e o contido da poesía de Luísa Villalta: De En Concreto ao Papagaio”. Impartido por Francisco X. Fernández Naval
Na biblioteca, rodeados da exposición dos cartaces enviados desde a Consellería e acompañados dun traballo creativo elaborado polo alumnado de 4º PDC sobre lecturas de composicións de Luísa Villalta, desenvolvemos a última actividade sobre a autora homenaxeada este ano nas Letras galegas. Nesta actividade tivemos a sorte de gozar do traballo desenvolvido por Fernández Naval.
Foron dous grupos de alumnos e alumnas de 3º e 4º ESO quen recibiron as ensinanzas do autor. Faloulles, este, do compromiso social, da procura da beleza ou da vocación musical, constantes na obra de Luísa Villalta. Por suposto, léronse textos poéticos acompañados de composicións musicais acaídas.
En palabras do alumnado: Para repetir!