Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública
Paula Cons (A Coruña, 1976) está inmersa na rodaxe da película O meu Ilustrísimo Amigo, unha longametraxe de ficción baseada na relación entre Emilia Pardo Bazán e Benito Pérez Galdós. A correspondencia entre estes destacados literatos permite saber da paixón que compartiron e nela se centra o filme, que se poderá ver na TVG e na Televisión Canaria no vindeiro ano. A cineasta atende a Praza.gal desde Gran Canaria, onde se está a levar a cabo a segunda parte da rodaxe, que antes decorreu en distintos escenarios de Madrid como o Ateneo e a Casa-Museo Pérez Galdós.
Información de Ana G. Liste en Praza Pública
Os compoñentes do EDLG do IES Monelos rematamos o curso 2023-2024 cunha chocolatada na cafetería de Alfredo. Felices vacacións e ata o curso que vén con novos proxectos!
A Academia Galega recibiu o sábado 8 de xuño como membro de honra ao profesor, embaixador da lingua e a cultura galega en Xapón. Asaka descubriu o galego en 1977 durante unha estancia en Madrid ao ver nun quiosco un semanario que non estaba escrito no mesmo idioma que o resto. Era 'A Nosa Terra'.
Elaborada polos alumnos de 1º de ESO Héctor Fernández-Villarrenaga e Loreto Gómez.
Ver partido de volta coa vitoria domicilio por 2-4.
Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública
Programa realizado polas Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Estivo centrado sobre as eleccións ao Parlamento Europeo que se celebrarán o vindeiro 9 de xuño e sobre a celebración do Día das Letras Galegas dedicado á coruñesa Luísa Villalta.
As profesoras Mónica Alonso e Elena Conde foron as coordinadoras.
Na técnica estivo Alejandro Lorenzo.
Conduciron o programa Yelina Dopico (4º ESO) e Anxo Vázquez (1º Bac)
Axudou ao embarque Raúl Orosa (2º ESO)
Falaron da importancia das eleccións ao parlamento europeo o vindeiro 9 de xuño os Embaixadores Junior Álvaro Mosquera e Alexandre Marrero.
A profesora Montse Puime foi entrevistada sobre a realización dos carteis de Luísa Villalta no día das Letras. A alumna de 4º ESO Eva Godrovich falou do traballo de ilustración de poemas que realizaron no ámbito sociolingüístico e recitou un dos poemas da escritora.
Este foi o penúltimo programa do curso 2023-2024.
Actividade realizada polo departamento de Lingua e Literatura galegas do IES Monelos na que participou o alumnado de 3º ESO (28/5/2024)
Dombate-Castro de Borneiro
Balarés-Ponteceso
Na biblioteca, rodeados da exposición dos cartaces enviados desde a Consellería e acompañados dun traballo creativo elaborado polo alumnado de 4º PDC sobre lecturas de composicións de Luísa Villalta, desenvolvemos a última actividade sobre a autora homenaxeada este ano nas Letras galegas. Nesta actividade tivemos a sorte de gozar do traballo desenvolvido por Fernández Naval.
Foron dous grupos de alumnos e alumnas de 3º e 4º ESO quen recibiron as ensinanzas do autor. Faloulles, este, do compromiso social, da procura da beleza ou da vocación musical, constantes na obra de Luísa Villalta. Por suposto, léronse textos poéticos acompañados de composicións musicais acaídas.
En palabras do alumnado: Para repetir!