Programa elaborado polas alumnas de 4º ESO Camila Pazo e Inés de Rodríguez
Algúns videoclips elaborados por Mondra: "Punheta!", "Beijos de LK", "Saco de pulgas" e "AghrÚuU"
Programa elaborado polas alumnas de 4º ESO Camila Pazo e Inés de Rodríguez
Algúns videoclips elaborados por Mondra: "Punheta!", "Beijos de LK", "Saco de pulgas" e "AghrÚuU"
A obra gañadora, do artista Sfhir, cobra vida ao interactuar co día a día da veciñanza.
O 1 de febreiro de 2012 botou a andar Praza Pública, que este xoves celebrou o seu 12º aniversario. 12 anos informando sobre Galicia e dende Galicia, con rigor, profundidade e seriedade, nun proxecto sostido e dependente dos seus lectores e lectoras, dos seus socios e socias. Velaquí unha ducia dedicada aos 12 anos de Praza.gal.
Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública
Que pasa co galego? Non é unha pregunta que sexa allea a quen teña un mínimo interese na nosa lingua. A resposta, pola contra, acostuma a ofrecerse en foros especializados ou a través de discursos máis ben académicos. O libro Que pasa co galego? 32 preguntas sobre a situación social da lingua, publicado por Edicións Xerais, está escrito polo catedrático de Lingüística Xeral da Universidade de Vigo Fernando Ramallo (Vigo, 1965), que formou parte do Comité de expertos da Carta europea para as linguas rexionais ou minoritarias do Consello de Europa, pero diríxese ao conxunto da sociedade que convive coa lingua. Nel atópanse cuestións como o uso do galego nas redes sociais, o bilingüismo, a relación coa Lusofonía, a intelixencia artificial, os dereitos lingüísticos ou a influencia do capitalismo sobre a lingua galega. Cun ton rigoroso, pero divulgativo, Ramallo ofrece unha nova canle para facilitar a comprensión da problemática actual do galego.
Información de Ana G. Liste en Praza Pública
Emisión do segundo programa en directo de "Monelos no ar" realizado este mércores 30 de xaneiro.
O programa estivo centrado sobre preguntas e respostas sobre a institucións da UE, dentro do proxecto de Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo, e unha entrevista ao alumno de 2º de Bacharelato Xoel Saavedra importante promesa do voleibol español.
Coordinaron o programa as profesoras Mónica Alonso e Elena Conde. Na presentación estiveron as alumnas de 2º ESO Lara Beade e Inés Insua. Entrevistou Noelia Saavedra, de 3º de ESO, ao seu irmán Xoel.
O alumnado de 1º de ESO participou nun concurso de carteis coordinado pola profesora de Xeografía e Historia Rosa Gómez.
O Equipo da Biblioteca e o EDLG organizaron un recital poético coordinado pola profesora de galego Luísa Corredoira.
Predición elaborada pol@s alumn@s de 1º ESO Héctor Fernández-Villarrenaga e Valery Gerez para a Meteoescola.
Convocado pola Asociación de Amigos do Instituto de Monelos da Coruña
A data de entrega dos traballos para concursar remata o 31 de marzo.
Cando Arsenio conseguiu deter un diluvio, o Dépor fixo historia. Cando o Racing decidiu abandonar os infernos, comezaron a soñar cos ceos. Cando no 92 o CD Lugo colleu con firmeza o sacho, os campos da muralla tinguíronse para sempre de vermello e branco. E cando o Celta acadou a excelencia estética dentro dun campo de fútbol, puxo a bailar "A Rianxeira" a toda Europa.
Hoxe o fútbol galego vai, de man dadas, nun novo paso que virá marcar un antes e uns despois. Porque o fútbol profesional galego: Dépor, Racing, Lugo e Celta, berra con orgullo que en Riazor, na Malata, no Anxo Carro e en Balaídos "Tamén se fala galego".
Máis información en Aquí tamén se fala
Programa elaborado polas alumnas de 1º ESO Carolina Barbeito de la Cruz e Paula Rial Cernadas
Programa presentado polas alumnas de 3º ESO Catalina Bago e Sabela García.
Algúns videoclips: "Mares sucados", "Onde está o verso", "Agua e carbono" e "Pra vos a verdade".
Programa elaborado polas alumnas de 1º ESO Inés Insua e Noa Vázquez.
Algúns videoclips e actuacións en directo: "Así se constrúe unha bomba", "Quérote máis", "SeteDezasete", e "Os zapatos vellos".
Programa elaborado e presentado pol@s alumn@s Yelina Dopico (4º ESO) e Alejandro Lorenzo (1º Bacharelo)
Programa realizado polas alumnas de 1º ESO A Zeltia Deus Martín e Iria García Puga
Tranvías da Coruña
Os trolebuses. Documental para a televisión inglesa
Trolebús A Coruña-Carballo (O Arteixo)
Elaborada para a Meteoescola polas alumnas de 1º ESO Estela Cao e Iria Díaz.
Programa elaborado polos alumnos de 1º de bacharelato Lucas Eiroa Osoro e Anxo Vázquez Seoane.
Algúns videoclips de Caamaño&Ameixeiras: "Maneo de Cambre", "Alegría Dio'la dea", "A pequena morte", "Ai de min"
Elaborada pola Meteoescola do IES Monelos. Locución de Lorenzo Gómez Dacosta (1º ESO A)
Xa son máis de 150 centros educativos de toda Galicia os que están a difundir polos establecementos esta campaña de difusión do uso do galego.
O alumnado do IES Monelos comezará coa difusión de cartazes polo noso barrio neste mes de xaneiro.
1. O concurso está organizado pola materia de Xeografía e Historia de 1º de ESO coa colaboración do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro.
2. O obxectivo do concurso sensibilizar ao alumnado nos valores da xustiza e da paz, implicándoos na resolución de conflitos de forma pacífica, partindo da súa realidade cotián e dos problemas de convivencia que existen no orde mundial.
3. No concurso participará todo o alumnado de 1º de ESO. O traballo terá carácter obrigatorio dentro da área de Xeografía e Historia.
4. A proba consistirá na elaboración dun cartel relacionado co tema do día da paz e da non violencia.
5. Os carteis quedarán expostos nos corredores do instituto durante o mes de febreiro de 2024.
6. O xurado estará formado por un representante dos departamentos de xeografía e historia, lingua galega, educación plástica e visual; o representante do equipo de dinamización da lingua galega e vicedirección.
7. Tamén haberá un xurado popular formado por todo o alumnado do centro.
8. A entrega dos carteis realizarase antes do 29 de xaneiro.
9. O mércores 1 de febreiro o xurado reunirase no 1º recreo para deliberar e outorgar os premios aos carteis gañadores.
10. O xurado popular votará ao longo de toda a semana (do mércores 31 de xaneiro ao venres 2 de febreiro) polo cartel que considere mellor.
11. Haberá un gañador e un segundo clasificado que terán premio. Por outro lado o xurado popular (alumnado) concederá un único premio ao máis votado. Os premios consistirán: • O primeiro premio dun vale de 5 bocadillos e bebida • O segundo premio dun vale 3 bocadillos e bebida canxeable na cafetería do instituto. Un agasallo por parte do xurado popular tamén canxeable na cafetería do instituto.
Algúns videoclips de "Grande Amore": "Esta pena que a veces teño", "Onde ela me quer levar", "Do meu corpo van nacer outros corpos" e "Pelea".