03/02/24

Radio Monelos: programa musical sobre Mondra

 Programa elaborado polas alumnas de 4º ESO Camila Pazo e Inés de Rodríguez

 Algúns videoclips elaborados por Mondra: "Punheta!", "Beijos de LK", "Saco de pulgas" e "AghrÚuU"

 

Celebramos o día da Candeloria (2-2-2024) no IES Monelos

 

G de Galegas: mulleres con poder no Reino de Galicia

 

Olladas doutro tempo: Porta da Torre de Abaixo

 Información de Fernando Campos Mantiñán en Xornal da Coruña


 

A Galiza sitúase como referente do muralismo: obras de Fene, Nigrán e Lugo impóñense como as mellores do mundo

 A obra gañadora, do artista Sfhir, cobra vida ao interactuar co día a día da veciñanza. 

Información en Nós Diario

Murais de Sfhir, Lula Goce e Yoe 33 foron escollidos como os mellores do mundo. (Foto: Street Art Cities)


Máis mentiras sobre o galego

 Información de Elsa Quintás Alborés en Nós Diario


 

Damos até 25 videoxogos gratis. A polos mil subs! Resident Evil 4, Doom Eternal, Death Stranding...

 

02/02/24

O mural pintado por Sfhir en Fene, unha máxica homenaxe á música, elixido o mellor do mundo

 Información de Ramón Loureiro en La Voz de Galicia


 

Que está a pasar na Costa da Morte?

 Información de Jorge Guitián en Praza Pública

Unha lura na súa tinta en O Fragón © Jorge Guitián

A chegada a Galicia da penicilina, un medicamento “milagroso” (1944)

 Información de Xosé A. Fraga Vázquez en Praza Pública


 

 

Unha ducia de anos de Praza Pública

O 1 de febreiro de 2012 botou a andar Praza Pública, que este xoves celebrou o seu 12º aniversario. 12 anos informando sobre Galicia e dende Galicia, con rigor, profundidade e seriedade, nun proxecto sostido e dependente dos seus lectores e lectoras, dos seus socios e socias. Velaquí unha ducia dedicada aos 12 anos de Praza.gal. 

Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública


 

"É moi lamentable que unha sociedade do século XXI teña prexuízos lingüísticos"

Que pasa co galego? Non é unha pregunta que sexa allea a quen teña un mínimo interese na nosa lingua. A resposta, pola contra, acostuma a ofrecerse en foros especializados ou a través de discursos máis ben académicos. O libro Que pasa co galego? 32 preguntas sobre a situación social da lingua, publicado por Edicións Xerais, está escrito polo catedrático de Lingüística Xeral da Universidade de Vigo Fernando Ramallo (Vigo, 1965), que formou parte do Comité de expertos da Carta europea para as linguas rexionais ou minoritarias do Consello de Europa, pero diríxese ao conxunto da sociedade que convive coa lingua. Nel atópanse cuestións como o uso do galego nas redes sociais, o bilingüismo, a relación coa Lusofonía, a intelixencia artificial, os dereitos lingüísticos ou a influencia do capitalismo sobre a lingua galega. Cun ton rigoroso, pero divulgativo, Ramallo ofrece unha nova canle para facilitar a comprensión da problemática actual do galego.

Información de Ana G. Liste en Praza Pública

O sociolingüista vigués Fernando Ramallo © cedida

 

Pode caer un raio dúas veces no mesmo sitio?

 

01/02/24

Radio Monelos: novas do 25 ao 28 de xaneiro

Programa elaborado pol@s alumn@s Yelina Dopico (4º ESO) e Alejandro Lorenzo (1º Bacharelato)



Radio Monelos: emisión do 2º programa de "Monelos no ar"

Emisión do segundo programa en directo de "Monelos no ar" realizado este mércores 30 de xaneiro. 

O programa estivo centrado sobre preguntas e respostas sobre a institucións da UE, dentro do proxecto de Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo, e unha entrevista ao alumno de 2º de Bacharelato Xoel Saavedra importante promesa do voleibol español. 

Coordinaron o programa as profesoras Mónica Alonso e Elena Conde. Na presentación estiveron as alumnas de 2º ESO Lara Beade e Inés Insua. Entrevistou Noelia Saavedra, de 3º de ESO, ao seu irmán Xoel.


Que está a pasar en Ourense?

 Información de Jorge Guitián en Vinte

La Zapatería del Abuelo é outro dos novos proxectos no casco histórico da Capital CC-BY-SA Jorge Guitián

31/01/24

30 de xaneiro: celebramos o día da Paz e da Non Violencia

O alumnado de 1º de ESO participou nun concurso de carteis coordinado pola profesora de Xeografía e Historia Rosa Gómez.

 

O Equipo da Biblioteca e o EDLG organizaron un recital poético coordinado pola profesora de galego Luísa Corredoira.

Tanxugueiras, Valeria Castro - Hoxe, mañá e sempre

 

29/01/24

Predición meteorolóxica para A Coruña do 29 de xaneiro ao 5 de febreiro

Predición elaborada pol@s alumn@s de 1º ESO Héctor Fernández-Villarrenaga e Valery Gerez para a Meteoescola.

19º concurso de Fotografía Xurxo Lobato 2024 para alumnado de secundaria, bacharelato, fp e escolas de arte

 Convocado pola Asociación de Amigos do Instituto de Monelos da Coruña

A data de entrega dos traballos para concursar remata o 31 de marzo.


 

Os clubs de fútbol galegos únense á campaña "Aquí tamén se fala galego"

Cando Arsenio conseguiu deter un diluvio, o Dépor fixo historia. Cando o Racing decidiu abandonar os infernos, comezaron a soñar cos ceos. Cando no 92 o CD Lugo colleu con firmeza o sacho, os campos da muralla tinguíronse para sempre de vermello e branco. E cando o Celta acadou a excelencia estética dentro dun campo de fútbol, puxo a bailar "A Rianxeira" a toda Europa.

Hoxe o fútbol galego vai, de man dadas, nun novo paso que virá marcar un antes e uns despois. Porque o fútbol profesional galego: Dépor, Racing, Lugo e Celta, berra con orgullo que en Riazor, na Malata, no Anxo Carro e en Balaídos "Tamén se fala galego".

Máis información en Aquí tamén se fala


 

Proxecto Nós - Agasállanos coa túa voz

20/01/24

Unha ducia de palabras para Luísa Villalta no comezo do seu Ano das Letras

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública


 

Olladas doutro tempo: Torre de Hércules (II)

 Información de Fernando Campos Mantiñán en Xornal da Coruña

Torre de Hércules e dúas donas a finais do século XIX

A intelixencia artificial no gume da navalla

 Información Minia Monteagudo Vilavedra en Praza Pública

Os modelos GPT son redes neuronais artificiais adestradas con cantidades inxentes de texto, exemplos que non requiren dun proceso previo de etiquetaxe e procesamento humano. Este tipo de IA está inspirada na arquitectura do sistema nervioso humano CC-BY Unreal

Beatriz Maceda: "Luísa Villalta era unha persoa adiantada ao seu tempo e con moita cultura"

 Información de Laura Veiga en Nós Diario

Laura Suárez, Beatriz Maceda e Eli Ríos na presentación da obra na libraría Lila de Lilith de Santiago. (Foto: Nós Diario)


 

Lingua Galega e Literatura inaugurará os exames da ABAU o 4 de xuño

 Información en Nós Diario

  Exames de ABAU en Compostela (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press).

Unha ducia de achados arqueolóxicos en Galicia ao longo do pasado ano

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

Castro de San Cibrao de Las

Jaione Camborda: “Gustoume levar á pantalla a mulleres conectadas co seu corpo”

A guionista e directora de cine Jaione Camborda nace en Donostia en 1983 aínda que, desde 2010, vive e traballa en Santiago de Compostela. A súa primeira longametraxe chámase Arima, premiada á mellor dirección no Festival de Cine de Sevilla. Coa segunda, O Corno, consegue a Cuncha de Ouro á mellor película no Festival Internacional de Cine de Donostia. É a primeira vez que se premia neste Festival un filme en lingua cooficial, neste caso, en lingua galega. Tamén é a primeira muller nada no Estado español que se fai coa Cuncha de Ouro. Entramos na Facultade de Ciencias da Comunicación, en Compostela, para falar con Jaione Camborda sobre estas conquistas, a importancia dun bo equipo técnico e de cine, moito cine. 
 

'Iribarne': unha traxedia sobre as múltiples faces de Fraga cun pouco de comedia "para sobrevivir"

 Información de Ana G. Liste en Praza Pública

Unha escena da obra 'Iribarne', de ButacaZero, baseada na figura de Fraga © Geraldine Leloutre
 

Berto - WHO THE F*CK IS IRIBARNE?

 

XEOGRAFÍA PARA COMPRENDER O TERRITORIO - VALERIÀ PAÜL CARRIL | BAIXA Á PRAZA 2x04

 

19/01/24

Pingando, Exército Mekemeke e Recuncho Gamer optan a ser 'Youtubeira' do ano

 Información en Praza Pública

Youtubeiras 2023 ©

Máis de cen colectivos chaman á "defensa do mar" nunha marcha que a Xunta ve prexudicial e "electoralista"

 Información de Miguel Pardo en Praza Pública

Rolda de prensa de convocantes da marcha 'En defensa do noso mar' CC-BY-SA PDRA

O pobo vence a "inacción": así se recollen os 'pellets' en Muros

 Información Ana G. Liste en Praza Pública

Operarios contratados pola aseguradora da armadora do buque Toconao volvendo de recoller 'pellets' na praia de Area Maior CC-BY-SA Praza.gal

MJ Pérez - Barco á Deriva (Videoclip)

 

Blondiemuser: Cando a rabia galega viraliza a crise dos ‘pellets’ (e mobiliza os medios)

 Información de Vanesa Vázquez en Vinte

'Pellets' ou granulado nunha praia galega. CC-BY-SA Greenpeace Galicia

Xosé Manuel Núñez Seixas historiador: "o fundamental é conseguir que o pazo de Meirás non sexa un lugar morto"

 

18/01/24

17/01/24

De Ninghures presenta o seu novo tema no Exército Mekemeke

 

A de Afonso VIII: O rei peregrino que morreu facendo o Camiño de Santiago

 

A xornalista herculina Sofía Casanova, xa no fondo da Real Academia Galega

 Información en Xornal da Coruña

O retrato máis conecido de Sofía Casanova-Fonte-Arquivo da Emigracion Galega

65 ideas para o futuro da lingua da man da CTNL

 Información en Praza Pública

Intervención de Neves Rodríguez no noveno LGx15 © CTNL

As mensaxes de amor secretas entre trobadores e nobres nas cantigas galego-portuguesas, ao descuberto

 Información en Praza Pública

O 'Pergamiño Vindel' Dominio Público

Radio Monelos: resumo de novas (do 9 ao 16 de xaneiro)

Programa realizado pol@s alumn@s Yelina Dopico (4º ESO) e Alejandro Lorenzo (1º de Bacharelato)


A NENOFOBIA con @pradorua2865 | LARETANDO #13

 

14/01/24

2 de febreiro: celebración do día da Candeloria

 
A candeloria é unha palabra que ten a orixe no substantivo latino candela -ae, ‘luz alimentada con cera ou sebo’, termo co que se crea no latín tardío festa candelarum, ‘a festa das candeas’, que chega a nós acurtando a locución. 
 
Celébrase o día 2 de febreiro, época importante no ciclo astronómico, pois coincide coa metade do inverno, no intre xusto entre o solsticio da estación fría e o equinoccio de primavera, (pola candeloria, medio inverno vai fóra), no momento en que medran os días e a natureza comeza a preparar o estourido de vida que está a chegar. Sendo un intervalo relevante do ciclo estacional non é de estrañar que todas as culturas tivesen celebracións ao redor da data, sempre festexando a volta da luz e do desexo de fertilidade. Así, na mitoloxía celta, chamábanlle Imbolg, celebración na honra da deusa Brigit, protectora das colleitas, o gando e a fecundidade. A candeloria tamén podería estar relacionada coa festa romana das Lupercais, na que, alén de venerar o deus da fertilidade e a sexualidade masculina, Pan, facíase unha procesión onde os participantes zorregaban a xente cunhas tiras de coiro, co obxecto de “purificala”. O catolicismo procurou rematar coa festa –como fixo con moitas outras celebracións pagás–; para iso, o papa Xelasio transformouna na festividade relixiosa da “purificación” da Virxe María e mais a presentación de Xesús no templo; co paso do tempo, fíxose costume nas parroquias bendicir as candeas que se empregarían logo en caso de tronada ou nos velorios para alumear o defunto no camiño ao máis alá. A voda dos paxariños A partir da candeloria, ningunha ave voa soa di o refrán para lembrar que o mes de febreiro comeza, na cultura popular, cunha celebración ben especial, xa que casan os paxariños, ao que comeza o retorno das aves migratorias e os cortexos preludian o renacer primaveral. Da importancia que ten esta representación na imaxinaría tradicional europea dá conta a multitude de estampas nas que, desde tempos inmemoriais, o símbolo do amor e a unión sentimental son apaixonadas parellas de aves xuntando os peteiros. Tal é así que algunhas persoas defenden que, para nós, o 2 de febreiro debe ser a data do amor romántico, e non a que se celebra doce días máis tarde na honra dun crego romano do século III, chamado Valentín, representado cun rapazolo gordecho e voador que anda aseteando a xente… onde vai parar! Non hai comparación! 
 
O venres 2 febreiro o EDLG do IES Monelos pretende celebrar este día. Para iso pensamos en que podiades enviar unha mensaxe por escrito nunha carta de afecto a un d@s compañeir@s de clase ou do centro que teñades en estima, amistade... Na semana do 25 de xaneiro ao 1 de febreiro podedes entregar a carta (escrita en galego) a un membro do Equipo de Dinamización que se encargará de depositala na caixa de correo ao longo desta semana. No sobre poñeredes o nome e apelidos do destinatario e o curso. O venres 2 de febreiro entregaráselle a carta ao destinatario.

Bases do concurso día da paz 1º ESO (30 de xaneiro)

 

1. O concurso está organizado pola materia de Xeografía e Historia de 1º de ESO coa colaboración do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro. 

2. O obxectivo do concurso sensibilizar ao alumnado nos valores da xustiza e da paz, implicándoos na resolución de conflitos de forma pacífica, partindo da súa realidade cotián e dos problemas de convivencia que existen no orde mundial. 

3. No concurso participará todo o alumnado de 1º de ESO. O traballo terá carácter obrigatorio dentro da área de Xeografía e Historia. 

4. A proba consistirá na elaboración dun cartel relacionado co tema do día da paz e da non violencia. 

5. Os carteis quedarán expostos nos corredores do instituto durante o mes de febreiro de 2024. 

6. O xurado estará formado por un representante dos departamentos de xeografía e historia, lingua galega, educación plástica e visual; o representante do equipo de dinamización da lingua galega e vicedirección. 

7. Tamén haberá un xurado popular formado por todo o alumnado do centro. 

8. A entrega dos carteis realizarase antes do 29 de xaneiro. 

9. O mércores 1 de febreiro o xurado reunirase no 1º recreo para deliberar e outorgar os premios aos carteis gañadores. 

10. O xurado popular votará ao longo de toda a semana (do mércores 31 de xaneiro ao venres 2 de febreiro) polo cartel que considere mellor. 

11. Haberá un gañador e un segundo clasificado que terán premio. Por outro lado o xurado popular (alumnado) concederá un único premio ao máis votado. Os premios consistirán: • O primeiro premio dun vale de 5 bocadillos e bebida • O segundo premio dun vale 3 bocadillos e bebida canxeable na cafetería do instituto. Un agasallo por parte do xurado popular tamén canxeable na cafetería do instituto.

Historias da Coruña: a edición de libros en galego

Programa elaborado pol@s alumn@s de 1º de ESO Noa Fidalgo Garrido e Hugo Pasandín González. 

 

"OPERACIÓN ALPISTE" | CABO AMENEIRO E AGENTE GUTIÉRREZ | DIOS KE TE CREW

 

13/01/24

Radio Monelos: programa musical sobre "Grande Amore"

Programa realizado polas alumnas de 4º ESO C Sara Castro Sánchez e Sofía Regueiro Seoane.

  

Algúns videoclips de "Grande Amore": "Esta pena que a veces teño", "Onde ela me quer levar", "Do meu corpo van nacer outros corpos" e "Pelea".

O Basquet Coruña métese na súa primeira final da Copa Princesa

 Información de Ubaldo Cerqueiro en Xornal da Coruña

Barrueta no partido do 12 de xaneiro en Riazor