10/01/24

Radio Monelos: programa musical sobre Sofía Espiñeira

Programa realizado polos alumnos de 1º de bacharelato Enrique Alonso Fúster e Pablo Barro García.

Algúns videoclips: "Xeografías", "A vida contemplativa", "As miñas flores" (directo) e "Remuíño de son" (con Belém Tajes e Los Jinetes del Trópico)

Resumo das novas de Nadal de 2023 e Aninovo de 2024

Programa elaborado pol@s alumn@s Alejandro Lorenzo Naya (1º Bacharelato) e Yelina Dopico López (4º ESO)


A Coruña no tempo | Cidades no tempo

 

07/01/24

"Un uso excesivo do móbil empeora a saúde da rapazada. Hai consenso científico en que se debe retardar a súa chegada"

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

A idade media de entrega dun móbil a un rapaz ou rapaza é de 10,9 anos CC-BY-SA Pxhere

Unha Galicia nova con moitos acentos: o 17% da poboación entre 25 e 44 anos naceu no estranxeiro

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

Nas cidades a porcentaxe de poboación nacida noutros países supera amplamente a media ©

Os 'pellets' chegan á Coruña e á Mariña mentres o Goberno central sinala que comunicou á Xunta a súa presenza o 20 de decembro

 Información en Praza Pública

Pellets de plástico na ría de Noia © Noia limpa

"Hai algo nos xogos de cartas que ten moito que ver co político, con estar xuntas"

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

'O Ghaiteiro Petroleiro' © Unha gran Burla Negra

Unha ducia de obras do Isaac Díaz Pardo artista no seu cabodano

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

Autorretrato 1947

Tesouros reais. Obras mestras do Museo de Terra Santa | Exposición

 

05/01/24

Os reis de Oriente – Ailá de Nadal

Así é o percorrido da Cabalgata de Reis coruñesa

 Información en Xornal da Coruña


 

O Estado ve en "risco" a acollida tradicional xacobea pola "mercantilización e turistificación" do Camiño de Santiago

 Información en Ana G. Liste en Praza Pública

Peregrinos nun treito do Camiño de Santiago © Acción Cultural

Do contedor perdido ao risco futuro: pequenas bólas de plástico seguen a esparexerse pola costa galega

 Información de Miguel Pardo en Praza Pública

Restos de 'pellets' no Parque Natural de Corrubedo CC-BY-SA Greenpeace Galicia

Fernando Ramallo: «O futuro do galego está en mans dos neofalantes»

 Información de Ana Belenda en Fugas de La Voz de Galicia

Fernando Ramallo coordinará este ano en Xerais unha colección sobre o estado e o futuro do galego.
 

Resumo #PrimeiraFederación | DEPORTIVO 2-1 Real Sociedad de Fútbol B | Xornada 18 , Grupo 1

 

O Seminario de Onomástica responde: Chamoso

 

02/01/24

CAPÍTULO 3 | Fernando Ruis de Castro: estratexia e rebeldía galega no século XIV

Información de Xacobe Ferreiro en Nós Diario

  Francisco Rodríguez. (Foto: Arxina)

 

CAPÍTULO 2 | Prófugas e apóstatas: as monxas touquinegras da Galiza

 Información en Nós Diario

  Carolina Casal e Carme Varela, autoras do libro. (Foto: Nós Diario)

CAPÍTULO 1 | Pedro Pardo de Cela: vida, morte e memoria dun nobre galego

 

Tres murais galegos compiten por ser o mellor do mundo

 Información en Nós Diario

Detalle do mural 'A dona do esteiro', de Lula Goce, situado na Ramallosa de Nigrán. (Foto: Europa Press)

Nova intervención arqueolóxica no Castro de Elviña

 Información en Xornal da Coruña

Escavación do Castro de Elviña. CONCELLO DA CORUÑA - Arquivo

Soños en X. As mellores fantasías oníricas do 2023

 Información en Vinte


 

19,40 euros da Coruña a Vigo, 6,70 de Santiago a Lalín ou 2,60 da Coruña a Carballo: así quedan as peaxes en 2024

 Información de Praza Pública

Cabinas de peaxe na AP-53 © Grupo Itínere

REVARGAL - Plásticos do Ziphius cavirostris da Coruña

Estudo do estómago dunha femia adulta de cifio común (Ziphius cavirostris) varada en Coruña en 2023. Descripción de cada unha das cámaras e valoración de impactos de orixe antrópica. Descrito por Nuria Alemañ (Dpto. de Anatomía, Producción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias, Facultade de Veterinaria de Lugo, USC). 

A Rede de Varamentos de Galicia conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica, mediante o proxecto Revargal que é financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), e co apoio da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

As "eternas eivas" do transporte público na Costa da Morte: até tres horas de Fisterra a Santiago

 Información de Rafael Xoán en Nós Diario

  Parada de autobuses en Fisterra. (Foto: Nós Diario)

RECAP MJ Pérez 2023 - Balance do ano

 

Risas improvisadas e branquiazuis para o Nadal do Centro Penitenciario de Teixeiro

Apenas levan 5 meses sobre os escenarios con este proxecto, pero xa levan vivido experiencias inesquecibles. Así o recoñecían Roi da Costa e Xavier Veiras ao saír do Centro Penitenciario de Teixeiro despois de realizar o espectáculo #ImproDepor ante unhas 200 persoas privadas de liberdade.

Información de Ubaldo Cerqueiro en Praza Pública

Roi da Costa e Xavier Veiras sobre o escenario do auditorio do Centro Penitenciario de Teixeiro-Foto: Iria Taboaba
 

Exército Mekemeke | 3x05 | Facemos tolear a ChatGPT

 

29/12/23

Recuncho Gamer Podcast Ep.52: Os nosos videoxogos favoritos neste 2023 + Trivial sonoro

 

É túa. Pásaa 💙 [recompilatorio 2023]

 

Unha ducia de novas máis lidas en Praza no ano 2023

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública


 

Cando a mocidade asume a dinamización da lingua: ‘Aquí tamén se fala’ chega a 150 institutos

 Información de Vanesa Vázquez en Praza Pública

Os profesores Alberto Pombo e Arcadio González xunto con Carmen Boquete, Juliamny Godoy, Darío Regueira e Oli Rivas. CC-BY-SA IES Rafael Dieste


 

Reabre un dos dous viadutos da A-6 cortados en Pedrafita desde hai ano e medio e o outro prevese para dentro doutro ano

 Información de David Reinero en Praza Pública

O goberno coruñés ratifica a súa nova política urbanística aprobando as 3.600 novas vivendas de Visma

 Información en Xornal da Coruña


 

Reel - CRUA e MJ Pérez na Sala Rebullón (Galiza)

 

Os nomes da nosa terra: Veigas de Camba

 

23/12/23

Susana Seivane, Leilía ou Budiño, entre os referentes da música galega que estarán no ‘Folk no Colón’ da Coruña

 Información en Xornal da Coruña


 

Aberto o paso inferior da nova ligazón de ‘Sol e Mar’

 Información en Xornal da Coruña


 

Adianto do LGx15 de 2023

 

A arte tras os edificios do Gaiás | Visitas especiais Nadal no Gaiás 23-24

 

MONTE DO FACHO - SOLSTICIO DE INVERNO

As impresionantes vistas que nos ofrece o Monte do Facho, na Costa da Vela, en Donón (Cangas), coas Rías de Arousa, Pontevedra e Vigo, as Illas de Sálvora, Ons e Cíes, Cabo Home, Cabo Silleiro, así como o castro e garita que alberga, amósanse máis maxestuosas no solsticio de inverno, cando o sol se pon mesmo a carón das Illas Cies.

Unha ducia de edificios desaparecidos en Galicia analizados no libro 'Arquitecturas añoradas'

Hai uns meses a editorial Trea publicou o completísimo volme Arquitecturas añoradas, unha memoria gráfica do patrimonio destruído en Galicia ao longo do século XX, coordinado por Jesús Ángel Sánchez García, Julio Vázquez Castro e Alfredo Vigo Trasancos e con achega dunha vintena de autores e autoras. A obra afonda na historia, relevancia e desaparición de máis de medio cento de significativos edificios que foron derrubados nas cidades e vilas galegas entre 1936 e 2002, en ocasións de maneira accidental, pero as máis das veces de forma intencionada "amparados en excusas economicistas e de pretendido progresismo". As análises acompáñanse de imaxes históricas e de recreacións en 3D realizadas polo Centro Infográfico Avanzado de Galicia, cuxos traballos repasamos nestoutra ducia.
 
 
Gran Hotel A Toxa (derrubado en 1945)
 

UNHA NUBE NO PÉ

 

O Nadal de Xoel ✨

 

Malva @todomalva: “A cousa pola que máis odio recibimos todes nas redes é por falar en galego”

Malva (@todomalvagz7786 ) é unha das referentes nas redes sociais en galego. Nace a comezos de 1997 polo que fai ponte entre a Xeración Milenial e a Z. En 2021 abre ao público a súa conta de Tik Tok e, a partir de aí, vai gañando cada vez máis seguemento e popularidade. Co paso do tempo, a súa presenza nas redes sociais foi mudando. Atopámola no Youtube, no Instagram e no Twitter. Malva non só xera contidos en vídeos senón que tamén escribe artigos de opinión na revista Luzes. Sentamos a falar con ela na Casa Xohana Torres de Compostela

Lotaría.- A protectora Gatocan e Amas de Casa A Coruña, entre as agraciadas co 2º premio: “Non mo cría”

 Información en Xornal da Coruña

Número 58303 correspondente ao 'Segundo Premio do Sorteo Extraordinario da Lotaría de Nadal. Adrián Irago - Europa Press


 

Desconvocada a folga de recollida de lixos na cidade

 Información en Xornal da Coruña


 

Receita de ameixas á mariñeira

21/12/23

Estas son as mellores fotografías científicas de 2023

 Información en GCiencia


 

Os dez avances da ciencia galega en 2023

 Información de Nadia Iglesias en GCiencia

Investigadores do Cimus secuencian os cancros transmisibles en berberechos, un dos grandes fitos do ano.


 

Campaña de promoción do galego

 Nace por iniciativa do EDLG do IES Rafael Dieste da Coruña

Información en Aquí tamén se fala


 

A folga da recollida de lixo pon en xaque o Nadal herculino

 Información de Ubaldo Cerqueiro en Xornal da Coruña

Vinte destaques de 2023. Fitos e feitos culturais que marcaron as nosas vidas este ano

 Información en Vinte


 

Entrega dos premios do concurso de videos de física e química en galego

 O 21 de decembro realizouse a entrega do concurso de videos de física en galego.

Primeiro premio Marcos González Rocha

Segundo premio  Daniel Rey Rodríguez

Finalista Uxía Seoane Lage

 

O Nadal de Uxía ✨

O Seminario de Onomástica responde: Agolada

 

SAN PEDRO DE ROCAS a vista de dron

 

20/12/23

Predición meteorolóxica para este Nadal na Coruña

Elaborada pola Meteoescola do instituto. Na locución as alumnas de 1º de ESO Zeltia Deus, Loreto Gómez, Estrella Julián, Iria García, Estela Cao, Valery Gerez e Iria Díaz.

Monelos no ar. Programas en directo emitidos no curso 2023-2024

Programa realizado en directo no 2º recreo o mércores 20 de decembro dentro do proxecto de Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo. Nesta emisión centrámonos sobre a celebración do Nadal en distintos países da Unión Europea. Tamén presentamos algunhas recomendacións literarias por vari@s alumn@s da ESO para estas vacacións.

Coordinan a actividade as profesoras Mónica Alonso e Elena Conde.

Presentan as alumnas de 3º de ESO Catalina Bago e Sabela García.

Control de son por parte de Alejandro Lorenzo de 1º de Bacharelato.

 

Emisión do segundo programa en directo de "Monelos no ar" realizado este mércores 30 de xaneiro

O programa estivo centrado sobre preguntas e respostas sobre a institucións da UE, dentro do proxecto de Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo, e unha entrevista ao alumno de 2º de Bacharelato Xoel Saavedra importante promesa do voleibol español. Coordinaron o programa as profesoras Mónica Alonso e Elena Conde. Na presentación estiveron as alumnas de 2º ESO Lara Beade e Inés Insua. Entrevistou Noelia Saavedra, de 3º de ESO, ao seu irmán Xoel. 

Emisión do terceiro programa en directo de "Monelos no ar" realizado o xoves 29 de febreiro 

Centrado sobre Estrasburgo e o Parlamento Europeo. Este mes contamos coa visita ao noso centro do eurodiputado galego do grupo parlamentario do Partido Popular Europeo na eurocámara Francisco José Millán Mon. Tamén entrevistamos a tres alumn@s do noso centro que realizan formación musical no Conservatorio (Raúl Orosa (2º ESO), Adriana Miranda (4º ESO) e Martina Iris Estévez (1º Bacharelato) Dirixido polas profesoras Mónica Alonso e Elena Conde. Presentan @s alumn@s de 1º de ESO Hugo Pasandín e Laura Virosta. 


Emisión do cuarto programa en directo de "Monelos no ar" realizado o venres 22 de marzo

Programa coordinado polas profesoras Mónica Alonso e Elena Conde. Na técnica Alejandro Lorenzo (1º Bac) Na condución Raúl Orosa e Eva Paz (2º ESO) O sumario estivo centrado en dous aspectos: 1º As Olimpiadas europeas 2º Entrevista ao profesor de lingua e literatura castelá do noso centro Antonio Frade Fraga. Emitido e gravado (22 de marzo de 2024)

Emisión do quinto programa en directo de "Monelos no ar" realizado o venres 26 de abril 

Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo Coordinan as profesoras: Mónica Alonso e Elena Conde. Técnica: Alejandro Lorenzo. Locutores: Martín e Inés Jaspe. Embaixadoras Junior que interveñen: Covadonga Somorrostro e Aldara Eiroa Eslogan: Álvaro Cardalda Entrevista aos alumnos de 2º de bacharelato lectores de manga: Alex Dourado, Iria Hidalgo e Nerea Revilla.

Emisión do sexto programa en directo de "Monelos no ar" realizado o venres 31 de maio

Centrado sobre as eleccións ao Parlamento Europeo que se celebraron o 9 de xuño e a celebración do Día das Letras Galegas dedicado á coruñesa Luísa Villalta.

As profesoras Mónica Alonso e Elena Conde foron as coordinadoras.

Na técnica estivo Alejandro Lorenzo.

Conduciron o programa Yelina Dopico (4º ESO) e Anxo Vázquez (1º Bac)

Axudou ao embarque Raúl Orosa (2º ESO)

Falaron da importancia das eleccións ao parlamento europeo o vindeiro 9 de xuño os Embaixadores Junior Álvaro Mosquera e Alexandre Marrero.

A profesora Montse Puime foi entrevistada sobre a realización dos carteis de Luísa Villalta no día das Letras. A alumna de 4º ESO Eva Godrovich falou do traballo de ilustración de poemas que realizaron no ámbito sociolingüístico e recitou un dos poemas da escritora.

Este foi o penúltimo programa do curso 2023-2024.

O Seminario de Onomástica responde: Balaídos

 

BIDUEIRAL DE MONTEDERRAMO a vista de dron

 

18/12/23

FELICITACIÓN DE NADAL DO EDLG DO IES MONELOS

 A toda a Comunidade Educativa do Centro.

Música: cantiga popular titulada "Aninovo de 1860" recollida no "Cancioneiro de Ayes" de Marcial Valladares. 

 

Tamén presentamos unha publicación de Vinte onde se propoñen algúns agasallos para regalar nestas datas

Entra en agasallos Vinte


 

Radio Monelos: programa sobre o grupo Leilía

Rematando o ano 2023 Radio Monelos emite o seu último programa musical sobre o grupo tradicional "Leilía" que, despois dunha carreira de 35 anos, despídense das súas actuacións neste ano.

As alumnas de 4º de ESO Lucía Barbé Rodríguez e Inés Rodríguez Rodríguez falarannos delas. Ata o ano que vén! Feliz 2024 para toda a Comunidade Educativa.

Leilía actuando o pasado 2 de decembro no Culturgal en Pontevedra nun dos seus actos de despedida.

 Programa nº 11 da TVG dedicado ao grupo Leilía no 2015

Radio Monelos: novas do 11 ao 18 de decembro

Redacción e presentación de Alejandro Lorenzo Naya (1º Bacharelato)

Presentación Paula Rial Cernadas (1º ESO)

Sumario:

Galicia: 50 aniversario da inauguración da ponte de Rande

Mundo: agresión armada dunha alumna de 12 anos ao seu profesor nun colexio en Francia

España: a Real Academia de la Lengua Española solicita unha mellora dos contidos da lingua en secundaria.

A Coruña: vitoria do Depor a domicilio ante o Arenteiro por 1-2



Predición meteorolóxica para A Coruña do 18 ao 24 de Decembro

 Elaborada polas alumnas de 1º ESO Estela Cao Díaz e Iria Díaz Hierro para a Meteoescola

hydn nun videoxogo? hydn xoga Augurio e BaddeR WicKed no Melody's Escape [Quen vén xogar 3]

 

Proposta creativa con Croma. Simulador de voo estilo Harry Potter.