23/12/23

MONTE DO FACHO - SOLSTICIO DE INVERNO

As impresionantes vistas que nos ofrece o Monte do Facho, na Costa da Vela, en Donón (Cangas), coas Rías de Arousa, Pontevedra e Vigo, as Illas de Sálvora, Ons e Cíes, Cabo Home, Cabo Silleiro, así como o castro e garita que alberga, amósanse máis maxestuosas no solsticio de inverno, cando o sol se pon mesmo a carón das Illas Cies.