Información en Xornal da Coruña
13/10/23
12/10/23
11/10/23
Radio Monelos: programa sobre o Centenario do Seminario de Estudos Galegos
Programa de Radio Monelos elaborado polas alumnas de 3º ESO A Catalina Bago Pérez e Sabela García Blanco.
Máis información: unha iniciativa do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento co apoio da Unidade Cultura Científica CSIC Galicia.
As pioneiras do Seminario
As mulleres do Seminario
As publicacións do Seminario
As Xeiras do Seminario
O Reloxo do Seminario
A Iguana do Seminario
Ciencias Naturais no Seminario
A Correspondencia do Seminario
10/10/23
III Concurso IES Monelos de Cociña de Outono
Organizado polo EDLG Bases do concurso
1. Poderán participar todos os membros da comunidade escolar do centro.
2. Presentaranse os pratos a primeira hora do xoves 26 de outubro no corredor de entrada do centro.
3. Xunto ao prato deberá adxuntarse a receita que terá que estar escrita en galego.
4. Haberá un primeiro e un segundo premio para o alumnado participante.
5. O primeiro premio terá un valor de 30 €.
6. O segundo premio terá un valor de 20 €.
7. O xurado estará formado por tres profeso@s e dous alumn@s que elixirán os pratos que consideren que son mellores.
8. Durante o segundo recreo haberá unha cata por parte dos membros do centro.
9. A participación neste concurso supón a aceptación destas bases.
09/10/23
08/10/23
Así eran os exorcismos en Galicia: os arrepiantes audios dos ‘posuídos polo demo’
O antropólogo danés Gustav Henningsen rexistrou durante tres anos como se exorcizaba na década dos 60 no santuario do Corpiño.
Información de Laura Filloy en GCiencia
07/10/23
Saber Galiza. O Seminario de Estudos Galegos
En 1923 fúndase o Seminario de Estudos Galegos co impulso dunha parte do estudantado da Universidade de Compostela, como Fermín Bouza-Frey ou Xosé Filgueira Valverde, que contaban coa colaboración de profesores como Armando Cotarelo, e ao que se sumaron intelectuais do galeguismo e profesionais, como Isidro Parga Pondal que encabezará a sección de Xeoquímica.
Con máis de 200 socios e socias activas e arredor de 400 persoas que actuaban de protectoras, o obxecto de estudo do SEG foi Galiza no seu conxunto. A metodoloxía céntrase na investigación de campo, nas denominadas xeiras, e a publicación 'Terra de Melide' é froito deste enfoque integral e multidisciplinar.
O golpe de 1936 marca diferentes destinos para quen integra o SEG que, finalmente, é disolto en 1941.
Con motivo do centenario da súa fundación, Nós Televisión produce este documental sobre esta institución que foi clave para o noso país. No audiovisual percórrese a historia do Seminario a través do seu legado e das persoas que nos poden contar del. Todo, coa colaboración especial da USC e co apoio do Museo de Pontevedra, Concello de Santiago, Concello de Ames e Xunta de Galicia.
Un cemiterio prehistórico en Lugo? Un equipo da USC escava un xacemento único en Europa
A Roda de Adai é un círculo lítico datado entre o 1.600 a.C. e o século II a.C. que puido ser un lugar para a celebración de ritos funerarios.
Información de Laura Filloy en GCiencia
06/10/23
Confirmado: existe relación xenética entre o colon irritable e a saúde mental
Un estudo realizado por investigadores de Noruega e Estados Unidos indica que ambas doenzas están influenciadas por varios xenes compartidos
05/10/23
Cando os campos eran de lúpulo e non de eucalipto: “Foi unha revolución na Galicia dos 50”
Un estudo da USC analiza o auxe e o declive dun cultivo industrial que prometía sacara da pobreza a poboación na comarca de Betanzos
04/10/23
03/10/23
02/10/23
01/10/23
Jaione Camborda fai historia con 'O corno': "A diversidade enriquécenos e fainos máis libres"
A cinta é a primeira rodada en galego e de produción galega en gañar un festival de cinema de clase A.
30/09/23
Entrevista a Jaione Camborda: "Aposto moito por compartir inquedanzas, gústame situarme na pregunta para compartir co espectador"
29/09/23
"En defensa da toponimia galega e oficial": A Mesa mobilízase contra a deturpación do nome da Toxa
A Mesa pola Normalización Lingüística volveu concentrarse outro ano máis no Grove (comarca do Salnés) en defensa do "idioma, da toponimia e da oficialidade". O Foro A Toxa, cuxos organizadores nomean coa forma deturpada 'La Toja', deu comezo onte na Galiza con convidados como o monarca Felipe VI ou Mariano Raxoi.
28/09/23
27/09/23
A compostelá Yolanda Castaño, Premio Nacional de Poesía
26/09/23
25/09/23
24/09/23
Entrevista a Antón Rubal: "Moitos mozos de contornas urbanas que eran castelán falantes achegáronse ao galego grazas ao Xabarín”