08/05/23
Conversa con Pepo Suevos
Conversamos hoxe co actor, humorista, guionista, actor de dobraxe, cómico e showman Pepo Suevos, un grande. Saberanlle os chícharos?
07/05/23
06/05/23
Entrevista a María López "Maló" (Alingua): "Os neofalantes sabemos que non é cuestión dun día: é un tema moi emocional no que tes que traballar moito antes de dar o paso"
Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública
05/05/23
Novo queixo galego. A alta gastronomía vira a atención cara aos produtores artesáns, con Galicia na vangarda
Información de Jorge Guitián en Vinte
Carlangas, Ortiga e Pili Pampín, Ana Moura... e a Panorama no Obradoiro
A primeira tese de doutoramento en galego en Croacia, 'summa cum laude' para un traballo "de especial relevancia"
O "festival total" de Cans celebra o seu 20 aniversario cunha edición de "reencontro" e "cargada de sorpresas"
O alumnado que cursa Relixión en Galicia descende a mínimos históricos
Información de Miguel Pardo en Praza Pública
04/05/23
03/05/23
02/05/23
01/05/23
30/04/23
29/04/23
Entrega de premios do XVIII concurso de fotografía Xurxo Lobato
O 27 de abril fixéronse entrega dos premios de fotografía Xurxo Lobato no seu XVIII certame. As gañadoras foron:
1º premio: Rosalía Rodríguez Cruz do EASD "Ramón Falcón" (Lugo)
2º premio: Gabriela Cera Rodríguez do IES "Adormideras" (A Coruña)
3º premio: Irene Méndez Fernández do IES "Adormideras" (A Coruña)
As gañadoras foron entrevistadas para Radio Monelos pola alumna de 4º ESO Sara Lorenzo Naya.
Olladas doutro tempo: San Andrés con Santa Catalina
Información de Ubaldo Cerqueiro en Xornal da Coruña
Intervención no Intergrupo de Linguas do Parlamento Europeo
O presidente da Mesa, Marcos Maceira, instou ao Parlamento europeo a que o informe sobre a aplicación da Directiva do audiovisual asegure igualdade de condicións para o galego e outras linguas nas cotas de pantalla, financiamento anticipado, dobraxe, lexendaxe, interfaces, webs e audiodescricións, tal e como reclamaba a Iniciativa Xabarín.
Representación teatral de "Brokebak Sabucedo": "Do que estamos falando, en realidade, é de que a diversidade sexual humana é infinita"
Unha historia semellante á do filme Brokeback Mountain, mais situada na rapa das bestas de Sabucedo. Foi o punto de partida de Brokeback Sabucedo, a obra que a compañía Sal do Teatro vén de preestrear no centro sociocultural de Santa Marta, en Santiago. Mais o proxecto acabou sendo bastante máis. Unha reflexión sobre o peso do amor romántico e dos mandados do patriarcado en canto a relacións e roles masculinos. Unha reivindicación do dereito a vivir a sexualidade en liberdade fóra dos clixés e tamén dos binarismos, mesmo daqueles que tamén afectan ás persoas que poden crerse revisadas. Falamos con Borja Salgado, fundador da compañía e intérprete desta obra, con Rocío Romero, directora da peza e con Santiago Telmo, autor do texto e tamén intérprete de Brokebak Sabucedo.
28/04/23
27/04/23
Radio Monelos: Historia da Coruña e do noso barrio. Capítulo 16. A Coruña dos ventos... e os muiños!
Programa elaborado polas alumnas de 1º ESO Sara Díaz Ruíz e Noa Vázquez Fuentes.
Antigo muiño de Santa Margarida
Antigo muiño da Gramela situado na Agra do Orzán (desapareceu en 1984)
26/04/23
25/04/23
A folga da CRTVG volve alterar a programación e chega ao Senado: "Feijóo é responsable da manipulación"
Información de Miguel Pardo en Praza Pública
Francisco Fernández del Riego, o que nunca se rendeu - Sempre a pé de obra (VI)-Letras Galegas 2023
O derradeiro episodio da serie sobre o protagonista do Día das Letras Galegas aborda a súa obra literaria, que abrangue unha extensa produción como divulgador e articulista, dous libros de memorias e unha novela, 'O cego de Pumardedón', así como diversos libros de viaxes, entre outras obras.
O capítulo sexto conta tamén o seu papel á fronte da Fundación Penzol e como presidente da Real Academia Galega, e completa o perfil máis humano dunha das grandes figuras da cultura galega do século XX.
'Francisco Fernández del Riego, o que nunca se rendeu' é unha serie documental de seis episodios sobre o intelectual ao que a Real Academia Galega lle dedica o Día das Letras Galegas 2023.
Predición meteorolóxica para A Coruña do 25 de abril ao 3 de maio
Predición realizada pola Meteoescola do IES Monelos. Na locución a alumna de 1º ESO Claudia Aparicio Ramos.
24/04/23
23/04/23
22/04/23
Unha ducia de libros en galego máis lidos nos clubs de lectura escolares
Este domingo 23 de abil celébrase o Día do Libro, unha data que este ano a Consellaría de Cultura celebra cun fermoso texto da profesora da USC Montse Pena Presas dedicado ás mediadoras: profes, bibliotecarias, mestras..., e aos clubs de lectura. O curso pasado constituíronse 1.261 grupos nos clubs de lectura escolares en Galicia, moderados por 925 profesores, nos que participaron 12.712 alumnos e alumnas, unha vizosa estirpe que tece redes arredor das historias. Neles, a autora máis lida foi Ledicia Costas, con cinco obras entre as máis escollidas, que repasamos nesta ducia.
Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública
21/04/23
A seca e o colapso do carbón disparan a produción e o impacto climático das centrais de ciclo combinado en Galicia
Información de Miguel Pardo en Praza Pública
20/04/23
III Encontro "Poeta Díaz Castro" (Guitiriz) e IES Monelos
Actividade realizada o martes 18 de abril de 2023.
Predición meteorolóxica para A Coruña (do 18 ao 25 de abril)
Na locución o alumno de 1º ESO Raúl Orosa Sanjuan.
19/04/23
18/04/23
17/04/23
16/04/23
3ª EDICIÓN DO CONCURSO “GALEGO CON CIENCIA” ORGANIZADO POLO EDLG DO IES MONELOS
15/04/23
#PatrimonioInMaterial: Adhara & Ritman co seu novo videoclip para 'Muiñeirax' no Dolmen de Dombate
O grupo Adhara and Ritman visita o Dolmen de Dombate en Cabana de Bergantiños. Un espazo milenario que servía como lugar de culto a morte, de homenaxe ós nosos devanceiros. Co seu tema Muiñeirax, mestura de música tradicional e rock, a artista carnotá quere que nos transportemos a un tempo de meigas, de rituais, de supersticións. Un tempo de mulleres fortes que causan terror. A mestura entre tradición e contemporaneidade son a seña de identidade deste grupo que desde o minuto 0 apostou por poñer en valor o noso #patrimonioinmaterial
Unha ducia de rutas de sendeirismo nos espazos naturais galegos
Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública
Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés: Ruta de Padrendo
14/04/23
Francisco Fernández del Riego, o que nunca se rendeu - Xermolar da semente (IV) -Letras Galegas 2023
O capítulo 4 da serie documental sobre Francisco Fernández del Riego profunda no papel fundamental que o protagonista do Día das Letras Galegas desempeñou na construción de redes entre a Galicia interior e a Galicia exiliada durante os anos escuros do franquismo e tamén tendendo pontes entre os vellos galeguistas e as novas xeracións.
Naqueles tempos Del Riego foi un dos galeguistas que máis relación mantivo cos mozos e mozas que coñecerían a literatura galega a través do labor da Editorial Galaxia, na que don Paco se encargaba de múltiples tarefas, dende a recepción de orixinais ata a corrección. Neste selo volvería publicar en galego, animado por Del Riego, o propio Álvaro Cunqueiro, nel viu a luz ‘Longa noite de pedra’ de Celso Emilio Ferreiro e Galaxia foi tamén a editorial que deu a coñecer novos nomes das nosas letras como Xosé Luís Franco Grande, Xohana Torres ou María Xosé Queizán, esta última unha das persoas que enriquece este capítulo co seu testemuño.
A cuarta das seis entregas de 'Francisco Fernández del Riego, o que nunca se rendeu' conta tamén coa participación de Malores Villanueva, Xesús Alonso Montero, Camiño Noia, César Cunqueiro, Henrique Monteagudo, Ramón Villares, Dolores Vilavedra, Ramón Nicolás, Francisco Castro, Margarita Ledo e Víctor F. Freixanes.
Entrevista ao director de cinema Óliver Laxe: «Se alguén sae de aquí pensando que non debe facer a peli, será unha bendición»
Información de Carlos Crespo en Fugas de La Voz de Galicia
O director Óliver Laxe, na presentación na Coruña da película «O que arde» MARCOS MÍGUEZ