13/08/22
A auga dos encoros galegos está no seu nivel máis baixo dende 1990
Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública
Aspecto que presentaba o encoro de Lindoso o pasado 23 de xuño CC-BY-SA Praza.gal
12/08/22
11/08/22
A SENDA DO LOBISHOME
Manuel Blanco Romasanta, tamén coñecido como o lobishome de Allariz, aproveitándose do seu coñecemento dos camiños e montes galegos, cometeu unha serie de crimes, a mediados do século XIX.
Neste vídeo facemos un percorrido por algúns deses camiños, bosques, aldeas e sendas, nas que Romasanta, o primeiro asasino en serie da historia de España, cometeu as súas atrocidades.
Vistas de Regueiro (Esgos), Bidueiral de Montederramo, Serras de San Mamede e Queixa, Rebordechao, A Ermida e Allariz, achégannos á época na que transcurriron estes acontecementos, que orixinaron a lenda do lobishome galego.
Voz en off: Andrés G. Castro.
Tema musical: O BOSQUE DO LOBISHOME
Autor: Andrés G. Castro.
A VEIGA a vista de dron
Percorrido polo Concello de A Veiga, aos pés de Pena Trevinca, con vistas de dron de A Veiga, Río Xares, Cántara da Moura, Seoane, Xares e Ponte.
Tema musical TERRA DE MOURAS. Autor Andrés G. Castro.
10/08/22
09/08/22
Conversa con Manolo González #93
A Lobeira today conversa con este grande do panorama audiovisual galego, ao que leva elevando dende que era ben neno.
08/08/22
A balsa de lodos de Alcoa, de cen metros de altura, está case chea e a empresa pide permiso para elevala outros catro metros
Información de David Reinero en Praza Pública
Balsa de lodos de Alcoa que se aproxima hoxe aos cen metros de altura e que a empresa quere elevar noutros catro metros, nunha imaxe tomada do proxecto © Alúmina Española SA
Os incendios arrasaron case a terceira parte da área protexida do Courel
A área protexida do Courel (en verde) é a máis afectada, con case 14.000 hectáreas arrasadas (en vermello). O incendio comezou o 14 de xullo e esta tarde continuaba activo e sen controlar. Crédito: EFFIS
Así se ven os incendios que asolan Galicia dende o espazo
Imaxe de satélite do Sistema de Observación da NASA onde se ve o fume dos incendios que están a afectar a Galicia. Crédito: NASA / AEMET
07/08/22
06/08/22
Entrevista a Cristina Fernández-Armesto: "No rural de Galicia témolo todo, o que faltan son modelos máis cooperativistas, máis colaboración"
Información de Miguel Pardo en Praza Pública
Cristina Fernández-Armesto, socia da Casa Grande de Xanceda © Casa Grande de Xanceda
Galicia rolda as 2.000 hectáreas ardidas en incendios forestais no que vai de agosto
O incendio de Cures (Boiro), visto dende A Pobra do Caramiñal na tarde deste 5 de agosto CC-BY-NC-SA Praza.gal
Granxa "A Cernada"
Ana Corredoira de Granxa A Cernada, integrante da Cooperativa As Vacas da Ulloa en Palas de Rei (Lugo), unha rapaza nova cos pés na terra que aposta polo rural como medio de vida, definíndose como gandeira e labrega e defendendo e reivindicando a terra como medio para acadar un futuro; coas ideas moi claras aposta pola valorización do territorio e pola lingua galega como sinal de identidade dun produto feito en Galicia con calidade.
Queixería "A MeixoEira"
Carlos e Susa de A MeixoEira SCG, unha pequena explotación agropecuaria no Lugar de A Fraga-Sabugueiro no concello de Moaña (Pontevedra), que elabora queixos de cabra de excelente calidade que acadaron varios recoñecementos internacionais. Desde a súa actividade poñen en valor o rural galego como medio de vida e apostan pola lingua galega como sinal de identidade nas etiquetas dos seus produtos de calidade.
LUGO, EXEMPLO DE GALEGUIZACIÓN XURÍDICA
Tecer redes para a normalización do galego na sociedade é algo fundamental para promover unha visibilización da nosa lingua en todos os ámbitos da vida, tamén no xurídico. Con esta finalidade a Irmandade Xurídica Galega levou a cabo na cidade de Lugo, xunto coa Deputación Provincial, o concello da cidade, a Audiencia Provincial e a Xunta de Galicia, un acto de homenaxe a aqueles operadores xurídicos que co seu traballo dinamizan o proceso de normalización lingüística no eido xurídico.
Cervexas Nós
Raúl Méndez de Cervexas Nós (Vigo), fabricantes de cerveza artesanal que ofrecen ao mercado local e nacional cun sabor único e coa etiqueta en galego como sinal identitaria; coas ideas moi claras apostan por unha maneira de ser e facer galega que achega aos consumidores os seus produtos coa lingua propia de Galicia como marca de calidade.
05/08/22
Entrevista a "Tanxugueiras": "A xente que pensa que somos un grupo que fai música 'mainstream' está súper equivocada"
Información de Ana G. Liste en Praza Pública
Tanxugueiras no concerto do 30 de xullo no auditorio do parque de Castrelos en Vigo © A. G. Liste
04/08/22
03/08/22
02/08/22
01/08/22
31/07/22
O universo da 'Arnoia, Arnoia' de Ferrín trasládase a un videoxogo de plataformas na residencia da UVigo e a Cidade da Cultura
Información de Ana G. Liste en Praza Pública
O grupo de alumnos da Universidade de Vigo que participaron na residencia ComTecArt na presentación dos resultados do proxecto © Cidade da Cultura
Veciñanza de Santiago pide aos peregrinos cumprir un "decálogo de boas prácticas" baseado en que a cidade está habitada
Información de David Lombao en Praza Pública
Ringleira ante a Oficina do Peregrino de Santiago a primeiras horas da mañá, nunha imaxe tomada en 2021 CC-BY-NC-SA Praza Pública
Así mudaron os incendios a paisaxe do Courel ou Valdeorras
Información de Miguel Pardo en Praza Pública
O Courel, arriba, o 8 e o 17 de xullo; Valdeorras, abaixo, o 13 e o 23 de xullo © Sentinel
30/07/22
29/07/22
28/07/22
27/07/22
26/07/22
25/07/22
Unha recreación do discurso "Alba de gloria" de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
O 25 de xullo de 1948 Castelao pronuncia o discurso Alba de Gloria no Teatro Arxentino, como colofón das Xornadas Galegas que organizara o Centro Galego de Bos Aires, causando un forte impacto na audiencia.
24/07/22
23/07/22
22/07/22
21/07/22
Co lume ao pé das casas: "É un desamparo absoluto nun escenario de guerra, como se caese unha bomba"
Información de Miguel Pardo en Praza Pública
Lume na Veiga de Cascallá, en Rubiá CC-BY-SA Praza Pública - Cedida
COUTO MIXTO: SOÑO E REALIDADE
O sábado 2 de xullo de 2022 celebrouse en Santiago de Rubiás un novo acto de nomeamento de xuices honorarios do Couto Mixto, 3 persoas que en cadanseu ámbito representan un valor engadido para eses territorios da Galicia profunda e do Portugal esquecido. Dª. Consuelo Castro Rei, xurista, Avogada Xeral do Estado, ourensá de cerne que leva Galicia na pel a pesar de estar lonxe da terra; D. Armando González, médico, ourensá chantado na terra que deu alma ao Couto Mixto coa fermosa letra do seu himno e Dª Diana Gonçalvez, directora de cine que no documental “Mulleres na Raia” deu voz a mulleres que viviron tempos difíciles na fronteira galego-portuguesa.
Ao son da gaita galega foron achegándose os Homes de acordo, os novos Xuices Honorarios e as autoridades presentes no acto ata o adro da igrexa de Santiago de Rubiás onde os veciños fíxeron, como cada ano, a ofrenda floral ao derradeiro xuíz do Couto Mixto, D. Delfín Modesto Brandón. A Arca onde se garda a memoria documental do Couto Mixto, pechada con tres chaves que gardan cada un dos homes de acordo representantes das freguesías de Santiago de Rubiás, Rubiás e Meaus, saíu da sancristía para presidir, un ano máis, un acto de reivindicación histórica e de recuperación da memoria esvaida destes territorios arraianos.
Unha morea de persoas ateigaron a pequena igrexa que a través dos séculos gardou a memoria colectiva destas terras como símbolo de unión entre galegos e portugueses, pobos irmáns con historia, cultura e lingua compartida. O acto estivo presidido polo Secretario xeral de Política Lingüística, D. Valentín García Gómez e polos alcaldes dos concellos de Calvos de Randín e Baltar. D. Luís García Mañá, presidente da Asociación de Amigos do Couto Mixto agradeceu a presenza das autoridades e deu a benvida ao gran número de persoas que se acercaron para acompañar aos novos xuices honorarios.
Coa finalidade de buscar novos espazos de visibilización para estas terras, a Asociación de Amigos do Couto Mixto crea a partir deste ano un novo órgano de estudo, a Academia das Ciencias Sociais do Couto Mixto, que dirixirá o membro da Asociación D. Xosé Manuel Cid, pretendendo formar un espazo de traballo e pensamento integrado por persoas de distintas disciplinas que poidan aportar a súa visión para a recuperación deste singular territorio. A voz de María do Ceo e os seus músicos Xosé e Alex Salgado, resonou entre eses vellos muros de pedra facendo vibrar a todos os presentes coa súa sensibilidade.
20/07/22
19/07/22
18/07/22
20 anos despois de prometela Feijóo e 15 de encargala Touriño, a Autovía da Costa da Morte segue sen data de remate
Información de David Reinero en Praza Pública
Inauguración en 2016 de 27 dos 42 quilómetros prometidos da Autovía da Costa da Morte CC-BY-SA Xunta de Galicia
17/07/22
Por que non lle gustan aos ‘fodechinchos’ os museos galegos?
Coches anegados cando sube a marea por estar aparcados en lugares prohibidos, queixas pola presenza do galego en lugares de ocio ou cultura, malestar polo tempo e até queixas pola excesiva néboa. Máis un ano, os “fodechinchos” volven a ser unha das atraccións do verán.
Información de Xacobe Ferreiro en Nós Diario
16/07/22
Os alimentos encareceron un 10% no que vai de ano encabezados polo aceite, ovos, leite, cereais e a froita
Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública
Unha muller nun supermercado en 2021 CC-BY-SA Victoriano Izquierdo / Unsplash
A gratuidade dos trens de media distancia deixa fóra o Avant Ourense-Santiago-A Coruña, que terá desconto do 50%
Información de David Reinero en Praza Pública
Un tren Avant entre Ourense e Santiago circula polo viaduto do Ulla © Ministerio de Fomento
Volver polas festas: as verbenas poñen a proba a comisións e orquestras tras as cancelacións pola pandemia
Información de Ana G. Liste en Praza Pública
A orquestra El Combo Dominicano na súa actuación este verán en Vilalonga (Sanxenxo) © El Combo Dominicano
O xuíz impide aos Franco retirar un cento de bens de Meirás e deixa que leven unhas alfombras
Información de David Lombao en Praza Pública
Imaxes dalgúns dos bens do inventario do pazo de Meirás CC-BY-SA Inventario do Pazo de Meirás - Dirección Xeral de Patrimonio Cultural
15/07/22
14/07/22
A lucense María López Sández, nova académica da lingua
A filóloga e escritora ocupará a vacante que deixou Darío Xohán Cabana
Información de Lorena G.C. en La Voz de Galicia
13/07/22
Sae a cuarta edición da biblia en galego, con revisión lingüística
Unha hidroeléctrica con auga bombeada desde o mar súmase ás iniciativas eólicas na aínda virxe serra da Groba
Información de David Reinero en Praza Pública
Lugar da costa de Oia, nas proximidades de Baiona, onde se emprazarían tanto a toma de auga do mar e a central eléctrica, en terreos públicos costeiros, como o depósito superior, a uns 400 metros de altura e ocupando unhas 40 hectáreas de monte comunal CC-BY-NC-SA Plan de Ordenación do Litoral - Xunta de Galicia
12/07/22
As asociacións de Editoras, Ilustradoras, Tradutoras, Librarías e Escritoras non acudirán ao Consello Asesor do Libro
As cinco principais asociacións do sector do libro galego (Asociación Galega de Editoras, Asociación Galega de Profesionais da Ilustración, Asociación Galega de Profesionais da Tradución e Interpretación, Federación de Librarías de Galicia e Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega) non asistirán ao Consello Asesor do Libro convocado pola Consellería de Cultura e Educación para o vindeiro 15 de xullo.
Consideran que o desenvolvemento das xuntanzas deste Consello Asesor non está a ser útil para este sector, pois nelas non se vehiculan solucións ou saídas aos principais problemas que afectan ao mundo do libro galego.
Ao mesmo tempo, queren deixar constancia de que o Consello Asesor, cuxa creación foi unha demanda histórica deste sector e así está recollido na Lei do Libro de 2006, é un organismo imprescindible onde abordar as principais liñas de traballo e de futuro para o libro galego.
Decisión tomada o 12 de xullo de 2022.
Imaxe: Xeral público_gala Premios Follas Novas 2019
11/07/22
09/07/22
Nêspera, unha viaxe editorial que principia coas 'Avelaíñas eléctricas' de Sica Romero
Información de Ana G. Liste en Praza Pública
Sica Romero coa súa primeira novela 'Avelaíñas eléctricas' © Néspera Editora
'AI-LALELO' obtén o segundo posto no Eurovisión das cancións compostas por intelixencia artificial malia gañar o voto do público
Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública
Integrantes do equipo galego nun momento do IA Song Contest 2022, celebrado este mércores en Bélxica © iasongcontest
O 51% dos médicos galegos ten máis de 55 anos e o 25% supera xa os 65
Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública
Profesionais sanitarios nun hospital de Galicia CC-BY-SA Xunta
Activistas ocupan a Illa da Creba, na ría de Muros, para reclamar que sexa "devolta a mans públicas"
Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública
A ocupación pacífica da Illa da Creba tivo lugar este sábado 9 de xullo pola mañá © Plataforma pola recuperación da Illa da Creba