Manuel Blanco Romasanta, tamén coñecido como o lobishome de Allariz, aproveitándose do seu coñecemento dos camiños e montes galegos, cometeu unha serie de crimes, a mediados do século XIX.
Neste vídeo facemos un percorrido por algúns deses camiños, bosques, aldeas e sendas, nas que Romasanta, o primeiro asasino en serie da historia de España, cometeu as súas atrocidades.
Vistas de Regueiro (Esgos), Bidueiral de Montederramo, Serras de San Mamede e Queixa, Rebordechao, A Ermida e Allariz, achégannos á época na que transcurriron estes acontecementos, que orixinaron a lenda do lobishome galego.
Voz en off: Andrés G. Castro.
Tema musical: O BOSQUE DO LOBISHOME
Autor: Andrés G. Castro.