Información de Marco Pérez Pena en Praza Pública
Programa de Historia Contemporánea elaborado polo alumnado de 1º de bacharelato sobre mulleres na historia. 1º capítulo.
Pleno do Día das Letras Galegas dedicado a Florencio Delgado Gurriarán en Córgomo
Información de Miguel Pardo en Praza Pública
Bandeiras galegas como decoración festiva entre edificios dunha localidade galega
Conversa con Helena Girón e Samuel M. Delgado o martes previo á estrea do seu filme Eles transportan a morte, un filme ambientado en 1492 que relata que entre a tripulación capitaneada por Cristóbal Colón, viaxan tres homes que xa deberan estar mortos. Acadaron evitar o seu triste destino participando neste viaxe incerto, mais ao chegar ás Illas Canarias fuxen levando con eles unha das velas do barco. Namentres, no “Vello Mundo”, unha muller tenta salvar a sua irmá moribunda levándoa a unha curandeira. Ambos os dous viaxes tentan rir da morte. Ambos os dous viaxes están a mercede do tempo e a Historia.
Visita do alcalde de Vilar de Santos, Antonio Míguez, á aldea de Saa xunto co responsable da empresa que acometerá as obras © Concello de Vilar de Santos
RESULTADOS FINAIS E GAÑADORAS DO CONCURSO
Conversamos hoxe coa propietaria dunha das primeiras canles persoais sobre ciencia na nosa lingua.
Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública
A alimentación encareceuse un 9,4% no último ano, o maior incremento dos últimos vinte anos Dominio Público
Setenta anos despois de publicarse o primeiro número do Almanaque Agrícola ZZ editado no ano 1952 polos laboratorios Zeltia, o Foro Peinador celebrou na Casa da Cultura do concello de O Porriño un acto que foi moito máis cunha lembranza, resaltando a importancia que ten na historia da publicidade a devandita publicación, porque foi o primeiro soporte publicitario en lingua galega que como un pequeno libro divulgou tradicións culturais e información científica moi útil para á agricultura que entrou na práctica totalidade dos fogares galegos durante moitas décadas, achegando a lingua e a cultura popular á cidadanía. O presidente do Foro Peinador, D. Xosé González Martínez, entidade que desde o seu nacemento está empeñada en mover os marcos da diglosia lingüística para ampliar os espazos de uso do galego na sociedade insistíu na necesidade que de que as universidades galegas, nomeadamente as de Ciencias da Comunicación, formen aos novos publicistas e axentes de comunicación para que poidan desenvolver o seu traballo en galego nas empresas e agradeceu á empresa Syngenta a continuidade desta publicación. A representante do BIOGA, Cluster Tecnolóxico empresarial das Ciencias da Vida, Dna. Marisa Castro, fixo fincapé na necesidade de usar o galego tanto nas empresas como na vida cotiá porque é a única maneira de reafirmarmos na nosa identidade. D. Carlos Varela García insistíu na necesidade de que as empresas, a través da Responsabilidade Social Corporativa, incidan de maneira consciente no territorio no que se asentan e sexan respectuosos coa sociedade sobre a que actúan. O Xefe da área atlántica da multinacional farmacéutica Syngenta, D. Paulo Machado, falou do compromiso que a empresa sigue tendo coa publicación do Almanaque Agrícola ZZ respectando o patrimonio cultural de Galicia. O Secretario Xeral de Política Lingüística, D. Valentín García Gómez, recordou a importancia que tivo que unha publicación como o Almanaque agrícola ZZ entrase nos fogares galegos na lingua do país e agradeceu que a multinacional Syngenta recollese o testigo da empresa Zeltia e siga actualmente apostando por unha publicación en galego para publicitar os seus produtos. O alcalde do Porriño, D. Alejandro Lorenzo, recordou a importancia que tiña o Almanaque na súa casa e animou a que as empresas do polígono industrial do Porriño aposten polo galego como vehículo de expresión para afianzar a relación de proximidade cos consumidores.
Coa presenza dunha ampla representación institucional e profesionais da avogacía, celebrouse no edificio da Audiencia Provincial de Ourense no mes de abril de 2022 un acto de homenaxe ao maxistrado D. Xoán Manuel Alfaya Ocampo e ao letrado D. Miguel A. González Trigás, ámbolos dous causantes da primeira sentenza ditada en lingua galega no Xulgado de Primeira Instancia núm. 2 de Ourense en marzo de 1988.
O avogado membro da Irmandade Xurídica e Vicedecano da Facultade Ciencias Xurídicas e do Traballo da UdeVigo, D. Xosé Manuel Pacho Blanco e a avogada ourensá Dna. Yolanda Ramos Capelo, tamén da IXUGA, con cadansúa intervención centradas na necesidade de recoñecer a existencia dunha tradición xurídica galega que tivo querencia pola galeguidade, apelaron ao sentido da responsabilidade dos operadores xurídicos instándoos á utilización da lingua galega perante os órganos xurisdicionais. D. Antonio Piña Alonso, Presidente da Audiencia Provincial de Ourense, apuntou na súa intervención a importancia de exercer a profesión tendo en conta a realidade cultural de Galicia “porque o Dereito no territorio onde se exerce ten peculiaridades de seu que a lingua galega vehiculiza con maior precisión”.
Tanto o maxistrado D. Xoán Alfaya Ocampo como o letrado D. Miguel A. González Trigás agradeceron á Irmandade Xurídica Galega a homenaxe que lles tributou facendo referencias aos seus respectivos exercicios profesionais no idioma galego porque é unha maneira de prestixiar a lingua cara á sociedade. O Secretario Xeral de Política Lingüística, D. Valentín García Gómez, suliñou que actos de galeguización xudicial como éstes que leva a cabo a Irmandade Xurídica Galega son imprescindibles no calendario da normalización lingüística nun ámbito institucional que presta servizos á cidadanía, pois o galeguismo xurídico debe estar presente como unha actividade normal nos procedementos procesuais. Unha placa de bronce conmemorativa quedou para sempre colocada na entrada do edificio da Audiencia Provincial en homenaxe tamén a todos os operadores xurídicos que fan posible a galeguización xurídica.
Letras galegas 2022 dedicadas á figura de Florencio Delgado Gurriarán
Composición e fallo do xurado
O xurado composto polas profesoras do IES Monelos Mª Ángeles Porto Prado, Mª Jesús Raposo Sánchez, Mª do Mar Rodríguez Iglesias e Pilar Tobar Conde fallou como gañadores/as do concurso na categoría de 4º ESO e Bacharelato:
Modalidade de poesía:
Na noite escura / Tolemia transitoria co pseudónimo Amalia Lage da alumna de 2º Bac. D Elena Precedo Prado.
Modalidade narración breve:
Os catro tronos co pseudónimo Lex do alumno de 1º Bac. B Jia Hao Yang.
Entrega de diplomas e premios
A entrega dos premios realizarase o luns 30 de maio no 2º recreo no Salón de Actos (Aula Xurxo Lobato)
Bases
II Encontro lingüístico entre o IES "Poeta Díaz Castro" de Guitiriz e o IES Monelos de A Coruña no curso 2021-2022. Organizado polos EDLG dos respectivos centros. 10/5/2022.
Xosé María Díaz Castro, nado no lugar do Vilariño (Os Vilares) concello de Guitiriz en 1914 e finado en Lugo en 1990, foi un poeta e tradutor galego.
Tivo un gran sensibilidade poética e dende a súa adolescencia publicou innumerables versos con todo, Díaz Castro está considerado autor dunha soa obra, o poemario Nimbos editado en 1961 que tivo moita influencia nos poetas posteriores pola súa perfección, pola preocupación por Galicia e polos problemas básicos do ser humano, a vida, a morte e o tempo. Díaz Castro adoita ser encadrado dentro da Xeración do 36 a carón de poetas coma Carvalho Calero, Celso Emilio Ferreiro e Aquilino Iglesia Alvariño. Na obra, que inclúe revisados os poemas que escolmara Fernández del Riego, móstrase unha reflexión sobre o destino humano a través da preocupación existencial e relixiosa e da comuñón coa natureza. Nun dos seus poemas máis coñecidos, Penélope, reflexiona sobre unha Galicia que permanece durmida, mais sen refugar á esperanza para a súa terra.
A voz poética de Díaz Castro apóiase nunha linguaxe rica e exacta, da que xorde a xusteza da imaxe e o fondo poder evocador que se desprende dos seus versos. Os temas, que aparecen sempre envoltos na roupaxe elegante dun clasicismo exemplar, son os da grande poesía universal: a dor do ser humano, o amor, a paisaxe, os sentimentos relixiosos, a liberdade... Carvalho Calero dixo que Nimbos veu restaurar na literatura galega a poesía total.
A Real Academia Galega decidiu dedicarlle, coincidindo co centenario do autor, o Día das Letras Galegas do ano 2014. O instituto de Guitiriz, por outro lado, leva o seu nome.
Os temas musicais que acompañan os vídeos están inspirados na figura do poeta e do seu poema máis famoso que, como indicamos anteriormente, é Penélope. O traballo foi realizado polo alumnado e profesorado do IES "Poeta Díaz Castro" de Guitiriz no curso 2013-2014 (ano do centenario e día das letras dedicado ao poeta) "Esa lus" e "Penélope" este último tema musicado pola profesora Sandra Tenreiro Doldán.
Información de Ana G. Liste en Praza Pública
Pablo Carpintero e Rosa Sánchez tocando a gaita e o tamboril © UVigo
Información de Gemma Malvido en La Opinión de A Coruña
Último acto do Encontro Mundial de Humorismo co recoñecemento a Andreu Buenafuente Víctor Echave
Despois de dous aos sen celebración do Día da Ciencia na Rúa presencial como consecuencia da pandemia volveuse de novo ao parque de Santa Margarida.
O IES Monelos estivo presente con propostas e experimentos elaboradas polos departamentos de Física e Química e o de Tecnoloxía.
Radio Monelos estivo presente con dúas grandes reporteiras: Celtia Suárez e África Trillo de 4º ESO B que fixeron un seguimento en directo deste fermoso día da ciencia.
Documental que ten o obxectivo de divulgar as técnicas empregadas para a confección da vestimenta tradicional de Galicia. Un artesán téxtil explica a patronaxe, o corte e a confección das pezas que compoñen o traxe de home e de muller en catro territorios. Despois, elabóranse os complementos característicos de Santiago, da Maía, das Mariñas, da Terra Chá, de Ourense e de Pazo de Arenteiro. Tamén se analizan obras de pintores e de escritores que recollen a vestimenta tradicional (Fierros, Murguía, Carlos Sobrino, Suárez Castro, Román Navarro e Castelao). Ademais, faise unha análise da lingua dos xastres, da roupa e dos complementos. O documental remata cunha peza de baile na que se mostran os dous traxes de gala confeccionados, que se custodian no Museo Queixumes dos Pinos.
A Consellaría de Cultura, Educación e Universidade, por medio das secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura, en colaboración con Xurdir S.L., organiza a VIII edición da Carreira Camiño das Letras, que busca unir a práctica deportiva coa conmemoración do Día das Letras Galegas e o simbolismo do Camiño de Santiago.
Os participantes poden escoller entre dúas probas: unha de 15 Km que partirá desde o Pico Sacro, seguindo a Ruta da Prata ata a Cidade da Cultura; e outra de 5 Km, tamén na contorna da Cidade da Cultura.
A recadación solidaria dun euro por participante estará destinada á Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE). Ademais, cada corredor recibirá un libro de agasallo xunto á entrega do dorsal.
A carballeira de Conxo reúne ás árbores centenarias, testemuñas daquel 2 de marzo de 1856. Á súa sombra celebrouse un xantar de confraternización entre artesáns e estudantes causando terror entre as forzas vivas dunha cidade universitaria e clerical como Compostela. Voltamos á carballeira para contarvos a historia do afamado Banquete de Conxo.
O 4 de maio ás 19 horas fixéronse entrega no IES Monelos dos premios do XVII concurso de fotografía "Xurxo Lobato". As alumnas de 4º ESO B Soraya Martínez, Celtia Suárez e África Trillo realizaron esta entrevista ao fotógrafo Xurxo Lobato, ao concelleiro de Educación , Memoria histórica, Innovación, Industria e Emprego do concello da Coruña Jesús Celemín e a Tino Fraga, exdirector do centro e promotor no seu inicio deste concurso. Tamén realizouse unha entrevista aos gañadores do concurso: Dan Grigore (1º premio), María Esther López (2º premio) e Silvia Ouro (3º premio).
Programa musical sobre o grupo "Heredeiros da Crus". Elaborado polas alumnas de 4º ESO B Soraya Martínez, África Trillo na locución e Celtia Suárez no control de son.
Información de Miguel Pardo en Praza Pública
Operario da automoción, nunha fábrica en Galicia CC-BY-SA Xunta
Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública
Monumento que lembra os feitos do 10 de marzo, obra de Xoán Braxe © Dez de Marzo Cincuenta Aniversario
Fotograma de 'Tatuado nos ollos levamos o pouso', de Toucedo (Foto: Nós Diario).