07/05/22

Técnicas de confección do traxe tradicional galego

 Documental que ten o obxectivo de divulgar as técnicas empregadas para a confección da vestimenta tradicional de Galicia. Un artesán téxtil explica a patronaxe, o corte e a confección das pezas que compoñen o traxe de home e de muller en catro territorios. Despois, elabóranse os complementos característicos de Santiago, da Maía, das Mariñas, da Terra Chá, de Ourense e de Pazo de Arenteiro. Tamén se analizan obras de pintores e de escritores que recollen a vestimenta tradicional (Fierros, Murguía, Carlos Sobrino, Suárez Castro, Román Navarro e Castelao). Ademais, faise unha análise da lingua dos xastres, da roupa e dos complementos. O documental remata cunha peza de baile na que se mostran os dous traxes de gala confeccionados, que se custodian no Museo Queixumes dos Pinos.