17/05/22

Florencio Delgado Gurriarán. O soño da Galicia infinda - "Meu Córgomo de Valdeorras" - Capítulo 1

 


POR QUE O GALEGO SOA TAN BRUTO???

 

Delgado Gurriarán en oito vídeos: dos centros de ensino ás versións musicadas dos seus poemas

 Información en Praza Pública


 

Queremos Galego clama por un "novo futuro" para o idioma: "A tendencia negativa é reversíbel"

 Información en Praza Pública

Cabeceira da manifestación de Queremos Galego polo Día das Letras 

A "Galicia infinda" homenaxea as letras e o "compromiso democrático e galeguista" de Florencio Delgado Gurriarán

 Información en Praza Pública

Pleno do Día das Letras Galegas dedicado a Florencio Delgado Gurriarán en Córgomo

As dúas Galicias da lingua galega: entre a "fortaleza" e a "caída en picado"

 Información de Miguel Pardo en Praza Pública

Bandeiras galegas como decoración festiva entre edificios dunha localidade galega 

Cinema Lobeira - Entrevista a Helena Girón e Samuel Delgado de Eles transportan a morte

 Conversa con Helena Girón e Samuel M. Delgado o martes previo á estrea do seu filme Eles transportan a morte, un filme ambientado en 1492 que relata que entre a tripulación capitaneada por Cristóbal Colón, viaxan tres homes que xa deberan estar mortos. Acadaron evitar o seu triste destino participando neste viaxe incerto, mais ao chegar ás Illas Canarias fuxen levando con eles unha das velas do barco. Namentres, no “Vello Mundo”, unha muller tenta salvar a sua irmá moribunda levándoa a unha curandeira. Ambos os dous viaxes tentan rir da morte. Ambos os dous viaxes están a mercede do tempo e a Historia.

Damián Ucieda. A historia dunha cidade cruzada por un camiño negro

 Información de Ana González Chouciño en Vinte

Vilar de Santos recupera a aldea de Saa para que a mocidade coñeza os oficios tradicionais e a relación co medio propia do rural

 Información en Praza Pública

Visita do alcalde de Vilar de Santos, Antonio Míguez, á aldea de Saa xunto co responsable da empresa que acometerá as obras © Concello de Vilar de Santos

Lendas galegas – As pedras de Muxía

 


14/05/22

RESUMO | DEPORTIVO 4-3 CD Tudelano | PrimeiraRFEF | Xornada 36 | Grupo 1

 


TANXUGUEIRAS – Pano Corado (Videoclip Oficial)

 


Concurso galego con ciencia 2022 (2ª edición)

RESULTADOS FINAIS E GAÑADORAS DO CONCURSO

 
 
Entrega de diplomas e premios da 2ª edición do concurso "Galego con Ciencia" realizarase o luns 30 de maio no 2º recreo no Salón de Actos (Aula Xurxo Lobato)



BASES E OBXECTIVOS 
 
1. Poderá participar todo o alumnado matriculado no IES Monelos no curso 2021-2022. 
 
2. O obxectivo do concurso é fomentar o emprego da lingua galega naquelas materias nas que o galego non é a lingua vehicular na ESO (bioloxía, física e química, matemáticas, tecnoloxía, informática). Tamén preténdese que alumnado acade unha mellora no seu rendemento académico. 
 
3. O concurso durará 4 semanas. Empezará na semana do 19 de abril de 2022 e rematará na semana do 9 ao 13 de maio (coincidindo coa semana das Letras Galegas. 
 
4. O concurso terá tres niveis: 
 
• 1º e 2º de ESO. 
• 3º e 4º de ESO. 
• Bacharelato. 
 
5. Tódalas semanas en que haxa concurso, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, fará públicas dez preguntas, por cada unha das modalidades, relacionadas coas materias citadas na base segunda desta convocatoria. Estas deberán ser contestadas polo alumnado participante, antes das 14 horas do venres correspondente. 
 
6. O concurso será eliminatorio, organizado da seguinte maneira: 
 
• Durante a primeira semana (19 ao 22 de abril) poderán continuar participando o alumnado que acerte polo menos sete das dez cuestións formuladas.
• Na segunda semana (do 25 ao 29 de abril) poderán continuar participando o alumnado que acerte polo menos oito das dez cuestións formuladas.
• Na terceira semana (do 2 ao 6 de maio) poderán continuar participando o alumnado que acerté polo menos nove das dez cuestión formuldadas. 
• Na derradeira semana (9 a 13 de maio) poderán ser gañadores unicamente os que acerten todas as cuestión formuladas.
 
7. O cuestionario será publicado na web do instituto e no blog do equipo de dinamización www.cotarelomonelos.blogspot.com 
 
8. O alumnado deberá responder (accedendo a través da web do instituto ou do blog do EDLG) ao formulario editado en google.docs. Nel indicarase o seu nome, apelidos, curso e grupo. É importante comprobar as respostas antes de contestar. En caso de que un concursante envíe dúas ou máis respostas só será admitida a primeira. 
 
9. O primeiro día lectivo de cada semana en que dure o concurso, farase público na páxina web e no blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e na web do instituto, o alumnado que continua no concurso nos seus diferentes niveis. 
 
10. Para a elaboración e selección de preguntas, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega contará co asesoramento dos departamentos citados na base segunda desta convocatoria. 
 
11. Haberá dous premios únicos por cada nivel: 
 
• 1º Premio contará cunha dotación de 30 € para pode comprar nun comercio colaborador da zona. 
• 2º Premio contará cun vale que se poderá intercambiar na cafetería do centro Alfredo´s Bar. 
 
12. En caso de empate de gañadores a última semana o desempate farase do seguinte xeito: 
 
a) Maior puntuación nas tres semanas previas. 
b) De persistir o empate realizarase un sorteo sobre os que teñan igual puntuación máxima, tanto para o primeiro como o segundo posto. 
 
12. A participación neste concurso suporá a aceptación destas bases.

Conversa con Tatiana DC

Conversamos hoxe coa propietaria dunha das primeiras canles persoais sobre ciencia na nosa lingua.

 

Eurovisión 2022. Eurodramas baixo unha eclipse de sol

 Información en Vinte


 

Unha Ascensión de sete estalos: Tanxugueiras, Kae Tempest e Dios ke te crew encabezan o programa das festas máis compostelás

 Información en Praza Pública


 

Valdeorras centra as celebracións das Letras Galegas en homenaxe a Florencio Delgado e ao exilio mexicano

 Información en Praza Pública


 

Entrevista a Miriam González, xornalista especializada en Rusia e o espazo postsoviético e colaboradora do IGADI: "Estamos nunha guerra de desgaste, moi prexudicial para a poboación de Rusia e Ucraína, pero tamén para o resto de Europa"

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

Consecuencias da guerra en Ucraína CC-BY manhhai

 

Entrevista a Emma Pedreira: “Prefiro as mulleres contándose a si mesmas, co coñecemento que temos de nós desde núcleo”

 Información en Praza Pública

Emma Pedreira, escritora © Verónica Ramilo

 

Unha ducia de exemplos da importancia da emigración e do exilio galego en México

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública


 

Carlos Núñez - Fariña (feat. Tanxugueiras, Iván Ferreiro, Itsaso Elizagoien)

 


13/05/22

Galicia compite no 'Eurovision das linguas minorizadas' da man de Carolina Rubirosa

 Información en Praza Pública

Florencio Delgado Gurriarán en "Fugas" de "La Voz de Galicia"

 Información en Fugas en La Voz de Galicia


 

Florencio Manuel Delgado Gurriarán. Letras Galegas 2022

 


Manuel Rivas - Polos Vieiros de Florencio - Letras Galegas 2022

 


Miro Villar - Polos Vieiros de Florencio - Letras Galegas 2022

 


Víctor F. Freixanes - Polos Vieiros de Florencio - Letras Galegas 2022

 


Ramón Villares - Polos Vieiros de Florencio - Letras Galegas 2022

 


Balea Vermella | Ciência na lusofonia

A inflación modérase un chisco en Galicia pola redución do prezo da luz, pero segue no 9,1%, por riba da media estatal

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

A alimentación encareceuse un 9,4% no último ano, o maior incremento dos últimos vinte anos Dominio Público

 

ALMANAQUE AGRÍCOLA ZZ 70 anos de lealdade lingüística

 Setenta anos despois de publicarse o primeiro número do Almanaque Agrícola ZZ editado no ano 1952 polos laboratorios Zeltia, o Foro Peinador celebrou na Casa da Cultura do concello de O Porriño un acto que foi moito máis cunha lembranza, resaltando a importancia que ten na historia da publicidade a devandita publicación, porque foi o primeiro soporte publicitario en lingua galega que como un pequeno libro divulgou tradicións culturais e información científica moi útil para á agricultura que entrou na práctica totalidade dos fogares galegos durante moitas décadas, achegando a lingua e a cultura popular á cidadanía. O presidente do Foro Peinador, D. Xosé González Martínez, entidade que desde o seu nacemento está empeñada en mover os marcos da diglosia lingüística para ampliar os espazos de uso do galego na sociedade insistíu na necesidade que de que as universidades galegas, nomeadamente as de Ciencias da Comunicación, formen aos novos publicistas e axentes de comunicación para que poidan desenvolver o seu traballo en galego nas empresas e agradeceu á empresa Syngenta a continuidade desta publicación. A representante do BIOGA, Cluster Tecnolóxico empresarial das Ciencias da Vida, Dna. Marisa Castro, fixo fincapé na necesidade de usar o galego tanto nas empresas como na vida cotiá porque é a única maneira de reafirmarmos na nosa identidade. D. Carlos Varela García insistíu na necesidade de que as empresas, a través da Responsabilidade Social Corporativa, incidan de maneira consciente no territorio no que se asentan e sexan respectuosos coa sociedade sobre a que actúan. O Xefe da área atlántica da multinacional farmacéutica Syngenta, D. Paulo Machado, falou do compromiso que a empresa sigue tendo coa publicación do Almanaque Agrícola ZZ respectando o patrimonio cultural de Galicia. O Secretario Xeral de Política Lingüística, D. Valentín García Gómez, recordou a importancia que tivo que unha publicación como o Almanaque agrícola ZZ entrase nos fogares galegos na lingua do país e agradeceu que a multinacional Syngenta recollese o testigo da empresa Zeltia e siga actualmente apostando por unha publicación en galego para publicitar os seus produtos. O alcalde do Porriño, D. Alejandro Lorenzo, recordou a importancia que tiña o Almanaque na súa casa e animou a que as empresas do polígono industrial do Porriño aposten polo galego como vehículo de expresión para afianzar a relación de proximidade cos consumidores.

A CONSTANCIA NA GALEGUIZACIÓN XURÍDICA

 Coa presenza dunha ampla representación institucional e profesionais da avogacía, celebrouse no edificio da Audiencia Provincial de Ourense no mes de abril de 2022 un acto de homenaxe ao maxistrado D. Xoán Manuel Alfaya Ocampo e ao letrado D. Miguel A. González Trigás, ámbolos dous causantes da primeira sentenza ditada en lingua galega no Xulgado de Primeira Instancia núm. 2 de Ourense en marzo de 1988. 

O avogado membro da Irmandade Xurídica e Vicedecano da Facultade Ciencias Xurídicas e do Traballo da UdeVigo, D. Xosé Manuel Pacho Blanco e a avogada ourensá Dna. Yolanda Ramos Capelo, tamén da IXUGA, con cadansúa intervención centradas na necesidade de recoñecer a existencia dunha tradición xurídica galega que tivo querencia pola galeguidade, apelaron ao sentido da responsabilidade dos operadores xurídicos instándoos á utilización da lingua galega perante os órganos xurisdicionais. D. Antonio Piña Alonso, Presidente da Audiencia Provincial de Ourense, apuntou na súa intervención a importancia de exercer a profesión tendo en conta a realidade cultural de Galicia “porque o Dereito no territorio onde se exerce ten peculiaridades de seu que a lingua galega vehiculiza con maior precisión”. 

Tanto o maxistrado D. Xoán Alfaya Ocampo como o letrado D. Miguel A. González Trigás agradeceron á Irmandade Xurídica Galega a homenaxe que lles tributou facendo referencias aos seus respectivos exercicios profesionais no idioma galego porque é unha maneira de prestixiar a lingua cara á sociedade. O Secretario Xeral de Política Lingüística, D. Valentín García Gómez, suliñou que actos de galeguización xudicial como éstes que leva a cabo a Irmandade Xurídica Galega son imprescindibles no calendario da normalización lingüística nun ámbito institucional que presta servizos á cidadanía, pois o galeguismo xurídico debe estar presente como unha actividade normal nos procedementos procesuais. Unha placa de bronce conmemorativa quedou para sempre colocada na entrada do edificio da Audiencia Provincial en homenaxe tamén a todos os operadores xurídicos que fan posible a galeguización xurídica.

Cantos de Salitre - Aquis Querquennis

 


BASES DO CERTAME LITERARIO DAS LETRAS GALEGAS DO IES MONELOS 2022: RELACIÓN DE PREMIADOS

 

Letras galegas 2022 dedicadas á figura de Florencio Delgado Gurriarán

Composición e fallo do xurado

O xurado composto polas profesoras do IES Monelos Mª Ángeles Porto Prado, Mª Jesús Raposo Sánchez, Mª do Mar Rodríguez Iglesias e Pilar Tobar Conde fallou como gañadores/as do concurso na categoría de 4º ESO e Bacharelato:

Modalidade de poesía:

Na noite escura / Tolemia transitoria  co pseudónimo Amalia Lage da  alumna de 2º Bac. D Elena Precedo Prado.

Modalidade narración breve:

Os catro tronos co pseudónimo Lex do alumno de 1º Bac. B  Jia Hao Yang.

Entrega de diplomas e premios

A entrega dos premios realizarase o luns 30 de maio no 2º recreo no Salón de Actos (Aula Xurxo Lobato)

Bases

PRIMEIRA.- Poderá participar neste certame calquera alumna/o matriculada/o no IES Monelos durante o curso 2021-2022. Para este concurso estableceranse dúas categorías: -1ª Categoría (1º, 2º e 3º ESO). -2ª Categroría (4º ESO e Bacharelato). 
 
SEGUNDA.- Cada participante de cada unha das categorías poderá presentar unha proposta a calquera das dúas modalidades: Poesía e Narración breve. 
 
- Modalidade de poesía: presentaranse dous poemas como mínimo, de tema e forma libres. 
- Modalidade de narración breve: a extensión máxima será de cinco páxinas por unha soa cara e o tema libre. 
 
TERCEIRA.- Os traballos estarán escritos en lingua galega e deberán ser orixinais, inéditos e non premiados. 
 
CUARTA.- Deberán estar escritos con ordenador, en tamaño A4, espazamento entre liñas simple e tamaño de letra 12; paxinados e sen asinar. 
 
QUINTA.- Os traballos presentaranse por correo electrónico enviándoos á dirección endliesmonelos@gmail.com. No asunto figurará o PSEUDÓNIMO do autor. No corpo do texto figurarán o PSEUDÓNIMO, TÍTULO DA OBRA e MODALIDADE. Enviaranse dous arquivos adxuntos en PDF. O primeiro deles coa ficha de inscrición do concursante sinalando o seu nome, apelidos, idade e curso; no segundo arquivo irá o traballo que levará o PSEUDÓNIMO e o TÍTULO da obra. 
 
SEXTA.- Haberá un premio por modalidade, aínda que o xurado poderá declarar deserto calquera deles no caso de considerar insuficiente a calidade dos traballos presentados. O importe dos premios será de: 
 
Modalidade de poesía 1ª categoría:               vale de 30 €. 
Modalidade de narración breve 1ª categoría: vale de 30 €. 
Modalidade de poesía 2ª categoría:               vale de 30 €. 
Modalidade de narración breve 2ª categoría: vale de 30 €. 
 
SÉTIMA.- O prazo de entrega de traballos comeza o 4 de abril e remata o día 6 de maio de 2022. 
 
OITAVA.- A composición e o fallo do xurado darase a coñecer o 13 de maio de 2022.
 
NOVENA.- A organización do Certame publicará os traballos premiados na revista dixital do EDLG do IES Monelos Camiño do Corgo. Tamén poderán ser publicados algúns traballos non premiados se o xurado o considera oportuno. 
 
DÉCIMA.- O xurado e a organización do certame están facultados para tomar as decisións que consideren oportunas ante a aparición dalgún imprevisto non recollido expresamente nas presentes bases. A participación neste certame implica o coñecemento e a aceptación íntegra destas bases.

12/05/22

II Encontro lingüístico entre o IES "Poeta Díaz Castro" de Guitiriz e o IES Monelos da Coruña

 II Encontro lingüístico entre o IES "Poeta Díaz Castro" de Guitiriz e o IES Monelos de A Coruña no curso 2021-2022. Organizado polos EDLG dos respectivos centros. 10/5/2022. 

  

Xosé María Díaz Castro, nado no lugar do Vilariño (Os Vilares) concello de Guitiriz en 1914 e finado en Lugo en 1990, foi un poeta e tradutor galego. 

Tivo un gran sensibilidade poética e dende a súa adolescencia publicou innumerables versos con todo, Díaz Castro está considerado autor dunha soa obra, o poemario Nimbos  editado en 1961 que tivo moita influencia nos poetas posteriores pola súa perfección, pola preocupación por Galicia e polos problemas básicos do ser humano, a vida, a morte e o tempo. Díaz Castro adoita ser encadrado dentro da Xeración do 36 a carón de poetas coma Carvalho Calero, Celso Emilio Ferreiro e Aquilino Iglesia Alvariño. Na obra, que inclúe revisados os poemas que escolmara Fernández del Riego, móstrase unha reflexión sobre o destino humano a través da preocupación existencial e relixiosa e da comuñón coa natureza. Nun dos seus poemas máis coñecidos, Penélope, reflexiona sobre unha Galicia que permanece durmida, mais sen refugar á esperanza para a súa terra.

A voz poética de Díaz Castro apóiase nunha linguaxe rica e exacta, da que xorde a xusteza da imaxe e o fondo poder evocador que se desprende dos seus versos. Os temas, que aparecen sempre envoltos na roupaxe elegante dun clasicismo exemplar, son os da grande poesía universal: a dor do ser humano, o amor, a paisaxe, os sentimentos relixiosos, a liberdade... Carvalho Calero dixo que Nimbos veu restaurar na literatura galega a poesía total.

A Real Academia Galega decidiu dedicarlle, coincidindo co centenario do autor, o Día das Letras Galegas do ano 2014. O instituto de Guitiriz, por outro lado, leva o seu nome.

Os temas musicais que acompañan os vídeos están inspirados na figura do poeta e do seu poema máis famoso que, como indicamos anteriormente, é Penélope. O traballo foi realizado polo alumnado e profesorado do IES "Poeta Díaz Castro" de Guitiriz no curso 2013-2014 (ano do centenario e día das letras dedicado ao poeta) "Esa lus" e "Penélope" este último tema musicado pola profesora Sandra Tenreiro Doldán.

Día das Letras Galegas: A festa do poeta de Córgomo

 Información en La Voz de Galicia


 

120 xeitos de insultar en galego

 Información en Orgullo Galego


 

11/05/22

Do desgaste dos punteiros a un método matemático que descobre gaitas en uso desde a Idade Media

 Información de Ana G. Liste en Praza Pública

Pablo Carpintero e Rosa Sánchez tocando a gaita e o tamboril © UVigo

 

Regueifa entre Alba María e Xairo d'Herbón

 


Conversa con Leilía

 


EXISTE A LINGUA DE SIGNOS GALEGA?

 


DIOS KE TE CREW - HATERS

 

A superficie agrícola utilizada en Galicia reduciuse en cen mil hectáreas nos últimos 20 anos

Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

Vaca rubia galega CC-BY-SA Ricardo

Predición meteorolóxica na Coruña do 10 ao 17 de maio

 

A pegada das científicas en Pontevedra: unha ruta polo teito de cristal

 


08/05/22

O IES Monelos no Día da Ciencia na Rúa (7/5/2022)

 Despois de dous aos sen celebración do Día da Ciencia na Rúa presencial como consecuencia da pandemia volveuse de novo ao parque de Santa Margarida.

O IES Monelos estivo presente con propostas e experimentos elaboradas polos departamentos de Física e Química e o de Tecnoloxía.

Radio Monelos estivo presente con dúas grandes reporteiras: Celtia Suárez e África Trillo de 4º ESO B que fixeron un seguimento en directo deste fermoso día da ciencia.

O Dicionario da Ciencia - 8 - Petróglifo

 


07/05/22

O Día da Ciencia na Rúa regresa o sábado 7 de maio ao parque de Santa Margarida , na Coruña

 Información en La Voz de Galicia


 

Unha ducia de carteis turísticos históricos de Galicia

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública


 

Entrevista a "Tiruleque": "Nós tocamos para que a xente baile e cante. Necesitamos esa conexión"

 Información en Praza Pública

Concerto de Tiruleque na praza de María Pita da Coruña © Tragaluz

 

Que opina o estudantado sobre a fin das máscaras nas aulas

 

Técnicas de confección do traxe tradicional galego

 Documental que ten o obxectivo de divulgar as técnicas empregadas para a confección da vestimenta tradicional de Galicia. Un artesán téxtil explica a patronaxe, o corte e a confección das pezas que compoñen o traxe de home e de muller en catro territorios. Despois, elabóranse os complementos característicos de Santiago, da Maía, das Mariñas, da Terra Chá, de Ourense e de Pazo de Arenteiro. Tamén se analizan obras de pintores e de escritores que recollen a vestimenta tradicional (Fierros, Murguía, Carlos Sobrino, Suárez Castro, Román Navarro e Castelao). Ademais, faise unha análise da lingua dos xastres, da roupa e dos complementos. O documental remata cunha peza de baile na que se mostran os dous traxes de gala confeccionados, que se custodian no Museo Queixumes dos Pinos.

VIII Carreira Camiño das Letras - Presentación

 A Consellaría de Cultura, Educación e Universidade, por medio das secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura, en colaboración con Xurdir S.L., organiza a VIII edición da Carreira Camiño das Letras, que busca unir a práctica deportiva coa conmemoración do Día das Letras Galegas e o simbolismo do Camiño de Santiago. 

Os participantes poden escoller entre dúas probas: unha de 15 Km que partirá desde o Pico Sacro, seguindo a Ruta da Prata ata a Cidade da Cultura; e outra de 5 Km, tamén na contorna da Cidade da Cultura. 

 A recadación solidaria dun euro por participante estará destinada á Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE). Ademais, cada corredor recibirá un libro de agasallo xunto á entrega do dorsal.

Orde e fraternidade. Historia do Banquete de Conxo

 A carballeira de Conxo reúne ás árbores centenarias, testemuñas daquel 2 de marzo de 1856. Á súa sombra celebrouse un xantar de confraternización entre artesáns e estudantes causando terror entre as forzas vivas dunha cidade universitaria e clerical como Compostela. Voltamos á carballeira para contarvos a historia do afamado Banquete de Conxo.

IES ELVIÑA Brigantia Gallaeciae

 


Telexornal Florencio Delgado Gurriarán

 


DAKIDARRÍA "Mil berros" - Videoclip oficial

 


06/05/22

05/05/22

Entrega de premios XVII concurso de fotografía "Xurxo Lobato"

 O 4 de maio ás 19 horas fixéronse entrega no IES Monelos dos premios do XVII concurso de fotografía "Xurxo Lobato". As alumnas de 4º ESO B Soraya Martínez, Celtia Suárez e África Trillo realizaron esta entrevista ao fotógrafo Xurxo Lobato, ao concelleiro de Educación , Memoria histórica, Innovación, Industria e Emprego  do concello da Coruña Jesús Celemín e a Tino Fraga, exdirector do centro e promotor no seu inicio deste concurso. Tamén realizouse unha entrevista aos gañadores do concurso: Dan Grigore (1º premio), María Esther López (2º premio) e Silvia Ouro (3º premio).

 








Videogramas - Aldara Pagán

02/05/22

PROXECTO TERRA: FERROL-FRAGAS DO EUME

 

David Perdomo percorre varias etapas do Camiño de Santiago desde Pedrafita do Cebreiro ata Compostela. Ao longo do traxecto, comenta cun enfoque persoal e humorístico as súas experiencias, impresións, vivencias, opinións e reflexións sobre a peregrinación xacobea: paisaxes, gastronomía, cultura, motivacións... 
Son catro xornadas que dan como resultado final dúas pílulas audiovisuais destinadas en especial ao público xuvenil. Os vídeos están dirixidos por Lucas Terceiro e Marga Pazos.
 

Saúde, diñeiro e amor. Historias do Gran Sol - Manolo

 


01/05/22

Os sindicatos reclaman neste 1º de Maio máis medidas e intervención pública ante a crise de prezos

 Información de Miguel Pardo en Praza Pública

Operario da automoción, nunha fábrica en Galicia CC-BY-SA Xunta

 

As mulleres que protagonizaron o 10 de marzo do 72, 'Republicanas de Honra' no 50 aniversario dos feitos

 Información en Praza Pública

Café Derby 21. Tamara Pazos, neurociencia e criar células como fillas

 


Entrevista a Esperanza Piñeiro: "O 1972 significou unha toma de conciencia para moita xente que despois influíu moito nas súas traxectorias vitais"

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

Monumento que lembra os feitos do 10 de marzo, obra de Xoán Braxe © Dez de Marzo Cincuenta Aniversario

 

RESUMO| DEPORTIVO 3-0 UD Logroñés | PrimeiraRFEF | Xornada 34 | Grupo 1

 


Oliver Laxe, Lois Patiño, Diana Toucedo e Lucía Estévez estrearán no Play-Doc

 Información en Nós Diario

Fotograma de 'Tatuado nos ollos levamos o pouso', de Toucedo (Foto: Nós Diario). 

Museo a ceo aberto - 5 - Cromático Mural Fest - Cambre