Amosando publicacións coa etiqueta toponimia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta toponimia. Amosar todas as publicacións

04/04/22

Os nomes da nosa terra - 1 - Barcia de Mera

 Microdocumental da Asociación Socio-Pedagóxica Galega que persegue difundir nas redes sociais, a través dun formato audiovisual atractivo, os feitos e historias que orixinaron os nomes de aldeas, leiras ou corredoiras que compoñen algúns dos máis de dous millóns de topónimos de Galicia. Para realizalo, contouse coa colaboración da veciñanza de cada un dos lugares cuxos topónimos se analizan, de persoas expertas en lingua, en pedagoxía e no audiovisual.

03/10/21

Loubanza á toponimia enxebre. Florencio Delgado Gurriarán

 "Loubanza á toponimia enxebre" é un poema de Florencio Manuel Delgado Gurriarán (Córgomo, 1903 - California, 1987) no que reivindica a galeguización dos nomes de lugares que foron deturpados . O vídeo foi realizado en setembro de 2014 coa voz de Lola Fernández e fotografías de Gustavo Docampo.

30/09/21

A xustiza avala prohibir a protesta da CIG na Toxa porque "con toda certeza" causaría "un perigo"

 Información Galicia Confidencial

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez (c), á súa saída tras o acto de clausura do II Foro La Toja-Vínculo Atlántico celebrado na Illa de Toja, Pontevedra, Galicia, (España), a 3 de setembro de 2020.. Beatriz Ciscar - Europa Press

15/07/21

A perda da toponimia tradicional na Coruña

 Praza da Fariña, Campo da Leña, As Cernadas, A Ramalleira, O Regueiro… A investigación de Iván Méndez publicada pola Real Academia Galega sinala un “declive” da toponimia da Coruña pola expansión da cidade e o desexo de honrar persoeiros ilustres, que levaron consigo a perda dunha toponimia vizosa e da memoria deses lugares.

06/04/21

A RAG edita un novo exemplar de 'Terra Nomeada' sobre a toponimia de Carballo

 A colección ofrece ata o momento os estudos da toponimia dos concellos da Agolada, Ames, Begonte, A Estrada, Trabada así como este de Carballo

Información en Galicia Confidencial

Vista aérea do casco urbano de Carballo