Amosando publicacións coa etiqueta rural. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta rural. Amosar todas as publicacións

12/10/21

A cámara fai visible a fundamental e diversa muller rural da Pastoriza

 Información Praza Pública

Unha das 68 fotografías participantes na terceira edición do concurso 'Muller Rural da Pastoriza', obra de Marisol Alvite © Concello da Pastoriza


03/10/21

Historias de Galicia. A propiedade da terra

 "Véndese casa rural en Galicia", un anuncio coma este pode ser o epílogo triste dunha historia secular. Posto que Galicia é un país agrícola que exporta viños, carne, queixos e produtos hortícolas a varios países, e todo isto faino competindo nun mercado global e sometida a restricións lexislativas que impiden o pleno desenvolvemento das súas capacidades produtivas.

 Pero aínda queda máis: milleiros de hectáreas de cultivos e pastos quedan no monte para ser pasto dos incendios, pero esas terras seguen a ter dono e moitos deles son descendentes de foreiros -o foro foi o modo de organización e distribución da produción agraria desde o século XII ata o XX-. O documental fai un repaso polo proceso de desamortización, unha fórmula política fracasada que non significou o acceso dos campesiños á propiedade da terra; sen embargo, no primeiro cuarto do século XX, comezaron a abrollar iniciativas modernizadoras da agricultura e tamén naceu o agrarismo como un movemento social que demandaba a racionalización da propiedade e da produción agrícola, que logo propiciaría nalgunhas comarcas a concentración parcelaria, xa na segunda metade do s.XX. 

A proposta do goberno galego actual de crear un banco de terras parece a derradeira oportunidade para que as terras abandonadas recuperen a súa función produtiva e o seu valor. A serie documental Historias de Galicia que foi emitida pola TVG, e estivo dirixida por Xosé Manuel Vega e presentada por Xosé Barato.

 


16/07/21

225 km / 24 horas - Capítulo 1. Montañas do leste

 Serie documental en catro capítulos que fai un percorrido pola paisaxe galega e a vida das persoas que a habitan e a conforman seguindo o Camiño de Santiago de leste a oeste. Neste percorrido, dáse conta de como vai cambiando a paisaxe en Galicia da montaña ao mar, do máis deserto ao máis poboado, do máis natural ao máis urbanizado.

02/05/21

"Baby Boom" en Baio: once embarazos nunha soa rúa

 Un fenómeno fóra do normal. Nunha Galicia morta demograficamente (esta semana nas cifras oficiais publicadas polo IGE baixamos da cifra dos 2.700.000 habitantes) e en plena pandemia poñendo a vida en contra, un grupo de mulleres de entre 40 e 25 anos fan das estatísticas un conto: será o aire que respiran na carballeira? O elixir da maternidade está en Baio, na Costa da Morte (ou será da Vida?)


 

10/04/21

Na Estrada, en galego

 

O rural é o berce da nosa lingua. Os espazos urbanos semellan, cada vez máis, un risco na transmisión do galego. Como evitalo? 

Viaxamos ata o Concello da Estrada onde xiste unha iniciativa que usa o galego para impulsar o comercio local e fortalecer a comunidade en galego. Benvidas e benvidos a 'Na Estrada, en galego'!