Amosando publicacións coa etiqueta redes sociais. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta redes sociais. Amosar todas as publicacións

07/07/23

De ser de BOIRO aos MESTRE MATEO con @olaxonmario | LARETANDO #01

No noso primeiro episodio temos a Mario Brión, máis coñecido en redes como @olaxonmario un gran comunicador galego e unha gran persoa coa que pasamos un moi bo rato e coa que falamos dos seus inicios nas redes, do seu pódcast e de ser de Boiro, de deporte e tamén dos Premios Mestre Mateo, aos que estivo nomeado este ano como mellor comunicador. 
 
Ah! E como non, tamén había que soltar algunha que outra pulla Esther Estévez prepárate que a nós o que nos interesa é o salseo e xa vos aviso que neste episodio hai moooito diso. 
 

01/03/23

Gallaecia Pop presentado no IES Monelos (1/3/2023)

Mario B. Toucedo, unha persoa moi activa nas redes sociais en galego que ten unha canle en youtube que se chama "Olaxonmario" e premio en dous certames de youtubeir@s, presentou a súa proposta para "revitalizar" o galego nas redes sociais co seu proxecto "Gallaecia Pop" no IES Monelos o 1 de marzo de 2023 ante o alumnado de 4º de ESO.
 

Ver a canle de youtube "Olaxonmario"

11/12/22

Antonio Rial Boubeta, profesor titular da Área de Metodoloxía das Ciencias do Comportamento da USC: Os problemas que a rapazada ten nas redes reflíctense no seu benestar: "Estámonos esquecendo de formar persoas"

O limiar da felicidade dun rapaz hoxe en día está nas redes sociais, no que ve aí, que é algo moi superficial, irreal e artificial. Estámonos esquecendo de formar persoas e iso, ao mesmo tempo, fai á mocidade máis vulnerable nas redes”. Antonio Rial Boubeta, profesor titular da Área de Metodoloxía das Ciencias do Comportamento da Universidade de Santiago de Compostela, é o responsable científico do estudo Adolescencia, Tecnología, Salud y Convivencia, impulsado pola Fundación Barrié, que conta coa participación de máis de 10.000 rapazas e rapaces de entre 12 e 18 anos de centros escolares galegos para analizar o uso que fan das Tecnoloxías das Relacións, a Información e a Comunicación (TRIC).

Información de Ana G. Liste en Praza Pública

Dúas rapazas cos seus teléfonos móbiles no campus da Universidade de Santiago © Santi Alvite/USC


 

03/10/22

#Tintubro. Comeza o mes de debuxar cada día na rede

 Dúas ilustradoras lanzan por segundo ano a versión galega do ‘Inktober’, o reto para compartir diariamente un debuxo en Instagram a partir dunha lista de conceptos durante o mes de outubro. 

Información en Vinte