Amosando publicacións coa etiqueta redes sociais. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta redes sociais. Amosar todas as publicacións

04/05/24

As ondas do património chegam a Lisboa - 2 maio 2024

Uma delegação de estudantes, professores e músicos galegos unem-se a uma representação homóloga em Lisboa para apresentar o modelo Ponte…nas ondas! de boas práticas com o património cultural imaterial (PCI) que a UNESCO registou em dezembro de 2022 por proposta de Portugal e Espanha.

23/12/23

Malva @todomalva: “A cousa pola que máis odio recibimos todes nas redes é por falar en galego”

Malva (@todomalvagz7786 ) é unha das referentes nas redes sociais en galego. Nace a comezos de 1997 polo que fai ponte entre a Xeración Milenial e a Z. En 2021 abre ao público a súa conta de Tik Tok e, a partir de aí, vai gañando cada vez máis seguemento e popularidade. Co paso do tempo, a súa presenza nas redes sociais foi mudando. Atopámola no Youtube, no Instagram e no Twitter. Malva non só xera contidos en vídeos senón que tamén escribe artigos de opinión na revista Luzes. Sentamos a falar con ela na Casa Xohana Torres de Compostela

28/11/23

As redes choran a morte de Miguel López, 'El Hematocrítico': "hoxe a vida é un pouco menos divertida"

Morre aos 47 anos de idade o mestre, escritor e coñecido tuiteiro coruñés Miguel López, El Hematocrítico, a consecuencia dun infarto. "Recordarémoste sempre cun sorriso. Grazas, Hemato", despídese del a editorial Xerais, onde publicou O meu irmono, Rapunzel con piollos, Un can ou Dona problemas, entre unha vintena de obras infantís e xuvenís. O seu falecemento foi confirmado nas redes sociais pola súa parella, a tamén escritora Ledicia Costas. 

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública