Amosando publicacións coa etiqueta muller. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta muller. Amosar todas as publicacións

20/01/24

Jaione Camborda: “Gustoume levar á pantalla a mulleres conectadas co seu corpo”

A guionista e directora de cine Jaione Camborda nace en Donostia en 1983 aínda que, desde 2010, vive e traballa en Santiago de Compostela. A súa primeira longametraxe chámase Arima, premiada á mellor dirección no Festival de Cine de Sevilla. Coa segunda, O Corno, consegue a Cuncha de Ouro á mellor película no Festival Internacional de Cine de Donostia. É a primeira vez que se premia neste Festival un filme en lingua cooficial, neste caso, en lingua galega. Tamén é a primeira muller nada no Estado español que se fai coa Cuncha de Ouro. Entramos na Facultade de Ciencias da Comunicación, en Compostela, para falar con Jaione Camborda sobre estas conquistas, a importancia dun bo equipo técnico e de cine, moito cine. 
 

06/09/23

Adela Lestón Mayo, presidenta da Asociación de mulleres do sector pesqueiro do Seo de Fisterra Ría Muros-Noia: "No mundo do mar hai poucas mulleres e a maioría non chega aos postos de mando"

A Asociación de mulleres do sector pesqueiro do Seo de Fisterra Ría Muros-Noia vén de ser recoñecida co segundo premio á excelencia na innovación na actividade pesqueira dentro dos Premios de Excelencia á Innovación para Mulleres Rurais do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación polo proxecto cooperativo da Aula sostible do Freixo, desenvolvido xunto as entidades de inclusión social Misela, Adisbismur e A Creba co apoio do Concello de Outes.

Información Ana G. Liste en Praza Pública

Adela Lestón Mayo, presidenta da Asociación de mulleres do sector pesqueiro do Seo de Fisterra Ría Muros-Noia © cedida
 

20/08/23

España é campioa do Mundo de fútbol con Tere Abelleira como unha das pezas chave do equipo (1-0)

 O cambio de xogo da pontevedresa orixinou a xogada do gol da Selección Española

Información de Silvia Carregal en As Nosas

Teresa Abelleira coa selección española na final do Mundial de fútbol
 
O concello da Coruña instalou pantallas para seguir o final do Mundial entre España e Inglaterra