Amosando publicacións coa etiqueta muller b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta muller b>. Amosar todas as publicacións
11/05/24
03/05/24
27/04/24
24/04/24
21/04/24
19/04/24
MJ Pérez - TANTO POR LOITAR (Videoclip)
Xoguei ao fútbol dende ben cativa, sempre foi unha das miñas grandes paixóns. Xogaba con moitas ganas e moito corazón, mais os meus referentes eran todo homes, porque non coñecía outra cousa. Son deportivista dende que teño uso de razón e durante moito tempo tiven a sorte de poder acudir a Riazor para ver ao Depor. Despois, cando me xuntaba nos adestramentos cos meus compañeiros, mentres eles soñaban con algún día ser coma aqueles xogadores que admiraban dos seus equipos eu vía coma unha quimera soñar con vestir as cores do meu equipo.
O nacemento de #AsNosas é moito máis ca un mero equipo, é moito máis ca mero fútbol. É un punto clave de referencia para o fútbol feminino galego (que garda moito potencial), é ao fin ter referentes que, ademais, vistan as nosas cores. Si, foron elas as que me inspiraron, pero foron tamén tantas e tantas compañeras que estiveron e xa non están, que agora animan dende a grada, as que todavía seguen loitando por dedicarse profisionalmente a este deporte e as que están por vir.
Fixemos un camiño onde antes non tiñamos un lugar, superamos obstáculos e lidamos con centos de estigmas e só polo mero feito de gustarnos este deporte. Fíxose moito, pero quede moito camiño por andar, queda "tanto por loitar..." que a canción non podía levar outro nome.
Para levar a cabo isto tiven a inmensa sorte de ter unha equipa de complices e grandes músicas, moito talento.
05/04/24
01/04/24
21/03/24
Radio Monelos: Elas foron. As costureiras
Programa elaborado polas alumnas de 2º de ESO Inés Insua e Eva Paz
Primeiro anuncio publicado en galego na revista "O Tío Marcos d'a Portela" en 1876 | é dunha máquina de coser |
María Miramontes, galeguista e muller do editor de "Nós" Ánxel Casal, exerceu a profesión de modista na Coruña |
Comisión que entrega nas Cortes da II República o Estatuto galego refrendado en xuño de 1936. A única muller presente na fotografía é María Miramontes. |
20/03/24
17/03/24
Gañadoras do concurso do "Día da nena e da muller na ciencia" (11 de febreiro) e "Día da muller" (8 de marzo) do IES Monelos
As alumnas que se mencionan foron as gañadoras do concurso do "Día da nena e da muller na ciencia" e do "Día da muller" 2024 organizado pola Biblioteca e EDLG do IES Monelos. A entrega dos premios realizouse o xoves 14 de marzo. Parabéns ás gañadoras!
Zeltia Deus Martín (1º ESO A)
Iria Hidalgo Novo (2º BAC A)
Noa Vázquez Fuentes (2º ESO A)
16/03/24
13/03/24
09/03/24
08/03/24
07/03/24
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)