19/04/24

MJ Pérez - TANTO POR LOITAR (Videoclip)

Xoguei ao fútbol dende ben cativa, sempre foi unha das miñas grandes paixóns. Xogaba con moitas ganas e moito corazón, mais os meus referentes eran todo homes, porque non coñecía outra cousa. Son deportivista dende que teño uso de razón e durante moito tempo tiven a sorte de poder acudir a Riazor para ver ao Depor. Despois, cando me xuntaba nos adestramentos cos meus compañeiros, mentres eles soñaban con algún día ser coma aqueles xogadores que admiraban dos seus equipos eu vía coma unha quimera soñar con vestir as cores do meu equipo.
O nacemento de #AsNosas é moito máis ca un mero equipo, é moito máis ca mero fútbol. É un punto clave de referencia para o fútbol feminino galego (que garda moito potencial), é ao fin ter referentes que, ademais, vistan as nosas cores. Si, foron elas as que me inspiraron, pero foron tamén tantas e tantas compañeras que estiveron e xa non están, que agora animan dende a grada, as que todavía seguen loitando por dedicarse profisionalmente a este deporte e as que están por vir. Fixemos un camiño onde antes non tiñamos un lugar, superamos obstáculos e lidamos con centos de estigmas e só polo mero feito de gustarnos este deporte. Fíxose moito, pero quede moito camiño por andar, queda "tanto por loitar..." que a canción non podía levar outro nome. Para levar a cabo isto tiven a inmensa sorte de ter unha equipa de complices e grandes músicas, moito talento.