Amosando publicacións coa etiqueta literatura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta literatura. Amosar todas as publicacións

13/12/23

Radio Monelos: 60 anos da revista Grial

Os alumnos de 1º de Bacharelato Elías Pardo Fernández e Anxo Vázquez Seoane fan un balance sobre os sesenta anos da revista cultural "Grial" editada por Galaxia.

28/11/23

As redes choran a morte de Miguel López, 'El Hematocrítico': "hoxe a vida é un pouco menos divertida"

Morre aos 47 anos de idade o mestre, escritor e coñecido tuiteiro coruñés Miguel López, El Hematocrítico, a consecuencia dun infarto. "Recordarémoste sempre cun sorriso. Grazas, Hemato", despídese del a editorial Xerais, onde publicou O meu irmono, Rapunzel con piollos, Un can ou Dona problemas, entre unha vintena de obras infantís e xuvenís. O seu falecemento foi confirmado nas redes sociais pola súa parella, a tamén escritora Ledicia Costas. 

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública


 

01/11/23

Leticia Barbadillo: "Escribindo pago unha débeda, poño en valor o pasado que desaparece cos nosos maiores"

Leticia Barbadillo, mestra de educación infantil, é a autora de A botella de lentellas, a obra galardoada co Premio Merlín de Literatura Infantil de Xerais. Nela, Manuel, o neno protagonista, intentará facer as orellas de Entroido que preparaba a súa avoa e, tras un incidente, comezará a imaxinar as historias que ela xa non lle pode contar. 
 
 
A botella de lentellas é a primeira obra de Leticia Barbadillo (Foto: Nós Diario).