Amosando publicacións coa etiqueta literatura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta literatura. Amosar todas as publicacións

12/05/24

Sofía Regueiro (4º ESO C) Accésit da VII ª edición do Concurso de videopoemas sobre composicións poéticas de Rosalía e Manuel María

Este sábado 11 de maio o xurado do certame, composto polo realizador Omar Rabuñal Varela, o profesor e guionista, Eduardo Álvarez González, e a profesora e guionista, Anxa G. Refoxo, concedéronlle un accésit a alumna de 4º de ESO Sofía Regueiro polo videopoema Rosas, en que o xurado salientou “pola intelixente solución visual que xogando coa dobre cor, a luz e o ritmo, consegue transmitir a beleza da palabra poética”.

 

Neste concurso recibiu o primeiro premio o videopoema A xustiza pola man, de Noa Cabaleiro Ribadulla do IES Nº 1 da Estrada, “por unha sobresaliente interpretación da protagonista cuns planos que transmiten plenamente a variedade de emocións que transitan o poema. Pola plasticidade das imaxes e un ritmo na montaxe que contribúen moi notablemente a conducir e achegarnos á palabra literaria”. Así mesmo, premiou o videopoema Negra sombra, do alumnado do CPR de Narón, “polo potente e coherente resultado que consegue esta obra coral en feminino utilizando a iluminación como recurso dramático, complementado cunha posta en escena en branco e negro como única gama de cor”.

O concurso de videopoemas que organiza a Casa-Museo Manuel María ten por finalidade potenciar a creatividade artística a través da harmonía entre palabra e imaxe e difundir a obra de Rosalía e Manuel María. Nesta sétima edición que se cerrou no día de hoxe contou con medio centenar de participantes de centros educativos de Lugo, A Estrada, Portas, As Pontes, Miño, A Coruña, Vigo, Compostela, Pontevedra, Ourense,  Sarria, Nigrán, Ponteareas, Narón, Ames, Zas, Cotobade, Ordes, Fisterra e O Saviñao. 

 
 

Os Premios Follas Novas recoñecen a Susana S. Arins ou Silvia Penas nunha edición dominada polas escritoras

 Información en Praza Pública

Foto de familia dos Premios Follas Novas 24 CC-BY-SA Cedida

Ramón Lorenzo Vázquez | Entrevista con Yolanda Castaño

 

09/05/24

70 minutos con Luísa Villalta

Marga Doval, Beatriz Maceda e Eli Ríos conversan sobre a figura de Luísa Villalta. 
Pezas musicais a cargo de Nuria Naya. 
70 minutos é un proxecto que une literatura e música, organizado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega e subvencionado pola Deputación da Coruña.
 

29/04/24

Radio Monelos: "A Rateira" de Agatha Christie (último capítulo)

Programa elaborado polo alumnado de 1º de bacharelato do IES Monelos.

Adaptación da profesora de Lingua e Literatura Galega Luísa Corredoira

 

Capítulos anteriores: 

1º Capítulo  (Gravado e emitido no curso 2021-2022)

  2º Capítulo (Gravado e emitido no curso 2022-2023)