Amosando publicacións coa etiqueta denuncia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta denuncia. Amosar todas as publicacións

30/09/21

A xustiza avala prohibir a protesta da CIG na Toxa porque "con toda certeza" causaría "un perigo"

 Información Galicia Confidencial

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez (c), á súa saída tras o acto de clausura do II Foro La Toja-Vínculo Atlántico celebrado na Illa de Toja, Pontevedra, Galicia, (España), a 3 de setembro de 2020.. Beatriz Ciscar - Europa Press

29/09/21

Conversa con Aquilino García de Monfero di NON aos macroeólicos

Coñecemos da man dun veciño, Aquilino García, as reivindicacións da plataforma Monfero di NON aos macroeólicos e mais de paso aprendemos un pouco máis de que vai o tema dos novos aeroxeneradores. Un pracer de conversa co Aquilino e a primeira con medios externos, ainda que nos quedou por falar algunha cousa, en xeral moi ben.
 

01/09/21

A absurda moda que ameaza Teixido

 Noxo e indignación entre a veciñanza ao comprobar como a contorna do santuario de Santo André de Teixido virou nun tendal de máscaras e panos usados. 

Información en Nós Diario

Ducias de máscaras e panos colgan dunha varanda en San Andrés de Teixido (Foto: Concello de Cedeira).

 

 

01/06/21

César Morán - "Inverno" (poema de Manuel Rivas), nos Penedos de Pasarela

 Ao vivo nos Penedos de Pasarela (22-05-2021), no recital reivindicativo para deter a invasão dos eólicos no nosso espaço natural. #salvemosospenedos, #SOSPenedos. Este poema de Manuel Rivas apareceu no seu poemário Costa da Morte Blues (1995), e foi musicado por César Morán aos poucos meses, em 1996. O vídeo, filmado por Ánxeles González Castiñeiras, foi achegado por Maca Arca.

15/05/21

A Liña do Galego recompila 219 denuncias por vulnerar os dereitos lingüísticos en 2020

 A pesar da pandemia, ao confinamento e á escasa mobilidade, A Mesa pola Normalización Lingüística presentou o seu informe de 'A Liña do Galego' na que tramitou máis de 200 queixas. 

Máis información en Galici@press



28/04/21

Un de cada tres alumnos castelanfalante remata a ESO con “escasa competencia” en galego

 O alumnado galegofalante domina galego e castelán, mentres que máis dun 35% do castelanfalante ten unha escasa competencia en galego. Esta é unha das conclusións do proxecto de avaliación da competencia bilingüe do alumnado de 4º da ESO realizado polo Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega e que se presentou hoxe na Deputación de Pontevedra. 

Información en Nós Diario

H. Monteagudo, María López Sández, Victor Freixanes e Maróa Ortega (Foto: Nós Diario)


23/03/21

O galego segue a atopar obstáculos no ensino universitario

 O estudantado ten denunciado a vulneración do seu dereito a desenvolver en todos os eidos da súa vida universitaria en galego. Os servizos de normalización lingüística das universidades galegas aseguran que esta liberdade "non está cuestionada", mais lembran a obriga do profesorado de comprender a lingua.

Información de Yuri Carrazoni en Nós Diario

Imaxe de arquivo dunha aula impartida na Universidade de Vigo (Foto: UVigo).