Amosando publicacións coa etiqueta cinema. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta cinema. Amosar todas as publicacións

07/12/23

Café Derby 21. O prohibido, con Jaione Camborda

Neste 2023 non podía faltar un Café Derby 21 cunha das revelacións da temporada e un talento único, froito do encontro entre Galicia e Euskal Herria. Atopámonos coa cineasta Jaione Camborda en Santiago de Compostela, no clásico Pub Momo da capital galega, e brindamos pola súa Cuncha de Ouro no Festival de San Sebastián grazas a O Corno 

Xunto a Jaione Camborda falamos neste programa sobre O PROHIBIDO, a raíz do que acontece no filme O Corno, pero tamén en todos os ecos que resoan na actualidade. Achegámonos a pensar sobre as liberdades, pensar que os anos 80 eran máis libres, a prohibición social sobre a sexualidade ou autocensurar o teu desexo.

O Cinema Rabudo, a Mostra de Audiovisual Inconformista, volve unha ano máis ao Fórum

 Información de Ubaldo Cerqueiro en Xornal da Coruña


 

01/10/23

Jaione Camborda fai historia con 'O corno': "A diversidade enriquécenos e fainos máis libres"

 A cinta é a primeira rodada en galego e de produción galega en gañar un festival de cinema de clase A. 

Información en Nós Diario

  Jaione Camborda, coa Cuncha de Ouro. (Foto: Raúl Terrel / Europa Press)
 

30/09/23

Entrevista a Jaione Camborda: "Aposto moito por compartir inquedanzas, gústame situarme na pregunta para compartir co espectador"

O Corno é a primeira película en galego, producida en Galicia e dirixida por unha cineasta galega ou afincada en Galicia que compite pola Cuncha de Ouro no Festival de San Sebastián. É unha historia na que a sororidade entre mulleres traspasa os límites da ditadura que o impregna todo, rodada aos dous lados do Miño, entre Galicia e Portugal. Jaione Camborda, directora donostiarra que vive dende hai varios anos en Santiago, narra a viaxe persoal dunha muller que ten que refacer a súa vida de imprevisto nunhas condicións nas que nunca se vira, coa maternidade e a liberdade como temas de fondo. O Corno é a súa segunda longametraxe despois de Arima (2019) e puido estreala no Festival Internacional de Cinema de Toronto, onde foi recibida entre aplausos. A película chega ás salas de cine o 11 de outubro, pero antes poderá verse no Curtocircuíto, en Compostela, o día 3.
 
 
Jaione Camborda compite con 'O Corno' no Festival de San Sebastián © Alex Abril/SSIFF
 

25/06/23

Quique Otero presenta a película "Honeymoon": "Non me mola adoutrinar, mólame contar historias"

Eva e Carlos son unha parella en fase terminal. Dúas persoas que xa non se entenden. Mais a repentina morte do seu fillo vainos obrigar a recoñecerse outra vez. Ademais de a tomar decisións que lles permiten descubrir cousas sobre si mesmos. Sobre quen poden ser nunha situación límite. Diso vai Honeymoon, a nova película de Quique Otero, recentemente presentada no Festival de Cans.

Información en Praza Pública

Javier Gutiérrez, Nathalie Poza e Silvia Xirui en 'Honeymoon' © Control Z