Amosando publicacións coa etiqueta IES Monelos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta IES Monelos. Amosar todas as publicacións

15/03/24

Visita das bibliotecarias do Castrillón ao alumnado de 1º ESO

A Biblioteca do noso centro e o EDLG organizamos en colaboración coa Biblioteca do Castrillón unha actividade que se desenvolve en dous tempos. O venres pasado día 15 de marzo volveron visitarnos Alicia e Luísa, as nosas xa coñecidas bibliotecarias da Biblioteca do Castrillón. Desta volta, Alicia e Luísa realizaron unha serie de actividades co alumnado de 1º ESO A e 1º ESO B.Partindo dunha presentación explicáronlles aos pequenos quen é a autora homenaxeada este ano o día das Letras Galegas; logo disto, e co material preparado tamén por elas, o alumnado elaborou as súas propias creacións que leron na aula e que se expoñerán cara ao día das Letras na biblioteca. Unha actividade coa que disfrutaron moito foi coa elaboración d’O cadáver exquisito.


Ademais da presentación, Alicia e Luísa convidaron os pequenos e pequenas a visitar a biblioteca do Castrillón o día 20 de marzo xa que María Canosa realizaba unha presentación sobre Luisa Villalta e o libro q se lle dedica á homenaxeada e co que traballamos na aula: Luísa Villalta. Melodía de palabras

E ali estivemos o dia 20. A visita á Biblioteca do Castrillon foi moi entretida. María Canosa falounos do proceso de creación das biografías sobre mulleres e, ademais da de Luisa Villalta, falounos da de Emilia Pardo Bazán e da de Maruxa Mallo. Unha actividade diferente!

06/03/24

Radio Monelos: as cigarreiras e a lectura

 Programa elaborado polas alumnas de 2º ESO Inés Insua e Eva Paz


 

Radio Monelos: programa de Elas Foron sobre as cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña

Centrados no 8 de marzo desde Radio Monelos inauguramos un novo programa sobre a muller coruñesa na historia. Neste caso imos falar de colectivos de mulleres traballadoras da nosa cidade iniciándoo coas cigarreiras.

Realizaron este programa as alumnas de 1º de ESO Daniela Barro e Iria Durán.


23/02/24

Entrega dos premios dos carteis do "Día da Paz e da Non Violencia"

O martes 20 de febreiro fíxose entrega dos premios dos carteis do "Día da paz e da non violencia" organizado polo EDLG do IES Monelos e no que participaron o alumnado de 1º ESO do centro.

Os gañadores foron:

1º premio: Iria Díaz Herrero (1º ESO B)

2º premio: Rosalía López Rouco (1º ESO A)

Premios do xurado popular formado polo alumnado de 1º de ESO: 

Nestor Daniel Pérez Campo

Luis Felipe Terán Godoy

Daniela Barro García

Parabéns aos gañadores. E grazas a todos por participar!








 

Radio Monelos: programa musical sobre "Os Vacalouras"

 Programa elaborado polos alumnos de 1º de bacharelato Lucas Eiroa e Anxo Vázquez.

 Algúns videoclips de "Os Vacalouras": "Game Boy", "O Samil é Portugal", "Quero ser Miro Pereira" e "Tírate da ponte de Rande".