A Biblioteca do noso centro e o EDLG organizamos en colaboración coa Biblioteca do Castrillón unha actividade que se desenvolve en dous tempos. O venres pasado día 15 de marzo volveron visitarnos Alicia e Luísa, as nosas xa coñecidas bibliotecarias da Biblioteca do Castrillón. Desta volta, Alicia e Luísa realizaron unha serie de actividades co alumnado de 1º ESO A e 1º ESO B.Partindo dunha presentación explicáronlles aos pequenos quen é a autora homenaxeada este ano o día das Letras Galegas; logo disto, e co material preparado tamén por elas, o alumnado elaborou as súas propias creacións que leron na aula e que se expoñerán cara ao día das Letras na biblioteca. Unha actividade coa que disfrutaron moito foi coa elaboración d’O cadáver exquisito.
Ademais
da presentación, Alicia e Luísa convidaron os pequenos e pequenas a
visitar a biblioteca do Castrillón o día 20 de marzo xa que María Canosa
realizaba unha presentación sobre Luisa Villalta e o libro q se lle
dedica á homenaxeada e co que traballamos na aula: Luísa Villalta. Melodía de palabras.
E ali estivemos o dia 20. A visita á Biblioteca do Castrillon foi moi entretida. María Canosa falounos do proceso de creación das biografías sobre mulleres e, ademais da de Luisa Villalta, falounos da de Emilia Pardo Bazán e da de Maruxa Mallo. Unha actividade diferente!