08/11/25

Entrevista con Raquel C. Pico: "A grande historia de amor da vida de Jane Austen é a que tivo coa súa irmá Cassandra"

Este 2025 celebramos o 250 aniversario do nacemento dunha das máis destacadas escritoras da Historia, a británica Jane Austen. Unha autora capaz de interpelarnos hoxe, dous séculos despois do seu falecemento, coas súas historias cargadas de ironía e lixeireza. Entusiasta da súa obra, e do que representa como escritora, a xornalista Raquel C. Pico vén de publicar O mundo de Jane Austen(Sushi Books), un híbrido entre biografía e libro de viaxes que nos achega á súa figura.

Información de Ana G. Liste en Praza Pública 

Raquel C. Pico na casa mortuoria de Jane Austen en Winchester © Raquel C. Pico