12/12/20

Premios a calidade técnica youtubeir@s 2020: "Os vinte do XX: As Irmandades da Fala"

O Premio á Calidade Técnica é para ‘Os vinte de XX. Capítulo II. As Irmandades da Fala’, vídeo de Antón Varela. O xurado destacou desta proposta que se trata “dunha mostra representativa da serie ‘Os vinte dos XX’, que ofrece unha panorámica galega polos anos vinte do século XX cunha excelente calidade técnica, sobre todo no referido á edición e ao traballo gráfico”.