O Premio Impacto é para o vídeo ‘Xogando con Ana Pontón aos Sims’, do youtubeiro Aquel-e en colaboración con Olaxonmario, no cal entrevistan a canditada do BNG á presidencia da Xunta nas últimas eleccións xerais. Para o xurado, o vídeo representa “unha maneira orixinal e eficaz de achegar a política aos máis novos usando outro tipo de canles e linguaxes diferentes ás tradicionais”.