16/06/23

Pablo J. Rañales, gañador do premio Illa Nova: «'Os afogados' supón a miña transformación como neofalante»

O escritor mugardés trata na súa primeira obra en galego temas como o discurso de odio, as relacións humanas ou a vinculación coa paisaxe.

 Información de Lucía Blanco/H.J.P. en La Voz de Galicia

Pablo J. Rañales é o gañador do VII Premio Illa Nova.
 

Miguel-Anxo Murado: «O xornal é o medio natural para o columnismo literario»

 Información de X.F. en La Voz de Galicia

O escritor e xornalista Miguel-Anxo Murado. Juan Lázaro
 

«Picasso protagonista», unha mirada do cómic actual

 Información de Marga Mosteiro en La Voz de Galicia

Exposición Picasso protagonista XOAN A. ADOITAR

O 'Ximnasio Léxico', unha aplicación para xogar coa lingua e mellorar o noso vocabulario

Información en Praza Pública

Unha persoa usa a aplicación 'Ximnasio Léxico' lanzada pola RAG e a Fundación Barrié © Fundación Barrié

Sousas apúntase á guerra publicitaria reivindicándose como a primeira auga de Galicia

 Información en La Voz de Galicia


 

Estes son os estudantes que sacaron mellor nota na selectividade galega

 Información en La Voz de Galicia

Alumnado facendo unha das probas de selectividade o pasado día 6 de xuño na UDC CESAR QUIAN

Os salarios galegos apuntan a un aumento por riba da inflación tras dous anos de perda de poder adquisitivo

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

© Manuel López

Entrevista a Alfonso Gómez galego e alcalde de Xenebra (Suiza): "A miña chegada á alcaldía de Xenebra é unha dobre reivindicación: da emigración e da integración"

 Información de Miguel Pardo en Praza Pública

Alfonso Gómez, alcalde de Xenebra © S. Pointet / Ville de Genève

Olladas outro tempo: Praza de Mina. 1906

 Información de Fernando Campos Mantiñán en Xornal da Coruña

Praza de Mina 1906

Vinte en ruta #06. Pan, melindres e queique: entre as terras do Samo e o Bocelo

A ruta lévanos, desta volta, a perdernos polas estradas das terras do medio, buscando especialidades gastronómicas desde o corazón da comarca de Ordes cara ao leste, aos contrafortes da provincia nos altos do Bocelo e dos montes do Corno do Boi.

Información de Jorge Guitián en Vinte

Ordes © Adrián Baúlde

12/06/23

Predición meteorolóxica para A Coruña do 13 ao 20 de Xuño

 Elaborada pola Meteoescola do IES Monelos. Na locución o alumno de 4º ESO A Lucas Eiroa Osoro.

Morriña Fest

 


Exército Mekemeke | 2x28 | Premio Calidade Lingüística

Chegou o ansiado día no que La Voz de Galicia ten a portada en galego ou no que na Radio Galega fan apoloxía da galegofobia. Si amiguiños e amiguiñas, é o Día das Letras Galegas, o día no que a todo o mundo se lle ocorre a palabra máis bonita da lingua de Rosalía... mais podes estar tranquilx, no exército mekemeke pasamos dese tipo de programas e reivindicamos a nosa lingua como se merece.

Castelo Folk V edición. 2023

Video resume do que foi a V edición do Castelo Folk, celebrado no Castelo dos Andrade na parroquia de Nogueirosa (Pontedeume) e organizado pola asociación cultural Xente de aquí e de acola, ós que hai que darlle as grazas por ter montado algo tan chulo.

Exército Mekemeke | 2x27 | A universidá

 

Debate: O 15-m doce anos despois: crise do Réxime ou Restauración?

Pensarmos O 15-m doce anos despois: crise do Réxime ou Restauración? Democracia, pero que democracia? 
Cristina Fallarás e David Rodríguez dialogan con Xoán Antón Pérez Lema. 
 
A Coruña, 25 de maio de 2023

 

ALLARIZ - FESTA DO BOI - ENCONTRO DE GREMIOS NO CASTELO E PROCESIÓN DAS BANDEIRAS, a vista de dron.

Encontro dos Gremios no Castelo, na Festa do Boi de Allariz, e Procesión das Bandeiras, con baixada dende o Castelo ata a Praza Maior.

Un roteiro segue os pasos do Seminario de Estudos Galegos na Terra de Melide no centenario da creación da entidade

 
Membros do Seminario de Estudos Galegos durante unha xornada de traballo interdisciplinar na comarca do Deza nos anos 30 © CCG

 

 

Máis de 7.000 fogares aproveitan os residuos orgánicos nos programas de compostaxe de Pontevedra

 Información en Praza Pública

40 anos da unanimidade que aprobou a Lei de Normalización e abriu "unha nova etapa" para a lingua malia os "atrancos"

O 15 de xuño de 1983, hai 40 anos, o Parlamento galego aprobou por unanimidade a Lei de Normalización Lingüística, que comeza dicindo que "o galego é a lingua propia de Galicia" ou que "os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega". A norma recolle o carácter do galego como "lingua oficial" no ensino, a obriga do seu uso nos medios públicos de comunicación ou a aposta pola produción audiovisual en galego.

Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

O Parlamento aprobou a Lei de Normalización Lingüística cando a súa sede era o Pazo de Fonseca © Parlamento de Galicia


 

Entrevista á escritora vasca Oihane Amantegui: "Ata agora fíxome falta afastarme para poder imaxinar con máis liberdade"

 Información de Ana G. Liste en Praza Pública

A escritora vasca Oihane Amantegi, licenciada en Antropoloxía Social e Cultural © Nerea Sciarra

OS CALVARIOS DE ANFEOZ (Cartelle)

 

07/06/23

Terceiro Tempo. Con Lucía Aldao: 'Mazar é político'

 Segundo episodio do Terceiro Tempo, unha serie de conversas-happening coas voces poéticas máis interesantes do noso panorama novo, que ten como epicentro o Café Universal da Coruña. Un espazo e un tempo para a vivir a acción poética doutro xeito, á calor do amor nun bar e gozando da conversa, da performance, da música, da bebida e do baile.

"Non esquecer a barbarie para non repetir os erros": o Parlamento homenaxea á fin a Bóveda e as vítimas do franquismo

 Información de David Reinero en Praza Pública

Homenaxe no Parlamento de Galicia a Alexandre Bóveda e as vítimas do franquismo © Parlamento de Galicia

Wáter-polo con acento e con guión #DígochoEu

 

05/06/23

A poeta Luz Fandiño e a cooperativa A Morada, premio ‘Begoña Caamaño’ da Deputación da Coruña

 Información Xornal da Coruña

Xurado do premio 'Begoña Caamaño'. DEPUTACIÓN DA CORUÑA

XV Xornada dos Clubs de Lectura

O vindeiro 5 de xuño, celebrarase no Palacio de Congresos, en Santiago de Compostela, a reunión anual do profesorado que coordina os clubs de lectura dos centros que participan no programa de CLUBS DE LECTURA, da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Neste curso 2022/2023 recibiron asignación, a través da convocatoria do programa, un total de 439 centros que matriculan alumnado de Educación Primaria, ESO, BAC, FP, Ensinanzas de Persoas Adultas, e Ensinanzas de réxime especial (Conservatorios e Escolas de idiomas). Esta XV Xornada dos Clubs de Lectura reunirá así a preto de 500 persoas, entre participantes, relatores e asesores e asesoras de formación do profesorado.  
 

 

Pazo de Tor: mudar o relato para contar as historias soterradas tras o noso patrimonio

 Información de Ana G. Liste en Praza Pública

Visita guiada no Museo Pazo de Tor © Deputación de Lugo

Fernández Prieto reivindica os aspectos "agochados" da historia para acadar un relato "democrático" do pasado no seu ingreso na Academia

Información en Praza Pública

Lourenzo Fernández Prieto no acto de ingreso na Real Academia Galega este sábado © RAG

Predición meteorolóxica para A Coruña do 6 ao 13 de xuño

 Predición elaborada pola Meteoescola do IES Monelos. Na locución o alumno de 4º ESO A Lucas Eiroa Osoro.

A Franqueira, tradición e galeguidade

Tirar do fio para traer ao presente feitos históricos que teñen moito que ver coas tradicións populares é fundamental para coñecer de onde vimos, por iso a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia en colaboración co concello da Cañiza, a Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra e o abade do Santuario da Franqueira, levaron a cabo un acto de rememoración histórica en lembranza da creatividade literaria de D. Ramón Cabanillas, autor do “Romance da Franqueira” e ao mesmo tempo de D. Enrique Peinador Lines pois se non fose polo empeño do empresario de imprimirlle galeguismo á tradición relixiosa, Cabanillas nunca teria escrito esa xoia literaria. Por ese motivo e tamén para conmemorar o centenario da creación do Seminario de Estudos Galegos, colocouse un monolito no adro do Santuario da Franqueira obra da Escola de Canteiros da Deputación de Pontevedra.

Como transplantar leitugas

 

04/06/23

Cabanas, Galiza-Praia de Chamoso

No corazón do Golfo Ártabro, no concello de Cabanas, podemos atopar unha das derradeiras fragas marítimas que na actualidade se conservan en toda a Europa Occidental. Este fermoso tramo costeiro vese salpicado por unha serie de calas e pequenas praias entre as que destaca pola súa beleza e a súa bravura a de Chamoso. Exposta aos ventos dominantes do oeste, en inverno a forza do océano penetra no corazón da ría e deixase sentir na súa paisaxe,, modelada na súa constante loita contra o mar. Aínda así o máis característico deste espazo e o pequeno bosque de frondosas que xurde na mesma beira. Unha reliquia doutros tempos absolutamente desprotexida e profundamente ameazada polo urbanismo salvaxe e descontrolado. Gravouse o vídeo para divulgar, educar e contribuír á súa protección. Esperamos que sirva de algo.

03/06/23

Recepción de Lourenzo Fernández Prieto como académico de número da Real Academia Galega

Lourenzo Fernández Prieto ingresa o sábado 3 de xuño na Real Academia Galega como membro de número nunha sesión extraordinaria pública que terá lugar no teatro Jofre de Ferrol a partir das 12:00 horas. 

O historiador dará lectura ao discurso titulado A memoria, a historia e a política. A esquecida polémica Cela versus Paz-Andrade sobre a lexitimidade democrática, a memoria republicana e a Autonomía de Galicia en xullo de 1977. 

Daralle resposta en nome da institución o coordinador da Sección de Historia, Ramón Villares.

A política e o que nos fai mal

Opinión de Rebeca Baceiredo en Praza Pública

Entrevista a Tamara Canosa: "As redes sociais son unha máquina de triturar os vimbios máis básicos da igualdade"

 Información en Praza Pública

Imaxe promocional de 'Amantis', de Rebordelos, dirixida por Tamara Canosa © Sabela Eiriz

#Aquitaménsefala: A BSO do IES Rafael Dieste faise en galego

 Información de Ubaldo Cerqueiro en Xornal da Coruña


 

Olladas doutro tempo: Balneario de Riazor

 Información de Fernando Campos Mantiñán en Xornal da Coruña

Balneario de Riazor. Pedro Ferrer

Sabela: «Estar calada nunca foi o meu forte»

 Información de Carlos Crespo en Yes de La Voz de Galicia


 

Unha ducia de bandas e artistas finalistas da 10ª edición dos Premios Martín Códax da Música

 Información en Praza Pública


 

GZMúsica - Sonoro Maxín e Boroa

 


Vamos Xogar: RESIDENT EVIL 4 REMAKE DEMO (Chainsaw) [Playstation 5]

 

02/06/23

Non digas centro *urbán #DígochoEu

 


Da Lingua ao Prato

 Da Lingua ao Prato Coa lingua falamos, cantamos, soñamos, amamos e tamén degustamos os produtos que a terra nos ofrece, por iso etiquetalos en galego é dárlle un plus de identidade creando a marca Galicia. 

O consumidor consciente ten o poder nas súas mans, escoller produtos de noso etiquetados na nosa lingua, é valorizar o rural apoiando aos produtores que apostan pola etiquetaxe en galego como marchamo de calidade e garantía de orixe dun produto. A campaña "Da Lingua ao Prato" acerca á cidadanía a varios produtoras e produtores galegos que apostan polo uso da lingua galega para etiquetar os seus produtos de calidade poñéndoos nos mercados nacionais e internacionais cun marchamo de identidade que os valoriza. BUBELA é unha empresa creada por Fran e Marta en Lugo, dous emprendedores que elaboran pasta seca de xeito artesanal e cervexas ecolóxicas como base dunha alimentación saudable, dando prioridade á calidade do produto e cunha clara aposta polo consumo de proximidade. Con técnicas tradicionais, ingredientes procedentes de agricultura ecolóxica e un proceso de elaboración moi coidado, poñen no mercado varios tipos de cervexa de carácter moi definido e varios tipos de pasta seca que elaboran utilizando moldes de bronce e un proceso de secado moi lento para preservar as propiedades nutricionais e organolépticas conseguindo un produto de altísima calidade.

Arrinca a gran FoliAgra

 Información Xornal da Coruña



Así serán os accesos ao ‘Novo Chuac’

 Información Xornal da Coruña

Arquivo - Accesos ao Novo Chuac. Xunta de Galicia - Arquivo


DERRUBANDO XIGANTES: O impacto da ENERXÍA EÓLICA en Costa da Morte 🌊

A da enerxía eólica é unha industria que se vende como solución ante a problemática do Cambio Climático. Non obstante, o impacto da súa implantación masiva en Galicia está a supoñer un grave problema sociodemográfico, económico e, paradoxalmente, ambiental.

Fálase | As municipais foron galegas

 

Anxo Araújo - Por que tivemos que discutir?

 

Sada no paso do tempo

 

31/05/23

Conversa con Anxo G. Guerra

 


Alingua estrea a webserie "O gran reto"

A Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega (Alingua) estreou a pasada semana a webserie O gran reto, realizada en formato Vlog e presentada por María Rúa, tamén creadora do contido. O gran reto consiste en que tres persoas castelanfalantes (cada unha delas protagonizará un capítulo semanal) vivan 21 días en galego, superen os desafíos que se lles presenten e nos relaten a súa experiencia.

O forno cósmico

 

28/05/23

Editorial: 25 anos no Camiño

Hai 25 anos que a nosa antiga compañeira María Xosé Sánchez pon en marcha esta revista que tiña inicialmente unha periodicidade trimestral acompañada da ilusión de tantas xeracións de rapazas e rapaces do IES Monelos. Despois, da man de Antón Capelán, a proposta continuou en papel xa cunha periodicidade anual. No ano da pandemia o EDLG rescatamos o proxecto en formato dixital e así continuamos.

Neste novo curso que remata desenvolvemos unha actividade moi intensa no Equipo de Normalización e Dinamización do centro. Continuamos co proxecto de Radio Monelos que comezamos no 2021-2022. 

Seguimos centrados na música en galego. No primeiro trimestre a historia da música galega dos últimos cincuenta anos foi a referencia fundamental. Cantantes e grupos de distintos estilos (pop, rock, punk, folk, música tradicional, bravú...) que encheron a nosa historia deixando unha pegada na memoria do noso pasado recente. Aí quedan nove exemplos que desde Andrés do Barro e pasando, entre outros, por Fuxan os Ventos (festexando o seu cincuenta aniversario) chega ao bravú dos Diplomáticos de Monte Alto. Pechamos este capítulo entrevistando ao gran mestre que é Xurxo Souto. 

 

O segundo trimestre arrancou tamén con música pero enfocadas ás tendencias actuais e saíron 16 propostas que dan continuidade aos 17 grupos do curso anterior. Grandes foron os descubrimentos como Antía Muiño, Carolina Rubirosa, Fillas de Cassandra, Laura Lamontagne e Pico Amperio entre outros coa veteranía de Mercedes Peón e Familia Caamagno.

Tamén iniciamos novos contidos como Historias da Coruña e do noso barrio. 17 programas que tratan de descubrir o que fomos e o que somos.

Saímos á rúa e entrevistamos a xente da vida comercial e cultural do noso barrio entre eles ao noso Alfredo.

Tamén fixemos programas sobre o Samaín, o 20 aniversario sobre a traxedia do Prestige, o centenario do nacemento de María Casares, o centenario da morte de Pondal, Francisco Fernández del Riego nestas Letras do 2023...

Visitáronnos Hydn (exalumna do centro) e o youtubeiro Olaxonmario coa súa proposta Gallaecia Pop.

E volvemos a saír á rúa no Día da Ciencia, nas andainas do Proxecto Terra, nos roteiros pondalianos, rosalianos e como non... volveu o Correlingua no seu formato tradicional a discorrer polas rúas coruñesas.

Este novo número dixital de Camiño do Corgo pretende ser unha homenaxe do que fomos e o que somos. Seguimos no Camiño!

Neeumatiko fala com INTELIGÊNCIA ARTIFICIAL sobre LITERATURA GALEGA | ChatGPT recomenda obras em galego

 

27/05/23

Publicación dos textos gañadores do Certame das Letras Galegas do IES Monelos 2023

Os gañadores do certame literario das letras galegas 2022 foron na 1ª categoría (1º ESO, 2º ESO e 3º ESO).

En narrativa breve, a gañadora foi Inés Insua Puente de 1º ESO co relato O broche dos soños. En poesía foi Stefany Noemí Vásquez Yerbes de 3º de ESO cos poemas Abismo e Corazón. 

Na 2ª categoría (4º ESO, 1º e 2º Bacharelato) a gañadora foi Sara Lorenzo Naya de 4º ESO co poema Dous paxaros.

Ditos textos publicámolos neste apartado (ver entrega do premio).

Aproveitamos este espazo para presentar o programa de Radio Monelos sobre a figura de Francisco Fernández del Riego e un video elaborado por Política Lingüsitica ao que se lle dedica o día das Letras Galegas 2023.

O broche dos soños 

Querido diario, non vas crer o que me pasou hoxe. Voucho contar pero antes teño que falar de onte. 

Eu ía tan tranquila de volta do instituto pensando nos deberes de bioloxía que nos puxeran cando tropecei con algo. Mirei o que era e vín que se trataba dun broche con forma de folerpa de neve. Collino pensando que era moi bonito e que ninguén o botaría de menos se o levaba. Pois iso, leveino a casa e deixeino na mesa de noite a carón da miña cama e fun facer deberes e outras cousas. 

Esa noite antes de durmir púxenmo diante do espello para ver como me quedaba pero, admítoo, non fixera caso a miña nai e fun á habitación máis tarde do que debía e alí, diante do espello, escoitei como se acercaba ao meu cuarto a ver se xa estaba acostada. Asusteime, porque non quería que me castigase ou rifase, e tireime directa a miña cama e apaguei a luz (o interruptor está pegado á miña cama). Xusto a tempo, cando entrou a miña nai finxin estar dormida e, grazas a iso, salveime. Pero tamén grazas a iso durminme co broche posto. 


 Esa noite soñei que no cole faltaba o profe co que tiñamos exame ao día seguinte. Tamén que despois ía a un parque. atopaba dous euros e por último que ao volver a casa, ao poñer o programa de cociña, o cociñeiro se disfrazaba de pescador para facer unha sopa de pescado. Si, xa sei que teño uns soños bastante recurrentes, pero comparados cos do meu irmán non son nada. 

Pois o raro comeza agora: estaba no recreo ao día seguinte (hoxe) estudando cos meus amigos para o exame, e veu un compañeiro a dicirnos que o profe faltaba. Eu, claramente, alegreime, pero tamén me sorprendín porque nolo dixeron da mesma forma que no meu soño. E o raro non remata agora; volvía toda feliz a casa porque non fixera o exame e xusto tropecei (xa van dous en dous días seguidos, son moi torpe, seino) e mirei ao chan e había ¡nada menos que dous euros! Daquela comecei a asustarme, en serio ¿que pasaba hoxe?¿por que todo o que soñara a noite anterior estaba a sucederme de verdade? Fun correndo a casa e encendín a tele e... adiviña o que pasou. Efectivamente, o cociñeiro estaba disfrazado de pescador porque ía cociñar unha sopa de pescado. Entrei en pánico e non sabía que facer para averiguar que era o que pasara; sabía que non podía ser coincidencia porque todo estaba a suceder exactamente como no meu soño. 

Tiña que decatarme do que estaba a pasar, de que ou quen facía isto, porque a noite anterior tivera un sono tranquiliño e beneficioso pero un non controla os soños, e se no teu soño ocorre algo malo de verdade e logo todo se fai realidade, podería armarse unha boa traxedia. Mirei por todos os lados da casa e de repente fixeime no broche con forma de folerpa de neve que estaba no meu escritorio, xusto onde o deixara ao espertar e darme conta de que o tiña posto esta mañá. Unha lámpada fixo clic na miña cabeza ¡pois claro! ¡tiña que ser iso! Esa era única cousa que fixo aquela noite diferente das demais. O broche fixera que os meus soños se fixeran realidade na vida. 

Collino e saín gritando da casa dicindo que volvía en media hora/unha hora. Non lle din tempo a miña nai a replicarme porque cando estaba a preguntarme onde ía ir, eu xa estaba no portal , de camiño ao bosque que hai cerca do barrio. Corrín ata chegar alí e xa dentro do bosque busquei unha pedra mais ou menos pesada. Cando atopei unha que cumpría os meus requisitos, deixei o broche no chan e comecei a esmagalo. Eu pensaba que non se ía romper porque teño moitos libros nos que o obxecto máxico non se rompe cando ao prota lle ocorre algo polo estilo, pero para a miña sorte, rompeuse en dous. Despois de esmagalo un pouco máis, cavei un burato no chan e metín os restos do broche dentro. Funme a casa pensando en que tivera moita sorte de non soñar nada raro que puidese crear grandes problemas para todos. 

Pois iso é todo por hoxe, sei que ninguén o crerá se llo conto (case nin eu mesma o creo), así que por iso o escribo aquí. Ata a próxima, querido diario. 

Inés Insua Puente (1º ESO)

Abismo

Síntome nun abismo.
Un abismo sen fin e
angustiantemente escuro
e frío.
 

Veña, ilumíneme e quénteme todo
coa súa presenza e sáqueme
de aquí.
Sexa o meu anxo salvador.


Por favor, veña.
 

Veña,veña, veña, veña.
 

Veña e sálveme!
 

Non se afaste de min, non agora.
Implórolle, pídolle de xeonllos que
que deixe de ignorarme.


Rézolle a Deus, rézolle ao home, rézolle a vostede.
 

Non me deixe só, deidade miña.
 

Por que vai con outras persoas e me deixa?
 

Non ve que vos necesito?
 

Non ve que sen vostede eu non vivo?
Que sen vostede non son ninguén, simplemente unha cuncha baleira e soa?
 

Estou nun abismo, nacín nun abismo.
Un abismo interminábel e xeado.
 

Veu, iluminouno e volveuno
máis cálido coa súa presenza y tenrura;
pero ao final non me sacou, deixoume alí.


Vivo nun abismo que sempre me consumirá e
falecerei alí. 

 

Corazón

Ámote.
 

Non entendo como poden dicir iso.
Como sabes que sentes, de verdade, iso?
 

Non fai falta entendelo completamente.
Alegras os meus días e fas latexar loucamente
o meu corazón.
 

Corazón?
Eu non posúo algo así.
Posuín varios corazóns que dixeron amar
ao meu.


Comín cadanseus corazóns para que o
seu amor chegara a mín.


Mais non funcionou, non obstante,
estou seguro de que contigo si.


Despértasme unha fame atroz.
O meu corazón, inexistente, quere sentir ao teu.
Quero comerte.
Es de tal fermosura que quero devorarte.


Concederíasme ese favor?
Comereite lenta e exquisitamente.
A túa luz, o teu amor que tanto me expresas,
quero sentilo.


O teu sangue, tan doce e vermello, quenta o meu interior.
A túa carne, tan saborosa e suculenta, éncheme de enerxía.


O meu corazón, inexistente, parece formarse.
O amor, o teu amor, ilumíname.


Así séntese ser verdadeiramente amado e,
sobre todo, amar?


Ámote, de ser así.


Vouche agradecer todo o teu sacrificio
amándote para sempre.


Agora es o meu corazón.

 

Stefany Noemí Vásquez Yerbes (3º ESO)

 

Dous paxaros 

Nós somos dous paxaros que voan xuntos,
dous corpos, dúas almas que se abrazan.
En cada beixo, sentimos o amor que flúe,
e nas nosas mans, atopamos a paz que ansiamos.


O teu sorriso é a luz que me guía,
o teu corazón é o meu fogar.
En ti, eu atopo a miña alegría,
e todo o meu ser se pon a vibrar.


Amarte é a miña doce condena,
o meu corazón prisioneiro do teu amor.
Cautivado pola túa esencia serena,
nos teus brazos atopo o mellor sabor.


O noso amor é como o mar que non para,
nunca deixamos de navegar.
Xuntos, constuímos a nosa eterna morada,
e nada poderá xamais nos separar.


Cada día, agradézolle ao destino
por terme levado ata ti.
Porque eres a miña metade, o meu camiño,
e a razón pola que eu quero vivir.


Nos teus ollos brilla a eternidade,
o teu sorriso encende o meu ser.
Amarte é a miña doce realidade,
unha condena da que non quero fuxir, senón ter.


Nós somos dous paxaros que voan xuntos,
dous corpos, dúas almas que se aman.
E cando teño o teu amor nos meus brazos,
sinto que a vida vale a pena.


Sara Lorenzo Naya (4º ESO)

Álex Bergantiños, Lucas Pérez ou Alberto Quiles, os heroes do Deportivo

 Información de Patricia Otero en Xornal da Coruña


 

Olladas doutro tempo: Cantón Grande

 Información de Fernando Campos Mantiñán en Xornal da Coruña

Cantón Grande 1879 . Valentín Mendía

Entrevista a Ramón Usall: "Desconfío de quen pide non mesturar fútbol e política"

O historiador e escritor catalán Ramon Usall (Lleida, 1977) vén de publicar na editorial galega Menino Morreu Máis do que unhas cores (Menino Morreu), unha obra na que percorre diferentes países da Europa Occidental repasando o papel político, social e de reivindicación que moitos clubs de fútbol -tamén xogadores- teñen e tiveron na historia. O libro segue o ronsel doutros antes publicados polo autor en catalán e castelán (Futbol per la llibertat ou Futbolítica) nos que reflexiona sobre o papel político que este deporte xogou desde as súas orixes. Agora faino en galego e con especial atención a Catalunya, o País Vasco ou Irlanda, pero tamén con capítulos dedicados ao Celta e ao Deportivo. 

Información de Miguel Pardo en Praza Pública

Ramon Usall, historiador e escritor, autor de 'Máis do que unhas cores' CC-BY-SA Praza Pública - Cedida

Entrevista a Carla Subirana: "O océano dá de comer á Costa da Morte, como dicía Lugrís, pero tamén che quita a vida, e esa dualidade está na xente"

 Carla Subirana vén de estrear nas salas de cine Sica, o filme rodado na Costa da Morte en galego e catalá que presentou na Berlinale e co que participou no Festival de Málaga. Sica é unha longametraxe de ficción creada cunha metodoloxía documental e que conta na maioría do seu reparto con actrices e actores novos e non profesionais. Thais García, unha rapaza de 15 anos Cabana de Bergantiños seleccionada nunhas probas por institutos da zona, interpreta a Sica, a protagonista do filme, que busca respostas no mar tras o naufraxio do barco no que navegaba o seu pai. 

Información de Ana G. Liste en Praza Pública

A cineasta Carla Subirana na Berlinale, onde presentou 'Sica' © Javi Quiroga