15/04/23

Galego politizado (1) - GALEGO DE TODO O MUNDO

 

Chegamos ao final do RESIDENT EVIL 4 REMAKE! Parte 6 | Portugués | PS5 | Gameplay en galego

 

As plantas ximnospermas | XeoClip

 

#PatrimonioInMaterial: Adhara & Ritman co seu novo videoclip para 'Muiñeirax' no Dolmen de Dombate

O grupo Adhara and Ritman visita o Dolmen de Dombate en Cabana de Bergantiños. Un espazo milenario que servía como lugar de culto a morte, de homenaxe ós nosos devanceiros. Co seu tema Muiñeirax, mestura de música tradicional e rock, a artista carnotá quere que nos transportemos a un tempo de meigas, de rituais, de supersticións. Un tempo de mulleres fortes que causan terror. A mestura entre tradición e contemporaneidade son a seña de identidade deste grupo que desde o minuto 0 apostou por poñer en valor o noso #patrimonioinmaterial

Descubrimos «Detrás do espello» con Antón Reixa

 

O Encontro Mundial do Humorismo volve á Coruña do 28 de abril ao 7 de maio

 Información Concello da Coruña


 

Que din As R(h)umorosas? Sola, Doviro e Méndez levan á comedia as nosas persoeiras históricas

 Información de Ana G. Liste en Praza Pública


 

A "automemoria" de Francisco Fernández del Riego: do primeiro mitin con Castelao ao acubillo da Biblioteca Penzol

 Información de Ana G. Liste en Praza Pública

Francisco Fernández del Riego © Vilar Cardona

Unha ducia de rutas de sendeirismo nos espazos naturais galegos

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés: Ruta de Padrendo

A tuberculose, unha doenza do pasado?

 

14/04/23

Francisco Fernández del Riego, o que nunca se rendeu - Xermolar da semente (IV) -Letras Galegas 2023

 O capítulo 4 da serie documental sobre Francisco Fernández del Riego profunda no papel fundamental que o protagonista do Día das Letras Galegas desempeñou na construción de redes entre a Galicia interior e a Galicia exiliada durante os anos escuros do franquismo e tamén tendendo pontes entre os vellos galeguistas e as novas xeracións. 

Naqueles tempos Del Riego foi un dos galeguistas que máis relación mantivo cos mozos e mozas que coñecerían a literatura galega a través do labor da Editorial Galaxia, na que don Paco se encargaba de múltiples tarefas, dende a recepción de orixinais ata a corrección. Neste selo volvería publicar en galego, animado por Del Riego, o propio Álvaro Cunqueiro, nel viu a luz ‘Longa noite de pedra’ de Celso Emilio Ferreiro e Galaxia foi tamén a editorial que deu a coñecer novos nomes das nosas letras como Xosé Luís Franco Grande, Xohana Torres ou María Xosé Queizán, esta última unha das persoas que enriquece este capítulo co seu testemuño. 

A cuarta das seis entregas de 'Francisco Fernández del Riego, o que nunca se rendeu' conta tamén coa participación de Malores Villanueva, Xesús Alonso Montero, Camiño Noia, César Cunqueiro, Henrique Monteagudo, Ramón Villares, Dolores Vilavedra, Ramón Nicolás, Francisco Castro, Margarita Ledo e Víctor F. Freixanes.

MJ Pérez ft. CRUA - Ora aperta, amor (Videoclip)

 

Entrevista ao director de cinema Óliver Laxe: «Se alguén sae de aquí pensando que non debe facer a peli, será unha bendición»

 Información de Carlos Crespo en Fugas de La Voz de Galicia


  O director Óliver Laxe, na presentación na Coruña da película «O que arde» MARCOS MÍGUEZ

O novo cinema galego fórxase na illa de San Simón

Óliver Laxe, Paula Cons, Álvaro Gago ou Icíar Bollaín monitorizan o proceso de creación e desenvolvemento dos proxectos de sete novos realizadores no marco da residencia Conecta Lab.

Información de Carlos Crespo en Fugas de La Voz de Galicia


 

Queremos Galego reclamará o "papel normalizador dos concellos" nas mobilizacións deste 17 de maio

 Información en Praza Pública

Presentación das mobilizacións de Queremos Galego para o 17 de maio CC-BY-NC-SA Queremos Galego

Sabes o que é un ‘keylogger’? #DígochoEu

12/04/23

Airiños, 90 anos de teatro do pobo dende Rianxo

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

O grupo de teatro Airiños, nos anos 50 do pasado século © teatroairinhos.gal

Entrevista ao grupo "Leilía": "Chegamos a tempo para ser ponte directa entre as aldeas e o presente"

 Información de Ana G. Liste en Praza Pública


 

A Semana de Poesía Salvaxe despídese despois de 15 anos e critica a falta de apoio do Concello de Ferrol

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

Cadeiras baleiras dos e das poetas participantes unha edición anterior da Semana da Poesía Salvaxe © Semana de Poesía Salvaxe

Poesía en braille

Unha aposta decidida pola inclusión e pola creatividade nunha iniciativa do departamento de lingua galega do IES "As Telleiras" de Narón.

Información de Isidoro Valerio en La Voz de Galicia


 

A Xunta e Casio presentan a nova calculadora científica que inclúe por primeira vez a configuración en lingua galega


 



Predición meteorolóxica para A Coruña do 11 ao 18 de abril

 Na locución a alumna de 4º ESO A Amalia García Blanco.

Tan listas non serán... - A relación co traballo

 

10/04/23

CONCURSO LITERARIO DAS LETRAS GALEGAS DO IES MONELOS 2023

GAÑADORAS DO CONCURSO
 
 O xurado do IES Monelos constituído polas profesoras Luísa Corredoira, Mª Elena García, Berta Otero, Mar Rodríguez e Pilar Tobar concedeu os seguintes premios do Concurso literario das letras galegas do IES Monelos 2023 ás seguintes concursantes:
 
1ª Categoría (1º, 2º e 3º ESO)
 
Poesía:                  Stefany Noemí Vasquez Yerbes (3º ESO A)
Narrativa breve:    Inés Insua Puente (1º ESO B)
 
2ª Categoría (4º ESO e Bacharelato)
 
Poesía:                 Sara Lorenzo Naya (4º ESO A)
  
A entrega de premios realizarase o martes 16 de maio ás 12:10 na Aula "Xurxo Lobato".
Parabéns ás gañadoras!
 
BASES DO CONCURSO
 
Francisco Fernández del Riego (Letras Galegas 2023)   
 
 
PRIMEIRA.- Poderá participar neste certame calquera alumna/o matriculada/o no IES Monelos durante o curso 2022-2023. Para este concurso estableceranse dúas categorías: 
 
-1ª Categoría (1º, 2º e 3º ESO). 
-2ª Categroría (4º ESO e Bacharelato). 
 
SEGUNDA.- Cada participante de cada unha das categorías poderá presentar unha proposta a calquera das dúas modalidades: Poesía e Narración breve
 
- Modalidade de poesía: presentaranse dous poemas como mínimo, de tema e forma libres. 
- Modalidade de narración breve: a extensión máxima será de cinco páxinas por unha soa cara e o tema libre. 
 
TERCEIRA.- Os traballos estarán escritos en lingua galega e deberán ser orixinais, inéditos e non premiados. 
 
CUARTA.- Deberán estar escritos con ordenador, en tamaño A4, espazamento entre liñas simple e tamaño de letra 12; paxinados e sen asinar. 
 
QUINTA.- Os traballos presentaranse por correo electrónico enviándoos á dirección endliesmonelos@gmail.com. 
 
No asunto figurará o PSEUDÓNIMO do autor. No corpo do texto figurarán o PSEUDÓNIMO, TÍTULO DA OBRA e MODALIDADE. Enviaranse dous arquivos adxuntos en PDF. O primeiro deles coa ficha de inscrición do concursante sinalando o seu nome, apelidos, idade e curso; no segundo arquivo irá o traballo que levará o PSEUDÓNIMO e o TÍTULO da obra. 
 
SEXTA.- Haberá un premio por modalidade, aínda que o xurado poderá declarar deserto calquera deles no caso de considerar insuficiente a calidade dos traballos presentados. 
 
O importe dos premios será de: 
 
Modalidade de poesía 1ª categoría: vale de 30 €. 
Modalidade de narración breve 1ª categoría: vale de 30 €. 
Modalidade de poesía 2ª categoría: vale de 30 €. 
Modalidade de narración breve 2ª categoría: vale de 30 €. 
 
SÉTIMA.- O prazo de entrega de traballos comeza o 11 de abril e remata o día 5 de maio de 2022. 
 
OITAVA.- A composición e o fallo do xurado darase a coñecer 12 de maio de 2023. 
 
NOVENA.- A organización do Certame publicará os traballos premiados na revista dixital do EDLG do IES Monelos Camiño do Corgo. Tamén poderán ser publicados algúns traballos non premiados se o xurado o considera oportuno. 
 
DÉCIMA.- O xurado e a organización do certame están facultados para tomar as decisións que consideren oportunas ante a aparición dalgún imprevisto non recollido expresamente nas presentes bases. A participación neste certame implica o coñecemento e a aceptación íntegra destas bases.

O festival Istmo para colocar A Coruña no panorama da arte urbana

 Información Xornal da Coruña

3ª EDICIÓN DO CONCURSO “HAI DEBATE” ORGANIZADO POLO EDLG DO IES MONELOS COA COLABORACIÓN DO DEPARTAMENTO DE FILOSOFÍA E XEOGRAFÍA E HISTORIA

BASES E OBXECTIVOS 
 
1. Poderá participar todo o alumnado 1º bacharelato matriculado no IES Monelos no curso 2022-2023. 
 
2. O obxectivo do concurso é fomentar o uso oral da lingua galega por parte do alumnado deste nivel. Por outro lado preténdese fomentar un ambiente de tolerancia dentro das discrepancias que hai dentro das opinións que mantemos as persoas. 
 
3. O concurso durará 2 semanas. Empezará na semana do 17 de abril de 2022 e rematará na semana do 24 ao 28 de abril. 
 
4. O concurso desenvolverase coa colaboración do departamento de filosofía e desenvolverase nas sesións de aula destes niveis.
 
5. O tema escollido na fase inicial e final quedará establecido polo departamento de filosofía. 
 
6. O concurso estará estruturado da seguinte maneira: • Durante a primeira semana (17 ao 21 de abril) desenvolverase un debate nalgún dos grupos de 1º de bacharelato. • Na semana do 24 ao 28 de abril realizarase a final. 
 
7. As sesións dos debates poderán ser gravadas. 
 
8. Haberá dous premios únicos por cada nivel: 
 
• 1º Premio contará cun vale que se poderá intercambiar na cafetería do centro Alfredo’s Bar. • 2º Premio contará cun vale que se poderá intercambiar na cafetería do centro Alfredo´s Bar. 
 
9. A participación neste concurso suporá a aceptación destas bases.

Sen pelos na lingua: Historias de Neofalantes | Alba Grande

 

09/04/23

O Forum reflexiona sobre mobilidade e medioambiente

 Información en Xornal da Coruña

A Asociación Oza-Gaiteira-Os Castros prepara un mes de abril completo de actividades.

Este mesmo luns 10 de abril, ás 19:30h o Forum acolle a proxección de Memorias Rotas, un documental de Manane Rodríguez, situada na Guerra Civil.

O mércores 12, o Forum acolle unha conversa sobre mobilidade e patrimonio, arredor dos accesos ao novo CHUAC.

E de cara ao mércores 26, no marco do ciclo de conversas de cara a estas eleccións “O noso barrio conta”, falarase da Planta de Hidrocarburos no peirao de Oza.

 

O WOMEX recibe 1.600 propostas

 Información Xornal da Coruña

A maior conferencia da escena musical global, o encontro musical WOMEX, celebrarase na Coruña entre os días 25 e 29 de outubro e congregará máis de 3.000 congresistas de 90 países. De feito, a organización vén de recibir máis de 1.600 propostas de showcases presentadas, a cifra máis elevada desde que organiza a cita, das cales 300 son solicitudes de artistas españois ou residentes en España.
 
O WOMEX 2023 presentouse na edición 2022 de Lisboa

Olladas doutro tempo: Camiño de Garás (1883)

 Información de Fernando Campos Mantiñán en Xornal da Coruña

Garás 1883. Valentín Mendía

#EAN13 // Encontro de Artistas Novos Cidade da Cultura

 

Alvarellos celebra o 50 cabodano de Lugrís rescatando cinco carteis cos que iluminou a Galicia gris da ditadura

 Información en Praza Pública

Portadas de Urbano Lugrís publicadas en Vida Gallega © Alvarellos

O abuso das bebidas enerxéticas entre a mocidade: un problema crecente e con impacto na saúde

 Información de Miguel Pardo en Praza Pública


 

Vigo e A Coruña superan a Santiago e convértense nas cidades con máis pisos turísticos

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

Edificios de vivendas en Vigo, a finais do pasado 2022 CC-BY-NC-SA Praza.gal

RESUMO #PrimeiraFederación | DEPORTIVO 4-2 CF Fuenlabrada | Grupo 1 | Xornada 31

 

Sen pelos na lingua: Historias de Neofalantes | Mariló Candedo

 

08/04/23

Unha ducia de webseries galegas premiadas nos dez anos do Carballo Interplay

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

O Día do Pobo Xitano celebra os avances legais contra a discriminación, pero lembra os obstáculos en emprego e vivenda

 Información en Praza Pública

A bandeira xitana ondea na Casa da Luz do Concello de Pontevedra © FSG

GZMúsica - High Paw e Skarnio

 

Café Derby 21. A MATRIA, con Álvaro Gago, María Vázquez e Susana Sampedro

Entrevista a escritora Irene Montero: "Pode ser que estea superado o desprezo ás persoas con discapacidade, pero non sei se a conmiseración"

 Información en Praza Pública


 

 

Unha ducia de doces dos conventos galegos para pecar de gula en Semana Santa

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

Licor Eucaliptine dos monxes do Mosteiro de Oseira

"A fala" | Conexións - Conexões

 Velaquí unha reflexión colectiva feita por mocidade de diferentes nacionalidades do mundo sobre o galego e a súa proxección e validez internacional, un documental-resumo dunha actividade celebrada en Santiago de Compostela en colaboración coa JUPLP, Juventude dos países de língua portuguesa.

06/04/23

Galiverso somerxido: como se fixo

«Galiverso somerxido» é unha viaxe única para descubrir o patrimonio galego oculto baixo as nosas augas. Montados nun batiscafo e coa axuda das lentes de realidade virtual, exploramos os fondos mariños da costa galega, aprendendo sobre a fauna e flora que habita neles, así como sobre episodios históricos singulares nos que o mar foi protagonista. 

A produción do Galiverso somerxido supuxo importantes retos para a captura das imaxes submarinas: pouca visibilidade, inmersións a gran profundidade (ata 38 metros), limitacións de tempo de traballo (10 minutos por cada inmersión), o deseño dunha cámara 360º con carcasas específicas para a gravación en estéreo e tamén a creación en 3D do batiscafo virtual desde o que se vive a experiencia. 

Superar estes desafíos implicou a participación de expertos de diversos ámbitos: submarinismo, historia da arte, comunicación e divulgación, bioloxía, arte dixital, patrimonio, etc., dando como resultado unha experiencia de realidade virtual como nunca antes se fixo en España. Realizáronse un total de 18 inmersións en 12 xornadas que incluíron probas de iluminación, a fotogrametría de máis de 200 m² do fondo mariño e vídeos en 360º realizados con distintos tipos de cámaras e un ROV submarino. 

Ensino do galego - 'O que está a faltar': Máis língua portuguesa na escola?

 

Modo galego, actívao! - 21 días de compromiso lingüístico nas escolas de Ames

Francisco Fernández del Riego, o que nunca se rendeu - Furando nas tebras (III) -Letras Galegas 2023

 

Francisco Fernández del Riego, o que nunca se rendeu - A pegada política (II) - Letras Galegas 2023

 

Non digas *gafas de natación #DígochoEu

 

Prenderlle lume á vila - MJ Perez

 

Fundación RIA, a iniciativa do Premio Pritzker David Chipperfield para redeseñar o modelo territorial de Galicia

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

David Chipperfield, no Barbanza © Fundación RIA

O diario cultural de Paco del Riego no París dos anos cincuenta, onde puido falar con liberdade tras varias décadas

 Información de Ana G. Liste en Praza Pública

Francisco Fernández del Riego no Seminario do Libro Galego © Editorial Galaxia

A afección do Dépor pide "reacción" ao club

A Federación de Peñas lembra as "leccións" que dan apoiando o equipo e demanda ao club que efectúe cambios. 

Información de A. Escudero en Nós Diario

  Seareiros do Dépor seguindo a xogada de Lucas Pérez esta fin de semana en Salamanca. (Foto: RC Deportivo)
 

Picasso regresa á Coruña: "a cidade na que espertaron os meus sentidos"

 Información en Praza Pública

Algunhas das obras que se poden ver na exposición 'Picasso. Branco no recordo azul' © Museo de Belas Artes da Coruña

A Xunta avalará hipotecas para mercar vivenda a mocidade que cobre ata 46.200 euros ao ano

 Información en Praza Pública

Vivendas en Vigo CC-BY-SA Praza Pública

O 'modelo Muras' na xestión eólica: "É un exemplo de como reconducir unha situación desfavorable"

 Información de Miguel Pardo en Praza Pública

Parque eólico en Muras CC-BY-ND Santi Villamarín

“En mi soledad”: o triste e digno final do físico galego Manuel Martínez Risco

 Información de Xosé A. Fraga Vázquez en Praza Pública

Manuel Martínez Risco en 1951 © Arquivo da familia Martínez-Risco

Lendo a ciencia | Rosa Aneiros

 

30/03/23

Ponte Pasaxe nas Ondas unha proposta de Logo

 Presentamos a proposta do logo de Ponte Pasaxe nas Ondas presentada pola alumna Iria Hidalgo do IES Monelos. Esperando máis propostas para escoller un logo a esta nova iniciativa.

Un proxecto de colaboración educativo e cultural de dous centros que están nas dúas marxes da ría da Pasaxe: o IESP "Neira Vilas" de Perillo-Oleiros e o IES Monelos da Coruña.


Quero aprender a defenderme

 

26/03/23

III Encontro IES "Poeta Díaz Castro" (Guitiriz) e IES Monelos

 Actividade de inmersión lingüística organizada polos EDLG dos respectivos centros educativos.

Participará o alumnado de 1º ESO. Previsto para o 17 ou 18 de abril.

Un documental web da Academia percorre a traxectoria de Fernández del Riego: "o seu grande amor foi Galicia"

 Información Praza Pública


'Francisco Fernández del Riego, o que nunca se rendeu' é unha serie documental de seis episodios sobre o intelectual ao que a Real Academia Galega lle dedica o Día das Letras Galegas 2023, producida pola propia e institución e realizada pola produtora Miramemira co apoio económico da Xunta de Galicia e o Ministerio de Ciencia e Innovación. 

O primeiro capítulo, "As luces primeiras", repasa a infancia de Francisco Fernández del Riego no seo dunha familia acomodada de Lourenzá e mais a adolescencia e os primeiros anos de mocidade, que transcorreron tamén en Monforte de Lemos (onde estudou nos Escolapios) e, máis adiante, Santiago de Compostela, onde se trasladou a familia para darlles estudos universitarios a todos os irmáns. O relato lembra a intensa afección temperá á lectura de don Paco, a súa amizade con Álvaro Cunqueiro, a quen coñeceu sendo aínda un cativo nas festas do Conde Santo de Modoñedo; as súas primeiras publicacións na revista 'Páginas Calasancias' e 'Vallibria', que dirixía 'Trapero Pardo'; continúa co espertar ao galeguismo consciente cando comeza a estudar Dereito en Madrid e avanza o activismo político e cultural xa de volta en Galicia, cando o 25 de xullo de 1931 iza a bandeira galega e le dende o balcón do concello de Lourenzá o que foi seguramente o primeiro manifesto de celebración do Día de Galicia na Mariña lucense. 

A narración avanza ao longo das seis entregas coas lembranzas de persoas que coñeceron e estudaron a figura de don Paco, e tamén coa vivencia de autoras e autores das novas xeracións da conmemoración do Día das Letras Galegas que o propio Del Riego propuxo crear no seo da RAG en 1963, cando se celebrou por primeira vez cadrando co centenario da publicación dos Cantares gallegos de Rosalía de Castro. Son Malores Villanueva, Manuel Román, Ramón Nicolás, María Xosé Queizán, César Cunqueiro, Xesús Alonso Montero, Henrique Monteagudo, Ramón Villares, Fina Casalderrey, Margarita Ledo, Camiño Noia, Rosa Aneiros, Francisco Castro, Xosé Manuel Soutullo, Dolores Vilavedra, Patricia Arias Chachero, Antón Santamarina e Víctor F. Freixanes; e mais Ismael Ramos, Rosalía Fernández Rial, Tamara Andrés, Cándido Paniagua e Ledicia Costas. 

Tamén participan na serie alumnos e alumnas do CEIP Juan Rey, a escola de infantil e primaria de Lourenzá; e mais o músico do Valadouro Nuno Pico, coñecido como Grande Amore, e o escritor Bernardo Penabade, encargados das voces en "off" de don Paco nos anos de mocidade e madureza, respectivamente. A música da serie foi creada por Álvaro Trillo, que recorreu á percusión inspirándose no propio carácter de don Paco.

EmigraSon. A música galega soa en Bruxelas

 Información en Vinte


Ailá, onde colisionan as bandas coas agrupacións de música tradicional

 Información Ana G. Liste en Praza Pública

Cal é o deporte máis raro?

Todos os días milleiros de adolescentes en Galicia procuran información en Internet. A mocidade galega non só busca contido que a entreteña, senón que quere solucionar as súas dúbidas para sentirse autónoma e independente, para sentirse adulta. 

Entre as buscas máis relevantes resaltan as ligadas ás prácticas deportivas. Coa serie de vídeos Adestra a túa lingua queremos achegarlle á mocidade información sobre o deporte, derrubar mitos sexistas e normalizar e fomentar o emprego de termos técnicos deportivos en galego que son pouco populares e coñecidos.

25/03/23

Vituco Neira, de Ruxe Ruxe: «Neste disco falamos de amor, que pode haber máis punk?»

 Información de Carlos Crespo en Fugas de La Voz de Galicia

Ferrol no tempo

Segunda das exposicións do proxecto "Cidades no tempo" que abrangue sete mostras en cada unha das sete principais urbes galegas. Organizada pola Xunta de Galicia, a través da Fundación Cidade da Cultura, e coa colaboración de Afundación, en cuxas sedes de cada cidade se instalan as exposicións.

«We», de Jaume Plensa | Exposición De lugares e cousas

Diversidade e unidade están moi presentes en «We», de Jaume Plensa. Unha escultura formada por letras de oito alfabetos distintos que compoñen unha figura humana única, reflexiva e transparente. Unha sorte de Babel na que a linguaxe representa tanto o que nos diferenza como o que nos une.

Podes admirala na exposición #Delugaresecousas no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura (Santiago de Compostela). Unha mostra que reúne unha selección de 41 pezas, pertencentes á Colección de Arte Banco Sabadell, dos artistas contemporáneos e actuais máis relevantes de Galicia, España e Portugal.

«Detrás do espello» | Exposición

«Detrás do espello» convídanos a atravesar o noso propio reflexo seguindo as pegadas de 50 mentes curiosas e creativas que ao ollar cara a Galicia atoparon inspiración ou fascinación. As súas achegas enriquécennos hoxe como pobo. 

Comisariada por Antón Reixa e Xosé Luís García Canido, a mostra desafíanos a observarnos desde fóra e aceptar que tamén nos construímos a partir da idea que teñen de nós aqueles que nos miran.

O diario de Stefan Zweig en #DetrásdoEspello

 O #MuseoGaiás exhibe a partir da vindeira semana, e por vez primeira en España, o diario manuscrito do escritor austríaco #StefanZweig no que describe a súa visita a Vigo e augura o ascenso do nazismo en Europa. 

Trátase dun documento histórico excepcional, conservado no Arquivo da Literatura da Universidade de Salzburgo, e tamén presente no libro máis destacado de #Zweig e un dos principais da literatura europea contemporánea: ‘El mundo de ayer’. 

Teremos a oportunidade de contemplar esta peza en #DetrásdoEspello, unha exposición que se propón explorar o vencello con Galicia de medio centenar de grandes figuras da cultura universal. O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, e os comisarios da mostra, Antón Reixa e Xosé Luis García Canido, asistiron aos traballos de colocación en sala desta peza única.