09/10/22

Centenario do nacemento do arquitecto Xosé Bar Boo

Xosé Bar Boo (Vigo, 22 de setembro de 1922 - Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 1994) foi un arquitecto activo en Galicia principalmente en Vigo e a súa contorna aínda que na Coruña temos un exemplo moi destacado da súa plástica como é o edificio dos Xulgados. 

 Con Bar Boo recupérase a cultura arquitectónica que se perdera coa Guerra Civil. Os anos 40 e 50 do século pasado foran décadas escuras para España, illada das novas correntes arquitectónicas e urbanísticas que promove o Movemento Moderno. Xunto con Fernández-Albalat introduciron esta tendencia na arquitectura galega.

Trátase, segundo o arquitecto Xosé Manuel Casabella, aínda que pareza paradoxo dun arquitecto recoñecido e marxinado á vez porque foi un home moi esixente coa calidade do traballo e fixo que perdese traballos importantes que foron para outros colegas contemporáneos. Sempre se mantivo fiel aos seus principios éticos, foi rebelde liberando as súas ideas co seu traballo sen someterse á servidume que a profesión impoñía.

Foi un dos impulsores do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia no que máis tarde exerceu de decano en 1976 ano da súa creación. Foi vicepresidente do Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España e profesor titular da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña. 

Estudou na Escola Superior de Arquitectura de Madrid, graduándose en 1957 e doutorándose en 1960. A pesar do relativo illamento xeográfico da súa actividade profesional, circunscrita á contorna da ría de Vigo, a obra de Bar Boo deixou un forte pegada nos arquitectos galegos da vindeira xeración. A súa obra, moi persoal e afastada dos circuítos de produción en masa, supón unha reflexión constante sobre a arquitectura e o seu entorno. Atentos á funcionalidade, ao terreo, á orientación, ás vistas (propias e alleas), ao clima e á racionalidade do proceso construtivo, o seu deseño libre e rico en detalles xera unha espacialidade sempre sorprendente. 

 A súa primeira obra, que actualmente alberga as oficinas do COAG en Vigo, é sen dúbida a máis perfecta do Movemento Moderno en Vigo, mantendo a súa vixencia e frescura durante corenta anos. 

Deseñou construcións como as Torres da illa de Toralla ou o policlínico Cíes, edificios que marcaron a estética da cidade viguesa. Porén, poucos saben que este arquitecto foi o fundador da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega), membro fundador do Museo do Pobo Galego ou membro do Seminario de Estudos Galegos. A súa obra, fundamentalmente racionalista, estivo condicionada pola funcionalidade, pero tamén pola harmonía co medio. 

 Cinco arquitectos, César Portela, Gallego Jorreto, Xosé Manuel Casabella, Elena Ampudia e Jaime Blanco, falaron o pasado 26 de setembro na sede da Real Academia Galega de Belas Artes na Coruña da ética que guiou os seus traballos. O acto xurdiu como homenaxe a Bar Boo no centenario do seu nacemento. Precisamente na súa obra máis polémica, a Torre de Toralla, non puido levar a cabo o seu proxecto e acabou por romper cos promotores ao non estar satisfeito co resultado final. Segundo os seus estudosos, a igrexa parroquial de Nosa Señora das Neves (1962/1971), en Teis, captou alí os trazados xeométricos inspirados en combinacións triangulares proporcionalmente vinculadas. O círculo marcado en 1967, o deseño do policlínico Cíes, hoxe desocupado á espera dunha nova función. No ano 2006 engadiuse á súa planta esférica un anexo que rompe a concepción inicial. En distintos puntos da cidade hai edificios coa súa firma como edificios comunitarios como Plastibar (1957), en Marqués de Valladares; as casas da Praza de Compostela (1963), as de San Xosé Obreiro no barrio de Coia (1969) ou as da rúa García Olloqui (1972). En vivendas unifamiliares destaca a casa de Gerardo Martín, en Doutor Corbal, 65 (Teis). Realizada en formigón, destaca a súa fachada principal, concibida como unha escaleira invertida. Está inscrita no inventario da Xunta como Ben de Interese Patrimonial. A súa traxectoria tamén o levou a crear espazos de traballo como as oficinas de Vitrasa (1974) e o complexo Aurelio Pérez (1982). Aínda que a maioría das súas obras están situadas en Vigo, tamén asinou os mercados de alimentación de Gondomar e Porriño, os xulgados da Coruña ou a coñecida como Casa Ferro, realizada en Ponteareas entre 1962 e 1977. En case toda a súa obra residencial imperan certas influenzas orgánico-funicionais wrightianas como podemos observar no edificio dos xulgados da nosa cidade onde incorpora a un edificio de trazo funcional materiais do país como o granito rosado de Porriño. 

Arriba: Edificio Plastibar (Vigo-1957). Actual sede do COAG na cidade

Edificio na Praza Compostela de Vigo (1963)

Vivenda unifamiliar en San Miguel de Oia (Vigo) (1963)
 
Cooperativas de vivendas para militares en Campolongo-Pontevedra (1965)

 
Praza de Abastos de Gondomar (1966)


Antigo Policlínico Cíes (1967). O corpo cúbico incorporado no 2006 altera a construción cilíndrica do proxecto inicial de Bar
 
Igrexa parroquial da Nosa Señora das Neves en Teis-Vigo (1968)

Polémico edificio da illa Toralla en Vigo (1968). Bar Boo renunciou a dirección de obra ao non aceptar a orientación que seguiron os promotores do proxecto
 
Praza de abastos do Porriño (1970)
 
Edificio de vivendas en Coia-Vigo (1969)



Edificio de vivendas Vicente Suárez en Vigo (1972)
 
 
Edificio de Vitrasa en Vigo (1974)

Casa Ferro en Ponteareas (1977)

Casa Gerardo Martín en Teis-Vigo

Fachada e interior dos Xulgados da Coruña (1991)

Escola Galega de Ilusionismo (EGI) – Billete irrompible

 


06/10/22

Conversa con Helena e Alberto de Galoha #100

 


Fálase | Angrois a xuízo e facerse visible no espazo público

 


Da gabanza dos recortes ás demandas de "cooperación": Galicia acolle un cumio hispano-aleman oito anos despois

 Información de Miguel Pardo en Praza Pública

Foto de familia do cumio hispano-alemán na Coruña © Pool Moncloa/Borja Puig de la Bellacasa


 

Actuacións San Froilán 2022

 A cantante portuguesa Ana Bacalhau actúa o xoves 6 de outubro no San Froilán.

Información en Nós Diario

A cantante Ana Bacalhau actúa nas festas de San Froilán en Lugo
 

Reis e Raiñas de Galiza. Capítulo 21. Afonso V e Elvira Mendes. Un tempo novo para o Reino da Galiza

 Información de Xosé Ramón Hermida Meilán en Nós Diario

  Afonso e Elvira nunha imaxe do 'Corpus pelagianum'. (Foto: Biblioteca Nacional de España)

O país de Fuxan os Ventos e Grande Amore celebra as súas músicas nos primeiros premios Martín Códax pospandémicos

 Información en Praza Pública

 Foto de familia das bandas e artistas que recibiron premio na IX edición dos Martín Códax, este 5 de outubro de 2022 no Pazo da Cultura de Pontevedra © Músicas ao Vivo

Escola Galega de Ilusionismo (EGI) – O señor plástico

 


03/10/22

Lula (48%) e Bolsonaro (43%) disputaranse a Presidencia do Brasil o vindeiro 30 de outubro

 Información en Nós Diario

  Lula da Silva e Jair Bolsonaro. (Fotos: Europa Press)


A Galiza conta cun mínimo de 4.108 castros nos seus 313 concellos

 70% das parroquias galegas dispoñen cando menos dun asentamento castrexo. 

Información de Cilia Torna en Nós Diario


 

Entrevista ao historiador Anselmo López Carreira: "A forma en que se construíu o paradigma da historia de España foi un camiño no que Galicia ficaba á marxe"

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública


 

#Tintubro. Comeza o mes de debuxar cada día na rede

 Dúas ilustradoras lanzan por segundo ano a versión galega do ‘Inktober’, o reto para compartir diariamente un debuxo en Instagram a partir dunha lista de conceptos durante o mes de outubro. 

Información en Vinte


 

Richard Rop e Mónica Cheruto gañan o maratón coruñés con marca da proba

 Información de Pablo Gómez Cundíns en La Voz de Galicia


 

Escola Galega de Ilusionismo (EGI) – O diñeiro sempre volve

 


01/10/22

Radio Monelos: nova temporada, novos contidos, nova programación (curso 2022-2023)

 


Dietista Lobeirista - Motivación

 


Patinho en twitch - Além de português: Galaico con Jorge Mendes

 


Tren Porto-Vigo nunha hora en 2030: o novo plan de Portugal aínda "dependente de articulação com Espanha"

 Información de David Reinero en Praza Pública

António Costa, na presentación dos novos proxectos de alta velocidade do Goberno portugués, este 28 de setembro de 2022. Sobreimpresionado, esquema da liña do Porto a Vigo © Goberno de Portugal | Montaxe: Praza.gal


 

As vivendas dispoñibles para alugar en Galicia limítanse a catro mil inmobles con prezos que non deixan de medrar

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

O circuíto de comercialización de vivendas para o seu alugueiro limítase a 3.900 inmobles CC-BY pxfuel

Entrevista a Sica Romero sobre a súa 1ª novela: "Avelaíñas eléctricas"

 "Non temos educación emocional. Non temos ferramentas para solucionar moitos conflitos"

Información en Praza Pública


 

Unha ducia de momentos dos 50 anos de historia de "Fuxan os Ventos"

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

Fotografía do grupo nas San Lucas en Modoñedo 1972
 

Maratón Coruña 42

 Información Concello da Coruña


 

Unha vintena de proxectos participan no Encontro de EmprendementoI , na Coruña

 Información de Nuria Guillermo en La Voz de Galicia


 

Olaya, concursante de Lugo, reivindica a importancia dos #Neofalantes para manter a lingua galega

 "Te ha tocado" é un concurso emitido na 1 de TVE no que 30 participantes enfróntanse en duelos de preguntas por parellas para poder xogar no billar xaponés, unha rampla con 14 foxos nos que se atopan unha chea de agasallos e moito diñeiro.

Unha das concursantes chámase Olaya e fala sobre o uso do noso idioma. Escoitámola.

 


Julia Minguillón sae do silencio

 Información de Tamara Montero en La Voz de Galicia


 

A literatura galega nas súas voces - María Solar

29/09/22

Convocatoria da reunión de constitución do EDLG do IES Monelos (curso 2022-2023)


 

Reis e Raiñas de Galiza. Capítulo 18. Ordoño IV. Un rei imposto polo partido galego

 Información de Xosé Ramón Ermida Meilán en Nós Diario

San Rosendo, educador de Ordoño IV, nunha estatua no mosteiro de Celanova. (Foto: Nós Diario)

O Foro A Toxa volta, de novo co nome deturpado e á busca da participación dun ministro ucraíno

 Información en Nós Diario


 


Reis e Raiñas de Galiza. Capítulo 17. Ordoño III e Sancho II. Uns reis enfrontados por Galiza

 Información de Xosé Ramón Hermida Meilán en Nós Diario

   Ordoño III, nunha miniatura no 'Compendio da crónica de reis'. (Foto: Biblioteca Nacional de España)

A cen anos da morte de Ramón Varela de Iglesia, un salientable médico innovador e marxinado

 Artigo de Xosé A. Fraga Vázquez en Praza Pública

Facultade de Medicina da USC © USC


 

Fálase | Os papeis de Meirás e a incerteza da Citroën

 


Das cidades a escala humana a un rural do século XXI: a reflexión europea sobre o urbanismo sostible xúntase en Pontevedra

 Información de Ana G. Liste en Praza Pública

RESUMO #PrimeiraFederación | DEPORTIVO 3-2 CF Talavera de la Reina | Grupo 1 | Xornada 1

 


A literatura galega nas súas voces - Teresa Moure