25/10/22

'As malas mulleres' de Marilar Aleixandre gañan un Premio Nacional de Narrativa ata agora inzado de homes

 Información en Praza Pública

Marilar Aleixandre, nunha imaxe de arquivo CC-BY-SA Distrito Xermar


 

Radio Monelos: lectura do conto de Rafael Dieste "Sobre a morte de Bieito"

Conto publicado no libro "Dos arquivos do Trasno". Lectura realizada polos alumnos de 4º ESO A Enrique Alonso e Lucas Eiroa por iniciativa do EDLG e o Club de Lectura do IES Monelos.


Radio Monelos: programa sobre o Magosto

 Programa sobre o Magosto realizado polas alumnas de 1º ESO B: Claudia Aparicio, Lara Beade e Sara Díaz,

 

 

Reis e Raiñas de Galiza. Capítulo 31. Dos Borgoña á monarquía de Trastámara. Os tempos de Pedro I e Henrique II

 Información de Héitor Picallo Fontes en Nós Diario

  Miniatura representativa da morte de Pedro I a mans de Henrique II. / Bibliothèque nationale de France 
 

Macron pídelle a Estados Unidos "sentar á mesa" con Rusia para "favorecer o proceso de paz" en Ucraína

 Información en Nós Diario


 

A literatura galega nas súas voces - Xavier Alcalá

 


24/10/22

BASES DO CONCURSO LITERARIO DE RELATOS DE TERROR DO IES MONELOS 2022

 


Organizado pola Biblioteca escolar en colaboración do EDLG do Centro. 
 
PRIMEIRA.- Poderá participar neste certame calquera alumna/o matriculada/o no IES Monelos durante o curso 2022-2023. Para este concurso estableceranse dúas categorías: -1ª Categoría (1º, 2º e 3º ESO). -2ª Categroría (4º ESO e Bacharelato). 
 
SEGUNDA.- Cada participante de poderá presentar unha proposta de relato curto. A extensión máxima será de cinco páxinas por unha soa cara e de temática de terror.
 
TERCEIRA.- Os traballos estarán escritos en lingua galega e deberán ser orixinais, inéditos e non premiados. 
 
CUARTA.- Deberán estar escritos con ordenador, en tamaño A4, espazamento entre liñas simple e tamaño de letra 12; paxinados e sen asinar. 
 
QUINTA.- Os traballos presentaranse por correo electrónico enviándoos á dirección endliesmonelos@gmail.com. No asunto figurará o PSEUDÓNIMO do autor. No corpo do texto figurarán o PSEUDÓNIMO, TÍTULO DA OBRA e CATEGORÍA. Enviaranse dous arquivos adxuntos en PDF. O primeiro deles coa ficha de inscrición do concursante sinalando o seu nome, apelidos, idade e curso; no segundo arquivo irá o traballo que levará o PSEUDÓNIMO e o TÍTULO da obra. 
 
SEXTA.- Haberá un premio por categoría, aínda que o xurado poderá declarar deserto calquera delas no caso de considerar insuficiente a calidade dos traballos presentados. O importe dos premios será de: Modalidade de relato de terror 1ª categoría: vale de 30 €. Modalidade de relato de terror 2ª categoría: vale de 30 €. 
 
SÉTIMA.- O prazo de entrega de traballos comeza o 24 de outubro e remata o día 18 de novembro de 2022. 
 
OITAVA.- A composición e o fallo do xurado darase a coñecer o 23 de novembro de 2022. 
 
NOVENA.- A organización do Certame publicará os traballos premiados na páxina web da Biblioteca escolar, na revista dixital do EDLG do IES Monelos Camiño do Corgo e elaborarase un podcast para ser emitido por Radio Monelos. Tamén poderán ser publicados algúns traballos non premiados se o xurado o considera oportuno. 
 
DÉCIMA.- O xurado e a organización do certame están facultados para tomar as decisións que consideren oportunas ante a aparición dalgún imprevisto non recollido expresamente nas presentes bases. A participación neste certame implica o coñecemento e a aceptación íntegra destas bases.

Escola Galega de Ilusionismo (EGI) – Sobre transformador

 


22/10/22

Xavier Villaverde presenta a súa visión de María Casares na Seminci

 Información de Miguel Anxo Fernández en La Voz de Galicia


 

Morre un traballador nun accidente laboral na refinería da Coruña

 

Segundo morto nestas instalacións no 2022

Información en La Voz de Galicia


 

Entrevista ao músico: James Rhodes: "Cando era pequeno e o mundo estaba bastante complicado Chopin sempre foi o meu refuxio"

 James Rhodes é un declarado admirador de Galicia. Un entusiasmo que se percibe desde o comezo desta conversa con motivo da súa actuación no ciclo Noites do Porto da Coruña este domingo, na que tocará por primeira vez un repertorio íntegro de Chopin.

Información de Ana G. Liste en Praza Pública

O pianista James Rhodes © Cedida / Noites do Porto


 

Feira da cervexa artesá A Coruña (Do 28 de outubro ao 1 de novembro)


 

Orzamentos da Xunta para o 2023

 Información de David Lombao en Praza Pública

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, antes do Consello que aprobou o proxecto de Orzamentos Xerais para 2023 CC-BY-SA Foto: David Cabezón / Xunta | Montaxe: Praza.gal
 
A ver se adiviñades cal é o rectángulo dos orzamentos da política lingüística? Observade a parte inferior da dereita


1981, Ano zero da língua galega - A sociedade civil em pé polo galego - Decada de 2010 (Capítulo 4)

 

A literatura galega nas súas voces - Francisco Xosé Fernández Naval

 


21/10/22

Conversa con Quico Cadaval

 

SÉS | Cantan as balas

 

MARÍA CASARES NA CORUÑA

  Vídeo elaborado pola Biblioteca de Estudos Locais e presentado pola súa directora, Milagros García Pérez, no que se recollen testemuños bibliográficos, documentais e gráficos da presenza de María Casares na cidade da Coruña. De entre todos eles, escolléronse aqueles que se poden consultar nas institucións públicas da cidade: a Biblioteca de Estudos Locais, o Arquivo Municipal, o Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses, o CGAI, a Biblioteca Pública Miguel González Garcés, o Palacio Municipal de María Pita, a Casa Museo Casares Quiroga, a Fundación Luis Seoane, o Arquivo do Reino de Galicia e a Real Academia Galega.

O ascenso das Tartarugas Ninja: a película | Tráiler en galego | Netflix

 

Xabier Cid relata a súa experiencia laboral como rider en Escocia

 "Era moito máis precario 'Memorias dun neno labrego' que isto"

Información de Ana G. Liste en Praza Pública


 

"A figura de Xi Jinping sairá fortalecida. Haberá máis Xi e máis xiísmo en China tras o XX Congreso"

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

Apertura do XX Congreso Nacional do Partido Comunista Chinés © xinhuanet


 

O novo pop galego. Renovación desde as marxes

 Información de Daniel Portela Otero en Vinte


 

Nova vida para Vieiros: un proxecto de pastoreo busca atraer poboación a unha aldea do Courel deshabitada durante anos

 Información en Praza Pública

A aldea de Vieiros © Roi Estévez Pérez


 

Arte e emoción como catalizadoras do galego: "terapeutas emocionais" nos Encontros para a Normalización Lingüística

 Información de Ana G. Liste en Praza Pública

Mural en Muxía que representa a 'Claudina e a raspa dourada', de Yoseba Muruzábal © Yoseba MP


 

A escena artística máis íntima, de mulleres e sobre mulleres, centra a recta final do FIOT de Carballo

 Información de Ana G. Liste en Praza Pública

Lorena López e Lara Serrano, protagonistas da obra 'Freak', dirixida por Paula Amor © Luz Soria


 

Fálase | Pagos na escola concertada e recortes no escenario

Reis e Raiñas de Galiza. Capítulo 30. Xoán I. O restaurador da independencia da Galiza

 Información de Héitor Picallo Fontes en Nós Diario

  Detalle das 'Cantigas de Santa María'. / Biblioteca do Mosteiro de El Escorial

Os muros achados en Brandomil sorprenden o equipo arqueolóxico: "É algo pouco habitual de encontrar na Galiza"

 Información de Mar Álvarez en Nós Diario

  O equipo de arqueólogos traballando en Zas no xacemento de Brandomil. (Foto: Lino Gorgoso)


 

A Pedreira presenta... Segmento Cantábrico - "Ser un máis"

 Estes dous videoclips de presentación do primeiro traballo en solitario de Ugia Pedreira, A Pedreira, completan un proxecto que incluía tamén CD, exemplares do poemario "A fuxida" e un concerto. 

O primeiro dos videoclips, baseado no tema "Ser un máis", está elaborado con debuxos de Roque Treinta e animación de Xavier Belho. O segundo, "Mares sucados", presenta danzas de diferentes estilos. Para este proxecto, 

A Pedreira contou tamén coa colaboración de Pierre-Yves Rougier, Marina Oural (dirección escénica), Alberto Casas (iluminación) e Xurxo Pinheiro (son).

20/10/22

II Concurso IES Monelos de Cociña de Outono

Organizado polo EDLG 

Bases do concurso 

1. Poderán participar todos os membros da comunidade escolar do centro. 

2. Presentaranse os pratos a primeira hora do mércores 26 de outubro no corredor de entrada do centro. 

3. Xunto ao prato deberá adxuntarse a receita que terá que estar escrita en galego. 

4. Haberá un primeiro e un segundo premio para o alumnado participante. 

5. O primeiro premio terá un valor de 30 €. 

6. O segundo premio terá un valor de 20 €. 

7. O xurado estará formado por tres profeso@s e dous alumn@s que elixirán os pratos que consideren que son mellores. 

8. Durante o segundo recreo haberá unha cata por parte dos membros do centro. 

9. A participación neste concurso supón a aceptación destas bases. 

 


Reis e Raiñas de Galiza. Capítulo 29. Fernando III e Afonso IX. Os primeiros reis casteláns na Galiza

 Información de Héitor Picallo Fontes

  Tareixa de Portugal, raíña consorte da Galiza e nai das infantas Sancha e Dulce, nunha imaxe da Genealogia dos Reis de Portugal. / British Library 
 

Escola Galega de Ilusionismo (EGI) – Cable indestructible

 

16/10/22

RESUMO #Primeira Federación | DEPORTIVO 2-1 Linares Deportivo | Grupo 1 | Xornada 8

 

Vía Rosalía - Rosalía como inspiración con Najla Shami e María Reimóndez

 


LAURA LAMONTAGNE & PICOAMPERIO (concerto completo/full performance) | [ENCAJA2]

 


Desenterrar do esquecemento a Rocha Forte

 


"Na xente nova está o futuro da lingua": Youtubeiras crea novos premios para seguir tecendo rede entre as creadoras da internet galega

 Información de Ana G. Liste en Praza Pública


 

As denuncias por violencia de xénero superan o seu máximo histórico en Galicia no primeiro semestre

 Información en Praza Pública


 

'A Galicia deseñada': unha viaxe polos símbolos, marcas e a identidade visual do país ao longo da historia

 Información en Praza Pública


 

A literatura galega nas súas voces - Xosé María Álvarez Cáccamo

 


15/10/22

Entrevista a Ángeles Huerta directora da película "n'O corpo aberto"

 "Ancorarse ao concreto é a maneira de facer universal calquera proposta artística"

Información en Praza Pública

Tamar Novás n'O corpo aberto © Marcos Pereiro


 

Unha ducia de salas de cine desaparecidas en Galicia

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

Cinema Cuatro Caminos (A Coruña)

Na Coruña funcionaron historicamente un gran número de salas de cine (Cuatro Caminos, Savoy, Avenida, Valle Inclán, Equitativa, Goya, Finisterre, Hércules, Alfonso Molina, Ciudad, Riazor, Rex, Monelos, Chaplin...), todas elas desaparecidas, dando paso a unha paisaxe moi distinta na que os cines só se poden atopar en centros comerciais case sempre afastados do centro. O Cuatro Caminos, un dos máis antigos, deixou de funcionar en 1948.

Brais Morán & NASAUFUNK - Nasaufunk Mameluca

 


Deseñando o vehículo do futuro

 


12/10/22

O Álbum de Galicia incorpora a Alexandre Raimúndez: "O noso home na BBC"

 Información en Praza Pública

Alexandre Raimúndez, en 1948 CC-BY-SA Imaxe facilitada por Vázquez-Monxardín


 

Galicia encadea sete meses de alertas pola seca, cos encoros preto do seu nivel máis baixo en décadas

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

Evolución do nivel dos encoros nos últimos meses e comparación cos anos anteriores ©


 

Reis e Raiñas da Galiza. Capítulo 24. García I e Afonso VI. Un reino entre dous irmáns

 Información de Xosé Ramón Hermida Meilán en Nós Diario

  Afonso VI, nunha miniatura do Tombo A da catedral de Compostela. (Foto: Catedral de Compostela)

O xornalista Bruno Carvalho deixa o Donbass medio ano despois: aquí podes reler o seu traballo

 'Nós Diario' recompila as crónicas do xornalista luso nestes sete meses nos que residiu en Donetsk para informar dos avances da guerra desde o terreo. 

Información en Nós Diario

  Bruno Carvalho, em um prédio derribado no Dombass. (Foto: Nós Diario)


 

COLONIALISMO LINGÜISTICO: O FRANCÉS DO QUÉBEC 🇲🇶

 


09/10/22

Centenario do nacemento do arquitecto Xosé Bar Boo

Xosé Bar Boo (Vigo, 22 de setembro de 1922 - Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 1994) foi un arquitecto activo en Galicia principalmente en Vigo e a súa contorna aínda que na Coruña temos un exemplo moi destacado da súa plástica como é o edificio dos Xulgados. 

 Con Bar Boo recupérase a cultura arquitectónica que se perdera coa Guerra Civil. Os anos 40 e 50 do século pasado foran décadas escuras para España, illada das novas correntes arquitectónicas e urbanísticas que promove o Movemento Moderno. Xunto con Fernández-Albalat introduciron esta tendencia na arquitectura galega.

Trátase, segundo o arquitecto Xosé Manuel Casabella, aínda que pareza paradoxo dun arquitecto recoñecido e marxinado á vez porque foi un home moi esixente coa calidade do traballo e fixo que perdese traballos importantes que foron para outros colegas contemporáneos. Sempre se mantivo fiel aos seus principios éticos, foi rebelde liberando as súas ideas co seu traballo sen someterse á servidume que a profesión impoñía.

Foi un dos impulsores do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia no que máis tarde exerceu de decano en 1976 ano da súa creación. Foi vicepresidente do Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España e profesor titular da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña. 

Estudou na Escola Superior de Arquitectura de Madrid, graduándose en 1957 e doutorándose en 1960. A pesar do relativo illamento xeográfico da súa actividade profesional, circunscrita á contorna da ría de Vigo, a obra de Bar Boo deixou un forte pegada nos arquitectos galegos da vindeira xeración. A súa obra, moi persoal e afastada dos circuítos de produción en masa, supón unha reflexión constante sobre a arquitectura e o seu entorno. Atentos á funcionalidade, ao terreo, á orientación, ás vistas (propias e alleas), ao clima e á racionalidade do proceso construtivo, o seu deseño libre e rico en detalles xera unha espacialidade sempre sorprendente. 

 A súa primeira obra, que actualmente alberga as oficinas do COAG en Vigo, é sen dúbida a máis perfecta do Movemento Moderno en Vigo, mantendo a súa vixencia e frescura durante corenta anos. 

Deseñou construcións como as Torres da illa de Toralla ou o policlínico Cíes, edificios que marcaron a estética da cidade viguesa. Porén, poucos saben que este arquitecto foi o fundador da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega), membro fundador do Museo do Pobo Galego ou membro do Seminario de Estudos Galegos. A súa obra, fundamentalmente racionalista, estivo condicionada pola funcionalidade, pero tamén pola harmonía co medio. 

 Cinco arquitectos, César Portela, Gallego Jorreto, Xosé Manuel Casabella, Elena Ampudia e Jaime Blanco, falaron o pasado 26 de setembro na sede da Real Academia Galega de Belas Artes na Coruña da ética que guiou os seus traballos. O acto xurdiu como homenaxe a Bar Boo no centenario do seu nacemento. Precisamente na súa obra máis polémica, a Torre de Toralla, non puido levar a cabo o seu proxecto e acabou por romper cos promotores ao non estar satisfeito co resultado final. Segundo os seus estudosos, a igrexa parroquial de Nosa Señora das Neves (1962/1971), en Teis, captou alí os trazados xeométricos inspirados en combinacións triangulares proporcionalmente vinculadas. O círculo marcado en 1967, o deseño do policlínico Cíes, hoxe desocupado á espera dunha nova función. No ano 2006 engadiuse á súa planta esférica un anexo que rompe a concepción inicial. En distintos puntos da cidade hai edificios coa súa firma como edificios comunitarios como Plastibar (1957), en Marqués de Valladares; as casas da Praza de Compostela (1963), as de San Xosé Obreiro no barrio de Coia (1969) ou as da rúa García Olloqui (1972). En vivendas unifamiliares destaca a casa de Gerardo Martín, en Doutor Corbal, 65 (Teis). Realizada en formigón, destaca a súa fachada principal, concibida como unha escaleira invertida. Está inscrita no inventario da Xunta como Ben de Interese Patrimonial. A súa traxectoria tamén o levou a crear espazos de traballo como as oficinas de Vitrasa (1974) e o complexo Aurelio Pérez (1982). Aínda que a maioría das súas obras están situadas en Vigo, tamén asinou os mercados de alimentación de Gondomar e Porriño, os xulgados da Coruña ou a coñecida como Casa Ferro, realizada en Ponteareas entre 1962 e 1977. En case toda a súa obra residencial imperan certas influenzas orgánico-funicionais wrightianas como podemos observar no edificio dos xulgados da nosa cidade onde incorpora a un edificio de trazo funcional materiais do país como o granito rosado de Porriño. 

Arriba: Edificio Plastibar (Vigo-1957). Actual sede do COAG na cidade

Edificio na Praza Compostela de Vigo (1963)

Vivenda unifamiliar en San Miguel de Oia (Vigo) (1963)
 
Cooperativas de vivendas para militares en Campolongo-Pontevedra (1965)

 
Praza de Abastos de Gondomar (1966)


Antigo Policlínico Cíes (1967). O corpo cúbico incorporado no 2006 altera a construción cilíndrica do proxecto inicial de Bar
 
Igrexa parroquial da Nosa Señora das Neves en Teis-Vigo (1968)

Polémico edificio da illa Toralla en Vigo (1968). Bar Boo renunciou a dirección de obra ao non aceptar a orientación que seguiron os promotores do proxecto
 
Praza de abastos do Porriño (1970)
 
Edificio de vivendas en Coia-Vigo (1969)



Edificio de vivendas Vicente Suárez en Vigo (1972)
 
 
Edificio de Vitrasa en Vigo (1974)

Casa Ferro en Ponteareas (1977)

Casa Gerardo Martín en Teis-Vigo

Fachada e interior dos Xulgados da Coruña (1991)