Información B. Casal en La Voz de Galicia
Vídeo elaborado para o 8 de marzo polo IES de Arzúa no curso 2015-16 dentro do proxecto de igualdade Visibiliza. Donas de sí. Vídeo que pretende concienciarnos para sermos cidadáns e cidadás mais libres, crític@s e menos sometid@s as relacións de xénero estereotipadas e transmitidas desde a herdanza cultural por medio da historia que invisibilizou as tarefas das mulleres ou dificultou o seu desenvolvimento persoal pleno. Traballo froito da labor creativa de alumnas e exalumnas de diferentes xeracións. Queremos acrecentar na lista de colaboracións a alumna Laura Tedín que ficou esquecida nos títulos de crédito.
Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública
Inicio das obras, o pasado 24 de febreiro © Fundación Moreiras-San Pedro de Rocas
Un informe do Consello da Cultura reflicte a demanda de máis produtos
Información en La Voz de Galicia
'Porta para o exterior' é um documentário que tem como objectivo divulgar o reintegracionismo. Trata-se de uma viagem polas experiências de mais de 70 pessoas entrevistadas, que nos mostram como e porque vivem a sua língua diariamente como uma língua que se fala não só na Galiza, mas também noutros lugares do mundo —Brasil, Portugal, Angola, Moçambique, Cabo Verde e Timor Leste— e os desafios que leva consigo.
Direção e roteiro: Sabela Fernández e José Ramom Pichel. Voz em off: Sara Mejuto. Edição e montagem: Axóuxere. Produção: Axóuxere, Agal.
Darlles voz ás cigarreiras. Iso mesmo debeu pensar Emilia Pardo Bazán. Darlles voz directa, non falar sobre elas ou por elas, senón que sexan elas as que falen por si mesmas. Nesta ocasión non puidemos ir á Fábrica de Tabacos —agora convertida en Audiencia Provincial— pero buscamos lugar no que encontrarnos para falar con elas. Así, ao longo de horas de conversa con Pilar, Cani, Lolecha, Mariceli, Rosi, Elena, Camocha, Matucha, Elvira e Rosalía puidemos comprobar como —pasados xa case 20 anos do peche da Palloza— seguen emocionándose cando rememoran o seu paso polos diferentes talleres, as relacións cos xefes, as festas na fábrica, as dificultades para compaxinar traballo e familia... e, sobre todo, a dor e a tristura dos últimos días como cigarreiras.
Unha obra das historiadoras Ana Romero e Xulia Santiso.
Hai dúas galegas en Utah abríndose camiño no cinema internacional. Sonia e Miriam Albert-Sobrino levan once anos medrando a partir do ensaio/erro, dun traballo constante que as está a levar a festivais de todo o mundo coas súas obras. E tamén aos Premios Mestre Mateo, nos que a súa peza Aura é candidata á Mellor curtametraxe.
Información de Ana G. Liste en Vinte
Persoas refuxiadas procedentes da Ucraína cruzan a fronteira con Polonia a finais de febreiro © ACNUR/Chris Melzer
Información de Miguel Pardo en Praza Pública
As xogadoras do Burela celebran o título da Supercopa © RFEF
Información de Miguel Pardo en Praza Pública
Unha traballadora dunha conserveira galega, durante a COVID CC-BY-SA Xunta
Información de David Lombao en Praza Pública
Fragmentos das mencións de Ence aos seus plans en caso de a anulación da prórroga vire firme, sobre unha imaxe de arquivo da súa factoría en Lourizán CC-BY-NC-SA Foto: encefora.gal | Montaxe: Praza.gal
Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública
O lixo na cidade da Coruña leva días sen ser recollido CC-BY-SA Praza.gal
Afondamos no auxe incontrolado das apostas presenciais e online en Galicia. Falamos con mulleres de Redondela que ademais de participar nas ANPAS dos colexios das súas fillas e fillos, son activistas contra a casa de apostas que pretenden abrir na súa vila. Mobilizámonos co movemento asamblear Aposta Polo Teu Barrio de Compostela, que nos advirte dos perigos do mal chamado ‘xogo’ na xuventude e apostan por un ocio “popular e digno”. Tamén fomos ao Parlamento para facer preguntas aos grupos políticos e responsables da administración, falamos con expertos e estivemos no acto da patronal galega do ‘xogo’ presencial.
Acheguémonos a Olga Novo, Premio Nacional de Poesía 2020.
Realizado coa colaboración da Deputación da Coruña.
Nova entrega da serie de directos en colaboración con Xerais nos que falamos sobre os libros da colección Básicos Ciencia. Neste directo conversamos con Xurxo Mariño, neurocientífico e divulgador, sobre o seu libro "Terra". Tamén falamos sobre o espectáculo "Carbón" que Xurxo e Oswaldo Digón estrean en marzo na Galiza.
Militares rusos viaxan nun vehículo blindado. (Foto: Anton Vergun / Sputnik).
2º premio da categoría Centros de ensino
Coreografía gañadora do 2º premio do I Coreografíate organizado pola AS-PG en colaboración coa Deputación da Coruña.
Algures nas montanhas ainda há famílias que sabem que falecer forma parte da vida, e dulcificam o pior de todos os contratempos com histórias sem cabimento na sociedade em que a morte é levada para longe dos nossos olhos, recluída em hospitais e tanatórios. Trata-se de histórias inquietantes em que o mais implacável inimigo humano se mostra em figuras compreensíveis para a mente das pessoas.
Um filme de Vanesa Vilaverde, João Aveledo e Eduardo Maragoto.
Anxo Outumuro en 'Ragazzo', a montaxe con texto de Lali Álvarez da compañía Barrosanta © Lorena Domínguez
Desta volta a celebración desta data foi no Salón Nobre de Fonseca da USC. No histórico auditorio as 72 empresas aglutinadas en BIOGA (Cluster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida),asinaron un documento de galeguización empresarial coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e Foro E.Peinador. Foron testemuñas de tal acordo o Sr. Reitor da USC, que presidíu o acto, o Secretario Xeral da Universidade da Coruña e a Vicerreitora de Comunicacións e Relacións Institucionais. Máis de corenta empresarios e representantes de institucións públicas encheron o histórico auditorio universitario.
Segundo o acordo asinado, as empresas de Bioga comprométense a iniciar un proceso de galeguización que inclúe a sinalética das instacións das industrias adheridas, convenio colectivo, nóminas do persoal, relacións coas institucións públicas,etc.
O Sr. Reitor da USC salientou a importancia do acto ao incardinárense as empresas relacionadas coa ciencia na galeguidade. Carme Pampín, presidenta de Bioga, fixo fincapé na importancia que ten que a ciencia fale no idioma do país onde están asentada, comprometéndose a desenvolver distintas accións para que o convenio asinado se vaia plasmando nas empresas do Cluster. Valentín García Gómez, Secretario Xeral de Política Lingüística puxo o seu departamento e medios ao servizo dese proceso galeguizador. Xosé González, presidente do Foro E. Peinador, tivo palabras de agradecemento para Bioga, e nomeadamente para a súa presidenta, por seren receptiva á proposta que se lles fixo de sumárense á amplo grupo de empresas que hoxe asumiron a galeguización nas relacións laborais e etiquetaxe dos seus produtos. Carlos Aymerich,secretario xeral da UdC manifestou o apoio da súa Universidade a este proceso galeguizador. Mónica Valderrama, vicerreitor da Universidade de Vigo, congratulouse da celebración do acto e as promesas dun futuro galeguizador.
Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública
Mapa de Ucraína, Donetsk e Lugansk e a súa contorna en Europa CC-BY-SA Praza.gal
Mapa dos territorios da Ucraína lindeiros con Rusia e imaxe de Putin anunciando os ataques CC-BY-SA Praza.gal
Rebordelos, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística,a Casa de Rosalía e a Deputación da Coruña, convoca o concurso #Estiquecantas para promover a creación de vídeos breves nas redes sociais inspirados na obra en galego de Rosalía de Castro.
Información en Portal da Lingua
Prazo de presentación do 23 de febreiro ao 15 de marzo
Falamos con Alvy e Wicho de Microsiervos sobre o "futuro" e videoxogos aproveitando o lanzamento do seu libro "Se suponía que esto era el futuro".
Recuperamos e analizamos coa xente de Microsiervos videoxogos ambientados no futuro como Alien Soldier, Super Baseball 2020, Bioshock, Detroit Become Human ou Cyberpunk 2077.
Programa de radio elaborado polas alumnas de 4º ESO B: Victoria Estrada e África Trillo (na locución) e Celtia Suárez (no control do son).
Unha marabillosa entrevista con Pilar Pallarés, Premio Nacional de Poesía 2019.
Realizado coa colaboración da Deputación da Coruña.
2º premio da categoría Xeral Coreografía gañadora do I Coreografíate organizado pola AS-PG en colaboración coa Deputación da Coruña.
Con motivo da celebración do Día de Rosalía de Castro, o 23 de febreiro, a Casa das Ciencias dedicará uns minutos en todas as súas sesións de Planetario a ensinar a situar no ceo a estrela que leva o nome da escritora galega.
Información en Concello da Coruña