11/06/21

Entrevista a Darío Burgos "Willow"-GHZ


 Darío Burgos máis coñecido como Willow é un cantante galego procedente de As Neves. Forma parte do grupo GHZ xunto a Ganjack. Está presente nas plataformas dixitais como YouTube.

Unha pequena entrevista que lle realizamos a Willow:

-Como comezaches na música?

 Empecei de cativo coa percusión na escola de música, estiven na Banda de Música Popular de Rubiós, logo continuei os estudos en Ponteareas no conservatorio e na Rock School. Tiven tamén un grupo de punk-rock chamado Liorta. Co rap empecei moi de neno tamén a escribilo e cantalo con Jackie (Ganjack) e logo no instituto xa máis maiores empezamos a xestionar a idea de GHZ que acabou ocurrindo uns anos despois).

-En que vos inspiráchedes para crear “Veleno” (unha das cancións favoritas polo público)?

 Pois saliu un pouco espontáneo, eu fixen uns versos que sonaban ben, paseillos a Ganjack e el meteu os seus versos e deseguido fíxoo Hugo Guezeta (membro de Sondarúa).

 -Cal é o teu idioma de base?

 Eu falo galego de sempre e só galego, a non ser que sexa estrictamente necesario, Ganjack sen embargo é castelán falante.

 

-Con que músico che gustaría facer unha canción/colaboración?

 Co grupo Rebeliom do Inframundo xa que nós comezamos con DJ Rapu (irmán de Ganjack) e co fundador de Rebeliom.

 -Como é a vida de músico no día a día?

 A de músico como profesional non sei, pero a miña é traballar, estudar, e gastar o tempo e o diñeiro en estudo de gravación, beats, videoclips, etc.

-Cal é a túa canción favorita para interpretar?

 Un A Capella que soltaba coa letra sobre os incendios, a primeira vez que cantei Chapapote e a xente me seguía os versos, e cantar Veleno nos concertos de Sondarúa.

GHZ - VELENO con Hugo Guezeta (SonDaRúa)


WILLOW - POMPAS (Prod. Volk Gz) |GHZ|

CHAPAPOTE - GHZ (Willow)

SonDaRúa+GHZ+Pedrido - Té con canela (Prod. Alex Arnoso)

Mauro Varela Varela 4º ESO A

Verto: temazos

 Verto é un grupo musical galego composto por dous rapaces composteláns chamados Alberto Mira “Berto” e Fernando Peleteiro “Fer”. É considerado un dos grupos máis influentes na creación de música pop en galego. 

O grupo foi creado no ano 2019. Eles practican música pop, trap e disco galego. Actualmente posúen un total de 57.000 oíntes mensuais no Spotify. A canción máis visitada en Youtube é Oie Gayego, con 80.000 visualizacións. 

Posúen dous álbums: PURO OCIO (2020), EMBORA (2021). A día de hoxe tamén imparten concertos en diversos lugares. 

Verto en Luar presentando o tema Oie Gayego

Verto entrevistado polo youtubeiro Olaxonmario na publicación do álbum Embora

 

Senen Varela Varela (4º ESO A)

Manuel Rivas: «A un libro dislle adeus como aos emigrantes e xa pertence a quen o abre»

 Entrevista de Rodri García en La Voz de Galicia


 

O dron máis grande de España fabrícase en Lugo

 


RUTA POLO RAJASTÁN EN 15 DÍAS | TOXÍO

 


CONDUCIR EN POLONIA | TOXÍO

 


Carapaus- Camiño da Vida Tola

 


06/06/21

Sabela Castro Viana, alumna de 2º ESO B, gaña o concurso de relatos curtos da modalidade de 12-14 no XXVII Certame Literario "Xoán Díaz" organizado polo concello de Cambre

 Viaxe a ningures era o título do relato

No IES Monelos contamos cunha xove promesa da literatura. Chámase Sabela e estuda 2º da ESO.

Preguntada sobre cando apareceu a afección a escribir cóntanos que esta iniciouse desde moi pequena. Xa en primaria gustábame escribir aínda que o que máis me gusta é ler especialmente relatos fantásticos e de aventuras. Nesta liña deixeime guiar por estes relatos como por exemplo os de Edgar Allan Poe.

Este relato curto Viaxe a ningures é tamén un relato fantástico e de misterio en certa medida moi ligado ao realismo máxico onde o sobrenatural está moi presente.

Parabéns á gañadora.



 

Vinte especies repoboan a Rosaleda de Méndez Núñez, reformada con céspede recuperado e mobiliario

 Información en La Opinión de A Coruña


 

O espírito de Lois Pereiro, moi vivo na praza Josep Sellier

 Vintecinco anos despois do seu falecemento amigos, familiares e admiradores de Lois Pereiro brindaron este último sábado unha homenaxe ao poeta monfortino. O punto de encontro foi a praza Josep Sellier, na terraza do bar A Buserana. Entre os asistentes, o xornalista Xosé Manuel Pereiro, irmán do homenaxeado, Antón Reixa, Xurxo Souto, Rosalía Rial e Montse Yoldi. Marea Atlántica reclama ao goberno local que faga efectiva a dedicatoria dunha rúa da Coruña a esta figura das letras.



A peaxe de Pastoriza resísteselle a Arteixo

 O Goberno de Calvelo perde a batalla legal contra o Ministerio de Transportes ao inadmitir o Tribunal Supremo o recurso.

Información de Iván Aguiar en La Opinión de A Coruña


 

Nao - Os vampiros (Zeca Afonso cover) feat Sígaro e Picchio Banda Bassotti

 Versión do tema homónimo de Zeca Afonso. Tema extraído do álbum Cartas no caderno 2014. Gravado, producido, misturado e masterizado nos Estudios Posada Son por Iago Pico e NAO e que contou coa colaboración de Manuel Payno á trompeta e Sígaro e Picchio (Banda Bassotti) á voz. 

Videoclip a cargo de Santiago Raimundi e Carlos Godeg (Ziwa).

 


❤️ ALMORZO O Galego Mola con Feitizos de Sabor❗️#short #shorts

 


Quéreme soar! - 7 - Impresionismo

05/06/21

25 ano con Lois Pereiro (5 de xuño)

 


Ailá, a enerxía universal do baile galego

 


Unha ducia de temazos galegos do primeiro ano da década

 Información en Praza Pública

Contaban hai pouco as compañeiras de VINTE que o primeiro ano da década (si, o 2021 é o primeiro) está a traer consigo tal chea de temazos na música galega e en galego que xa é posible falar dun ano dourado aínda que aínda teñamos outra metade por diante. Tantos hai que fixeron unha playlist para celebralo. Velaquí unha escolma para repasares, mais tamén para descubrires. Porque nestes tempos pandémicos nos que bailar aínda é misión case imposible, a incidencia acumulada tamén é de temazos e a curva vai felizmente á alza. (E se queres facer memoria, aquí hai músicas dos vinte anos anteriores)
 
Verto- Como son Goku (videoclip oficial) 
 
 
Chicharrón - Outono de fíos eléctricos

 

Tanxugueiras - Midas  

 Nanana - Ortiga

  

Baiuca e Rodrigo Cuevas - Veleno  

 Grande Amore - Esta pena que a veces teño  

 Sheila Patricia - Maneo de Caión  

Secho - As sensacións  

 Baiuca e Lilaina - Meigallo 

  Sleepy Spice

 

 Moura - Muiñeira da Maruxaina  

 Peña - Mula

Á procura de alternativas ao modelo de coidados á terceira idade: ″Quen decide en Galicia é a iniciativa privada″

 Información de Ana G. Liste en Praza Pública

Exterior da residencia Albertia Lugo, con 191 prazas para maiores © Grupo Albertia

 

Conversas con Anselmo López Carreira· O Reino Medieval de Galicia

 


Cidade da Cultura (galego)

 


10 anos, 10 autores, 10 libros | Ledicia Costas

 


10 anos, 10 autores, 10 libros | Domingo Villar

 


Quéreme soar! - 6 - Romanticismo

 


Saúde e Terra, Julio Lado!

 


04/06/21

Vivir aquí - Crtvg - Praia de Carnota

 


VINTE almorzando con Verto

Galaxia pon na rede os 200 primeiros números completos da revista 'Grial'

 Información Praza Pública


 

Encontros simultáneos para celebrar a Lois Pereiro dentro e fóra de Galicia

 Información Praza Pública


 

Unha plantación de 543 hectáreas de eucaliptos en terreos de Endesa nas Pontes busca “maximizar o rendemento económico”

Información de David Reinero en Praza Pública

Zona da plantación de eucaliptos, co lago artificial da antiga mina das Pontes ao fondo, nunha imaxe do proxecto a exposición pública © Xesforest Ingeniería

 

O Concello aproba a ordenanza do galego coa negativa do PP

 Información en La Opinión de A Coruña


 

Quéreme soar! - 5 - Clasicismo

 


01/06/21

Encontro IES "Poeta Díaz Castro" (Guitiriz)-IES Monelos (A Coruña) (1-6-2021)

 


Regueifando no Correlingua 2021

Participamos con outros centros nunha regueifa na celebración do Correlingua 2021. Relación de centros:
 
IES ROSALÍA DE CASTRO (Santiago), IES PONTEPEDRIÑA (Santiago), IES VILAR PONTE (Viveiro), CPR BOUZA BREY (Vigo), CPR QUIÑONES DE LEÓN (Vigo), IES VIRXE DO MAR (Noia), IES TERRA DE TURONIO (Gondomar), IES URBANO LUGRIS (Coruña), IES MONELOS (Coruña), IES ANXEL FOLE (Lugo), CEIP CABANAS DE SALCEDO (Pontevedra), CEIP ANA MARÍA DIÉGUEZ (Rianxo), CPI ALFONSO VII (Caldas de Reis), CEP DE CALDELAS (Caldelas de Tui), CEIP Plurilingüe Sigüeiro (Oroso), CPR PLURILINGÜE LA INMACULADA (Marín), CEIP VIRXE DO ROCÍO (Vigo), CEIP DO HÍO (Cangas), CEIP SAN MARTIÑO DE SALCEDO (Pontevedra), CPR COMPAÑÍA DE MARÍA (Cangas), CPI VIRXE DA SALETA (Cea), IES DO COUTO(Ourense) e CEIP ABELENDO (Moaña)
 

César Morán - "Inverno" (poema de Manuel Rivas), nos Penedos de Pasarela

 Ao vivo nos Penedos de Pasarela (22-05-2021), no recital reivindicativo para deter a invasão dos eólicos no nosso espaço natural. #salvemosospenedos, #SOSPenedos. Este poema de Manuel Rivas apareceu no seu poemário Costa da Morte Blues (1995), e foi musicado por César Morán aos poucos meses, em 1996. O vídeo, filmado por Ánxeles González Castiñeiras, foi achegado por Maca Arca.

Saturados

 Un traballo de María Amigo Couto para Cultura Audiovisual , bacharelato Selección Festival Ai Mo.S.A. (Moaña) IES María Soliño, Cangas do Morrazo.

 


TIGRES COMA CABALOS

 EXPOSICIÓN "TIGRES COMA CABALOS " XELA ARIAS -XULIO GIL TRABALLO DO ALUMNADO DE ARTES IES MARÍA SOLIÑO DE CANGAS

 


Resumo Graduación Bacharelato IES Monelos (27-05-2027)

Resumo Graduación Bacharelato de Ciencias 

   

 Resumo Graduación Bacharelato de Humanidades e CC.SS.

Quéreme soar! - 2 - Idade Media

 


31/05/21

Camiño Solidario

 3º ESO de PMAR remata o seu camiño solidario en Santiago. O realiza o 26 de maio de 2021 despois dun curso cheo de tarefas e cousas aprendidas.

 


IES Monelos: matrículas de honra en feminino

Entrevista ás alumnas matrícula de honra en bacharelato no curso 2020-2021
 
A maioría dos estudantes pensan -e non sen razón- que segundo de bacharelato é un curso no que case é imposíbel sobrevivir. Porén, hoxe puidemos traermos con nós a seis mozas que conseguiron non só superalo, senón que ademáis acadaron  matrícula de honra. 
Nesta entrevista vannos dar algúns consellos e trucos para poder superar segundo da maior maneira posible e tamén nos contarán como se senten ao lograr unhas cualificacións tan altas tras máis de oito meses de esforzo. 
Entran enerxicamente pola porta da aula onde as esperamos para entrevistar Fátima Otero, Uxía Quintela, Nuria Ferraz, Lorena Rodríguez, Julia García e Rita Rodríguez, as superalumnas do Monelos! 
 
De esquerda a dereita: Rita Rodríguez, Fátima Otero, Nuria Ferraz, Lorena Rodríguez, Uxía Quintela e Julia García.
 
 
 - Onde credes que estivo a vosa clave de éxito nestas cualificacións das materias?
 
 Estudar, interesarse polo que fas e estar atenta na clase, opina Julia. Rita engade que hai que estar 6 horas no instituto, e que o mellor que se pode facer é aproveitalas para ter que facer menos na casa. Por outro lado, Julia comenta que, cando estás na clase e alguén pregunta algo, o mellor é estar atentos, xa que probablemente teñas ti a mesma dúbida sen sabelo. 
 
 - Cantas horas adicábades ao estudo? 
 
Lorena afirma que depende moito dos exames que teñas, non é o mesmo ter un na semana que catro. Fátima argumenta á sua compañeira exemplificando que ás veces podes estudar unhas dúas horas ao día cando hai unha baixa carga lectiva pero, se estás nunha fin de semana á que lle seguen moitos exames, podes chegar ata as 6 ou 7 horas. Rita resume dicindo que o principal de todo isto baséase en “coñecerte a ti mesm@”, xa que non vas ter as mesmas dificultades cunhas asignaturas que con outras.
 
 - É compatible o estudo a este nivel que realizastes con outros aspectos da vida: relación de amistades, ocio, outras afeccións…?  
 
Como inciso, todas comentan que hai que ter en conta o factor coronavirus nestes tempos que corren, pero chegan á conclusión de que é compatible e incluso necesario; pois “non te podes pechar na casa”, precisa Rita, que explica que é necesario ter algunha vía de escape como distracción. 
 
 - Agora estades preparando as ABAU. Pensades que seguirán acompañando os bos resultados?
 
 Entre moitas risos, todas amosan a súa confianza en que así sexa.
 
 - Que tipo de estudos pretendedes facer a partir de agora?  
 
Sen pensalo dúas veces, Rita e Julia desexan facer a carreira de Dereito. Polo lado das ciencias, Fátima, Uxía e Nuria expresan que elas están interesadas en facer algo relacionado coas ciencias da saúde principalmente con Medicina. Por outra banda, no lado máis cuántico das entrevistadas, Lorena quere ser unha futura astrofísica, algo moi orixinal según din o resto das compañeiras.
 
 - Como valorades a formación impartida neste centro?  
 
En xeral consideran que a maioría está moi ou bastante implicados no labor docente. Rita en concreto valora moi positivamente que todos estén centrados nas probas ABAU ás que se terán que enfrontar. 
 

 
 
 - Que todas as matrículas sexan dadas a alumnas é unha casualidade? 
 
Tras unha rápida reflexión, todas están de acordo con que non é unha casualidade. Rita afirma, sen xeneralizar -xa que admite que tamén hai alumnos bos- que en todos os anos que levan no instituto (algunhas seis, outras dous), as mellores notas foron sempre maioritariamente para mulleres. Julia conclúe a entrevista dicindo que ás veces a diferenza dábase con algún punto máis en algunha asignatura, pero se grandes diferenzas.
 
Esperamos que os éxitos académicos, profesionais e persoais sigan acompañando na vosa vida.

Marta Justo Brañas e Marco Castro Fontela (1º BAC C)
 

Eu fum feliz, agora sei-non

 


30/05/21

Santiago historia da arte (2º bacharelato) IES Monelos (2020-2021)

Excursión a Santiago do alumnado de 2º bacharelato de Historia da Arte (26-05-2021)

Irás dirás virás - Clara Pino e Pablo Vidal

 


Indicador de pH con lombarda. Experimenta na casa

 


Evolución das canles das 50 do YouTube no último ano

A veciñanza coruñesa tomou as rúas en defensa do porto

 Manifestación contra a privatización dos peiraos para a construcción de vivendas que propón a Xunta da Galiza.

Información en Nós Diario


 

O proxecto dun acuario municipal na Coruña en 1950 e José María Navaz

 Información de Xosé A. Fraga en La Opinión de A Coruña

José María Navaz, nunha imaxe tomada non ano 1953. | // CORTESÍA DÁ FAMILIA NAVAZ

 

Defensa do Común teme que a posible venda dos peiraos abra o paso á do hotel Finisterre e La Solana

 Información La Opinión de A Coruña

Protesta de Defensa do Común en 2016 para esixir a devolución de terreos públicos. | // CARLOS PARDELLAS

 

O Banksy de Oleiros

Pequenos debuxos aparecen hai unha década en esquinas urbanas | O seu autor, un artista chamado Straight, realizou a portada da revista ‘Luzes’ e do último libro de Manolo Rivas

 Información de Marta Villar en La Opinión de A Coruña


 







O Dépor cae, a afección resiste

 Información de Eugenio Cobas en La Opinión de A Coruña


 

Tomar Alento

 


29/05/21

Saúde e Terra, Leo de Matamá!

 


Bielorrusia, unha proba de lume para a UE

 Información de Miguel Anxo Murado en La Voz de Galicia


 

Onde Obélix perdeu o seu menhir

 Contrabandistas, monxes, «mouras», afiadores... e vistas de vertixe no corazón da Ribeira Sacra. Este é a espectacular contorna da Pedra Longa, un monólito que flota sobre o Sil, en Nogueira de Ramuín.

Información de E.V. Pita en La Voz de Galicia


 

Franciscanas e San Pedro de Visma, mellores cooperativas do programa ‘Semente’

 San Francisco Xabier, premiado pola súa implicación | Os escolares aprenden a crear unha empresa

 Información en La Opinión de A Coruña

Un membro da animación do mercado chancea co concelleiro Jesús Celemín. | // VÍCTOR ECHAVE

Agrela e Pocomaco eluden a caída de ocupación que sofren pequenos polígonos da provincia

 Información de José Manuel Gutiérrez en La Opinión de A Coruña

Vista aérea da cidade, co polígono de Agrela en primeiro plano. | // CARLOS FERNÁNDEZ SOUSA José Manuel Gutiérrez

 

Un estudo sitúa ao CHUAC entre o vinte mellores de España

Información en La Opinión de A Coruña

Germán Bou, xefe de Microbioloxía do Chuac, no laboratorio durante a crise do coronavirus

O risco de giz: 7 días na Raia

 Os vínculos lingüísticos, históricos, sociais e culturais dos lugares e persoas que viven a un e outro lado da fronteira entre Galicia e Portugal son evidentes. Comprobámolo percorrendo en coche e gravando durante sete días toda a zona. A través da viaxe coñecemos os nexos entre as dúas realidades. O resultado: Un documental en forma de road trip que vai parando en numerosas localidades, de oriente a occidente, para falar con diferentes persoas de cada unha delas e poñer en valor os costumes e a riqueza patrimonial e cultural propia desta área. 

 Un documental realizado por Xarda Cooperativa Galega para Nós Televisión co apoio da Deputación de Ourense, a Eurocidade Chaves-Verín, o Concello de Hermisende, o Concello de Entrimo, o Concello de Tomiño, o Concello de Tui e a Câmara Municipal de Montalegre.

 


Unha exposición revive en Carballo o trolebús, desaparecido hai 50 anos

Un traballo realizado polo historiador carballés Xan Fraga

 Información en La Voz de Galicia


 

Unha ducia de futbolistas para a selección galega

 Información de Miguel Pardo en Praza Pública

Diego López
 

O Arde Lucus recupera os campamentos e suma os concertos de Xabier Díaz, Califato e Oreka TK

 Información en Praza Pública

Presentación do Arde Lucus 2021, na contorna da Mosqueira da Muralla de Lugo © Concello de Lugo

 

O Argueiro dos Ancares, un proxecto que tece rede na comarca: ″Quero visibilizar o esforzo da xente″

 Información de Ana G. Liste en Praza Pública

Lucía Rodríguez da man da súa avoa, en Salgueiras, cun goxo na cabeza © Lucía Rodríguez

 

Xohana Torres e a subversión das “esencias” da nación

 Información de Montse Dopico en Praza Pública


 

E HAME CUSTAR Xela Arias (Blues psicodélico)

 


#DígochoEu O máis viral do TikTok (capítulo 12)

 


Desvestímonos - A saia

 #Desvestímonos Coñece un pouco máis de preto as pezas do traxe folclórico galego!

Tes tomate e ovo? Receita barata e deliciosa

 Ola a todos! Hoxe é a receita máis sinxela, pero cun deseño interesante. Espero que che guste :) E se tes un tomate e un ovo? Fai esta receita de almorzo económica e deliciosa para toda a familia. Para obter un diagrama detallado de como cociñar ovos, vexa o videoclip. 

 


Mes da Ilustración na Biblioteca de Galicia | Miguel Anxo Prado

 


Música na Ribeira

 


27/05/21

Xesús Fraga: "Virtudes (e misterios)"

 


Sábado 29 de maio presentación do libro de Xosé Antón Pérez Lema: "Os delictos de odio"

 Na Fundación Luzes (rúa Santa María Maurillac 9 (zona de Monte Alto)) ás 12 da mañá.


 

'Dores', o documental que deita luz sobre a escuridade dos campos de concentración franquista en Galicia

 Información de Miguel Pardo en Praza Pública

Así será o novo barrio que traerá a intermodal da Coruña

 Información de Xosé Gago en La Voz de Galicia


 

5 de xuño: 25 anos con Lois Pereiro

 


25 anos con Lois Pereiro: Ramón Casanova

 O fotógrafo e artista visual monfortino Ramón Casanova manda dende Barcelona o Poema XXVII de Luz e Sombras de Amor Resucitado (1995), incluído no 'Poesía última de amor e enfermidade' (Edicións Positivas). #LP25anos.

 


A Rianxeiridade co Aquel-e - AI, DIOMIO!

 


Conversas con Nee e Alba · O fenómeno das persoas neofalantes e o futuro do idioma

 


A Coruña: Soña en Atlántico

 


Gzmúsica [13] con Nuada e as Efémeras

 Neste novo programa de GZmúsica, Patty Castro entrevista a Nuada mentres Dani vai de festa co grupo Efémeras que está presentando o seu novo disco. Nós movémonos con GZmúsica!

Conversa con MBA MAL PODCAST - Alberto París e Samuel Alvarez ou así

 Falamos con estes profesionais do "bisnes" que non deixan de agasallarnos coa súa sapiencia empresarial no seu ciclo formativo MBA MAL PODCAST.

Quéreme soar! - 1 - Antigüidade