12/02/21

Xa esta o entroido COVID-19 no IES Monelos!

 Organiza a vicedirección do centro

 Ola 

Estade atentos porque este curso o Entroido en Monelos será diferente ao doutros anos. Temos que cumprir con todas as medidas de seguridade ás que nos obriga a pandemia e por iso non podemos organizar o concurso de comparsas. O que si podemos facer é o seguinte:

- A partir do martes que vén e ata o xoves, teredes que cumprir cunha serie de "mandados" que vos iremos poñendo por aquí, no  hall do instituto e na nosa conta de Twitter. O martes xa ten o seu  mandadiño asignado, o do mércores subirase o martes e así ata o xoves que será cando rematemos.

- O venres poderedes vir disfrazados pero tendo moito coidado en cumprir cos protocolos nas aulas, nas entradas e no patio. Estades a facelo moi ben así que non vos custará traballo seguir como ata o de agora. Tedes tamén a posibilidade de participar no consurso virtual de disfraces e gañar moitos premios.

Moi feliz entroido a todos!

 

Mandadiño do martes 9 de febreiro


Mandadiño do mércores 10 de febreiro
 

 
Mandadiño do xoves 11 de febreiro


Entrega dos premios dos carteis do día da paz 2021 do IES Monelos

 O director do IES Monelos fai entrega dos diplomas e vales regalos ás alumnas gañadoras do concurso realizado en 3º de ESO coa colaboración do EDLG e o departamento de debuxo do centro.

Victoria Estrada (3º ESO B) gañadora do concurso. Tamén na modalidade do xurado popular.

 Claudia Veiga (3º ESO C) segundo premio.

 

 


Trailer de Arrieiros Somos ✨ A visión da vida das e dos nosos maiores

 


Conversa con Darío Lago de "O Son das Ideas"

 


Queres axudar a que os dispositivos móbiles falen e entendan galego? Segue estes pasos

 O proxecto Trasno pide colaboración da cidadanía galega para reunir máis de 5.000 frases curtas en galego e que as máquinas poidan, así, comunicarase na nosa lingua.

 Información en Galicia Confidencial

Unha persoa utilizando o seu teléfono móbil. STADA - Arquivo 


A Cartabón

 A Cartabón é un símbolo no espazo cultural e literario galego que foi quen de resistir desde o ano 1984, entregada ao libro en galego e cunha verdadeira paixón pola profesión de libreiro.

Entrega de premios Canción Solidaria no Camiño.

 O 12 de febreiro o director do IES Monelos Antón Orosa  fai entrega dos diplomas e os vales dos premios aos gañadores do concurso "Canción solidaria no Camiño".

Nina Varela Ota (2º ESO B) gañadora da 1ª modalidade do concurso

 

 Jia Hao Yang (4º ESO A) gañador da 2º modalidade deste concurso

 

11/02/21

Experimentos e obradoiros para espertar vocacións científico-tecnolóxicas nas rapazas

 11 de febreiro: día internacional da muller e a nena na ciencia.

 Investigadoras e profesoras da Universidade de Vigo apostan por celebrar este día con centros de secundaria de Galicia

Información en GCiencia


 

TODO sobre "As 50 do YouTube" (sen edición dende a rede morada, hai que roelo)

 


O caso de María de la Fuente: un precedente pola igualdade na investigación

 11 de febreiro: día da muller na ciencia. 

 Unha sentencia recoñece a discriminación na convocatoria á que a científica galega se presentou en desvantaxe por mor do permiso de maternidade.

Información en GCiencia

A investigadora María de la Fuente, do IDIS. Foto: Sergas. 

A xenetista Jimena Fernández de la Vega, Científica Galega do ano 2021

 Xunto á súa irmá Elisa, foi a primeira licenciada en Medicina pola Universidade de Santiago, e acadou gran notoriedade investigadora.

Información GCiencia

 Jimena Fernández de la Vega y Lombán. Foto cedida pola RAGC.

Galego na universidade: por que non?

 Máis do 80% das alumnas da Universidade de Vigo toman apuntamentos en castelán. En galego, só o fan sempre o 7%. Un reflexo da situación sociolingüística do país.

08/02/21

Humor Davila


 

#VideoSelfieTVG - Sofía Espiñeira

 


Entrevista a Roberto Varela exconselleiro de cultura durante o 2009-2012

"Os ataques que recibín sendo conselleiro doéronme moito; sentinme só e incomprendido. Non entendía nada"

Información de Montse Dopico en Praza Pública 

 
Roberto Varela foi conselleiro de Cultura de abril de 2009 a xaneiro de 2012 CC-BY-NC-SA Praza Pública / Cedida

Gañadores do concurso a Senda dos Faros

 1º Premio: Sálvora IES Plurilingüe A Cachada de Boiro (A Coruña)

2º Premio: De Naufraxios, faros e lendas: do Cemiterio dos ingleses a Camariñas do IES Monte Neme de Carballo.


3º Premio: A melodía do faro CMUS Xan Viaño de Ferrol

07/02/21

💥 Conversas con RUBÉN RIOS, actor e produtor audiovisual

 


XANEIRO 2021 - AS 50 DO YOUTUBE - 21 NOVAS CANLES EN LISTA

 


Así viven 10 persoas de catro xeracións distintas nunha casa en Navia de Suarna

 


Ángel Carracedo: "Dicíanme que se escribía en galego non me ía ler ninguén"

 Artigo do catedrático da Universidade de Santiago e director da Fundación Pública de medicina xemónica (SERGAS), Ángel Carracedo, para conmemorar o 7 de febreiro os días dos medios en galego.

Información en Galicia Confidencial


 

O nivel de ocupación das UCI segue en máximos a pesar do descenso no número de novos casos de COVID

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

Nas unidades de coidados intensivos o número de camas ocupadas semella ter chegado ao seu máximo, pero leva varios días situado nese nivel, sen iniciar aínda o desexado descenso CC-BY pxfuel

REACCIÓN ao TikTok galego VOL. III

 Nova visión crítica de Olaxonmario sobre o uso do galego en tik tok.

 


Leite Edicións (produto galego, vegano e de primeira necesidade) - recomendaçom

 


CORTO o pelo RIZO en SECO na casa | Pradorua

 


06/02/21

Saúde e Terra, Marta Pérez!

 Licenciada en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela. Directora de Inversa Teatro- nacida en 2009- coa que leva sete producións teatrais.

 


Agra do Orzán, barrio de cemento

 Na parte oeste da cidade da Coruña sitúase a Agra do Orzán, un dos barrios con maior densidade de poboación de toda España. En apenas 0,4 quilómetros cadrados habitan 30 mil persoas. Esta é a historia dun barrio obreiro na que o cemento e os coches foron gañando espazo até expulsar ás persoas e ás árbores. A veciñanza leva décadas solicitando un parque no que poden desenvolver a vida en común. 

🎥 Nesta reportaxe, poñemos voz a unha loita compartida en moitos outros barrios conformados por traballadoras e traballadores.

 


A danza filmada. Un video-ensaio de Lucía Estévez

Información en Vinte


 

Nova novela de Rexina Vega: "O estado intermedio" (Galaxia)

 “A figura paterna márcanos tanto como a materna, detesto esa hiperinflación da maternidade como valor absoluto”

Entrevista realizada por Montse Dopico para Praza Pública

Rexina Vega © Anxo Cabada

Unha ducia de edificios de Rodolfo Ucha en Ferrol

 Rodolfo Ucha (Vigo, 1882 - Ferrol, 1981) foi arquitecto municipal de Ferrol entre 1909 e 1936 e nese tempo realizou unha vintena de edificios de estilo modernista, que constitúen unha parte moi destacada do patrimonio arquitectónico da urbe. O Concello iniciou en xaneiro o proceso para concederlle o título de fillo adoptivo da cidade, lembrando ademais o 40 cabodano da súa morte. Repasamos aquí unha ducia destes edificios que desbotan por completo a idea (por desgraza demasiado estendida) de Ferrol como unha cidade fea.

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública        

Santiago Martínez, "Chago". Camiñante do Lume e do Ferro 【Camiñantes do noso】

 


TOP 5 libros en Galego

 


Concepción da INFANCIA ao longo da historia

 


05/02/21

Tanxugueiras dan un novo salto cara á música urbana con 'Midas'

 


Bens ligados á Casa Cornide afloran no mercado de antigüidades en pleno proceso para botar os Franco

 Información de Miguel Pardo en Praza Pública

Casa Cornide, na Cidade Vella da Coruña © Concello da Coruña

"O dilema do século XXI é renda universal ou barbarie": entidades galegas lanzan o debate cun vídeo colectivo

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

Así era Galicia: publícanse na rede miles de imaxes históricas que amosan os cambios das cidades e vilas galegas

Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

Imaxe do casco histórico de Marín entre 1926 e 1936. Arquivo de Otto Wunderlich CC-BY-SA IPCE 

O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías impulsa un novo detector para o CERN na procura de partículas aínda non descubertas

 Información en Praza Pública

O Concello aproba por primeira vez na súa historia unha ordenanza para o uso do galego

 Información Concello da Coruña

José Manuel Lage Tuñas, voceiro do grupo de goberno: “A ordenanza non só normaliza algo que debería ser normal, senón que tamén pon fin a unha anomalía que tiñamos que reparar, para cumprir a lexislación vixente, 31 anos despois”.

#DígochoEu Aprende en 1 minuto os xentilicios máis conflitivos

 


02/02/21

Educación e Lingua con Nubesbaixoti | Pradorua

 


Entrevista no programa Que Nos Pille Rebolando da TVG (30 xan 2021)

A COVID comeza a frear en Galicia cunha inédita carga nos hospitais tras o segundo mes con máis mortes da pandemia

 Información de David Lombao en Praza Pública

Cribado da COVID no centro de saúde de Val do Dubra e mapa de incidencia da COVID con datos difundidos o 1 de febreiro de 2021 CC-BY-SA Foto: Sergas | Montaxe: Praza Pública

Máis de 21 persoas enfermas de COVID ingresaron nas UCI galegas cada día da última semana

Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

Atención na UCI a pacientes coa COVID, nunha imaxe divulgada pola área sanitaria de Ourense © Sergas 

O Congreso volve aprobar o traspaso da AP-9 a Galicia, pendente dos descontos nas peaxes incluídos nos Orzamentos do Estado

 Información de David Lombao en Praza Pública

 Tráfico da AP-9 sobre a ponte de Rande, por cuxa ampliación Audasa foi compensada mediante subas de peaxes © Miguel Riopa / Audasa

ANAGNÓRISE - A banda da Loba

 


31/01/21

Conversas con SUSO DE TORO 💥 Referente da literatura galega e intelectual comprometido

 


Saude e terra Xurxo Souto

 


A Cidade da Cultura admite ter pouca visibilidade internacional e limitadas fontes de financiamento e encarga un plan para melloralo

 Información de David Reinero en Praza Pública

A Cidade da Cultura encarga o seu segundo plan estratéxico dous anos despois de rematar a vixencia do anterior CC-BY-SA Praza Pública - Xunta de Galicia

O 31 de xaneiro de 1820 nacía Concepción Arenal

 Información de Marcos Pérez Pena: Unha ducia de feitos e loitas de Concepción Arenal en Praza Pública

 Tumba de Concepción Arenal no cemiterio de Pereiró (Vigo) onde está soterrada

Xela Arias tradutora

En 1986 #XelaArias2021 publica 4 traducións: «O Gato Gaiado e a andoriña Señá» de Jorge Amado, «Amor de perdición» de Camilo Castelo Branco, «Cidades fantásticas, príncipes e xins da mitoloxía e as lendas árabes» e «Contos ó teléfono» de Rodari.@Xerais
 




 

Xela Arias: "Denuncia do equilibrio"

 Opinión de Xurxo Nóvoa en Praza Pública

A comezos de agosto de 1986 #XelaArias2021 publica o seu primeiro libro de poemas, «Denuncia do equilibrio», na colección Ventobranco de@Xerais

 ilustrado e deseñado por Xosé Guillermo. #XelaAriasPoeta #DenunciaDoEquilibrio.
 

 

 

Castelao... ACTOR??? | Pradorua

 


26/01/21

Ao monumento Mortos do Portiño achégase o libro 'Luz e dignidade'

 Obra "viva" para que a memoria perviva

Concello e Deputación da Coruña procuran facer visíbel o monumento "Os mortos do Portiño" favorecendo o acceso á cidadanía á obra. Unha escultura do artista Pepe Galán, realizada a iniciativa da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, e agora conta tamén co libro "Luz e dignidade".

Información en Nós Diario

 O escultor Pepe Galán sobre o monumento Mortos do Portiño. (Foto: Nós Diario)

Sés no IES Elviña

 


24/01/21

#DígochoEu O máis viral do TikTok (capítulo 6)

 

Shin chan+Cousasrarismas: Outfits e risas | Pradorua

 

Nós, xs inadaptadxs; recomendaçom

 


Unha ducia de vídeos dos Meniños Cantores

 No ano 2005, co impulso da Asociación Ponte… nas ondas!, o alumnado de 17 escolas galegas e portuguesas gravou o libro-disco Meniños Cantores, con 28 cancións, un álbum presentado en directo en Vigo e Porto e que se converteu nun referente mundial do traballo co patrimonio musical compartido dous dous países. Neste ano 2021 repetirase a iniciativa e 19 colexios galegos e portugueses gravarán cadanseu vídeo musical para o disco Cantamos Nós. Repasamos doce das cancións da primeira edición.

Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

Contos para traballar a DIVERSIDADE | RACISMO NUNCA MÁIS

 


23/01/21

Saúde e Terra, MounQup!

 MounQup é o proxecto musical da cantante e compositora franco-galega Camille Hédouin. 'Saúde e Terra. Voces da cultura galega'. Todos os sábados a partir das 21 horas na nosa canle de televisión, o 119 de R, e na nosa canle de YouTube.

 


A Tobeira de Oza, alpendre cultural

 A forza cultural dos barrios obreiros é algo que pasa desapercibido para moitos proxectos e negocios que orientan o seu traballo cara o centro das cidades. A Tobeira de Oza convértese nun punto de inflexión no barrio coruñés de Oza desenvolvendo as súas actividades e as súas ofertas cultural co centro no barrio que comparten coa veciñanza. Como construír cultura dende os barrios? É posíbel tecer cultura en tempos de pandemia? Benvidas á Tobeira de Oza!

 


O Bristol galaico de Néboa

 Información de Marcos Blanco Gendre en Vinte

Os avatares de Afonso X O Sabio

 O Consello da Cultura Galega analiza nunha exposición a figura política  e cultural do monarca aproveitando a conmemoración dos 800 anos do seu nacemento.

Información de Montse Dopico en Praza Pública

Literatura galega: Ana Santiso no #UniversoGalaxia con 'Alba de Groria' (ilustrada) de Castelao

 'Alba de groria' foi o derradeiro discurso que pronunciou Castelao, exemplo da súa capacidade oratoria e política, e que agora se ve enriquecido coas ilustracións de Ana Santiso, quen soña en imaxes o universo histórico e galaico deseñado polo rianxeiro. Un diálogo feliz entre o pasado e o futuro. Unha Alba de groria como non se vira nunca antes. 

 


María José Vázquez (Matriarca Camiñante). Lugar: Cea【Camiñantes do noso】

 


Antígona ante os xuíces

 Representación no IES Elviña da obra de Pociña a cargo do grupo teatral "Sin ir más lejos" de la Casa Castilla La Mancha de Coruña. Director: Ricardo Martín.

22/01/21

'The Waylanders' inclúe a versión en galego e unha recreación da Compostela medieval no lanzamento do videoxogo en todo o mundo

 Información en Praza Pública

Captura dunha das pantallas de 'The Waylanders' © Gato Salvaje

Noites de retranca no teatro Colón: Luís Zahera e Oswaldo Digon

Sábado 23 de xaneiro ás 20 horas no teatro Colón 


 

Concurso de carteis día da Paz e da Non Violencia

 

1. O concurso está organizado pola materia de Educación Plástica de 3º de ESO coa colaboración do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro. 

2. O obxectivo do concurso sensibilizar ao alumnado nos valores da xustiza e da paz, implicándoos na resolución de conflitos de forma pacífica, partindo da súa realidade cotián e dos problemas de convivencia que existen no orde mundial. 

3. No concurso participará todo o alumnado de 3º de ESO. O traballo terá carácter obrigatorio dentro da área de Educación Plástica e Visual. 

4. A proba consistirá na elaboración dun cartel relacionado co tema do día da paz e da non violencia. 

5. Os carteis quedarán expostos nos corredores do instituto durante o mes de febreiro de 2021. 

6. O xurado estará formado por un representante dos departamentos de filosofía, lingua galega, educación plástica e visual; o representante do equipo de dinamización da lingua galega e vicedirección.

7. Tamén haberá un xurado popular formado por todo o alumnado do centro. 

8. A entrega dos carteis realizarase antes do venres 29 de xaneiro.

9. O mércores 3 de febrero o xurado reunirase no 1º recreo para deliberar e outorgar os premios aos carteis gañadores. 

10. O xurado popular votará ao longo de toda a semana (do luns 1 de febreiro ao 5 de febreiro) polo cartel que considere mellor. 

 11. Haberá un gañador e un segundo clasificado que terán premio. Por outro lado o xurado popular (alumnado) concederá un único premio ao máis votado. Os premios consistirán: • O primeiro premio dun vale de 30 € • O segundo premio dun vale de 20 € • Un agasallo por parte do xurado popular.

Celebración do día da Candeloria (martes 2 de febreiro)


A candeloria é unha palabra que ten a orixe no substantivo latino candela -ae, ‘luz alimentada con cera ou sebo’, termo co que se crea no latín tardío festa candelarum, ‘a festa das candeas’, que chega a nós acurtando a locución. Celébrase o día 2 de febreiro, época importante no ciclo astronómico, pois coincide coa metade do inverno, no intre xusto entre o solsticio da estación fría e o equinoccio de primavera, (pola candeloria, medio inverno vai fóra), no momento en que medran os días e a natureza comeza a preparar o estourido de vida que está a chegar.

Sendo un intervalo relevante do ciclo estacional non é de estrañar que todas as culturas tivesen celebracións ao redor da data, sempre festexando a volta da luz e do desexo de fertilidade. Así, na mitoloxía celta, chamábanlle Imbolg, celebración na honra da deusa Brigit, protectora das colleitas, o gando e a fecundidade. A candeloria tamén podería estar relacionada coa festa romana das Lupercais, na que, alén de venerar o deus da fertilidade e a sexualidade masculina, Pan, facíase unha procesión onde os participantes zorregaban a xente cunhas tiras de coiro, co obxecto de “purificala”. O catolicismo procurou rematar coa festa –como fixo con moitas outras celebracións pagás–; para iso, o papa Xelasio transformouna na festividade relixiosa da “purificación” da Virxe María e mais a presentación de Xesús no templo; co paso do tempo, fíxose costume nas parroquias bendicir as candeas que se empregarían logo en caso de tronada ou nos velorios para alumear o defunto no camiño ao máis alá.

A voda dos paxariños

A partir da candeloria, ningunha ave voa soa di o refrán para lembrar que o mes de febreiro comeza, na cultura popular, cunha celebración ben especial, xa que casan os paxariños, ao que comeza o retorno das aves migratorias e os cortexos preludian o renacer primaveral. Da importancia que ten esta representación na imaxinaría tradicional europea dá conta a multitude de estampas nas que, desde tempos inmemoriais, o símbolo do amor e a unión sentimental son apaixonadas parellas de aves xuntando os peteiros. Tal é así que algunhas persoas defenden que, para nós, o 2 de febreiro debe ser a data do amor romántico, e non a que se celebra doce días máis tarde na honra dun crego romano do século III, chamado Valentín, representado cun rapazolo gordecho e voador que anda aseteando a xente… onde vai parar! Non hai comparación!

O martes 2 de febreiro o ENDLG do IES Monelos pretende celebrar este día.


Para iso pensamos en que podiades enviar unha mensaxe por escrito nunha carta de afecto a un d@s compañeir@s de clase ou do centro que teñades en estima, amistade...

Na semana do 24 ao 29 de xaneiro podedes entregar a carta (escrita en galego) a un membro do Equipo de Dinamización que se encargará de depositala na caixa do correo ao longo desta semana.

No sobre poñeredes o nome e apelidos do destinatario e o curso.

O martes 2 de febreiro entregaráselle a carta ao destinatario.