15/06/20

Manuel Esteban: "A vinganza dos homes bos"

A vinganza dos homes bos é un libro sobre o paso do tempo e o exilio dos anos. Sobre a culpa, que medra como carriza, desfacendo a pedra máis forte. Sobre o valor necesario para ser covarde. Sobre as palabras que son capaces de rachar as armaduras máis feroces. E tamén sobre as palabras capaces, mesmo, de matar. Palabras sinxelas, como, por exemplo, «perdón». O exinspector de policía Carlos Manso anda detrás dun asasino, pero non do que a el lle gustaría. El mesmo tamén matou un home, unha vez.Dúas historias policiais separadas por vinte anos e dous mil quilómetros, pero unidas pola necesidade de redención. O barco American Star, a Marcha Verde sobre o Sáhara Occidental ou os túneles agochados baixo a cidade de Vigo son os escenarios dun naufraxio, real e metafórico, que supón, en certo xeito, o final de Carlos Manso.




13/06/20

Humor de Davila


A Xogadora

Vídeo elaborado polo alumnado de 2º de ESO de PEMAR no ámbito sociolingüístico durante o curso 2019-2020 (curso do coronavirus). Centrado en aspectos do mundo dos videoxogos e na educación para a igualdade.

“Apenas coñecía catro tópicos sobre Galileo e, achegándome, fiquei absorbido pola súa peripecia vital e intelectual”

 
 

Efemérides: Fernando Pessoa

Un 13 de xuño de 1888 nacía en Lisboa o poeta e ensaísta Fernando #Pessoa. Hoxe  recomendan algunha das súas obras que podedes encontrar no noso catálogo dispoñibles para levar en préstamo nas bibliotecas municipais coruñesas. 






Humor


Feiras do libro de Galicia. Non contaxian pero enganchan


A Xunta deixa no aire cando menos ata o 1 de xullo as festas, ludotecas e discotecas malia a saída do estado de alarma



Unidade na homenaxe de Galicia ás vítimas do coronavirus




As restricións na mobilidade, ensino e servizos sociais persistirán tras a fin do estado de alarma en Galicia



12/06/20

A Casa de Ferrant no camiño do Corgo

O IES Monelos está nun sitio máxico cheo de pantasmas. No actual parque de Oza (antigo Camiño do Corgo) tivo casa a familia política do pintor Alejandro Ferrant do que conservamos unha fermosa pintura paisaxística da Coruña no Museo de Belas Artes precisamente dende O Corgo, dende o IES Monelos, dende este Cotarelo da Coruña.

Información rescatada en: 
 Máis información en Pantasmas de Oza

A casa do pintor Ferrant no camiño do Corgo actual parque de Oza

A coñecida como a Casa de Ferrant era unha vivenda cun enorme xardín que ocupaba boa parte dos terreos do Corgo nos que hoxe está o Parque de Oza. A casa pertencía á familia política de Alejandro Ferrant, quen dende aquí pintou algunhas das panorámicas máis famosas da Coruña de finais do século XIX, como este cadro de 1891 que se conserva no Museo de Belas Artes (cadro que podemos observar máis abaixo).
Nesta casa, en 1927, estivo a primeira sede do Colexio Compañía de María, que daquelas estaba centrada no ensino para mulleres. Despois tivo máis usos ata que foi derrubada no 2011 xunto ó resto das vivendas dos arredores para construir o actual Parque de Oza. Este parque ocupa os terreos da antiga Finca de Cermeño ou Horta do Xeneral, como a coñecían os veciños por pertencer a Pedro Martín Cermeño, que foi capitán de Galicia.

A finca de Cermeño a principios do século XX. Arquivo do Reyno de Galicia

A finca do xeneral estaba pechada por un muro do que se conservan algunhas partes así como varias das fontes da zona. Está atravesado polo Camiño do Corgo que mantén o seu antigo trazado e que comunicaba, como agora, a zona do Montiño co barrio de Monelos.

 

A Coruña vista dende O Corgo. Alejandro Ferrant, 1891


CRONOLOXÍA

· 1778 Chega a Coruña Pedro Martín Cermeño, Capitán Xeral de Galicia.
· 1780 Cermeño contrata a López Sopeña as canalizacións da súa finca no Corgo.
· 1888 Creación da Granxa Agrícola na Horta do Xeneral, terreos de Cermeño.
· 1891 Ferrant pinta dende O Corgo o cadro Vista da Coruña. Está en Belas Artes.
· 1917 A Compañía de María crea na Casa de Ferrant unha escola para mulleres.
· 2011  Inaugúrase o Parque de Oza na antiga Horta do Xeneral, no Corgo.


 Imaxe actual 2020


 

Concerto d'A banda da Loba no Tallón (13/7/2017)

Resumo do que foi o primeiro concerto completo da banda antes de entrar no estudo de gravación a preparar o seu primeiro disco: "Bailando as rúas", que se presentou a finais do 2017. Vídeo: Seispés Producións Creativas.

11/06/20

O Jato Kósmiko fálanos da Irmandinha a Selección Galega de Fútbol


Domingo Fontán: Galicia cartografiada nas súas verdadeiras proporcións

Domingo Fontán Rodríguez (Portadeconde, Portas, 7 de abril de 1788 - Cuntis, 24 de outubro de 1866), ilustrado galego, coñecido sobre todo por ser o autor do primeiro mapa topográfico e científico de Galicia.
Pasou boa parte da súa vida vinculada á Universidade de Santiago de Compostela, onde cursou os estudos de Filosofía, matriculouse ao longo dos anos en Leis e Cánones, Ciencias Exactas e Teoloxía. En 1811 comezou a súa carreira de profesor nesta universidade.




Foi elixido deputado polo Partido Liberal pola provincia de Pontevedra en 1837, ocupando este posto ata 1843, ano en que se retirou. Fontán fixo da súa causa a defensa de Galicia, sobre todo na abolición dos foros e na loita contra o caciquismo.

Participou na creación da primeira fábrica de papel de Galicia, construída en Lousame en 1863, e traballou tamén no deseño do trazado da primeira linea férrea de Galicia en 1858, que uniu Santiago con Carril, proxecto aprobado polas Cortes en 1861, e que non foi inaugurado ata dez anos despois.

Está enterrado no Panteón de Galegos Ilustres, na igrexa do convento de Santo Domingo de Bonaval, en Santiago de Compostela.

A CARTA XEOMÉTRICA DE GALICIA

A Carta Xeométrica de Galicia é un mapa físico de Galicia, o primeiro da historia realizada con medicións matemáticas, obra de Domingo Fontán.

Domingo Fontán investiu na súa realización dezasete anos da súa vida (1817-1834). Esta obra foi o primeiro mapa feito en España con métodos científicos e medicións matemáticas (medición de bases, triangulación, altimetría barométrica, etc.). Para cartografar Galicia aproveitou os avances científicos, provenientes sobre todo de Francia, e desenvolveu unha rede xeodésica, establecendo puntos de medición e realizando neles todo tipo de cálculos astronómicos, para os que empregou instrumentos cedidos pola Universidade de Santiago e adquiridos en Paris e Londres.             
Tomou como punto cero a torre da Berenguela, na Catedral de Santiago de Compostela. En 1817 iniciou os traballos da Carta, realizada a unha escala 1:100.000, pero ata 1830 non obtivo o apoio oficial para a súa redacción. Nese momento queda exento de impartir clases na Universidade de Santiago. Para realizar esta Carta tivo que percorrer a pé e a cabalo toda Galicia.  Nela aparecen localizadas as 4.000 igrexas das parroquias galegas e todos os accidentes xeográficos importantes acadando un nivel de detalle que non foi superado ata a aparición da cartografía por satélite. En 1834 acaba os traballos da Carta, e preséntaa á Rexente María Cristina que dará orde de imprimila. ata 1845 non foi posible a súa impresión, que se realizou en París, baixo a súa dirección polo gravador  L. Bouffard.
O escritor da Xeración Nós, Ramón Otero Pedrayo, conserva unha das Cartas orixinais no seu pazo de Trasalba (Amoeiro, Ourense).

O Jato Kósmiko fálanos de Carvalho Calero


07/06/20

As Crebas de Francesc Torres


O artista Francesc Torres. Fotografía de Maribel Longueira

Humor do Carrabouxo sobre o coronavirus


A SGHN pregunta á Xunta pola seguridade da balsa de lodos vermellos de Alcoa, unha "herdanza envelenada"



Planta de alúmina-aluminio de ALCOA e balsa de lodos vermellos en San Cibrao © PNOA

12X, entre o 'Venceremos nós' e o 'Hai que apandar'


 

O persoal da factoría de Alu Ibérica na Coruña levou a cabo unha concentración na Praza de María Pita para denunciar a "situación crítica" da planta

Vendida por Parter ao Grupo Industrial Riesgo, e cuxa continuidade está no aire. Esixen a intervención do Estado para que investigue a venda e asegure a súa viabilidade.

Imaxe de CCOO

Alcoa teima en deixar de producir aluminio na Mariña, que se mobiliza esta fin de semana en Xove e Viveiro





01/06/20

Lugo empregará Tik Tok para concienciar a mocidade sobre o machismo e a violencia de xénero

 
 

200 euros a noite sen almorzo: o Parador de Muxía prometido tras o Prestige abre o 25 de xuño


 

Camiño do Corgo 20 anos de revista no IES Monelos

Editorial

Neste curso 2019-2020 iniciamos unha nova etapa da revista de normalización e dinamización da nosa lingua. Xa van 20 anos en que se iniciara esta andaina no centro.
Este novo número esta feito dun conxunto de retallos incompletos, de préstamos, de entradiñas de urxencia e de última hora que serven para presentar a realidade viva da actividade do instituto. Probablemente haxa moitas omisións e carencias que non se contemplen neste breve resumo deste curso tan atípico e distópico.

Tamén pretendemos facer unha homenaxe á memoria creativa da revista.

20 anos camiñando polo Corgo

A historia da revista iníciase no curso 1999-2000 co cambio de milenio. Coordina o traballo desta a profesora Mª Xosé Sánchez e continuará como guía ata o curso 2010-2011.
Durante os catro primeiros cursos (ata o 2002-2003) a revista tivo unha peridiocidade trimestral. Nela sobresae a enorme riqueza das súas ilustracións (portada, contraportada e deseño interior) onde destacan a figura do debuxante Luís Sendón ou David Chans. Tamén hai unha enorme presenza de relatos como os de Rosalía Cotelo. Na banda deseñada aparecen os relatos "satíricos" sobre os profesores do centro realizados por Adrián Roca e Roberto Martínez. Os poemas, as adiviñas e os pasatempos son aspectos, ademais dos artigos de actualidade e crítica cinematográfica que están presentes. 
No 2003-2004 e 2004-2005 editanse dous números por curso. A ilustración estará en mans de Ana Palau e Rubén Beneitez. Os contidos da revista continuan na mesma liña que os anos anteriores.
A partir do curso 2006 e revista presentará un número por ano. Destacan as ilustracións de Ana Castiñeira.
No curso 2011-2012 a revista estará coordinada por Pilar Zapico e a partir do 2012 e ata o 2016 será Antón Capelán.
Nesta última etapa a revista terá un carácter monográfico: deportes, música, o barrio, a memoria histórica. Resaltan as ilustracións de María Díaz Tobar.
A continuación presentamos algunhas das ilutracións das portadas dalgúns dos números da revista:



Portada do número 1º. 1º trimestre curso 1999-2000 deseño de Luís Sendón
Contraportada do número 2º. 2º trimestre curso 1999-2000 deseño de Luís Sendón

Contraportada do número 3º.  3º trimestre curso 1999-2000 deseño de Luís Sendón.  Nano e Chilita son as personaxes


Portada do nº 5. 2º trimestre curso 2000-2001. Luís Sendón

Portada do nº 11. 2º trimestre. Curso 2002-2003. Luís Sendón. Ano do "Prestige"

Contraportada nº 7. Curso 2001-2002. David Chans

Portada nº 13. Novembro 2003. Ana Palau

 Contraportada nº 13. Novembro de 2003. Ana Palau


 Portada nº 15. Decembro de 2004. Rubén Beneitez
 
 Portada nº 19. Curso 2008-2009. Ana Castiñeira

 
Portada nº 21. Curso 2010-2011. Ana Castiñeira
 
Portada nº 25. Curso 2014-2015. María Díaz Tobar

 
 
 Portada e contraportada do último número. Curso 2015-2016. Beatriz González Ponte