02/05/20

SonDaRúa



Eterno Combate é o último adianto do grupo rapeiro SonDaRúa, ademáis do tema que dá nome ó álbum!! Gravación, edición e montaxe do videoclip por Daniel Pérez Visual.

01/05/20

1º de maio: a festa d@s traballador@s

Neste ano tan atípico e distópico aí vai "A internacional" interpretada por Navia Rivas.



 

O Maio

"O maio" é un dos poemas máis coñecidos de Curros Enríquez no que o poeta invoca unha primavera de liberdade e xustiza. Neste Primeiro de Maio tan diferente, o Consello da Cultura Galega (CCG) vén de xuntar nun proxecto celebrativo este poema reivindicativo de Curros coas novas voces da música galega. O resultado é un vídeo musical que mestura rumba con influencias da música tropical para dar a benvida ao mes de maio e, de paso, celebrar a vida cun alento solidario. Haberá mil primaveras máis!

O Club de Lectura do IES Monelos


O club de lectura do IES Monelos non é un club onde só séntese frío e onde hai moitísimas persoas que só forman barullo, senón que é un pequeno espazo, normalmente no mesmo lugar da clase, no que durante os recreos un grupo de máximo 10 persoas comentan o libro ou unha parte do mesmo que tiñan que ler para a data indicada.

 



Se alguén sente interese pola lectura, recomendo moito esta actividade. Sempre é mellor comentar unha obra en compañía que en soidade. Ademais, fanse excursión todos os anos para aqueles que sexan membros: son todo vantaxes!

Este ano, aínda que non puidemos rematar todas os libros que estaban marcados, si limos dúas obras, aínda que a primeira destas sexa unha compilación de contos de terror do século XIX. Entre estes relatos curtos destacan os de Edgar Allan Poe, os cales recomendaría a todo o mundo, xa gusten desa temática ou non.


No segundo trimestre limos a primeira e última novela deste curso: Europa Express, de Andrea Maceiras. Aínda que a novela asemella que é prometedora, isto non é así. É entretida, pero algunhas partes fanse tan aburridas e entediantes que ás veces quérese tirar o libro pola fiestra. Unha mágoa, xa que todos os libros elixidos no club son moi boas obras. Mais algunha vez haberá algunha excepción, non?


En resumo, o club de lectura do noso instituto é un moi bo lugar para todo amante da lectura. Ademais, os compañeiros serán da mesma idade, pois va por clases, algo que, sendo sincera, penso que é aínda un punto máis a favor.

4º ESO B Marta Justo Brañas

"Temos que cambiar o modelo de residencias, pero sobre todo a consideración que se ten das persoas maiores"




 

28/04/20

A educación en Galicia: da Restauración á II República

Traballo elaborado polo equipo da biblioteca en colaboración co EDLG do IES Monelos neste período de confinamento polo coronavirus



23/04/20

25 de abril: recordando a revolución dos cravos

Diversas entidades fan un chamamento a cantar dende as fiestras o "Grândola, Vila Morena" este sábado 25 de abril ás 16 horas, para conmemorar o aniversario da Revolución dos Cravos. A Associaçom José Afonso-Galiza inclúe outras actividades na celebración. Tamén se propón subir ás redes sociais imaxes e vídeos empregando #25deAbril e #25deAbrilGZ.

Xoán Fórneas: unha promesa do cine e o teatro galego



22/04/20

Un galega fai rir ao mundo cos seus vídeos a través de Tik Tok

A xerontóloga Laura Franco, de Noia conta con máis de 180.000 seguidores en todo o planeta

Información de Carla Elías en La Voz de Galicia (18-4-2020)

Os seus vídeos de poucos segundos que colga na plataforma Tik Tok atravesan fronteiras e chegan a numerosos países. Comecei dunha maneira moi inocente, bailando cunha amiga de broma, recorda Laura Franco. Leva apenas un ano na rede social (o seu usuario é @laurafranco111) pero esta xerontóloga de Noia converteuse nunha das galegas máis seguidas.



Comezou con vídeos máis humorísticos, pero covertiu o feminismo e o galego nos seus temas fetices. Busco a igualdade en todos os aspectos, aínda que priorizo á muller por temas persoais. Pero tamén intento que as persoas desconecten, e por iso subo humor e chistes fáciles. Á xente gústalle e eu pásoo ben, explica. Pero xusto o seu contido "serio" foi o primeiro que se fixo famoso e provocou que gañase moitos seguidores. Recaín en que as mulleres insultabámonos un montón entre nós, e pareceume tan pero tan feo que un día fixen o meu primeiro audio serio, sen bailar nin bromas, e viralizouse. Pero eu ignorei completamente Tik Tok un mes ou así, e cando entrei de novo tiña máis de seis mil seguidores novos sen decatarme, recorda.
Así comezouse a popularizarse, e non só na Rede. A xente comezou a facerme preguntas sobre o mundo do feminismo e eu seguín subindo vídeos. Comecei a darme conta da importancia cando me empezaron a parar na rúa para quitar unha foto, recorda.
Agora a súa popularidade mídese en miles e millóns. Conta con máis de 182.000 seguidores, suma 7,7 millóns de gústame e os seus vídeos máis imitados superan as 90.000 versións. Pero, a guasa vén de serie. Sempre fun de humor fácil. De feito, os chistes máis elaborados a min non me fan graza. Normalmente contaba un chiste e ría eu soa. Os meus amigos non rin nunca, ignóranme completamente. Pero en Tik Tok atopei a persoas que teñen o meu humor malo. Botéillelo en cara aos meus amigos! Bromea.

21/04/20

Morre aos 97 anos Luz Pozo Garza, voz esencial da poesía galega do século XX

Foi unha das profesoras dende a creación do IES Monelos fai máis de 50 anos


En memoria de Luz Pozo Garza

Esta gran poeta, membro da Real Academia Galega desde o 29 de novembro de 1996, foi moi importante para o noso instituto, o IES Monelos, pois foi directora na súa fundación (a finais da década dos 60).
As súas obras foron moi ben recibidas e foron premiadas con moitas distincións: Medalla Castelao, Premio da Critica da poesía Galega, premio Larexo... o seu poemario máis famoso foi El pájaro en la jaula.
Naceu en Ribadeo o 21 de xullo de 1922. Cando só tiña catorce anos, a causa da Guerra Civil, tivo que trasladarse a Lugo e posteriormente a Marrocos, máis concretamente en Larache. Xa de volta en Galicia, instalouse en Viveiro, lugar onde realizaría estudos musicais que influenciarán a súa obra poética. Tamén estudaría maxisterio e filoloxía románica.
Máis tarde, tras instalarse en Vigo, estivo impartindo clases como profesora de lingua española até a súa xubilación en 1987. Tamén estivo involucrada nas revistas Nordés e Clave Orión.
Morreu o 20 de abril de 2020, con 97 anos, na cidade d’A Coruña. Unha gran perda para a lingua e literatura galega.

4º ESO B. Marta Justo Brañas 

Fragmento de 'Cantiga para ler en tempo de penumbra' (Códice Calixtino, 1986)

Cae unha folla intacta coma laio
talvez volver os ollos a contemplar o tempo
bailar corpo belido
no centro da mudanza onde o mar é levado
e non saber a forma precisa da demora:
     E ai Deus se virá cedo!

Dormir soñar morrer acaso
agardar un encontro para se tornar caricia
e bañarse nas ondas
nas mesmas vivas aguas da existencia
sílabas delicadas ausencias repentinas
a se perder no reino do lamento:
     E ai Deus se virá cedo!