23/05/24

XIX Premios de fotografía "Xurxo Lobato"

O 23 de maio fíxose entrega dos premios "Xurxo Lobato" na súa XIX edición no IES Monelos. 
 
O alumno de 1º BAC D Alejandro Lorenzo Naya realizou esta entrevista ás gañadoras do concurso que foron Valentina López López Cruz do EASD “Mestre Mateo” de Santiago cun tema titulado “Volatil, tolemia, oniria” (1º premio), Mara Martínez Prado do IES do Sar (Santiago) por un traballo titulado “Pinzas De Buxantes” (2º Premio) e Emma Arango Branco do IES “Adormideras” (A Coruña) por “Retrato” (3º premio). 
 
Grazas aos participantes e Parabéns aos gañadores!

 



Modo Versus: Super Metroid vs. Castlevania Symphony of the Night (Metroid vs. Vania)

 

20/05/24

Parque Cidade “Monte Martelo”, un parque que cambia unha cidade

 Información de Ubaldo Cerqueiro en Xornal da Coruña

Foto aérea da zona que abarca o Parque Ciudad Monte Martelo-Foto Héctor Ponte copia

Que está a pasar co pan galego? A volta a Galicia de forno en forno

 Información de Jorge Guitián en Vinte

Juan Carlos no obradoiro de Aboamigalla, en Cea. CC-BY-SA Jorge Guitián

Guadi Galego presentará Síntese Horizonte o domingo 2 de xuño no Teatro Colón

 Información en Silcerino


Milei abre unha crise diplomática sen precedentes tras atacar a Sánchez no mitin ultra de Madrid

 Información de Pablo Mortera Franco en InfoLibre

 

Santiago Abascal e Javier Milei esta fin de semana en Madrid © @Santi_ABASCAL

Tras aparcalo dous anos a Xunta quere un "cambio de paradigma" no turismo: "Faise urxente pensar novos enfoques"

 Información de David Reinero en Praza Pública

Turistas na praia das Catedrais CC-BY-SA Xunta de Galicia

#CoñeceOMar con Rogelio Santos: Cantos cerebros ten o polbo?

 

18/05/24

Resumo da manifestación do 17 de maio: Galego vivo, Galiza viva

 

A Coruña decide o futuro da súa fachada litoral co peirao de San Diego como clave

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

Vista aérea do Porto da Coruña © Porto da Coruña

«Aquí tamén se fala galego»: como unha campaña de instituto levou nun ano a nosa lingua a todo o mundo?

 Información de Ana Abelenda en Fugas de La Voz de Galicia

Os profesores Alberto Pombo e Arcadio González xunto aos alumnos Oli Rivas, Emiko Vázquez e Noa Tajes, parte do equipo da campaña «Aquí tamén se fala galego», do IES Rafael Dieste, da Coruña. ANGEL MANSO

Entrega dos premios Letras Galegas do IES Monelos

O xoves 16 de maio fixéronse entrega dos premios Letras Galegas convocados polo EDLG do Centro.

Alejandro Lorenzo Naya  de 1º de bacharelato gañou o concurso na modalidade de narrativa na categoría 4º de ESO e Bacharelato.

Elena Álvarez-Azurmendi Gutiérrez de 2º de ESO gañou o concurso de Galego con Ciencia na categoría de 1º e 2º de ESO na súa 4ª edición.

O director, Antón Orosa, fixo entrega dos premios.

Parabéns aos gañadores!

Alejandro Lorenzo Naya gañador do premio de narrativa na súa categoría

 

Elena Álvarez-Azurmendi Gutiérrez gañadora do premio de ciencia na súa categoría

20 anos da Gentalha do Pichel Loita cultural desde as marxes

 Información de Vanesa Vázquez en Vinte

Receitas de polo 'broaster' con aros de cebola e dados de queixo con cabaciña rebozada

 

17/05/24

Exposición sobre Luísa Villalta

 Elaborada pola profesora de Lingua e Literatura Galega Montserrat Puime coa colaboración do alumnado de 1º de Bacharelato.

 

Unha ducia de frases sobre Luísa Villalta das persoas que a coñeceron

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública


A Coruña homenaxea a Luísa Villalta, “activista polo idioma” e muller “comprometida”

 Información en Xornal da Coruña


 

Yolanda Castaño e Isaac Garabatos recitan a Luísa Villalta con Deleite Galego 💙

 

Milleiros de persoas reclaman que a Xunta cumpra o Plan de Normalización para "reverter a situación de emerxencia lingüística"

 Información en Praza Pública

A manifestación de Queremos Galego, na Praza da Quintana © CIG

Mocidade creadora de contido na rede chama a mobilizarse pola lingua este 17 de maio: "queremos vivir en galego con normalidade"

 Información en Praza Pública


 

Pontedeume prepara o seu 'Cortexo Cívico', "a maior festa cultural das Letras fóra do acto oficial"

 Información en Praza Pública


 

Mulleres nas Letras Galegas

 Programa elaborado polas alumnas de 3º de ESO Catalina Bago e Sabela García.


O deporte galego fala galego

 

Os reis e raíñas da Galiza. 1000 anos dun reino de seu

 

Receitas de 'berlinas' de crema e 'bambas' de nata

 

13/05/24

Concurso Letras Galegas IES Monelos 2024

O xurado composto polos profesores e profesoras Antonio Frade Fraga, Marta Rafael Balsa e Mar Rodríguez decidiron conceder o premio na categoría de 4º de ESO e Bacharelato na modalidade de narrativa do concurso das Letras 2024 convocado polo EDLG do IES Monelos ao alumno de 1º de bacharelato Alejandro Lorenzo Naya polo seu relato titulado "Malo será".

Tal como queda establecido nas bases do concurso a continuación publicamos o relato gañador en Cotarelo.

 Malo será

Comezaba un novo día, e con el a resaca e o cansazo dunha interminable noite de San Xoán. Paseabas por Riazor e o Orzán e vías as fogueiras, xa sen brasas, as botellas de alcohol e algún que outro borracho que aínda permanecía na praia. A noite de San Xoán dá comezo ao verán, a mellor estación do ano, xa que non hai escola, pero sobre todo non hai exames, así que podes facer o que queiras. É unha época feliz. Ou iso cria eu, mentres vía o branco, frío e triste corpo,sen vida, do meu mellor amigo Samuel.

El mirábame, mentres estaba deitado boca arriba sobre unha prancha de metal situada dentro dun cuarto frío. Eu, parado ao seu carón, só podía pensar en como chegara a esa situación, se só pasaran unhas horas desde que falei con el.

Por fin rematou o curso, e para celebralo, Samuel e mais eu decidimos vernos ao día seguinte no parque de Oza, como é habitual. Para nós é tradición reunirnos nese parque para charlar, ademais, agora puxeran uns bancos e xa non tiñamos que sentar no chan. Cando cheguei á casa amoseille as notas á miña familia, non sabía como pero aprobara inglés, recoñezo que son terrible e non me gusta nada. Grazas a que pasei todo, meus pais deixáranme ir cos meus amigos en San Xoán. Oxalá viñese Samuel!, pero seguro que non vén. Xa que temos pensado ir á praia de Riazor para queimar todos os apuntes deste ano, teño moitas ganas de queimar os apuntes de lingua castelá, porque estou farto de Bécquer e das súas rimas e lendas ata os narices, deberían facer esa materia como optativa e non como troncal.

Era ese mesmo día pola noite, non podía durmir, así que decidín poñerme a mirar Instagram, para a miña sorpresa atopei unha foto de hai uns meses de Samuel e a súa actual ex-moza Sofía. Mirei para ela e só puiden sentir compaixón polo meu amigo, xa que a súa moza lle foi infiel en reiteradas ocasións, ela intentou negalo todo, pero decatámonos da mentira. Despois diso, Samuel entrou nunha depresión, da que tardou varios meses en saír.

Estiven presente en todo momento, desde que Samuel se deu conta da infidelidade ata que volveu a ser el mesmo. Tentei axudalo, aínda que nunca tivera parella e non entendía, de primeira man, ese sufrimento amoroso; pero nunca usei a psicoloxía das películas para darlle consello. Non sei se era a mellor opción, pero expliqueille repetidas veces que deixase ir o que non pode controlar, que deixase ir a Sofía. Ninguén cambia se non recoñece un problema. Deixa de esperar cousas que simplemente non che queren dar, explicacións, o final da relación, desculpas... Xa que haberá momentos nos que soamente ti terás que avanzar. Pero sobre todo, recalqueille que ás veces o final é un comezo que soamente ti podes trazar.

Ao principio, non o entendía, non entendía que tiña que deixala ir, que el lle estaba facendo dano. Samuel só pensaba en Sofía, non podía quitala da cabeza. Mentres ela deixara de pensar nel hai uns meses. Co paso do tempo, Samuel mellorou, comprendeu que o amor non é como o das películas, que ten os seus pros e contras, que cada rapaza é un universo. Cando foi final de curso sentíase xenial, deixara atrás os seus demos do pasado, xa non pensaba en Sofía e volveu lucir feliz, con aquel fermoso sorriso de orella a orella.

Cando quedei con el no parque, vino pálido, coma se vise a Raskolnikov matando aquela anciá no seu apartamento de San Petersburgo. Comecei falando do fin de curso e do que nos agardaba o vindeiro curso en segundo de bacharelato, ou como lle chamamos nós, o ano da solución final. Samuel non parecía moi contento, pero parecía que pouco a pouco ao longo da conversa se animaba un pouco máis. Eran as dezanove horas cando, ao lonxe, vimos pasar a Sofía, levaba un vestido negro moi axustado, pero que lle quedaba marabilloso, un bolso vermello cereixa e uns tacóns negros, que dubido moito que durasen a noite de San Xoán. Nese momento mirei para Samuel, estaba contento, tiña un sorriso radiante, propio dunha persoa feliz consigo mesma. Por fin deixouna ir.

Despois as vinte horas separámonos.  El marchou para a súa casa, xa que non quería ir de festa, e eu fun para a miña casa, para cambiarme e saír cuns amigos.

Ás cero horas atopábame dándoo todo coa canción do Mundial de fútbol de Sudáfrica, todo isto fíxeno acompañado duns holandeses. Era unha noite marabillosa de xuño, case non había vento, e o que había era un pracer para o corpo, o ceo estaba despexado e non houbese altercados durante a noite Todo o mundo estaba pasándoo de morte, ata Samuel.

Samuel morreu o 24 de xuño ás cero horas e trinta minutos, mentres durmía. Tomara quince somníferos da súa nai, que non se decatara de que llas roubara. Isto provocoulle unha convulsión moi grande que o levou a un fallo de órganos múltiples, pero non se decatou, atopábase profundamente durmido, por desgraza, un soño do que nunca espertará.

De todo isto decateime cando volvía da festa. O pai de Samuel chamoume, contoume o que pasou. Cando cheguei ao CHUAC, deixáronme ver o corpo do meu mellor amigo. Cando o vin todo o que puiden pensar foi por que o fixo. Virao non hai moito tempo, e estaba feliz, volvía a ser o mesmo de antes. Non entendo por que non dixo nada, despois de todo éramos amigos. Podería axudalo, aínda que non fose moito, pero iso era mellor que nada. Tamén podería pedir axuda aos seus pais, para iso están, non si? Se non aos seus pais, a un psicólogo para iso estudaron, para axudar a xente cos seus problemas a través das palabras. Nese momento veu á miña cabeza una cousa que nos contara a nosa profesora de filosofía, Chiruca. Ela explicounos que a esencia do ser humano é dinámica, non estática. Somos un fluxo constante de leccións e experiencias. É dicir, cada momento presente é unha oportunidade para moldear a nosa identidade e o noso destino. En cada momento podemos elixir ser algo diferente ao que fomos. Mentres haxa unha posibilidade de vida, hai unha posibilidade de redención. Pero por que escoller ese destino?

Foi aí cando comprendín que ninguén podía acompañalo no seu sufrimento. En vez de pedir axuda, refuxiouse en si mesmo, crendo que se podía curar a un mesmo, sen axuda de ninguén.

Despois de estar un tempo na morgue, decidín ir falar cos seus pais. No momento en que saín de alí parei, mirei cara atrás e mirei por última vez ao meu mellor amigo, nese momento lembreime daquel poema de Jorge Manrique que dicía “Nuestras vidas son los ríos, que van a dar a la mar que es el morir”, porén o río de Samuel chegou ao mar demasiado pronto. Déronme unha nota que Samuel tiña na man cando o atoparon, que dicía: "Por fin, xa son feliz". Cando o lin púxenme a chorar. Acababa de entender por que Samuel estaba tan feliz,el entendera que a morte era a súa única saída e que tería que morrer para ser feliz. Se o soubese non o deixara ir para a casa, arrastraríao se fose necesario para que non chegase. Falando con el, dicíndolle que non pensase en suicidarse, iso podería impedilo, ou quizais non, pero era mellor pensar iso que asimilar que o meu mellor amigo, ao que levaba máis de dez anos vendo todos os días, estaba morto.

Xa pasara unha semana dende que o enterraron. Non quería saír da casa e tampouco quería que os meus amigos viñeran a visitarme. Nun momento dado, cando xa non podía pensar, pola tristeza, mirei Instagram e volvín ver a foto de Samuel e Sofía. Foi nese momento, mirando a foto, cando levantei a cabeza e dixen para min: "Soamente eu, poderei avanzar".

Alejandro Lorenzo Naya (1º de Bacharelato)

Bendita tolemia! O Dépor renace a lombos da súa afección

 Información en Praza Pública

Milleiros de seareiros acompañaron o Deportivo dende varias antes do inicio do partido que confirmou o seu ascenso © Deportivo

Lucas Pérez consuma o ascenso dun Dépor que aproveitou o primeiro 'match ball'

 Información de Ricardo Suárez en Nós Diario

A CIDADE das MIL CULTURAS 🕌✝️🕍 #2 | TOXÍO

 

12/05/24

Resumo #PrimeiraFederación | DEPORTIVO 1-0 FC Barcelona Atlètic | Xornada 36, Grupo 1

 Xa somos de Segunda!

Camiño do Corgo 2023-2024

 Novo número da revista do EDLG do IES Monelos

Ver Camiño do Corgo 2023-2024


Sofía Regueiro (4º ESO C) Accésit da VII ª edición do Concurso de videopoemas sobre composicións poéticas de Rosalía e Manuel María

Este sábado 11 de maio o xurado do certame, composto polo realizador Omar Rabuñal Varela, o profesor e guionista, Eduardo Álvarez González, e a profesora e guionista, Anxa G. Refoxo, concedéronlle un accésit a alumna de 4º de ESO Sofía Regueiro polo videopoema Rosas, en que o xurado salientou “pola intelixente solución visual que xogando coa dobre cor, a luz e o ritmo, consegue transmitir a beleza da palabra poética”.

 

Neste concurso recibiu o primeiro premio o videopoema A xustiza pola man, de Noa Cabaleiro Ribadulla do IES Nº 1 da Estrada, “por unha sobresaliente interpretación da protagonista cuns planos que transmiten plenamente a variedade de emocións que transitan o poema. Pola plasticidade das imaxes e un ritmo na montaxe que contribúen moi notablemente a conducir e achegarnos á palabra literaria”. Así mesmo, premiou o videopoema Negra sombra, do alumnado do CPR de Narón, “polo potente e coherente resultado que consegue esta obra coral en feminino utilizando a iluminación como recurso dramático, complementado cunha posta en escena en branco e negro como única gama de cor”.

O concurso de videopoemas que organiza a Casa-Museo Manuel María ten por finalidade potenciar a creatividade artística a través da harmonía entre palabra e imaxe e difundir a obra de Rosalía e Manuel María. Nesta sétima edición que se cerrou no día de hoxe contou con medio centenar de participantes de centros educativos de Lugo, A Estrada, Portas, As Pontes, Miño, A Coruña, Vigo, Compostela, Pontevedra, Ourense,  Sarria, Nigrán, Ponteareas, Narón, Ames, Zas, Cotobade, Ordes, Fisterra e O Saviñao. 

 
 

Unha campaña arqueolóxica no Castro de Elviña investigará a causa da desaparición dunha das torres

 Información en Xornal da Coruña

Arquivo - Escavación do Castro de Elviña.. CONCELLO DA CORUÑA - Arquivo

Boyanka Kostova : Foliada no inferno

 Información de Noel Feáns en Praza Pública


A tormenta que 'cazou' Humboldt na Coruña (1799)

 Información de Xosé A. Fraga Vázquez en Praza Pública


Os Premios Follas Novas recoñecen a Susana S. Arins ou Silvia Penas nunha edición dominada polas escritoras

 Información en Praza Pública

Foto de familia dos Premios Follas Novas 24 CC-BY-SA Cedida

Ramón Lorenzo Vázquez | Entrevista con Yolanda Castaño

 

11/05/24

Soledad Felloza: "Desde que falo e vivo en galego, traballo no Brasil, Portugal, Cabo Verde..."

 

Correlingua na Coruña (10/5/2024)

 

Andrea Varela. O talento de Foz que protagoniza ‘As Neves’

 Información de Vanesa Vázquez en Vinte


Unha ducia de finalistas da XI edición dos Premios Martín Códax da música galega

O vindeiro mércores 15 de maio entréganse no Pazo da Cultura Pontevedra os galardóns da undécima edición dos Premios Martín Códax da Música, unha festa dirixida por Xurxo Souto que promete ser “unha gran celebración da selva diversa e espectacular da música galega contemporánea”. Velaquí unha mostra da calidade e variedade da escena galega actual, con algunhas das bandas e artistas finalistas.

Información en Praza Pública


 

'As chaves do tempo': a novela de Villalta que enfronta a Galicia medieval co reino das pantallas

 Información de Ana G. Liste en Praza Pública

Retrato de Luísa Villalta © Cuarto de inverno

O Basquet Coruña fai historia e pon a cidade por primeira vez en ACB

 Información de Ubaldo Cerqueiro en Xornal da Coruña


 

As mulleres nas Letras Galegas