As alumnas de 2º de ESO Lara Beade Hermida e Noa Vázquez Fuentes entrevistan a Marta Souto Naveira (3º ESO A) gañadora Ex aequo do II Concurso de Relatos de Terror organizado pola Biblioteca e o EDLG.
13/12/23
Peche na Consellaría da representación maioritaria do profesorado á espera dunha reunión con Román Rodríguez
Esta acción chega tras o éxito das mobilizacións do profesorado galego neste primeiro trimestre e a reiterada negativa do conselleiro de Educación a recibir as organizacións que representan o 60% do colectivo docente galego.
Corografíate 2023
Este é o vídeo que presentaron as alumnas de 1º de ESO no concurso Coreografíate que organiza a Asociación Socio-Pedagóxica Galega baseado nun tema dunha exalumna do centro que se chama Hydn e a súa proposta Dáche igual.
Non gañamos pero aí tedes o resultado!
Grazas polo traballo de todas!
12/12/23
Gañamos o concurso de novos poliedros organizado por Igaciencia
Piden á corporación que execute os acordos plenarios e non aprobe a construción de 56 vivendas na Maestranza-Campo da Estrada
Información de Ubaldo Cerqueiro en Xornal da Coruña
Radio Monelos Novas. Do 12 ao 18 de Decembro
O alumno de 1º bacharelato D do IES Monelos presenta as novas desta semana.
SUMARIO:
1. Incautados 7.200 quilos de cocaína na Coruña.
2. Conflito entre China e Filipinas polo control do mar.
3. Discusión no goberno español polas prestacións por subsidio de desemprego.
4. Declaracións desafortunadas de Santiago Abascal, líder de Vox, sobre o presidente do goberno.
11/12/23
Predición meteorolóxica para A Coruña do 11 ao 18 de Decembro
Elaborada para a Meteoescola do IES Monelos pola alumna de 1º ESO B Estela Cao Díaz
10/12/23
A oficialidade do galego na UE xa ten prezo: 44 millóns anuais que España se compromete a pagar
As familias rebélanse contra a educación dixital: “Non ensina nada novo, é un pdf na pantalla”
Información de Vanesa Vázquez en Praza Pública
09/12/23
Galicia duplica o promedio anual de varamentos: “Non temos explicación”
O can de palleiro: a raza galega que busca ser excepción na Lei de Benestar Animal
A normativa prohíbe a cría a particulares, o que exclúe ás asociacións que traballan sin ánimo de lucro para dar continuidade ás especies autóctonas
Entrevista a Henrique Monteagudo: "Temos menos falantes de galego pero máis conscientes e que consomen cultura de xeito moi distinto. Aí está o desafío"
Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública
Unha ducia de carteis da Transición do Fondo Miguel Gutiérrez na web do CCG
08/12/23
07/12/23
Galicia rexistra o outono máis cálido e húmido da serie histórica
O avance do informe climatolóxico de Meteogalicia sinala que a precipitación media acumulada foi un 93% superior ao valor climático normal.
Café Derby 21. O prohibido, con Jaione Camborda
Neste 2023 non podía faltar un Café Derby 21 cunha das revelacións da temporada e un talento único, froito do encontro entre Galicia e Euskal Herria. Atopámonos coa cineasta Jaione Camborda en Santiago de Compostela, no clásico Pub Momo da capital galega, e brindamos pola súa Cuncha de Ouro no Festival de San Sebastián grazas a O Corno
Xunto a Jaione Camborda falamos neste programa sobre O PROHIBIDO, a raíz do que acontece no filme O Corno, pero tamén en todos os ecos que resoan na actualidade. Achegámonos a pensar sobre as liberdades, pensar que os anos 80 eran máis libres, a prohibición social sobre a sexualidade ou autocensurar o teu desexo.
O efecto COVID no ensino galego: menos competencias en matemáticas e lectura e apenas cambios en ciencia, á cabeza do Estado
Información de David Reinero en Praza Pública
Case seis de cada dez enfermeiras nos hospitais do Sergas son temporais
Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública
06/12/23
05/12/23
Radio Monelos: entrevistamos a Sabela Maneiro (compoñente de Tanxugueiras)
As alumnas de 1º ESO B Carolina Barbeito de la Cruz e Paula Rial Cernadas mantiveron unha entrevista telefónica este martes 5 de Decembro con Sabela Maneiro unha das compoñentes do grupo Tanxugueiras.
Radio Monelos Novas (Información do 29 de Novembro ao 5 de Decembro)
Redactado polo alumno de 1º Bacharelato Alejandro Lorenzo Naya. Na locución Yelina Dopico López (4º ESO C) e o propio redactor.
SUMARIO:
1. Erupción do volacán Morapi en Indonesia que causa moitísimas vítimas.
2. Falece aos 84 anos a artista Concha Velasco.
3. Un antigo membro dos castellers de Barcelona xulgado por abuso sexual a menores.
4. Vitoria do Depor contra o Barça Atletic por 1-2.
04/12/23
Ricardo Cao, novo reitor da Universidade da Coruña
Información en Xornal da Coruña
Predición meteorolóxica na Coruña do 4 ao 11 de Decembro
03/12/23
02/12/23
Radio Monelos: entrevista a Inés Insua Puente (2º ESO) unha das gañadoras do II Concurso de Relatos de Terror
Lara Beade Hermida e Noa Vázquez Fuentes (alumnas de 2º ESO) entrevistan a súa compañeira Inés Insua Puente como unha das gañadoras dos II concurso de relatos de terror organizado pola Biblioteca e o EDLG. O relato titúlase "A pantasma do lago".
O Porto da Coruña e o Concello de Vigo, os que máis fondos Next Generation recibiron en Galicia
01/12/23
Un videoxogo da UDC logra catro nomeamentos nos premios de PlayStation
Información en Xornal da Coruña
Teatro do Noroeste e Clara Gayo recuperan 'As damas de Ferrol', unha comedia negra en clave feminista
Álvaro Gago e María Vázquez, finalistas dos Goya por 'Matria' e Janet Novás por 'O Corno'
Comeza un Culturgal dirixido a apoiar ao tecido profesional da cultura
Na edición do Culturgal deste ano, a programación dirixida a profesionais adquire un corpo destacado cun panel de 30 actividades nas que están implicadas boa parte das asociacións sectoriais e profesionais que operan na cultura galega. Ser de utilidade para as persoas e entidades que traballan en xestión cultural, é unha das apostas desta 15ª edición.
Información de Manuel Xestoso en Nós Diario
30/11/23
Radio Monelos: programa musical sobre High Paw
Programa elaborado pol@s alumn@s Camila Pazo Uzcategui (4º ESO) e Lucas Eiroa Osoro (1º Bacharelato)
29/11/23
Radio Monelos Novas (Información do 22 ao 28 de Novembro)
Redactada polo alumno de 1º Bacharelato D Alejandro Lorenzo Naya. Na locución Enrique Alonso Fúster (1º Bac D) e o propio redactor.
Sumario:
Internacional: Visita do presidente do goberno Pedro Sánchez a Israel.
España: Manifestación do 25-N contra a violencia de xénero.
Galicia: As veleutinas.
Local: Empate do Depor ante o Osasuna B.
Un equipo galego participa nun ensaio pioneiro para reducir os efectos negativos da radioterapia
O proxecto pretende xerar altas doses de radiación ultrarrápida, coñecida como "radioterapia flash", mediante protóns acelerados por láser.
28/11/23
O ensino afronta unha nova folga do profesorado galego, o que asume máis carga lectiva no Estado
Información de Miguel Pardo en Praza Pública
As redes choran a morte de Miguel López, 'El Hematocrítico': "hoxe a vida é un pouco menos divertida"
Morre aos 47 anos de idade o mestre, escritor e coñecido tuiteiro coruñés Miguel López, El Hematocrítico, a consecuencia dun infarto. "Recordarémoste sempre cun sorriso. Grazas, Hemato", despídese del a editorial Xerais, onde publicou O meu irmono, Rapunzel con piollos, Un can ou Dona problemas, entre unha vintena de obras infantís e xuvenís. O seu falecemento foi confirmado nas redes sociais pola súa parella, a tamén escritora Ledicia Costas.
Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública