02/12/23

Radio Monelos: entrevista a Inés Insua Puente (2º ESO) unha das gañadoras do II Concurso de Relatos de Terror

Lara Beade Hermida e Noa Vázquez Fuentes (alumnas de 2º ESO) entrevistan a súa compañeira Inés Insua Puente como unha das gañadoras dos II concurso de relatos de terror organizado pola Biblioteca e o EDLG. O relato titúlase "A pantasma do lago".


Prendidas 3 millóns de luces do nadal coruñés

 Información en Xornal da Coruña


 

Un contacto singular: Charles Darwin e Vítor López Seoane

 Información de Tino Fraga en Praza Pública

Víctor López Seoane Dominio Público

O Porto da Coruña e o Concello de Vigo, os que máis fondos Next Generation recibiron en Galicia

 Información en Praza Pública

Entrada dun buque no Porto Exterior da Coruña © Autoridade Portuaria da Coruña

Noel Feáns: "Vivimos un momento histórico por cantidade e calidade. O galego está a se converter na lingua de prestixio na música do país"

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

Noel Feáns © Cedida

Unha ducia de números históricos de Grial no 60 aniversario da revista

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública


 

Proxecto Nós, o galego na intelixencia artificial

 

A lea entre os MEDIOS e as REDES con @OrgulloGalego | LARETANDO #10

 

01/12/23

Un videoxogo da UDC logra catro nomeamentos nos premios de PlayStation

 Información en Xornal da Coruña

Integrantes de Gamespond, Alicia Puentes, Diego Pérez, George Neighbour, Mónica García, Juan García e Sergio García, deseñadores e creadores de 'Avy, Fábulas de la Noche'. UNIVERSIDADE DA CORUÑA


 

Afra Torrado: «O humor é o meu mecanismo de defensa. Son eu así»

 Información de Vanesa Vázquez en Vinte


 

Teatro do Noroeste e Clara Gayo recuperan 'As damas de Ferrol', unha comedia negra en clave feminista

 Información en Praza Pública

Un momento dos ensaios da obra 'As damas de Ferrol' © Chiripa / Teatro do Noroeste

Álvaro Gago e María Vázquez, finalistas dos Goya por 'Matria' e Janet Novás por 'O Corno'

 Información en Praza Pública

Álvaro Gago e María Vázquez, na estrea de 'Matria' no Festival de Berlín © Javi Quiroga

Enreguéifate: máis madeira para impulsar o galego na mocidade a través da improvisación oral

 Información en Praza Pública

Imaxes dalgúns dos obradoiros de 'Enreguéifate' © Enreguéifate

Conversa de despedida? Emotivo directo co grupo LEILÍA

 

O Seminario de Onomástica responde: O Orzán

 

O legado das Irmás da Fala - Irmás na Fala – Capítulo 4

 

Guadi Galego - Mar

 

Comeza un Culturgal dirixido a apoiar ao tecido profesional da cultura

Na edición do Culturgal deste ano, a programación dirixida a profesionais adquire un corpo destacado cun panel de 30 actividades nas que están implicadas boa parte das asociacións sectoriais e profesionais que operan na cultura galega. Ser de utilidade para as persoas e entidades que traballan en xestión cultural, é unha das apostas desta 15ª edición. 

Información de Manuel Xestoso en Nós Diario 

O equipo da Culturgal, dirixido por Eva Alonso, estivo a traballar durante o verán nas diferentes liñas desta edición.
 

Enrregueifate!

 

En que zonas das Rías Baixas hai plásticos flotantes? Este mapa ten a resposta

 Información de Victoria García en GCiencia


 

29/11/23

Radio Monelos Novas (Información do 22 ao 28 de Novembro)

Redactada polo alumno de 1º Bacharelato D Alejandro Lorenzo Naya. Na locución Enrique Alonso Fúster (1º Bac D) e o propio redactor.

Sumario:

Internacional: Visita do presidente do goberno Pedro Sánchez a Israel.

España: Manifestación do 25-N contra a violencia de xénero.

Galicia: As veleutinas.

Local: Empate do Depor ante o Osasuna B. 


 

Un equipo galego participa nun ensaio pioneiro para reducir os efectos negativos da radioterapia

O proxecto pretende xerar altas doses de radiación ultrarrápida, coñecida como "radioterapia flash", mediante protóns acelerados por láser.

Información en GCiencia


 

28/11/23

Historias da Coruña: o Castelo de San Diego

 Programa realizado polas alumnas de 1º ESO B Laura Virosta Peón e Salma Zapata Karzazi


O ensino afronta unha nova folga do profesorado galego, o que asume máis carga lectiva no Estado

 Información de Miguel Pardo en Praza Pública

Mobilización de profesorado en Santiago, o pasado 19 de novembro CC-BY-NC-SA CIG-Ensino

“Os Naufraxios da Costa da Morte” na Mariña da Coruña

 Información de Ubaldo Cerqueiro en Xornal da Coruña


 

As redes choran a morte de Miguel López, 'El Hematocrítico': "hoxe a vida é un pouco menos divertida"

Morre aos 47 anos de idade o mestre, escritor e coñecido tuiteiro coruñés Miguel López, El Hematocrítico, a consecuencia dun infarto. "Recordarémoste sempre cun sorriso. Grazas, Hemato", despídese del a editorial Xerais, onde publicou O meu irmono, Rapunzel con piollos, Un can ou Dona problemas, entre unha vintena de obras infantís e xuvenís. O seu falecemento foi confirmado nas redes sociais pola súa parella, a tamén escritora Ledicia Costas. 

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública


 

Paranoia, psicoses, convulsións… Científicos galegos alertan do risco dos cannabinoides sintéticos

 Información en GCiencia

A investigación da USC identifica 20 novos cannabinoides sintéticos.

26/11/23

O feminismo alza a voz contra a violencia machista nas rúas galegas

 Información de Vanesa Vázquez en Praza Pública

Manifestación en Vigo este 25 de novembro. CC-BY-SA BNG

Palestina

Interesante reflexión sobre o conflito palestino que fai en La Voz de Galicia o presidente da Real Academia Galega Víctor F. Freixanes.

Unha lectura recomendada Miguel-Anxo Murado que estivo como reporteiro en Palestina fai un par de décadas pero que segue vixente hoxe en día Fin de século en Palestina.

Información de Víctor F. Freixanes en La Voz de Galicia

MOHAMMED SABER | EFE

Miguel-Anxo Murado Fin de século en Palestina

Diego Ameixeiras: "Os suicidantes"

 Información en Edicións Xerais


 

Gciencia: así somos

Gciencia naceu en 2013 coa vocación de facer divulgación a través do xornalismo. Galardoado con premios tan relevantes como o Prismas ou o da Crítica de Galicia, e cunha comunidade de seguidores de máis de 130.000 persoas, o portal da ciencia galega fixo 10 anos o 25 de novembro de 2023. Neste vídeo mostrámonos aos nosos lectores tal e como somos.
 

Ames, o derradeiro concello con máis nacementos que mortes no país da natalidade minguante

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

Unha praza en Bertamiráns CC-BY-SA Lmbuga

Receitas con figos

 

25/11/23

25 de Novembro: Contra a violencia de xénero

 Presentación elaborado polo Equipo da Biblioteca do IES Monelos

Radio Monelos: programa sobre "Luar na Lubre"

Programa elaborado polas alumnas Carolina Barbeito de la Cruz (1º ESO B) e Sofía Regueiro Seoane (4º ESO C)


 

Algúns vídeos: "Romeiro ao lonxe" publicado con motivo do último LP "XX Encrucillada", "Dum Pater Familias" que forma parte do LP "Vieiras e vieiros, historia de peregrinos", "Os Tafenos da Gaurra" do LP "Ribeira Sacra" e "Torre de Breoghan"  (Trailer). 

Un 25N contra a 'espiral de violencia' que leva a un récord de denuncias e de chamadas ao 016 en Galicia

 Información en Praza Pública

25N, Día Internacional para a erradicación da violencia contra as mulleres CC-BY-SA Foto: Galicia en Negro | Montaxe: Praza.gal

Gañadoras da II edición do concurso Relatos de Terror IES Monelos

As alumnas Inés Insua Puente (2º ESO B) co relato "A pantasma do lago"  e Marta Souto Naveira (3º ESO A) co relato "A miña historia" foron as gañadoras do segundo concurso de relatos de terror do IES Monelos que organiza a Biblioteca e o EDLG do centro. Parabéns ás gañadoras e moitísimas grazas aos participantes.

 A PANTASMA DO LAGO (Inés Insua Puente 2º ESO B)

 - Conta a lenda que no parque que hai ás aforas desde mesmo pobo morreu unha muller hai moitos anos, perseguida por uns gardas. Supostamente roubara ouro porque era pobre pero a illaron e os gardas comezaron a perseguila. Cando estaba no bosque xirouse para ver canta vantaxe lles levaba aos seus perseguidores pero tropezouse e caeu. Desgraciadamente abaixo había un lago, nesas épocas de xaneiro case xeado. A moza caeu nel e como non sabía nadar e a auga estaba moi fría, morreu cos gardas mirándoa en vez de axudala. Esa mesma lenda conta que a súa pantasma mora por ese lago para vingarse deles e mata a todo aquel que se acerque ao lago.

 

- Si, oh, quen vai crer iso? Espera Nico, estás temblando? En serio o cres?
- Poiss, ehh, non pero é que da moito medo...
- Ti es un caguica, xa ch digo eu que o inventaron uns nenos cando se aburrían. De onde sacaches a historia, David?
-Non sei, contouma un compañeiro de clases.
-Pois vaiamos alí, ao lago , a ver se é verdadeira a historia.
- Ari, ti estás tola? Como imos ir alá? Non nos deixan nin acercarnos ao bosque.
- Pero ás agachadas imos. Non íamos quedar a durmir na miña casa esta finde? Pois imos pola noite. Ademais é xusto a noite de Samaín.
- Si, de noite, aínda menos, dame medo a historia, non che digo o lugar.
- Veña, Nico, que che acompañamos. Que dicides vos, David Clara?
- Non sei, a verdade que dame un pouco de medo pero tamén teño curiosidade. Supoño que por min si.
- Xenial Clara, por iso es a miña mellor amiga. Ti que dis, David?
- Eu vou se ides todos.
- Moi ben, Nico, faltas ti.
- Pe-Pero
- Nico porfiii...
- Ahh Clara non me mires así, ehh, aishn, vale, irei pero como moito unha hora.
- SIIIIIIII!
É así como decidiron os catro nenos ir a se bosque pola noite. Esta cuatripiña estaba formada por Nico, o máis pequeno do grupo (tiña 12 anos); era bastante medoso pero alegre e creativo. Tamén estaban Clara e David, que eran irmáns. Clara tiña 13 anos era bastante hiperactiva pero algo terca. Dani, o maior con 15 anos, tranquilo e intelixente. Por último Ariadna, tamén con 13 anos e bastante enerxética e atrevida.
E así chegou. Xa o tiñan todo preparado, ata conseguiron convencer á irmá pequena de Ari para que non dixese nada a os seus pais.
-Bueno, xa son as doce e media e media e os meus pais xa están durmindo, ímonos?
- Seguro que imos facelo? Non queredes facer un cambio de última hora?
- Que non Nico, imos. Todos tedes a mochila? Pois a diante.
Os catro saíron da casa e colleron cadansúa bici. Pedalearon ata chegar as últimas casas o carón do bosque. Aí as deixaron e colleron dúas lanternas e comezaron a internarse no bosque. Para non perderse, Nico levaba unha voa de fío que enganchara na primeira árbore e que deixaba caer todo o tempo . Así estiveron buscando o lago 20 minutos sen atopar nada.
-Xa levamos 20 min non atopamos nada, e se nos imos?
- Pois a verdade, Nico é que si me aburro un pouco. E ademais os pais de Ari poden espertar en calquera momento.
- Aggh, non sei. Dani ti tamén queres irte?
- Eh... A verdade é que si, teño un pouco de sono.
- Bueno... Vale pero solo 5 min máis porfa.
- 5 min e ímonos, vale Ari?
- Siiii, aproveitémolos.
Xa pasaran 5 min e non atoparan o famoso lago. Estaban por irse cando...
-Que foi ese son?
- Que dis Nico? Eu non escoito nada.
- Cala, Ari, e escoitade todos.
-... Eu non escoito nada.
- Nin eu. Será mellor ir a casa, seguro que estás canso.
Nico agarrou a Clara polos ombreiros, xa que era a única que non falara e preguntoulle a ela.
-Clara, ti si o escoitaches non?
Pero Clara non respondeu. Estaba a mirar a detrás dos outros tres. Como xa imaxinaredes que pasará, os tres xiráronse a ver o que estaba mirar Clara cos ollos como pratos. E o que viron foi unha luz branca acercándose lentamente.
-AHHHH SEGURO É A PANTASMA DA SEÑORA QUE VEN A POR NÓS!!!!
- Relaxa Nico, seguro non é nada...
Cando Ari xirouse para tranquilizar ao seu amigo viu como os demais saíran correndo aterrorizados. Non lle quedou outro remedio que correr detrás deles.
-Que facedes!? Parade un pouco! Escoitádesme!?
Máis ninguén lle respondeu ata que se cansaron de correr e sentaron os tres a carón dunha árbore. Ari quedou de pé mirándoos.
- En serio criades que iso era a pantasma? Sería calquera cousa, non vos asustedes.
- Ehh, ao mellor si que nos pasamos un pouco, síntoo Ari.
- Home grazas David. Será mellor que volvamos a casa. Nico, dame o fío.
Nico púxose pálido e calou.
-Nico? Tes o fío non?
- Pois...ehh... Pode que se me caese co susto.
-NICOO! E agora que facemos? Como saberemos por onde ir?
- Non si, vale? Non s...
A resposta do asustado neno quedou afogada por uns ladridos. Xa non lles deu tempo a gritar cando un can apareceu correndo ata eles. Nada máis alcanzalos comezou a lamberlles a cara.
-E agora de onde sae este can?
- Será de alguén?
-Si, Clara, non ves que ten un colar?
Dito isto David apuntou coa lanterna ao pescozo do can e efectivamente, había un colar.
-Pon... Firulais, que nome máis curioso.
-Ese é, nenos, o meu can.
Todos se xiraron cando soou unha voz grave e masculina detrás deles. Aí estaba un señor duns cincuenta anos apuntándoos cunha lanterna.
-Eu son o gardabosques. Saístes antes correndo me vistes.
- Ostris, non era a pantasma. E ti que fas aquí e de noite?
- Iso mesmo debería preguntarvos a vós. Entrei no bosque co meu can cando escoitei voces e resultou que fostes vós. Será mellor que vos vaiades antes de que se me ocorra preguntarvos algo. Sabedes por onde se sae non?
- Pois andamos un pouco perdidos, é certo.
- Xa vexo. Seguide por aí un pouco e veredes unha pasarela de madeira. Ides por alí e xa está a saída por onde entrastes. Eu vou por outro lado vale?
- Moitas grazas de verdade. Adeus.
- Ata pronto pero non volvades outra vez pola noite. Nin eu ata hoxe vin nunca pola noite, é perigoso.
-Valee.
E seguindo os pasos do gardabosques, saíron do bosque, colleron as bicis, e axitados, volveron á casa de Ariadna a durmir. Mentres eles volvían a casa, o gardabosques tamén facía o mesmo, pero, de súpeto, Firulais comezou a ladrar como tolo. Non paraba d mirar a detrás del.
-Firulais, que pasa?
Non rematara a pregunta cando este saíu correndo na dirección que miraba. O gardabosques ía saír detrás del para evitar perdelo pero sentiu unha persoa en fronte del, na dirección contraria na que saíra correndo Firulais. A persoa semellaba unha muller vestida con roupas antigas. Estaba mollada e emitía unha especie de aura branca. Detrás dela, como se saíse da nada, había un lago.
-Boas noites, está perdida ou algo?
A muller seguiu acercándose sen dicir nada. O gardabosques, xa un pouco asustado, comezou a retroceder, pero cando a muller xa case estaba pegada a el, tropezou e caeu. Pola dor no pé, gritou, pero a muller chegou ata el. O bosque quedou en inmediato silencio.

 

A MIÑA HISTORIA (Marta Souto Naveira 3º ESO B) 

Ola, son Carmen e esta é a historia da miña vida. Son médica forense, máis ben, era. Levo de baixa cerca de dous anos e non hai moito máis de tres semanas que saín do centro psiquiátrico dende o que ocorreu. Non me vin capaz de contarlle esta historia a ninguén ata agora. Miña nai e meu pai levan sen dar sinais de vida desde que me metín nesta carreira porque eles consideraron que o traballo non era para min e ademais eles sempre desexaron que eu quedase coa súa empresa de aluminios, pero eu sabía que ese traballo xamais me enchería, xa que, sempre fun a lista da miña clase, a que sacaba as mellores notas e eu confiaba en que podía chegar moi lonxe. Pero esa confianza desapareceu despois de que me contratasen no peor hospital da cidade, unha oportunidade que tiven que aceptar porque ofrecíanme un bo salario e quedábame preto da casa. Creo que xa estou preparada para contar todo isto, así que, aviso de que esta historia non é apta para xente sensible. 

O meu traballo non serve para todo o mundo. En xeral, a sanidade non está feita para todas as persoas. A xente sensible non podería ser capaz de traballar nun hospital e moito menos de tratar con pacientes. Eu sempre me interesei polas ciencias, concretamente encantábame a anatomía e o corpo humano pero sabía que non sería capaz de tratar con xente enferma todos os días. Así que non atopei outra alternativa que facerme médica forense. Moita xente non sabe en que consiste este traballo pero eu non teño problema en explicalo. Cando una persoa falece, ás veces non se sabe con total seguridade as causas da súa morte, así que realízase una autopsia que consiste nunha inspección de todas as partes do seu corpo para descubrir cal fallou. Non sinto nin padezo cos meus pacientes, ao final é xente que xa faleceu, aínda que ás veces cando resolvo o misterio da súa morte, entristéceme sobre todo cando xente moi nova morre por un cancro que non sabía nin que tiña ou por enfermidades raras. 

Todo ocorreu a noite do Samaín. Tiña garda e iso xa fastidiara todos os meus plans para esa noite. A verdade é que nesta época do ano as mortes sempre se multiplican. Non hai una estadística fixa pero pola miña experiencia pódovos asegurar que o 80% destas son infartos. Podería chegar a entendelo, ao final o obxectivo de moita xente nestas festas é asustar a outros, pero moi forte ten que ser o susto para provocarlle a morte a unha persoa. A ver, que me enredo. Esa noite chegaran 7 cadáveres. Eran 4 mozas e 3 mozos. Decidín facer as autopsias pola orde de chegada. 

A primeira era una moza, morrera aos 34 anos. A autopsia era só para confirmar a súa hemorraxia cerebral despois dun accidente automovilístico. E efectivamente, abrín co bisturí e a simple vista xa se viu o que se esperaba. 

O segundo era un mozo. Tiña posto un disfrace de esqueleto, e víase que chegara xa morto porque non lle sacaran nin a roupa. Aquí poñía que a súa morte fora causada por un tiroteo, nun centro comercial moi próximo ao hospital, do que esperaba recibir moitos casos, pero viuse que a maioría foron directamente para o depósito. Volvendo ao mozo esqueleto, quedei un pouco mirando para el porque non entendía porque me mandaran o corpo se xa se imaxinaban a causa da súa morte. Non lle dei moita importancia porque si que é verdade que ás veces as familias piden autopsias porque non cren aos médicos ou porque queren una segunda opinión. Collín o bisturí e xusto cando ía comezar, soou o teléfono. Era o meu xefe. Saquei rapidamente as luvas e collín. 

Despois de case 20 minutos ao teléfono, resultou que o corpo que tanto tempo levaba esperando a miña autopsia, non a precisaba. Tiña que ir tamén directamente ao depósito. Disque ao ser Samaín, chegara moita xente disfrazada e o que precisaba a autopsia era outro home esqueleto, non este. En 2 minutos, chegou o outro corpo e levaron este. 

Agora si, collín outro par de luvas e púxenme mans á obra. Collín o bisturí e comecei a facer a primeira incisión… Non podía ser. O silencio da sala viuse interrompido por un berro. Un berro que facía estremecerse a calquera que o escoitase, que expresaba unha dor inhumana e que estaba sufrindo moito. Quedei paralizada. Tremíanme as mans como xamais tremeran, non sabía que facer. O home que tiña enriba da mesa non estaba morto, estaba máis vivo ca mín e seguía gritando da dor. Cando realizamos unha autopsia facemos incisións sen medo, case cos ollos pechados. Acabáballe de rasgar varios órganos a ese home e aínda así seguía vivo, despois de todo. Non sabía que facer. Seguía alí, quieta, mirando para a súa cara de sufrimento. Tremíanme as pernas, as mans e varios calafríos atravesáronme durante varios minutos. Non tardou en comezar a encharcarse o chan co seu sangue. Ou reaccionaba ou agora si que ese home ía morrer e eu ía ser a culpable. 

Por fin reaccionei. Tiven que chamar aos médicos de garda porque eu non tiña nada para salvarlle a vida a ese home. Agora o problema era que ninguén respondía. Corrín o máis que puiden ata o quirófano máis cercano. Eu estaba no último andar e o meu destino na primeira. Metinme no ascensor e agardei ata chegar. Baixei empurrando a padiola con todas as miñas forzas. O sangue seguía caendo daquel corpo que seguía con vida, ninguén se explica como. Estaba moi asustada, case non me acordaba como andar. Aquel home seguía berrando. 

Cheguei ao quirófano. Parecía non haber ninguén. Collín uns panos que atopei por alí e fixen presión sobre o corpo para que a hemorraxia parase. En canto o home seguía berrando, cada vez menos e menos porque o seu osíxeno remataba lentamente. Escoitei un ruído. Os gritos cesaron e comezaron a escoitarse os pasos dalguén. Esperaba ansiosa que fora alguén que viña ao meu rescate, pero creo que estaba equivocada. 

Eu seguía facendo presión pero estaba sudando dos nervios. Case non era capaz de sosterme de pé. Viuse unha sombra ao lonxe e cando estiven a punto de ver quen era o home esqueleto perdeu o coñecemento. Intentei atoparlle o pulso e non había. Comencei a reanimación, ao final eses cursos de primeros auxilios sempre serven para algo. Ía necesitar un desfibrilador. Xa era incapaz de facer forza, íame debilitando a medida que pasaban os segundos e a miña cabeza podía estoupar en calquera momento dos nervios e o medo que estaba pasando. Como xa dixen non me gustaba tratar con pacientes e moito menos gustábame o Samaín. 

Non tardei en descubrir quen se escondía detrás daquela misteriosa sombra. Era unha muller, de baixa estatura, pelo castaño e que tiña un aspecto moi malo. A súa roupa estaba rota por todos lados e non tardei en ver todas as feridas que tiña no seu corpo. Nada máis vela entrei en pánico. Aquela muller case non se sostiña de pé e eu non podía axudala. Pero centreime nela. Facíaseme coñecida. Quedou paralizada cando viu o charco de sangue que había baixo os meus pés e ao ver a ese home sobre a mesa co abdome aberto e en paro cardíaco. Ela aproximábase cada vez máis a onde estábamos nós e cando viu a ese home o primeiro que fixo foi sacarlle a máscara que tiña posta na cara. Os ollos daquela moza abríronse como pratos e de alí a uns segundos botou a chorar. Eu tratei de consolala pero quedara petrificada, tirada no chan chorando desconsoladamente ao lado dun charco de sangue. Esa era a situación actual: unha muller que non reaccionaba, non falaba e non paraba de chorar e un home ao que vín por primera vez a cara que tamén se me facía coñecido e ademais se desangraba. Ambos estaban a un paso da morte, o home non paraba de sangrar e a muller íase deshidratar. E volvín a quedar paralizada. Esta vez o medo era moito maior e as preguntas daban voltas na miña cabeza: quen eran aquelas persoas e porque se me facían coñecidas? Que facía aquela muller no quirófano? Por que non paraba de chorar? Como chegara ese home vivo a unha autopsia? 

Volvín escoitar pasos, pero esta vez eran de xente que viña ao meu rescate. Por fin recibirán as miñas chamadas. Entraron varias enfermeiras e tres médicos aínda que non foron suficientes para aqueles dous individuos. Déronme as grazas, aínda que non había nada que agradecerme. Fora unha covarde e unha medrosa. Se aquelas persoas morrían era todo culpa miña. Volvín á sala de autopsias porque aínda me quedaban outros 5 corpos por intervir. O resto da noite foi moi tranquila. Eu quedei traumatizada e fun con moitísimo coidado pensando que agora todos eses corpos ían estar vivos. Acabei o traballo rápido, tiven sorte de encontrar as causas das súas mortes case á primeira. 

Chegara a hora de irme. Eran cerca das oito da mañá e quedaba media hora para que entrase a compañeira do turno de mañá. Ducheime por segunda vez esa noite e púxenme a miña roupa. Fun ao lavabo a lavar os dentes e aproveitei para peinar o pelo. Ao mirarme ao espello deime de conta que aínda restaba unha pequeña marca de sangue ao lado do meu ollo dereito. Limpieina, pechei a porta con chave e marchei. Entrei no ascensor e alí estaba o meu xefe xunto cos compañeiros que intentaran salvarlle a vida a aquelas persoas. Que cruel é o destino ás veces. O meu superior comentoume que xa soubera da noticia, que se compadecía comigo e que eu non tiña a culpa. Eu sabía que no fondo sí que a tiña, porque a carreira de medicina tiven que facela antes de especializarme e eu sabía como tratalo pero o meu medo xogoume unha mala pasada. Tamén me comentou que ambos estaban estables e que a muller preguntara por mín e eu non estaba preparada para facerlles unha visita, así que deille as grazas pola información e marchei para a casa. 

A noite seguinte volvía a ter garda. Era o último día da semana e como todos imaxinades era 1 de Novembro, o día dos defuntos. Esa noite custoume moito traballo aturar. Aínda que tomara varios vasos de café, non durmira nada desde había máis de 24 horas. Os pensamentos non desaparecían da miña cabeza, a culpa non se ía e tamén seguía tendo pendente a visita a aquela parella. Eu mesma sacara a conclusión de que aqueles dous individuos eran un matrimonio porque o sufrimento daquela muller era digno de padecelo por alguén que tes moitísimo medo a perder. Aquela garda foi moi tranquila. Sorprendentemente chegaron só tres corpos e ningún estaba vivo. 

Agora si, a noite acabara e esa visita que levaba atrasando varios días tivo que ocorrer. Fun á segunda planta, que era onde estaban os casos de cirurxía xeral. No mostrador, preguntei por eles. Non sabía como se chamaban pero a enfermeira nada máis verme sabía por quen preguntaba. Os rumores nos hospitais expándense moi rápido. 

Cheguei á habitación 228. Alí supoñíase que estaban eles. Armeime de valor e petei na porta. A verdade é que non estaba ao 100% segura de que estivese preparada pero a curiosidade matábame. Escoitouse unha voz de muller, moi baixiña, dicindome: ‘pasa’. Acatei a orde e abrín a porta. Alí estaban. Cada un nunha padiola, ela con mellor aspecto e el parecía outra persoa. Nada máis verme aquela muller levantouse, miroume de arriba para abaixo e preguntou: 

-Carmen, es ti? 

Non entendía nada. Eses homes con caras tan coñecidas sabían o meu nome. É verdade que calquera persoa llelo puido dicir pero non sei porque deume un presentimento. Respondín: 

-Como sabedes vós o meu nome? 

O home aclarou a gorxa, suspirou e contestou: 

-O teu nome, díxonolo unha enfermeira, pero nós xa o sabíamos. Ti acordastes das persoas que che deron as costas porque decidiches meterte na medicina forense? 

Non podía ser. Evidentemente o primeiro que se me pasou pola cabeza foi que aquelas dúas persoas misteriosas eran meus pais. Pero, como non caera antes nisto? Non tiña sentido que eu non os recoñecese antes. Miña ‘nai’ engadiu:

-De verdade, cremos que mereces unha desculpa. Fomos uns egoístas por non deixarte perseguir os teus soños e ademais presionarte para tirar o teu talento ao lixo. 

Isto non podía ser verdade. Meus pais aceptando que fixeran algo mal? Imposible. Todo isto non tiña boa pinta aínda así quedei un pouco alí falando con eles, recordando vellos tempos e actualizándonos de todo o que nos pasara nestes anos. Estiven cerca de media hora falando con eles e foi un anaco moi entretido. Era algo que levaba desexando máis de 15 anos. Petaron á porta, estrañeime pero respondín cun ‘adiante’. A porta abriuse e apareceu a enfermeira coa que falara anteriormente. 

-Carmen perdoa, equivoqueime no número da habitación. Era a 229, nesta non hai ninguén. Dinme agora de conta despois de media hora. Pero, por que segues aquí e con quen falabas? – díxome. 

Espera, que estaba dicindo? Como que non había ninguén? Levaba dúas horas falando soa ou falando con, fantasmas? Non estaba ben. O trauma era máis forte do que imaxinaba e aínda por enriba reabrira a ferida que me deixara o abandono dos meus pais. Definitivamente non estaba ben psicoloxicamente. 

Decidín non saber nunca quen foron esas persoas. Creo que foi a mellor decisión que puiden tomar nesa situación. Acabei mandándolle unhas flores a aquela ‘parella’. Fun a pedir a baixa uns días despois e decidín ir ao psicólogo para saber que me pasaba. Pero os episodios de ‘fantasmas’ non cesaron, eu seguía falando cos meus pais e acabei dándome de conta de que o mundo me enviaba sinais para que eu me dese de conta de que eles morreran. Informeime e tiven que escoitar o que xamais aceptaría: eles morreran había anos e eu non fixera nin acto de presencia. Isto aumentou a miña culpabilidade e a psicóloga acaboume diagnosticando depresión. A isto sumábaselle ansiedade, medo, traumas e o máis importante, ver ‘espíritos’. Internáronme nun centro psiquiátrico no que estiven 2 anos e hai cerca dun mes xa que saín. Repito: son Carmen e esta é a historia da miña vida.

Olladas doutro tempo: Torre de Hércules (I)

 Información de Fernando Campos Mantiñán en Xornal da Coruña

Torre de Hércules e Ford T, 1966

 

Entrevista ao xornalista Luís Álvarez Pousa: "Que un medio estea en galego non garante que ofreza calidade informativa, aínda que haxa boa intención"

 Información de David Reinero en Praza Pública

Luís Álvarez Pousa, xornalista © Edicións Laiovento

Unha ducia de citas a non perder no Culturgal

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública



 

1 dia, 1 jogo: Pokemon Red and Blue (Co Jon Amil)

23/11/23

Galicia rexistrou en 2022 o número máis baixo de nacementos dende que hai datos e xa é a segunda comunidade con menor natalidade

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

Bebé ao pouco de nacer CC-BY-SA Xunta

Radio Monelos Novas. (Información do 15 ao 21 de Novembro)

Neste curso 2023-2024 inaugurase en Radio Monelos un novo espazo de novas. Presentamos a información do 15 ao 21 de Novembro redactada polo alumno de 1º de Bacharelato Alejandro Lorenzo Naya. Na locución participan Elías Pardo Fernández (1º ESO B) e o propio redactor.

Sumario:

Internacional: Victoria de Javier Milei nas eleccións presidenciais de Arxentina.

España: Investidura de Pedro Sánchez como Presidente e designación do novo Goberno.

Local: Demolición das vivendas do chaflán Ronda de Outeiro-Pérez Ardá.

23 de Novembro: día de Fibonacci

Quen era este matemático chamado Leonardo de Pisa? De que vai a súa sucesión? Está relacionado co número áureo?

Información na wikipedia sobre a sucesión de Fibonacci 


 

GZMúsica con Xenderal e Mediarea

 

REACCIÓN a Vivamos como galegos! 2023 #GaliciaSalvaráOMundo 😀

 

Dietista Lobeirista - Alimentación complementaria

 

O traballo no MAR con @totakeki_ | LARETANDO #12

 

Amparo López Jean e Emilia Docet, políticas e arengadoras - Irmás na Fala - Capítulo 3

 

O Galiverso: un paseo polas rúas do vello Portomarín asolagado baixo o encoro de Belesar

 Información en Praza Pública

Portomarín en 1920 Dominio Público Arquivo Histórico de Sarria

MUÍÑOS DE ARDELEIRO - COSTA DA MORTE a vista de dron

 

22/11/23

Radio Monelos: programa sobre o matemático e cartógrafo Domingo Fontán

Continuamos este mes de novembro con contidos relacionados co mundo da ciencia e o galego. Neste programa de Radio Monelos as alumnas de 2º ESO B Lara Beade Hermida e Inés Insua Puente fálanos da vida do matemático Domingo Fontán e  do seu proxecto máis importante: A Carta Xeográfica de Galicia.

70 minutos con Xaquín Marín