Información en Xornal da Coruña
22/10/23
O misterioso ocaso da gaivota nas costas galegas
Información de Vanesa Vázquez en Praza Pública
BASES DO CONCURSO LITERARIO DE RELATOS DE TERROR DO IES MONELOS 2023
Organizado pola Biblioteca escolar en colaboración do EDLG do Centro.
PRIMEIRA.- Poderá participar neste certame calquera alumna/o matriculada/o no IES Monelos durante o curso 2023-2024. Para este concurso estableceranse dúas categorías: -1ª Categoría (1º, 2º e 3º ESO). -2ª Categoría (4º ESO e Bacharelato).
SEGUNDA.- Cada participante de poderá presentar unha proposta de relato curto. A extensión máxima será de cinco páxinas por unha soa cara e de temática de terror.
TERCEIRA.- Os traballos estarán escritos en lingua galega e deberán ser orixinais, inéditos e non premiados.
CUARTA.- Deberán estar escritos con ordenador, en tamaño A4, espazamento entre liñas simple e tamaño de letra 12; paxinados e sen asinar.
QUINTA.- Os traballos presentaranse por correo electrónico enviándoos á dirección endliesmonelos@gmail.com. No asunto figurará o PSEUDÓNIMO do autor. No corpo do texto figurarán o PSEUDÓNIMO, TÍTULO DA OBRA e CATEGORÍA. Enviaranse dous arquivos adxuntos en PDF. O primeiro deles coa ficha de inscrición do concursante sinalando o seu nome, apelidos, idade e curso; no segundo arquivo irá o traballo que levará o PSEUDÓNIMO e o TÍTULO da obra.
SEXTA.- Haberá un premio por categoría, aínda que o xurado poderá declarar deserto calquera delas no caso de considerar insuficiente a calidade dos traballos presentados. O importe dos premios será de: Modalidade de relato de terror 1ª categoría: vale de 30 €. Modalidade de relato de terror 2ª categoría: vale de 30 €.
SÉTIMA.- O prazo de entrega de traballos comeza o 23 de outubro e remata o día 10 de novembro de 2023.
OITAVA.- A composición e o fallo do xurado darase a coñecer o 24 de novembro de 2023.
NOVENA.- A organización do Certame publicará os traballos premiados na páxina web da Biblioteca escolar, na revista dixital do EDLG do IES Monelos Camiño do Corgo e elaborarase un podcast para ser emitido por Radio Monelos. Tamén poderán ser publicados algúns traballos non premiados se o xurado o considera oportuno.
DÉCIMA.- O xurado e a organización do certame están
facultados para tomar as decisións que consideren oportunas ante a aparición
dalgún imprevisto non recollido expresamente nas presentes bases. A participación
neste certame implica o coñecemento e a aceptación íntegra destas bases.
21/10/23
Radio Monelos: programa sobre o músico galego Narf
Programa elaborado pol@s alumn@s Álvaro Cardalda Sánchez (4º ESO A) e Noa Vázquez Fuertes (2º ESO A)
Algúns traballos do artista: Autobiografía, Encontrarte, Labirinto dos soños e Sempre en Galiza.
Olladas doutro tempo: Campo do Carballo e Camiño Novo
Información de Fernando Campos Mantiñán en Xornal da Coruña
32 anos de FIOT
Información de Ubaldo Cerqueiro en Xonral da Coruña
Inaugurado o primeiro edificio da Cidade das TIC, un centro de servizos avanzados
Informacion en Xornal da Coruña
20/10/23
Das churrascarías á pizza galega. Os anos nos que a nosa cociña descubriu mundo
Información de Jorge Guitián en Vinte
De 1815 a 2023: Ana Bulnes, Raquel C. Pico e María Ramos anotan a Jane Austen para os ollos de hoxe
Información de Ana G. Liste en Praza Pública
18/10/23
17/10/23
16/10/23
Galego e acoso lingüístico
Información de Mar Mato en Faro de Vigo
Manifestación aprol do galego en Compostela. | // XOÁN ÁLVAREZ
A obra "monumental" sobre o golpe e a guerra civil en Galicia que racha tópicos desde a periferia
Información de Miguel Pardo en Praza Pública
O número de queixas á Valedora do Pobo acada un novo máximo, con énfase na sanidade e os dereitos das persoas maiores
15/10/23
Dez anos de educación dixital en Galicia: aprobado en recursos, suspenso en contidos
Información Vanesa Vázquez en Praza Pública
14/10/23
Entrevista a Isabel Peña: "O cinema de autor con mirada feminina está a ter agora un xusto oco"
Información de Ana G. Liste en Praza Pública
Carla Rivas. O outro gran descubrimento de 'O Corno'
Información de Vanesa Vázquez en Vinte
Os galegos no exército estadounidense na Segunda Guerra Mundial, a historia pouco estudada de centos de recrutados
Entrevista a Carlos Blanco: "Con este personaxe o que fago é xogar, que é a esencia do noso oficio"
Información de Ana G. Liste en Praza Pública
Pedro Puy: "A figura de Fernández Albor marcou o carácter do Partido Popular de Galicia"
13/10/23
A Valedora desmonta a 'prioridade' da Xunta a vítimas de violencia de xénero en xustiza gratuíta e discapacidade
Información de David Reinero en Praza Pública
Entrevista a Raquel Martí directora de UNRWA: "De Gaza non se pode escapar, está pechada a cal e canto por Israel"
12/10/23
11/10/23
Radio Monelos: programa sobre o Centenario do Seminario de Estudos Galegos
Programa de Radio Monelos elaborado polas alumnas de 3º ESO A Catalina Bago Pérez e Sabela García Blanco.
Máis información: unha iniciativa do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento co apoio da Unidade Cultura Científica CSIC Galicia.
As pioneiras do Seminario
As mulleres do Seminario
As publicacións do Seminario
As Xeiras do Seminario
O Reloxo do Seminario
A Iguana do Seminario
Ciencias Naturais no Seminario
A Correspondencia do Seminario
10/10/23
III Concurso IES Monelos de Cociña de Outono
Organizado polo EDLG Bases do concurso
1. Poderán participar todos os membros da comunidade escolar do centro.
2. Presentaranse os pratos a primeira hora do xoves 26 de outubro no corredor de entrada do centro.
3. Xunto ao prato deberá adxuntarse a receita que terá que estar escrita en galego.
4. Haberá un primeiro e un segundo premio para o alumnado participante.
5. O primeiro premio terá un valor de 30 €.
6. O segundo premio terá un valor de 20 €.
7. O xurado estará formado por tres profeso@s e dous alumn@s que elixirán os pratos que consideren que son mellores.
8. Durante o segundo recreo haberá unha cata por parte dos membros do centro.
9. A participación neste concurso supón a aceptación destas bases.
09/10/23
08/10/23
Así eran os exorcismos en Galicia: os arrepiantes audios dos ‘posuídos polo demo’
O antropólogo danés Gustav Henningsen rexistrou durante tres anos como se exorcizaba na década dos 60 no santuario do Corpiño.
Información de Laura Filloy en GCiencia
07/10/23
A Xunta pide celeridade aos concellos da área da Coruña para elaborar plans de emerxencia fronte a seca
Información de Moncho Marino en Xornal da Coruña
Olladas doutro tempo: O Xardín de San Carlos
Información de Fernando Campos Mantiñán en Xornal da Coruña
Oito de cada dez colexios concertados en Galicia cobra ás familias cotas prohibidas por lei
Información de Miguel Pardo en Praza Pública
Saber Galiza. O Seminario de Estudos Galegos
En 1923 fúndase o Seminario de Estudos Galegos co impulso dunha parte do estudantado da Universidade de Compostela, como Fermín Bouza-Frey ou Xosé Filgueira Valverde, que contaban coa colaboración de profesores como Armando Cotarelo, e ao que se sumaron intelectuais do galeguismo e profesionais, como Isidro Parga Pondal que encabezará a sección de Xeoquímica.
Con máis de 200 socios e socias activas e arredor de 400 persoas que actuaban de protectoras, o obxecto de estudo do SEG foi Galiza no seu conxunto. A metodoloxía céntrase na investigación de campo, nas denominadas xeiras, e a publicación 'Terra de Melide' é froito deste enfoque integral e multidisciplinar.
O golpe de 1936 marca diferentes destinos para quen integra o SEG que, finalmente, é disolto en 1941.
Con motivo do centenario da súa fundación, Nós Televisión produce este documental sobre esta institución que foi clave para o noso país. No audiovisual percórrese a historia do Seminario a través do seu legado e das persoas que nos poden contar del. Todo, coa colaboración especial da USC e co apoio do Museo de Pontevedra, Concello de Santiago, Concello de Ames e Xunta de Galicia.
Un cemiterio prehistórico en Lugo? Un equipo da USC escava un xacemento único en Europa
A Roda de Adai é un círculo lítico datado entre o 1.600 a.C. e o século II a.C. que puido ser un lugar para a celebración de ritos funerarios.
Información de Laura Filloy en GCiencia
06/10/23
Dez finalistas participarán na Coruña no concurso internacional de música xerada con Intelixencia Artificial
Información en Xornal da Coruña
Canto vale a lingua galega? O impacto directo do idioma na economía do país suma 1.440 millóns de euros
Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública