Romanas e romanos, castrexas e castrexos, xa está aquí o Arde Lucus, que celebra o seu XX aniversario e a súa declaración como Festa de Interese Turístico Internacional con catro días de actividades que devolven Lugo aos tempos de Lucus Augusti. A programación comezou este venres e chegará ata o domingo. Música, teatro, desfiles, obradoiros... Que non se apague o lume sagrado!
25/06/23
Quique Otero presenta a película "Honeymoon": "Non me mola adoutrinar, mólame contar historias"
Eva e Carlos son unha parella en fase terminal. Dúas persoas que xa non se entenden. Mais a repentina morte do seu fillo vainos obrigar a recoñecerse outra vez. Ademais de a tomar decisións que lles permiten descubrir cousas sobre si mesmos. Sobre quen poden ser nunha situación límite. Diso vai Honeymoon, a nova película de Quique Otero, recentemente presentada no Festival de Cans.
24/06/23
23/06/23
22/06/23
21/06/23
20/06/23
Radio Monelos: lectura para este verán 2023
Os alumnos de 2º de ESO do IES Monelos coordinados por Berta Otero, profesora de Lingua Castelá e Literatura do Centro, recomendan algunhas lecturas interesantes para este verán. Que sexan de bo proveito!
19/06/23
Ordenador e/ou libro de texto?
Opinión do inspector e exconselleiro de Educación Celso Currás.
Información de Celso Currás en La Voz de Galicia
10 formas de evitar as picaduras de carrachas este verán
Estes parasitos son máis activos nos meses de calor e poden transmitir a enfermidade de Lyme, cuxa incidencia está a aumentar en Galicia.
18/06/23
Que é o norovirus? O patóxeno que deixa 440 casos de gastroenterite en Betanzos
O virus é altamente contaxioso e a principal hipótese baralla a posibilidade de que proceda dalgunha vertedura urbana ou de augas negras.
Cantas horas de sol hai no teu concello? Descúbreo aquí
A aplicación ShadeMap permite saber os minutos de sol directo por día e é útil de cara ao verán, dado que sinala os sitios con máis sombra.
Plano do centro urbano de Vigo co sol e a sombra. Foto: ShadeMap
17/06/23
A coruñesa Leticia Barbadillo, premio Merlín de Xerais
A escritora coruñesa Leticia Barbadillo foi recoñecida co Premio Merín de Xerais pola súa obra infantil 'A botella de lentellas'. A editorial acaba de anunciar os gañadores da nova edición dos Premios Xerais. Na categoría Premio Xerais de Novela, levou o recoñecemento de Xerais Pedro Feijóo con 'Ningúen contará a verdade', e María Reimóndez que foi distinguida por 'Furia', co Premio Jules Verne.
Leticia Barbadillo, Premio Merlín de Xerais. LOC
Catara Rego. A artista que procura as pegadas
Con tres anos preguntáronlle que quería ser de maior e Catara Rego contestou sen dubidalo: «Pintora». Con 27 anos comeza a despuntar polo seu traballo como fotógrafa cunha firme vontade de mostrar o que lle preocupa. «Os meus intereses son as pegadas. A relación entre paisaxe, identidade e territorio», salienta.
Información de Ana G. Liste en Vinte
Unha ducia de imaxes do vello Samil que agora inicia a súa recuperación
Repasamos as fotografías históricas do proxecto para a primeira fase de restauración das dunas da praia viguesa que ten a exposición pública a Dirección Xeral da Costa, unha actuación que comezará polo norte do areal coa retirada de 450 metros do paseo e a construción dun novo a metade de curto e máis estreito 25 metros terra adentro. O obxectivo final será retranquear dous quilómetros de paseo, ata a desembocadura do río Lagares, pero mantendo a Avenida de Samil mentres non se desenvolva un vial paralelo interior previsto no PXOM da cidade.
Información de David Reinero en Praza Pública
16/06/23
Pablo J. Rañales, gañador do premio Illa Nova: «'Os afogados' supón a miña transformación como neofalante»
O escritor mugardés trata na
súa primeira obra en galego temas como o discurso de odio, as relacións
humanas ou a vinculación coa paisaxe.
Información de Lucía Blanco/H.J.P. en La Voz de Galicia