Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública
Información de Isidoro Valerio en La Voz de Galicia
Na locución a alumna de 4º ESO A Amalia García Blanco.
Información en Xornal da Coruña
A Asociación Oza-Gaiteira-Os Castros prepara un mes de abril completo de actividades.
Este mesmo luns 10 de abril, ás 19:30h o Forum acolle a proxección de Memorias Rotas, un documental de Manane Rodríguez, situada na Guerra Civil.
O mércores 12, o Forum acolle unha conversa sobre mobilidade e patrimonio, arredor dos accesos ao novo CHUAC.
E de cara ao mércores 26, no marco do ciclo de conversas de cara a estas eleccións “O noso barrio conta”, falarase da Planta de Hidrocarburos no peirao de Oza.
Velaquí unha reflexión colectiva feita por mocidade de diferentes nacionalidades do mundo sobre o galego e a súa proxección e validez internacional, un documental-resumo dunha actividade celebrada en Santiago de Compostela en colaboración coa JUPLP, Juventude dos países de língua portuguesa.
«Galiverso somerxido» é unha viaxe única para descubrir o patrimonio galego oculto baixo as nosas augas. Montados nun batiscafo e coa axuda das lentes de realidade virtual, exploramos os fondos mariños da costa galega, aprendendo sobre a fauna e flora que habita neles, así como sobre episodios históricos singulares nos que o mar foi protagonista.
A produción do Galiverso somerxido supuxo importantes retos para a captura das imaxes submarinas: pouca visibilidade, inmersións a gran profundidade (ata 38 metros), limitacións de tempo de traballo (10 minutos por cada inmersión), o deseño dunha cámara 360º con carcasas específicas para a gravación en estéreo e tamén a creación en 3D do batiscafo virtual desde o que se vive a experiencia.
Superar estes desafíos implicou a participación de expertos de diversos ámbitos: submarinismo, historia da arte, comunicación e divulgación, bioloxía, arte dixital, patrimonio, etc., dando como resultado unha experiencia de realidade virtual como nunca antes se fixo en España. Realizáronse un total de 18 inmersións en 12 xornadas que incluíron probas de iluminación, a fotogrametría de máis de 200 m² do fondo mariño e vídeos en 360º realizados con distintos tipos de cámaras e un ROV submarino.
A Federación de Peñas lembra as "leccións" que dan apoiando o equipo e demanda ao club que efectúe cambios.
Información de A. Escudero en Nós Diario
Presentamos a proposta do logo de Ponte Pasaxe nas Ondas presentada pola alumna Iria Hidalgo do IES Monelos. Esperando máis propostas para escoller un logo a esta nova iniciativa.
Un proxecto de colaboración educativo e cultural de dous centros que están nas dúas marxes da ría da Pasaxe: o IESP "Neira Vilas" de Perillo-Oleiros e o IES Monelos da Coruña.
Programa elaborado pol@s alumn@s de 4º ESO A Lucas Eiroa Osoro e Martina Iris Estévez Domínguez (curso 2022-2023)
Algúns videoclips: (RE)SER(VADO), Norai de Anguria, O teu camiñar e Deus que leda que m'esta noite vi.
Elaborado pola Meteoescola do IES Monelos. Locución alumna de 4º ESO Sara Lorenzo Naya.
Actividade de inmersión lingüística organizada polos EDLG dos respectivos centros educativos.
Participará o alumnado de 1º ESO. Previsto para o 17 ou 18 de abril.
'Francisco Fernández del Riego, o que nunca se rendeu' é unha serie documental de seis episodios sobre o intelectual ao que a Real Academia Galega lle dedica o Día das Letras Galegas 2023, producida pola propia e institución e realizada pola produtora Miramemira co apoio económico da Xunta de Galicia e o Ministerio de Ciencia e Innovación.
O primeiro capítulo, "As luces primeiras", repasa a infancia de Francisco Fernández del Riego no seo dunha familia acomodada de Lourenzá e mais a adolescencia e os primeiros anos de mocidade, que transcorreron tamén en Monforte de Lemos (onde estudou nos Escolapios) e, máis adiante, Santiago de Compostela, onde se trasladou a familia para darlles estudos universitarios a todos os irmáns. O relato lembra a intensa afección temperá á lectura de don Paco, a súa amizade con Álvaro Cunqueiro, a quen coñeceu sendo aínda un cativo nas festas do Conde Santo de Modoñedo; as súas primeiras publicacións na revista 'Páginas Calasancias' e 'Vallibria', que dirixía 'Trapero Pardo'; continúa co espertar ao galeguismo consciente cando comeza a estudar Dereito en Madrid e avanza o activismo político e cultural xa de volta en Galicia, cando o 25 de xullo de 1931 iza a bandeira galega e le dende o balcón do concello de Lourenzá o que foi seguramente o primeiro manifesto de celebración do Día de Galicia na Mariña lucense.
A narración avanza ao longo das seis entregas coas lembranzas de persoas que coñeceron e estudaron a figura de don Paco, e tamén coa vivencia de autoras e autores das novas xeracións da conmemoración do Día das Letras Galegas que o propio Del Riego propuxo crear no seo da RAG en 1963, cando se celebrou por primeira vez cadrando co centenario da publicación dos Cantares gallegos de Rosalía de Castro. Son Malores Villanueva, Manuel Román, Ramón Nicolás, María Xosé Queizán, César Cunqueiro, Xesús Alonso Montero, Henrique Monteagudo, Ramón Villares, Fina Casalderrey, Margarita Ledo, Camiño Noia, Rosa Aneiros, Francisco Castro, Xosé Manuel Soutullo, Dolores Vilavedra, Patricia Arias Chachero, Antón Santamarina e Víctor F. Freixanes; e mais Ismael Ramos, Rosalía Fernández Rial, Tamara Andrés, Cándido Paniagua e Ledicia Costas.
Tamén participan na serie alumnos e alumnas do CEIP Juan Rey, a escola de infantil e primaria de Lourenzá; e mais o músico do Valadouro Nuno Pico, coñecido como Grande Amore, e o escritor Bernardo Penabade, encargados das voces en "off" de don Paco nos anos de mocidade e madureza, respectivamente. A música da serie foi creada por Álvaro Trillo, que recorreu á percusión inspirándose no propio carácter de don Paco.
Todos os días milleiros de adolescentes en Galicia procuran información en Internet. A mocidade galega non só busca contido que a entreteña, senón que quere solucionar as súas dúbidas para sentirse autónoma e independente, para sentirse adulta.
Entre as buscas máis relevantes resaltan as ligadas ás prácticas deportivas. Coa serie de vídeos Adestra a túa lingua queremos achegarlle á mocidade información sobre o deporte, derrubar mitos sexistas e normalizar e fomentar o emprego de termos técnicos deportivos en galego que son pouco populares e coñecidos.
Segunda das exposicións do proxecto "Cidades no tempo" que abrangue sete mostras en cada unha das sete principais urbes galegas. Organizada pola Xunta de Galicia, a través da Fundación Cidade da Cultura, e coa colaboración de Afundación, en cuxas sedes de cada cidade se instalan as exposicións.
Diversidade e unidade están moi presentes en «We», de Jaume Plensa. Unha escultura formada por letras de oito alfabetos distintos que compoñen unha figura humana única, reflexiva e transparente. Unha sorte de Babel na que a linguaxe representa tanto o que nos diferenza como o que nos une.
Podes admirala na exposición #Delugaresecousas no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura (Santiago de Compostela). Unha mostra que reúne unha selección de 41 pezas, pertencentes á Colección de Arte Banco Sabadell, dos artistas contemporáneos e actuais máis relevantes de Galicia, España e Portugal.
«Detrás do espello» convídanos a atravesar o noso propio reflexo seguindo as pegadas de 50 mentes curiosas e creativas que ao ollar cara a Galicia atoparon inspiración ou fascinación. As súas achegas enriquécennos hoxe como pobo.
Comisariada por Antón Reixa e Xosé Luís García Canido, a mostra desafíanos a observarnos desde fóra e aceptar que tamén nos construímos a partir da idea que teñen de nós aqueles que nos miran.
O #MuseoGaiás exhibe a partir da vindeira semana, e por vez primeira en España, o diario manuscrito do escritor austríaco #StefanZweig no que describe a súa visita a Vigo e augura o ascenso do nazismo en Europa.
Trátase dun documento histórico excepcional, conservado no Arquivo da Literatura da Universidade de Salzburgo, e tamén presente no libro máis destacado de #Zweig e un dos principais da literatura europea contemporánea: ‘El mundo de ayer’.
Teremos a oportunidade de contemplar esta peza en #DetrásdoEspello, unha exposición que se propón explorar o vencello con Galicia de medio centenar de grandes figuras da cultura universal. O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, e os comisarios da mostra, Antón Reixa e Xosé Luis García Canido, asistiron aos traballos de colocación en sala desta peza única.
Xusto na fronteira con Portugal, en terras de QUEGUAS (Entrimo), pero xa en terreo Portugués, atópase a Pena de Anamán. A lenda dí que nela, alá polo século XIX, ou XVI según outras fontes, agochábase tralos seus roubos o mítico bandoleiro Xan das Congostras, tamén coñecido como Tomás das Quingostras.
Anxo Quintana é unha figura clave na historia recente do nacionalismo. Militante do BNG desde a súa fundación foi alcalde de Allariz, a súa vila natal, durante algo máis dunha década. Aquela xestión á fronte do concello converteuno nun referente do municipalismo nacionalista. En 2003 sucede a Xosé Manuel Beiras converténdose en Portavoz Nacional do BNG. Foi o primeiro nacionalista en ocupar un escano no Senado desde a Transición e tamén o primeiro vicepresidente nacionalista da Xunta de Galicia. Este último cargo exerceuno durante catro anos, os mesmos que durou o goberno de coalición co PSdG. Após a vitoria electoral do Partido Popular en 2009 abandona a dirección do BNG.
Quintana entende a política como un exercicio de consenso que vaia máis alá dos convencidos e defende un proxecto nacionalista útil para o país e as súas xentes.
Nós Televisión reúnese con el no Hotel Palacio del Carmen en Compostela. Manteñen unha conversa pausada, centrada nos seus anos de responsabilidade institucional, nas súas ideas sobre as necesidades do país e nas súas reflexións sobre o presente e futuro do nacionalismo galego. #AnxoQuintana #RostrosdoPaís #Nacionalismo
"Altair" é unha canción de Måi que forma parte do seu novo álbum Nigredo, escrita por Iseo Agilda e Tomás Ageitos, con Margarida Mariño ao cello e a masterización de Dr Chou. Judith Adataberna dirixe este videoclip «traendo á luz o que só existía entón como unha idea e un son».
"Altair" é un tema moi especial para Iseo, a voz da banda Måi, que o escribiu como un proceso catártico no que afondaba na relación coa súa nai durante o dó polo seu pasamento. «É unha canción chea de melancolía, de amor, de luz. E para expresar esa emoción e esa luz, contamos co talento de Pablo Kauffman na dirección de fotografía, que conseguiu unhas atmósferas moi expresivas e emocionantes, dando lugar a un vídeo cheo de maxia e moi evocador», explican.
Actuarán en directo este venres 24 na Gentalha do Pichel, en Santiago de Compostela; o 1 de abril na Festa da Chuvia en Rianxo; e o 2 de abril na Arca da Noe, en Vilar de Santos.
Esta versión revisada de “A Peza Solta” foi interpretada ao vivo na Sala Rebullón o pasado 5 de marzo de 2022, MJ Pérez acompañada de toda a súa banda ofreceron dentro do seu concerto esta canción que, sen dúbida, foi o momento especial da noite.