Os resultados, publicados na revista científica Aging Cell, mostran que os animais tratados con rilmenidina, aumentan a esperanza de vida e melloran os marcadores de saúde, imitando os efectos da restrición calórica.
28/01/23
Escalada de roubos no barrio da Gaiteira, na Coruña
Entran pola noite nunha barbería, e nunha panadería rebentan a caixa forte e levan 600 euros.
Información de Elena Silveira en La Voz de Galicia
Os ladróns entraron sen ningún tipo de reserva na barbería Mariquiña
María Antonia Dans protagoniza o 'Día da Ilustración', que lembra o nacemento de Castelao
Teresa Táboas: “Para ser verdadeiramente nacionalista, hai que ser profundamente universal”
Desde moi nova Teresa Táboas é consciente da importancia do territorio na conformación da identidade galega. Filla de emigrantes galegos, nace na cidade de México, aínda que a familia mantén un contacto constante con Galiza.
Fórmase a cabalo entre dúas realidades moi distintas, mais sempre cun apego moi forte á terra na que se acabou por desenvolver profesionalmente. De firmes conviccións nacionalistas, Táboas foi, desde agosto de 2005 até abril de 2009, Conselleira de Vivenda e Solo da Xunta de Galiza durante o goberno de coalición do PSdeG co BNG.
Foi a primeira muller en acceder ao cargo de Decana-Presidenta do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e a segunda muller Conselleira Titular do Consello Superior dos Consellos de Arquitectos de España desde 1931.
En xullo de 2021 é electa membro do Consello da Unión Internacional de Arquitectos.
Nós Televisión reúnese con ela na Biblioteca do Museo do Pobo Galego para falar de nacionalismo, xestión institucional, a importancia de seguir rachando o teito de cristal e os desafíos territoriais aos que se enfronta o noso país.
Unha ducia de lugares de Galicia onde ver a noite estrelada, desaparecida nas cidades
Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública
Imaxe nocturna de Punta Nariga (o ceo da Costa da Morte)
27/01/23
O galego, a nosa identidade. Fala galego
Seguir co problema (ata o autotune na cultura galega)
Segundo a profesora de filosofía Rebeca Baceiredo (que foi profesora do IES Monelos no curso 1999-2000) cada xeración é constitutiva das novas tendencias das que o mercado se apropia e vende como última moda, por esa necesidade dunha permanente e aparente innovación e progreso, motivo polo que a dinámica é fagocitar cada nova proposta e practicamente nunca acompañar o proceso de maduración d@ artista.
Información de Rebeca Baceiredo en Praza Pública
26/01/23
Radio Monelos: programa sobre o grupo musical "De Vacas"
Programa elaborado polas alumnas de 3º ESO Adriana Miranda Vargas e Lucía Morandeira Penas.
Visualización dalgúns videoclips do grupo: "Titanic Nunca Máis", "Beo Beo O Xacobeo", "Rexurdimente" e "Amodiño".
25/01/23
Radio Monelos: A pé de rúa. Entrevista a Belén Solleiro Díaz, directora da Biblioteca Municipal do Castrillón
Entrevista realizada pol@s alumn@s de 1º ESO A Raúl Orosa Sanjuan, Eva Paz Pérez e Noa Vázquez Fuentes.
24/01/23
Radio Monelos: predición meteorolóxica na Coruña para os días 24 ao 31 de xaneiro de 2023
Elaborada polo Equipo da Meteoescola do IES Monelos
Na locución Lucía Morandeira Pena (3º ESO A)
Algúns exemplos de videos gañadores do concurso de videopoemas convocado pola Fudación Manuel María
Videopoema gañador da III edición do Concurso de videopoemas sobre composicións poéticas de Rosalía e Manuel María
Autores: Álvaro Pan Lapido e Nehuen Márquez
Centro: IES de Monelos (A Coruña)
Videopoema gañador do I Concurso de videopoemas sobre composicións poéticas de Rosalía e Manuel María
Poema: Cheguei a Fisterra Autor do poema: Manuel María
Autora do videopoema: Noa Fernández Morano , 4º ESO, curso 2016-2017.
Centro: IES David Buján (Sigrás-Cambre)
23/01/23
Plácido Castro, o home que non quería comprendernos
Liberal e progresista, internacionalista e nacionalista, anglófilo e irlandófilo: unha biografía afonda nunha figura esencial para a proxección internacional do galeguismo
Información de David Reinero en Praza Pública
22/01/23
21/01/23
Xoves 2 de febreiro celebración do día da Candeloria
A Candeloria é unha palabra que ten a orixe no substantivo latino candela -ae, ‘luz alimentada con cera ou sebo’, termo co que se crea no latín tardío festa candelarum, ‘a festa das candeas’, que chega a nós acurtando a locución. Celébrase o día 2 de febreiro, época importante no ciclo astronómico, pois coincide coa metade do inverno, no intre xusto entre o solsticio da estación fría e o equinoccio de primavera, (pola candeloria, medio inverno vai fóra), no momento en que medran os días e a natureza comeza a preparar o estourido de vida que está a chegar. Sendo un intervalo relevante do ciclo estacional non é de estrañar que todas as culturas tivesen celebracións ao redor da data, sempre festexando a volta da luz e do desexo de fertilidade. Así, na mitoloxía celta, chamábanlle Imbolg, celebración na honra da deusa Brigit, protectora das colleitas, o gando e a fecundidade. A candeloria tamén podería estar relacionada coa festa romana das Lupercais, na que, alén de venerar o deus da fertilidade e a sexualidade masculina, Pan, facíase unha procesión onde os participantes zorregaban a xente cunhas tiras de coiro, co obxecto de “purificala”. O catolicismo procurou rematar coa festa –como fixo con moitas outras celebracións pagás–; para iso, o papa Xelasio transformouna na festividade relixiosa da “purificación” da Virxe María e mais a presentación de Xesús no templo; co paso do tempo, fíxose costume nas parroquias bendicir as candeas que se empregarían logo en caso de tronada ou nos velorios para alumear o defunto no camiño ao máis alá. A voda dos paxariños A partir da candeloria, ningunha ave voa soa di o refrán para lembrar que o mes de febreiro comeza, na cultura popular, cunha celebración ben especial, xa que casan os paxariños, ao que comeza o retorno das aves migratorias e os cortexos preludian o renacer primaveral. Da importancia que ten esta representación na imaxinaría tradicional europea dá conta a multitude de estampas nas que, desde tempos inmemoriais, o símbolo do amor e a unión sentimental son apaixonadas parellas de aves xuntando os peteiros. Tal é así que algunhas persoas defenden que, para nós, o 2 de febreiro debe ser a data do amor romántico, e non a que se celebra doce días máis tarde na honra dun crego romano do século III, chamado Valentín, representado cun rapazolo gordecho e voador que anda aseteando a xente… onde vai parar! Non hai comparación!
O xoves 2 febreiro o EDLG do IES Monelos pretende celebrar este día. Para iso pensamos en que podiades enviar unha mensaxe por escrito nunha carta de afecto a un d@s compañeir@s de clase ou do centro que teñades en estima, amistade... Na semana do 24 de xaneiro ao 1 de febreiro podedes entregar a carta (escrita en galego) a un membro do Equipo de Dinamización que se encargará de depositala na caixa de correo ao longo desta semana. No sobre poñeredes o nome e apelidos do destinatario e o curso. O xoves 2 de febreiro entregaráselle a carta ao destinatario.
Concurso de carteis día da paz e da no violencia (30 de xaneiro)
Bases do concurso para 1º de ESO (organiza departamento de Debuxo e EDLG do IES Monelos)
1. O concurso está organizado pola materia de Educación Plástica de 1º de ESO coa colaboración do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro.
2. O obxectivo do concurso sensibilizar ao alumnado nos valores da xustiza e da paz, implicándoos na resolución de conflitos de forma pacífica, partindo da súa realidade cotián e dos problemas de convivencia que existen no orde mundial.
3. No concurso participará todo o alumnado de 1º de ESO. O traballo terá carácter obrigatorio dentro da área de Educación Plástica e Visual.
4. A proba consistirá na elaboración dun cartel relacionado co tema do día da paz e da non violencia.
5. Os carteis quedarán expostos nos corredores do instituto durante o mes de febreiro de 2023.
6. O xurado estará formado por un representante dos departamentos de filosofía, lingua galega, educación plástica e visual; o representante do equipo de dinamización da lingua galega e vicedirección.
7. Tamén haberá un xurado popular formado por todo o alumnado do centro.
8. A entrega dos carteis realizarase antes do 28 de xaneiro.
9. O martes 1 de febreiro o xurado reunirase no 1º recreo para deliberar e outorgar os premios aos carteis gañadores.
10. O xurado popular votará ao longo de toda a semana (do martes 31 de xaneiro ao venres 3 de febreiro) polo cartel que considere mellor.
11. Haberá un gañador e un segundo clasificado que terán premio. Por outro lado o xurado popular (alumnado) concederá un único premio ao máis votado. Os premios consistirán: • O primeiro premio dun vale de 30 € • O segundo premio dun vale de 20 € • Un agasallo por parte do xurado popular.
Antón Riveiro Coello: "Todas as guerras conducen ao terror, pero nesa situación extrema non todo o mundo reacciona igual"
Di Antón Riveiro Coello que As rulas de Bakunin, Laura no deserto, O paraíso dos inocentes e o seu último libro, Días de intemperie (Galaxia), son as obras que máis o fixeron medrar como autor e como persoa. Catro achegamentos á guerra, que non ás estruturas da mesma, senón á súa esfera humana. Catro reflexións sobre as diferentes condutas humanas que agroman no medio do horror. A cuarta é un conxunto de relatos que, de Vietnam a Siria, de Ucraína á guerra civil española, exploran o mellor e o peor das persoas sen situacións límite.
Unha ducia de fitos dos 40 anos do Consello da Cultura Galega
En xullo de 1983 o Parlamento galego aprobou a lei do Consello da Cultura Galega, que en novembro elixiu o seu primeiro presidente e comezou a súa actividade. A institución conmemora este ano o seu 40 aniversario e faino cun gran número de actividades. Repasamos unha serie de momentos na historia da entidade, encargada polo Estatuto de Autonomía da "defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego"
Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública
Ensino do galego – 'O que está a faltar': o modelo Semente?
Valentina Formoso é sociolinguista e docente de Lingua Galega e Literatura e Língua Portuguesa no IES do Milladoiro no concello de Ames.
🗣 Bernardo Penabade é sociolinguista e docente de Lingua Galega e Literatura no IES Perdouro no concello de Burela.
Formoso e Penabade conversam sobre a situação do galego e do português nas aulas e analisam a utilidade e futuro do modelo Semente.
🎥 Esta conversa forma parte dunha série de diálogos que buscam refletir sobre o ensino do galego e sobre o galego no ensino. Um trabalho realizado por Nós Televisión para a Associaçom Galega da Língua (AGAL) com o apoio económico da Deputación da Coruña.
20/01/23
19/01/23
Radio Monelos: programa musical sobre "LaMontagne & PicoAmperio"
Realizado pol@s alumn@s de 4º ESO A Sara Lorenzo Naya e Abel Vilariño Gerpe.
Algúns videoclips do grupo: "Porque no mundo", "Banharemonos nas ondas", "Avelaneiras Frolidash" e "Senhora de Armentâo"
A marcha dun patrón reabre a crise na Fundación Luis Seoane
Pablo Gamallo, experto en lingüística computacional: «O que fai o ChatGPT é tragar e cuspir, pero dunha forma moi intelixente»
18/01/23
Radio Monelos: historia da Coruña e do noso barrio. Capítulo 7. De onde procede a palabra cascarilleiro
Programa elaborado polas alumnas de 1º de ESO Eva Paz Pérez e Paula Seijas Seoane sobre a orixe da palabra cascarilleiro que define aos coruñeses.
Radio Monelos: historia da Coruña e do noso barrio. Capítulo 6. Breogán e a fundación da cidade
Programa realizado polas alumnas de 1º ESO B Sara Díaz Ruíz e Inés Insua Puente.
Na parte inferior presentación do Parque escultórico da Torre.
17/01/23
Radio Monelos: programa musical sobre o grupo galego de hip hop "Ezetaerre"
Programa elaborado pol@s alumn@s de 4º ESO A Enrique Alonso Fúster e Martina Iris Estévez Domínguez.
16/01/23
Noah Chichester (Estados Unidos): "O galego cambiou a miña vida"
Nesta primeira conversa do ano temos connosco a Pablo Diego, Noah Chichester e Lucía Rodríguez, representantes do colectivo O Ferrado. Ao longo desta hora e media coñecimos o seu proxecto, vivencias persoais, a situación na emigración e tocamos outros temas coma o idioma, o derrotismo sistémico e campañas levadas adiante por este colectivo como é a recuperación da memoria da guerrilla antifranquista.
Na leira
15/01/23
Mangüi sempre en nós
Falecemento do baixista dos Diplomáticos de Monte Alto e na actualidade, entre outras, da Banda Xangai.
Opinión de Xurxo Souto en La Voz de Galicia
Mangüi, o baixista riseiro co que todo o mundo sempre quería tocar
Información de Javier Becerra en La Voz de Galicia
14/01/23
O 2023 será un ano de celebración e reflexión no Consello da Cultura Galega
Preséntase a programación coa que a institución abordará o seu 40 aniversario.
Información Consello da Cultura Galega
Suadoiros da canción-desquite de Shakira feitas na Coruña
Sandra Regueiro, a creadora da marca de complementos Bibelot, uniuse á tendencia do momento cunha peza salpicada cunha das frases da canción da colombiana con Bizarrap.
Información de Patricia García en La Voz de Galicia
13/01/23
Entrevista a Antonio Piñeiro: "A novela policial adoito reflicte con veracidade o seu mundo"
Entrevista en Praza Pública co autor de ‘Trávelin’ e ‘Celada’ destas dúas novelas protagonizadas por Alaín, un policía da político social reciclado para a democracia, e das súas anteriores obras.
12/01/23
11/01/23
Radio Monelos: "Familia Caamagno"
Programa musical elaborado polos alumnos de 4º ESO A Enrique Alonso Fúster e Elías Pardo Fernández sobre o grupo rock-pop "Familia Caamagno".